
Un total de vinte rúas do casco urbano do Carballiño serán acondicionadas a comezos do próximo ano, e para o cal o concello destina un orzamento de mais de 500.000 euros.
Trátase de catro proxectos de acondicionamento, que inclúe a renovación da rede de abastecemento, alcantarillado, iluminación, beirarrúas e asfaltado en quente.
Estes proxectos atinxen ás rúas Solana, San Benito, Madanela e Saleta, por un lado; Beariz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro, por outro; Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, La Rioja e Aragón, en terceiro lugar; e finalmente, as rúas Eusebio Lorenzo e Blanco Amor.
Estes proxectos atópanse neste intre na fase inicial de contratación, que rematará coa adxudicación das obras nos primeiros meses do novo ano 2020.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou, acompañada da delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, aos usuarios do programa Xuntos polo Nadal na residencia de tempo libre do Carballiño, onde pasarán estas datas.
Alí destacou que o obxectivo da Xunta de Galicia é evitar a soidade de todas as persoas maiores no Nadal para o que se incrementaron este ano en 35 as prazas desta iniciativa ata acoller a 295 usuarios.
Fabiola García sinalou que desde este luns e ata o 7 de xaneiro as persoas que se benefician deste programa poderán celebrar estas datas en compañía. Na residencia de tempo libre do Carballiño pasarán o Nadal máis dun centenar de maiores, procedentes de disntintos puntos da xeografía galega.
Este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos.
De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.

"Tampouco foi en absoluto afortunada a atención posterior ofrecida aos afectados polos cortes de luz ou a caída de árbores", consideran dende esta formación política.
"Non é de recibo que no peor momento do temporal, o alcalde estivese a cear nunha coñecida pulpería no marco dunha entrega de premios", remarcan dende Espazo Común.
Tras analizar diversas circustancias na actuación dos gobernantes municipais durante o temporal da pasada fin de semana, anuncian que trasladarán ao próximo pleno da corporación municipal "unha proposta para que se estableza un protocolo que quede fixado para situacións como a vivida".
Para descargar o comunicado de Espazo Comun prema no arquivo adxunto:

Son éstas as consecuencias do temporal varios dias despóis, e tamén a falla de respecto ao noso rural, porque doutra maneira non se entende que houbese veciños de aldeas do concello do Carballiño e outros lugares, que tivesen que pasar a noiteboa sen luz eléctrica.
E esto despóis de que Naturgy aseguráse que o servizo eléctrico estaba restablecido ao cento por cento en toda a xeografía galega, despóis de que se publicáse que "os galegos poderán cear esta noiteboa con luz", e mesmo que onde fose preciso se recurriría a grupos electróxenos para recuperar o servizo, o certo é que non foi asi.
A apenas a unhos poucos kilómetros do Carballiño está a aldea de Aguisar, na parroquia de Partovia, onde varios veciños tiveron que celebrar a noiteboa á vella usanza, á luz das velas e o candil.
No mesmo municipio do Carballiño, veciños da parroquia do Varón manifestaron a súa indignación en COPE O Carballiño, ao entrar na cuarta xornada sen suministro eléctrico nos seus fogares sen que se resolva unha avaría que, ademáis é un agravio entre a propia veciñanza porque mentres nunhas casas restableceuse o fluido o pasado martes, noutras non.
Ademáis, neste pasado dia de noiteboa, tamén sufriron cortes de enerxía eléctrica de distinta duración, en localidades dos municipios de Avión, Leiro, San Amaro, O Irixo e San Cristovo de Cea, aínda que en todos os casos as incidencias resolveronse no transcurso da mesma xornada.

Tras un mes de Decembro plagado de incidencias para o Novocine de Leiro, primeiro por motivo dunha avaría no proxector, e despois polos avarías no suministro eléctrico dos últimos dias, chega á pantalla unha programación moi navideña, con cine para toda a familia.

"Historias de noiteboa no Carballiño e Comarca" éste é o fio conductor do programa especial de noiteboa que COPE O Carballiño emite este 24 de Decembro, de 12:30 a 14:30 horas do mediodia de forma simultánea no 91.9 FM e emisión online.
A dirección e traballadores de COPE Carballiño deséxanvos FELIZ NADAL !!

O concello de Leiro sigue sendo o máis afectado polas consecuencias do temporal, a maior parte das aldeas do municipio suman xa máis de 48 horas sen sumistración eléctrica, na propia vila de Leiro unha parte da veciñanza ten servizo e outra non, en Gomariz son xa tres dias sen fluido eléctrico.
O mesmo acontece noutras localidades dos concellos de Avión, San Amaro, O irixo, O Carballliño e Boborás, onde permanece sen luz aproximadamente un tercio da poboación, tal como confirmou a alcaldesa Patricia Torres. En Maside, o concello contratou grupo electróxenos que estiveron abastecendo á capitalidade municipal.
A situación comeza a ser desesperante para os habitantes destas aldeas e tamén os pequenos empresarios que suman dias de perdas considerables nos seus negocios, como acontece no sector da hosteleria, bares e restaurantes que pecharon as súas portas nos concellos afectados.
En Leiro, entres os máis afectados é o Novocine, que non pudo ofrecer ningunha das proxeccións programadas para esta fin de semana.
Os outros sectores máis afectados foron o das panaderias, que na maioria da comarca levan dous dias sen poder atender aos seus clientes, carnicerías e tendas de alimentación, que tamén sufren directamente a falta de fluído eléctrico. No mesmo municipio carballliñés dous hoteis-restaurantes cerraron as súas instalacións ante a falta de luz e auga, e no resto da comarca son ducias de empresas as afectadas, que hoxe lúns dia laborable non poideron ter actividade.
Os alcaldes de Leiro e O Carballiño, Francisco Fernández e Francisco Fumega, manifestaron a súa preocupación pola tardanza da empresa eléctrica en resolver as avarias e ambos aseguraron estar en contacto cos responsables en Galicia de Naturgy, éstes aseguraronlle que no transcurso desta mesma xornada estaría normalizada a situación.
AS PARROQUIAS DE FROUFE E ESPIÑEIRA NO IRIXO SEGUEN A ESCURAS, DENDE O SÁBADO AS SETE DA TARDE. E O MELLOR DE TODO. SEN NINGUÉN QUE CHE DEA EXPLICACIÓNS. "ESTAMOS TRABAJANDO PARA SOLUCIONAR LA AVERÍA" DITO DENDE MADAGASCAR OU DENDE MALASIA. UNHA VERGONZA. UNHA FALCATRUADA MAIS O RURAL. ONDE ESTÁN AS INSTITUCIONS PARA POÑERLLE REMEDIO A ESTE DESASTRE.
VOLVEMOS OS ANOS SESENTA. FENOSA ERA UN DESASTRE. NATURGY E UN INSULTO. E OS QUE LLE PERMITEN FACER O QUE LLE PETA UNS IRRESPONSABLES, POR NON CHAMARLLES DOUTRA MANEIRA. QUEN SE VAI FACER CARGO DOS DANOS? INCLUSO VIDAS HUMANAS. HAI XENTE QUE PRECISA OSIXENO, XENTE ENCAMADA CON CAMAS ARTICULADAS... QUE MÁIS DA. O RURAL PERDEU O PARTIDO XA FAI MOITO.

Veñan e disfruten, que é gratís. Xentiliza do concello do Carballiño.
Lo sucedido este fin de semana en Carballiño es el vivo ejemplo de como funciona este concello. Un total descontrol de nuestros gobernantes municipales, y esto es grave cuando lo que está en juego es la seguridad dle conjunto de los vecinos de Carballiño.
Con tiempo y antelación hasta el menos informado de los carballiñeses sabía que iba a entrar un temporal de nivel de riesgo importante, lo que en términos de aviso meteorológico por entrañar peligro para la población se conoce como "alerta naranja", con previsión de vientos de hasta 130 kilómetros hora, un episodio que se prolongaría durante por lo menos 12 horas, lo que lo hacía más peligroso.
Es alarmante la falta de previsión y omisión de funciones que han puesto de manifiesto, porque de otra manera no se entiende como no se prohibe en tales circustancias el acceso a lugares públicos que entrañan peligro en tales circustancias, por ejemplo, el parque infantil de la Alameda, dóndo por cierto hubo un par de tremendos sustos ó porque por lo menos no se advierte de estos peligros, como en los principales accesos al parque municipal, no toda la población está debidamente informada de estas situaciones de peligro, que es lo que se hace en cualquier ciudad con gobernantes responsables.
Otra cuestión a analizar es la manifiesta precariedad de medios para un concello de la entidad de Carballiño, no es de recibo que transcurridas más de 24 horas permanezcan árboles caidos sobre las carreteras de acceso a algunos pueblos de la zona rural.
Y acabo con algunas preguntas ¿a qué hora del sábado se puso en marcha el operativo municipal de emergencia en el concello y con qué medios? ¿quién asumió el mando si es que hubo gabinete de crisis? ¿es cierto ó incierto que hasta media tarde del sábado no fueron movilizados los medios disponibles de la Policia Local y hasta ese momento había un único Policia de guardia? ¿Es cierto o es mentira que el grupo municipal de emergencias estaba bajo mínimos a pesar del aviso de alerta naranja?
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- …
- seguinte ›
- última »