
Esta semana a Plataforma pola Defensa do Transporte Público vai celebrar as primeiras reunións previstas cos alcaldes da Comarca, para demandar dos rexedores municipais "que se involucren con esta causa, a mellora dos servizos de transporte público".
Ademáis, dende esta Plataforma cidadán esperan poder reunirse en breve co presidente da Deputación de Ourense, para pedir este mesmo apoio á entidade provincial.
Tamén anuncian contactos con todo tipo de colectivos e asociacións, tanto do Carballiño como do resto dos concellos, para sumar apoio cidadán a unha reivindicación que se considera funfamental para o presente e futuro da Comarca.
Está en marcha unha recollida de sinaturas entre a veciñanza, que se agarda sexa masiva para acompañar o texto do Plan Integral do Transporte Público no que estáse a traballar por parte desta Plataforma cidadán.
Vale para algo ese chiringuito?
Vou faceer un escrito ao Valedor do Pobo para a disolución deste organismo.
Que acontece cos poboados xitanos que teñen todo que dñá noxo. Podía facer algo neste aspecto o valedor/a
boa tarde

A queixa ante a Valedora do Pobo de Galicia sobre as deficiencias en materia de seguridade no parque infantil da Alameda fora presentada por Manuel Nogueira, integrante de Podemos O Carballiño.
Na contestación remitida pola institución autonómica, dase por admitida a queixa e informa que vai requerirlle ao concello do Carballiño información sobre os problemas que motivan esta actuación.
Para descargar a contestación da Valedora do Pobo prema no arquivo adxunto:

A Casa da Cultura do Carballiño acolleu nesta mañá de sábado o acto de entrega do premio "Ágora do Orcellón", que desta vez outorgouselle por parte do Instituto de Estudios Carballiñeses ao arquitécto nacido no Carballiño, Manuel Gallego Jorreto.
Dase a circustancia que é o segundo galardón que recibe en apenas unhas semanas Gallego Jorreto, xa que ven de recibir recentemente o premio nacional de arquitéctura, por segunda vez na súa traxectoria profesional.
O xurado do "Ágora do Orcellón" acordou por unanimidade outorgarlle este recoñecemento "valorando a súa obra arquitectónica en Galicia, a súa profesionalidade como mestre na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e o respecto ao medio ambiente nos seus proxectos".
No Carballiño, onde Gallego Jorreto é o autor do proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de papel, ten pendiente de iniciarse a tan agardada obra de ampliación e modernización do balneario.
Ademáis, coincidindo co acto solemne de entrega deste premio na casa da cultura, no que a laudiatio ao homenaxeada foi ofrecida polo escritor e académico Xesús Alonso Montero, presentouse o número 36 da publicación do Instituto de Estudios Carballiñeses "Ágora do Orcellón", dedicada de forma monográfica a Manuel Gallego Jorreto.

Ruta das Tapas. A partir das oito da tarde deste venres, nova edición desta ruta gastronómica da hostalaría local, desta vez tapas a dous euros cos sabores do entroido.
Cine. Dunha parte, o Cine-Club Carballiño ofrécenos na tarde-noite do venres no auditorio municipal a película chinesa "Hasta siempre hijo mio", ás 20 e 23 horas, nesta última sesión en VOS. Mentres, no NOVOCINE de Leiro son dúas as películas en carteleira para esta fin de semana: "SONIC, La película" e "Adú", co galego Luis Tosar no reparto.
Lembranza a Suso Vaamonde. Unha proposta musical por iniciativa da Agrupación Cultural Avantar e conmemorativa do 20 cabodano da morte dun dos iconos da música galega do século pasado, este venres dia 14 de Febreiro ás 21:30 horas no "Sete Flores", coas actuacións das pandereiteiras Nébeda, e os cantautores Andrés Fernández e Mini Rivas.
Leo Bassi no "Carballiño Comedy", o sábado dia 15 de Febreiro ás 21 horas no auditorio municipal, o famoso humorista fai parada no Carballiño para, co seu estilo provocador e mordaz, presentarnos o seu espectáculo "The Best of Leo Bassi".
3º Enduro Concello de Piñor. O espectáculo das motos na matinal deste domingo dia 16 de Febreiro, a Liga Galega de Moto de Montaña protagoniza esta xornada domincial polos montes da Madanela e Sestos, no concello piñorense, unha competición, sempre espectacular, na que participarán 203 pilotos.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Maside na eliminación de varios puntos de vertido incontrolado (PVI) localizados neste municipio. Así o comprometeu a conselleira Ángeles Vázquez durante a reunión que mantivo co alcalde José Manuel Iglesias para tratar diversos asuntos de interese municipal relativos a áreas da súa competencia.
Os puntos de vertido nos que se van acumulando residuos sólidos de moi distinta natureza, supoñen un risco para a saúde pública, poden ser orixe de incendios e accidentes, constitúen un importante foco de contaminación e producen un impacto paisaxístico negativo, co prexuízo que supón para a contorna desde un punto de vista ambiental e visual.
Neste sentido, Ángeles Vázquez confirmoulle ao rexedor que o mes pasado o seu departamento publicou a encomenda das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza destes puntos para todo o ano 2020 e explicoulle que os traballos concretos a acometer determinaranse en función das solicitudes recibidas por parte dos concellos e da valoración técnica que faga a Xunta dos mesmos.
Tamén en materia de xestión de residuos urbanos, o alcalde de Maside trasladoulle á conselleira o seu interese en dotar ao seu municipio dun punto limpo móbil a través das axudas que ofrece a Xunta para facilitar a súa implantación. A este respecto, a conselleira confirmoulle que nas próximas semanas publicarase unha nova convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais para mellorar a xestión dos residuos urbanos e que incluirá unha liña específica, precisamente, para a instalación de puntos limpos móbiles.
Por outra banda, o rexedor ourensán tamén lle trasladou á conselleira os plans do Goberno municipal con relación ao edificio do vello colexio de Maside, un inmoble que nestes momentos xa se utiliza con fins culturais pero que necesita dunha obra de rehabilitación para poder destinalo de forma permanente como centro sociocultural.

O Concello de Beariz, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores. O acollemento familiar unha medida de protección para menores que, por determinados motivos, non poden continuar convivindo cos seus proxenitores.
É un programa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo proporcionar unha atención temporal a aqueles nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.
Trátase de que estes menores poidan vivir da mellor forma posible a súa infancia, sendo esta unha etapa fundamental na vida.
Deste xeito, colaborar facéndose familia acolledora supón ofecer un fogar a nenos, nenas e adolescentes e proporcionarlles coidados, seguridade, educación e o agarimo que necesitan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.
A charla terá lugar o vindeiro luns, día 17 de febreiro, ás 16:30 no Salón de actos ubicado na planta baixa do Concello de Beariz e poderán acudir todos aqueles que o desexen. Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello no teléfono 988.28.40.00.

Os ralis e as BTT están ben... pero antes hai que atender outras necesidades.


Os populares corrixen o erro do anuncio que facía o concello do Carballiño este pasado mércores, que avanzaba un programa de actividades "para conmemorar o 85 aniversario da morte de Antonio Palacios, o autor do proxecto arquitectónico da Veracruz".
O Partido Popular recorda que Palacios finou en 1945, coas obras da Veracruz xa comezadas, e polo tanto neste 2020 cúmplese o 75 cabodano da súa morte.
"O grupo de goberno dos socialsitas do Carballiño non ten término medio. Ou vai a remolque e improvisa a diario, ou de repente se volven previsores e organizan uns actos conmmorativos par dentro de 10 anos", ironizan os populares.
Aclaran, ademáis, que xa lle comunicaron este erro ao grupo de goberno "co fin de evitar que o concello faga o ridículo e tamén para evitar un despilfarro encargando promoción, publicidade, cartelería e placas erróneas".
Finalmente, o grupo popular manifesta que lle parece estupendo conmmorar o aniversario do arquitecto da Veracruz, "aínda que unha vez máis quede de manifesto a constante neglixencia do grupo de goberno do PSOE".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- …
- seguinte ›
- última »