
De aprobarse por parte do pleno esta alegación promovida polo Partido Popular, a taxa da recollida o lixo para o ano 2020 pasaría dun incremento do 0,03% proposto polo grupo de goberno no expediente inicialmente aprobado, a unha rebaixa do 8,24% solicitada polos populares.
Esta rebaixa estaría sobradamente xustificada na bonificación do 10% que SOGAMA fai no custo do servizo aos concellos que, a súa vez, repercuten no recibo aos usuarios.
O Partido Popular, aclara, que "SOGAMA bonifica sempre que o concello aplique o desconto, polo que se non hai desconto no recibo aos veciños, tampouco se produciría a bonificación de SOGAMA".
E engade "dito doutra forma, é inconcebible que este desconto no recibo do lixo non fose asumida polo goberno municipal, pois a súa non aplicación so benficia a SOGAMA".
De tal maneira que, para que SOGAMA aplique a bonificación do 10%, o concello debe rebaixar a porcentaxe do 4,12% que é a repercusión do custo de SOGAMA no servizo no ano 2010, máis outro 4,12 adicional, correspondendo ao ano 2019 que se debe repercutir no recibo do primeiro semestre do ano 2020".
No resto das taxas o PP solicita a conxelación de prezos, excepto nas relativas aos caixeiros bancarios e as eléctricas "pois eles tampouco repercuten estas vantaxes fiscais nos seus recibos".
De igual maneira, os populares promoven iniciativas para que se poidan tomar en cosnideración rebaixas fiscais aos autónomos "da a convinencia socio-económica que a potenciación deste sector ten para O Carballiño".

O grupo municipal de ESCO cualifica de "desastroso" o estado no que se encontran as instalacións e o servizo de biblioteca municipal "un debate que ven de moi vello, e por desgraza a día de hoxe, segue absolutamente vixente", subliñan.
Afirman que "as queixas dos usuarios son as mesmas hai xa moitos anos, frio, humidade, mobiliario embellecido, problemas para o acceso á itnernet, horarios pouco acaídos para o público, falla de espazo, ou escasa actualización do catálogo".
Espazo Común considera que "o concello ten que darlle prioridade a este servizo e comezar a prestarlle a atención que merece" e para elo propoñen, por medio dunha moción que trasladarán ao próximo pleno da corporación, distintas medidas.
Entre elas, que "se faga unha exposición pública do proxecto de reforma da biblioteca e se abra un prazo para posibles aportacións dos usuarios e que se habilite unha partida singularizada nos orzamentos de 2010 para levar a cabo dito arranzxo, incluindo mobilidario, novas ventás, iluminación e climatización".
Tamén demandan, e tal como anuncio o alcalde do Carballiño "que se sace a concurso mediante a Oferta Pública de Emprego a praza de arquiveiro-bibliotecario co fin de que sexa ocupada por persoa especializada e coa titulación necesaria para dinamizar este espazo, mantendo ao persoal que que hai a dia de hoxe noutros postos dentro da mesma biblioteca".
De igual maneira, ESCO tamén pide que se forme adecuadamente ao persoal actuál para atender o servizo e "que se reforce en canto a efectivos para poder ampliar o horario no canto de recurrir ao peche".
Finalmente, Espazo Común pide que se dote á biblioteca de medios suficientes para poder actualizar os fondos bibliográficos e que se melloren as condicións de acceso a Internet para os usuarios.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará en 2020 as obras de mellora e humanización no acceso principal á localidade de Alvite,no concello de Beariz, elixido recentemente como o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño, recoñecemento compartido con Pazos de Arenteiro, tras unha votación popular promovida por COPE O Carballiño.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, veñen de asinar un convenio de colaboración para a execución desta actuación de urbanización; onde a Xunta asume un 70% do importe do convenio (máis de 110.000 euros), mentres que o concello a porcentaxe restante (case 35.000 euros).
A actuación consistirá na mellora dos accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.
Ángeles Vázquez trasladoulle ao alcalde a importancia de establecer lazos de colaboración como o asinado con Beariz, pois trátase de mellorar e acondicionar os espazos urbanos para facilitar a accesibilidade aos veciños e poñer en valor zonas dun concello.
Asemade, destacou que este tipo de colaboracións tamén son un instrumento para axudar a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das aldeas, vilas e cidades galegas.

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o luns 9 de decembro un novo exercicio de adestramento, que consiste nun simulacro de emerxencia no establecemento implicado no Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Cepsa Comercial Petróleo, na antiga estación de ferrocarril da Touza, en Maside.
Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistirá na activación telemática e activación presencial no cadro de control se procede, das sereas, que no caso dunha activación real do Plan serviría como elemento de aviso á poboación, que como primeira medida procedería o seu confinamento á espera de recibir instrucións por parte dos servizos de protección civil.
A realización deste exercicio permitirá mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un hipotético accidente, se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do plan de emerxencia exterior. Máis alá desta sinal acústica e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima a planta de Cepsa, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina.
Desde a Xunta quérese destacar a importancia de apostar pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.
O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poda afectar as persoas e ó medio ambiente, establecéndose as medidas idóneas de protección a poboación, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que podan intervir.

A ruta das tapas deste venres e do seguinte, 6 e 13 de decembro, respectivamente, estará protagonizada polos “Sabores do Nadal”, e terá como aliciente poder participar nun sorteo dunha cesta de Nadal cuxo valor ronda os 1.000 euros.
O evento foi presentado no restaurante Casa Gazpara polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do CCA, Noelia Mares; a representante da bodega Pazo Tizón, Raquel Cabo, e representantes dos dezaseis establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa, e que amosaron as tapas que ofrecerán á clientela nestas xornadas ao prezo de 2 euros.
Durante a presentación procedeuse ao sorteo das dúas viaxes de fin de semana a Asturias e Oporto, correspondentes á ruta das tapas do pasado mes de novembro. Estes premios recaeron, o de Asturias, que inclúe dúas comidas en dous restaurantes de Xixón e Oviedo de hostaleiros carballiñeses, en Patricia Gulisano, e a de Oporto en Roberto.
Manuel Dacal felicitou ao sector hostaleiro carballiñés pola calidade e innovación das súas propostas gastronómicas, e agradeceu ao CCA, Pazo Tizón, Aceites Abril, demáis patrocinadores e sector hostaleiro os produtos ofrecidos para a cesta de Nadal.
Noelia Mares recordou que na app quedamosdetapas pódese ver cada unha as propostas dos dezaseis bares, mesóns e restaurantes que conforman esta iniciativa, e convidou a vivir o Nadal no Carballiño.
Raquel Cabo expresou a súa satisfacción por colaborar con este evento gastronómico e hostaleiro.
E David, cociñeiro da Casa Gazpara, en representación do sector hostaleiro, dixo que no Carballiño hai un gran potencial culinario, que é moi creativo e que merece un recoñecemento, pois está a un gran nivel.
Buenos dias soy usuario de las lineas de autobuses que van a Ourense mi domicilio esta en la rua Aldara estos dias escuchando la radio con el tema de hacer una intermodal en la estacion de renfe a mi personalmente me parece que es un flaco favor a todos los usuarios del autobus por que yo voy todos los dias a la estacion de autobuses a cojerlo y veo que para los usuarios que viven en la zona de renfe el autobus recoje viajeros delante de renfe en una parada habilitada alli realmente pocos coje por que la gran mayoria los coje en la estacion de autobuses por que yo creo que es mas centrica que la de renfe con diferencia nosotros lo comentamos en el autobus y todos estamos en contra de ese cambio por motivos evidentes en la estacion de bus coje 12 o 15 viajeros en renfe 1 o 2 porfavor piensen en los vecinos las intermodales son para las grandes ciudades lo que si pueden pedir cambios de horarios y fomentar descuentos desde el ayuntamiento para el bus como hacen otros concellos mas pequeños que el nuestro gracias

O alcalde Francisco Fumega desvelou en COPE O Carballiño que estáse estudando dotar dunha nova planta ao edificio da Casa da Cultura do Carballiño.
Fumega recoñeceu que é unha proposta na que ven traballando dende fai algunhos meses e mesmo estando en contacto con algún dos arquitectos autores do proxecto de rehabilitación que se levou a cabo na década dos anos oitenta do século pasado.
O rexedor municipal dixo que para levar a cabo a construcción desta nova planta no edificio é necesario aprobar unha modificación no Plan Xeral de Ordenación Municipal e contar con autorización de Patrimonio, pero non ve ningún tipo de atrancos que poida impedir a execución deste proxecto, tanto no que refírese á estructura do edificio como ao aspécto económico xa que é unha proposta lóxica e racional "que non excede as posiblidades económicas do concello", subliñou.
Con esta actuación, o alcalde considera que O Carballiño podería contar cunha biblioteca moderna nun edifcio integral.
A Casa da Cultura do Carballiño data dos anos oitenta e fora un proxecto dos arquitectos carballiñeses Fernando Blanco Guerra e Chus Blanco Piñeiro, e no que tamén participou Alfredo Freixedo. Foron os autores da rehabilitación deste edificio ata daquela coñecido como "a casa dos mestres", que fora contruida orixinalmente na mesma época na que tamén se edificiou o Grupo Escolar Calvo Sotelo, na década dos anos vinte do século pasado.

O alcalde carballiñés aproveitou a súa intervención nesta emisora de radio para pronunciarse sobre a polémica destes dias na vida política municipal, tras a petición do Partido Popular para que se celebren as sesións en horario matinal, e ademáis que se acorde dotar as sesións dun regulamento, o que foi criticado tanto por Espazo Común como BNG, partidarios de que os plenos sigan celebrandose os derradeiros mércores de cada mes e en horario de tarde-noite.
Fumega, a preguntas dun oínte, mostrouse partidario de convocar as sesións da corporación carballliñesa en horario de mañá, e tamén dixo que se fai aconsellable un regulamento, e avanzou que no transcurso da semana que ven os grupos políticos representados no concello carballiñés tratarán de chegar a un acordo sobre este asunto.
Precisamente, no pleno extraordinario celebrado esta mañá, para tratar os puntos que quedaran pendientes cando se suspendeu a sesión da pasada semana debido ao seu horario intempestivo, acordouse por unanimidade e a instancias de Espazo Común demandar da Xunta que dote a o Carballiño dun novo centro de saúde.
A este respecto, Fumega mostrouse favorable a acometer este proxecto nos terreos colindantes co actúal centro de saúde, aínda que será nunha reunión no transcurso da próxima semana cando se formalice un acordo entre os grupos politicos do concello.
O alcalde do Carballiño tamén asegurou que a Oferta Públia de Emprego para cubrir dúas praza na plantilla da Policia Local conta cos correspondentes informes xurídicos favorables que avalan esta convocatoria. Asegurou que O Carballiño terá no transcurso de 2020 dous novos axentes de Policia Local e que, ademáis na OPE do próximo ano tamén se convocarán novas prazas na Policia carballiñesa.
A interveción íntegra de Fumega en COPE O Carballiño pódese escoitar no apartado de PROGRAMA desta Páxina WEB, do dia 4 de Decembro.

O PSOE de Leiro reclama ao Goberno Municipal do Partido Popular "a urxente intervención nas estradas das nove parroquias de nosa Concello para que e segundo di a nosa campaña que estamos a levar acabo por todo o Concello para O LEIRO QUE QUEREMOS, e que se prime dunha vez e se po interese xeral de toda a veciñanza no seu conxunto".
Os socialistas reiteran a inaprazable necesidade de que o goberno que preside Fco José Fernandez deixe de tratar aos veciños como cidadáns de segunda categoría, xa que “o estado de deterioración das estradas municipais requiren dunha intervención urxente das mesmas e non deixar pasar o tempo e mentíndonos como fixo o Alcalde na estrada de PAREDES- OREGA- BERAN, para nada este goberno municipal pensa no interese xeral, polo que os socialistas criticamos e denunciamos publicamente as aptitudes caciquiis deste señor Alcalde xa que vén realizando reiteradamente".
"O gran tránsito de vehículos que transcorre por algunhas das vías, así como a súa deterioración pola falta de atención e o oportuno asfaltado das estradas, levaron a numerosos veciños a solicitar a axuda do PSOE de Leiro. Moitas persoas das parroquias afectadas trasladáronnos a súa preocupación pola falta de seguridade viaria que este grave problema ocasiónalles”, aseguran os socialistas.
Engaden que "esta defensa dos servizos públicos do noso municipio, tal e como trasladaron os propios veciños das nove parroquias ao noso Portavoz Municipal Manuel Rodríguez, foi o detonante da solicitude de apoio aos socialistas de Leiro ante a inacción do goberno municipal”.
Polo que "os socialistas reiterámoslle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que se deixen de facer cálculos electorais para seguir na poltrona e que miren moitos máis polo interese xeral de todos e cada un dos nosos vecin@ s que para iso pagan os seus impostos municipais, para ter servizos públicos de calidade e non como está a pasar agora que depende da condición política dos veciños realízase ou non se realiza, é moi triste que nos tempos que corren, haxa este tipo de accións caciquiis e de submisión das cales están a pasar no noso Concello", manifestan dende o PSOE de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- 401
- 402
- …
- seguinte ›
- última »