
Tras susperderse o pleno deste pasado xoves, tras cinco horas de debate, e xa camiño da unha da madrugada, deixando pendientes varios puntos da orde do dia, o grupo popular entende que este episodio debe levar á corporación a aprobar un regulamento de funcionamento das sesións da corporación carballiñesa.
Ademáis, tamén solicitarán os populares que se convoquen os plenos en horario matinal, entre outros motivos, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar tanto para os membros da corporación como para os traballadores municipais.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, preme no arquivo adxunto:

O Aparthotel Arenteiro acolleu o acto de entrega dos galardóns da Arenteira que con carácter anual concede un xurado para recoñecer a traxectoria e méritos que no ámbito da cultura e a ciencia, e o deporte, reúnen persoas ou entidades das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Na edición deste ano 2019, o profesor MIguel García que fai 35 anos impulsou a creación da estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas no apartado de cultura e ciencia; o atléta ribadaviense Iván Docampo en deporte, e o historiador natural do Irixo Elixio Villaverde, a título póstumo, foron os galardonados nesta ocasión.

O pleno que celebraba dende as 19:30 horas deste pasado xoves a corporación municipal do Carballiño quedou pendiente de concluir, cando restaban varios puntos na orde do dia, entre eles as mocións presentadas polo Partido Popular, xa que cando pasaba media hora da medianoite o alcalde Francisco Fumega acordaba suspendélo, dado o intempestivo do horario.
Mentres a maioria dos concellos galegos, incluidos os da comarca, celebran as sesións de pleno en horario matinal, a corporación carballñesa ten fixadas as súas convocatorias ordinarias en horario verpertino, según o rexime de sesións, o que unido a longa duración dos debates da lugar a este tipo de situacións.
Desta vez, e pendiente de concluir, a sesión prolongouse durante cinco horas, e mesmo motivou que ás once da noite, cando xa ían tres horas e media, se fixera un pequeno receso de 10 minutos.
Neste pleno, ademáis dun total de 10 mocións presentadas polos grupos políticos da oposición, algunhas coincidentes na súa temática, tamén figuraba na orde do dia unha modificación do PXOM na parcela da antiga EMBEN en Seoane, unha propiedade cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que pasaría de solo rústico de protección ordinaria a solo industrial.
Non obstante, este punto non chegou a tratarse polo pleno, xa que o alcalde optou por retirálo da orde do dia.
Plataformas, comisións, e análogas, son grupos de traballo que se xuntan para falar desto ou daquélo outro, por exemplo das eivas do transporte público.
Tamén poden crearse para seleccionar unha proposta ou incluso avaliar un concurso de ideas, por exemplo, poñamos por caso para a mellora do parque municipal do Carballiño.
Estas comisións fan os estudos pertinentes que remiten as plataformas, que a súa vez, tras unha serie de propostas non vinculantes trasladan ó orgao correspondente e mesmo competente ou non, neste caso á comisión formada polo concello, que a súa vez elevará a proposta ó pleno da corporación, órgano representativo da cidadanía, no que tras algunha que outra enmenda, no caso de resultar aprobada, podería dar lugar a un manifesto conxunto, que debería en todo caso ser consensuado previamente, de novo o acordo final deberá ser ratificado pola comisión, ou plataforma se fose o caso, para ser remitida toda a documentación á consellería ou órgano competente, que debería emitir un dictámen, ou non...
Se a comisión é oficial incluso os seus integrantes poderían cobrar dietas de asistencia, como se fose por sentarse nos plenos do concello, o cal xa sería demasiádo.

O cuarto Programa Integrado de Emprego de Galicia no Carballiño 2019/2020, comezou a selección de participantes, que serán un total de 100.
O acto tivo lugar no auditorio municipal, e no mesmo o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Manuel Dacal, presentou as características deste programa. Así, dixo que o programa está financiado pola Xunta de Galicia, e que se concederán por primeira vez becas de 5€ por cada día de asistencia a accións formativas.
Entre os obxectivos do programa, citou dous moi importantes: Mellorar a formación, e polo tanto as posibilidades de atopar emprego das persoas desempregadas, a través de sesións individuais (5 por participante) e accións formativas (un mínimo de 3 por participante); e a busca de ofertas de emprego segundo o perfil de cada usuario.
Este programa constará de oito accións formativas principais: ORIENTACIÓN LABORAL: Pequenos cursos de 1 ou 2 días que inclúen entre outros: Obradoiros de entrevistas de traballo, Técnicas de Motivación para a Busca de Emprego, etc. INFORMÁTICA BÁSICA. MANIPULADOR DE ALIMENTOS. OPERARIO DE CARRETILLA ELEVADORA. FORMACIÓN INDUSTRIAL, do tipo SOLDADURA, CALDERERÍA, MANTEMENTO INDUSTRIAL, ETC. ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. MÁRKETING DIXITAL e ATENCIÓN AO CLIENTE.
Finalmente, Manuel Dacal recordou aos asistentes que “estades ante unha gran oportunidade para mellorar a vosa formación e conseguir un posto de traballo, polo que confío en que as persoas seleccionadas poidades aproveitar ben este programa e ter unha boa expectativa de futuro”.

Asi o aproboa a corporación municipal de Punxín por unanimidade e a instancias do concelleiro de CompormisoXGalicia, Eladio Fernández.
O concelleiro da formación galeguista presentou esta proposta ante o pleno en forma de moción, para que o concello de Punxín dea os pasos necesarios para que no menor tempo posible o municipio conte cun Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.
Tamén se demandará da adminstración autonómica o apoio económico preciso para poder contratar a redacción do futuro planeamento urbanístico de Punxín.
Eladio Fernández manifestou en COPE O Carballiño a súa satisfacción pola aprobación da súa moción, apoiada polo resto dos grupos políticos, destacando que "se trata dun día histórico para Punxín, porque cando teñamos un plan urbanístico vaise favorecer o desenvolvemento do noso concello, aproveitando a privilexiada situación xeográfica"

Son datos que recolle e certifica o último Estudio General de Medios que ven de coñecerse esta semana, confirmando outro ano máis o liderazgo de audiencia diaria de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.
Ademáis, na primeira hora do mediodia, de 12 a 13 horas, COPE O Carballiño tamén é a emisora da radio informativa con máis ointes en toda a provincia de Ourense, mesmo incluíndo as que emiten na capital da provincia.
A maiores da fidelización da audiencia de COPE co 91.9 da FM, siguen incrementandose os ointes diarios que sintonizan a emisión local ONLINE, a selección musical de ROCK FM no 93.7 do dial, e os que cada dia visitan copecarballino.es. O Grupo COPE reúne cada día a 13.000 persoas que se informan e entreteñen coa súa oferta carballiñesa.

Trátase dunha parcela cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que se localiza na parroquia de Seoane, entre a antiga estrada de Cea que atravesa a aldea e na estrada do Eixo do Ribeiro.
Nesta parcela localizanse dúas grandes naves que acolleron distinta actividade industrial dende os anos 70 do século pasado, coa histórica TANOSA que se dedicaba á producción de taboleiros de madeira aglomerados ata a máis recente de EMBEN, que fabricaba pretensados de formigón e que cesou na súa actividade despois de rematadas as obras do AVE.
En 2009 entrou en proceso concursal de acreedores, e a sociedade declarouse como extinguida tras completarse o procedemento concursal.
A pesar da actividade industrial que se desenvolveu durante tantos anos, a parcela está catalogada como de solo rústico, agora os seus actúais propietarios solicitan do concello do Carballiño que proceda a súa regularización no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para que sexa catalogada como de solo industrial, e proceder a súa legalización dacordo coa Lei do Solo de Galicia.
A regularización urbanística que agora debe aprobar o concello do Carballiño abre novas posiblidades ao futuro uso desta parcela no ámbito industrial e comercial.

A Calistenia é unha modalidade deportiva baseada no exercicio físico co propio peso corporal e os circuítos consisten nunha sucesión de aparellos instalados ao aire libre que permiten a realización de numerosos exercicios musculares.
Os destinatarios destes circuítos de calistenia son persoas de idades comprendidas entre os 16 e os 65 anos que realizan actividade deportiva ao aire libre, motivo polo cal os catro circuítos instálanse en lugares nos que os veciños e visitantes concentran a realización de actividades deportivas en contacto coa natureza.
No Carballiño a localización elixida é As Barcias, dentro do Parque Municipal. En Ribadavia o Parque da Veronza, en Boborás a contorna do pavillón deportivo e en Leiro a zona de Ou Mexieiro, no Paseo Fluvial.
Por todas estas localizacións discorre tamén algunha dos roteiros de sendeirismo da mancomunidade, mesmo dúas delas, a de Ribadavia e Leiro están conectadas a través da senda do Avia, co cal se pretende que esta acción enriqueza aínda máis, se cabe, a experiencia dos senderistas e termalistas da comarca.
Segundo o presidente da mancomunidade e Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, esta acción pretende reforzar o produto de turismo de saúde e termalismo do Xeodestino mediante unha oferta que vai máis aló do seu recurso principal, o termalismo, ofrecendo un aproveitamento activo e deportivo da contorna natural.
O orzamento de execución total dos catro circuítos é de 40.000 euros e para iso a mancomunidade conta con financiamento de Axénciaa Turismo de Galicia, coa que subscribiu un convenio de colaboración específico.
A adxudicataria do concurso para a instalación dos catro circuítos é a empresa especializada en instalacións deportivas e de lecer OURI con sede en Ourense e Boiro.
As catro instalacións estarán finalizadas e operativas a mediados do mes de decembro.

As cinco formacións políticas que asinan este comunicado crítico manifestan que "unha vez pasados os actos institucionais propios do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres organizados polo Concello do Carballiño, consideramos que é o momento de facer unha valoración dos mesmos que, desgraciadamente, non pode ser positiva".
Explican que para amosar a súa disconformidade agardaron "a que pasara o 25 N xa que nese día non pode haber máis protagonistas que todas aquelas mulleres vítimas da violencia machista".
Consideran "inaceptáble que nin tan siquera se citara aos grupos da oposición para consensuar un manifesto que tradicionalmente, incluso na etapa de goberno do PP, se acordaba e se aprobaba en pleno para darlle moita máis forza institucional".
Cualifican como "panfleto" ao que puxo voz no acto institucional a concelleira socialista Guadalupe Sobrado "presentado dende a Área de Igualdade este ano non se pode considerar un manifesto xa que non pasa de catro liñas sen apenas contido e só ten unha mención para as vítimas asasinadas, esquecendo a tódalas demáis", coinciden en subliñar as cinco formacións políticas, dúas con representación municipal como son Espazo Común e BNG, e as outras tres que non contan con representación institucional no concello carballiñés, Podemos, CompromisoXGalicia e Ciudadanos.
Recordan que a ONU define como violencia contra a muller “todo acto de violencia de xénero que resulte ou poida ter coma resultados un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, incluídas as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública coma privada”.
Citan esta definición "porque semella que a concelleira e quen a asesora na redacción do panfleto, non a tiveron en conta ao non facer mención algunha a todas aquelas que sem chegar a sufrir o nivel máis elevado de violencia, sofren esta a diario dun ou doutro xeito, tampouco se menciona o preocupante incremento no número de agresións sexuais e violacións".
Cabe recalcar tamén que se trata de concienciar á sociedade da necesidade de erradicar a violencia específica contra a muller polo que resulta inadmisible que se xeneralice falando de “calquer tipo de violencia”, subraian.
Tamén e moi chamativo, consideran estas cinco formacións políticas, e indicativo da pouca importancia que o goberno do Carballiño lle confire a esta efémeride que as mocións presentadas tanto por Espazo Común coma por BNG sobre o 25N hai xa máis dun mes, non poideran ser tratadas antes da data ao aprazarse sen explicación algunha o pleno ordinario de outubro.
"Mención aparte merece o aséptico programa de actividades que se veñen desenvolvendo debuxadas polo mesmo patrón ano tras ano dende hai xa uns cantos. Coma unha rutina para pasar o trámite, sen novidades nin actividades que leven aparellada unha maior implicación da cidadanía. Cunha total ausencia de propostas que supoñan unha mellora real na igualdade e na prevención da violencia contra as mulleres",recollen neste comunicado.
Dita violencia -engaden- converteuse nun problema estrutural e transversal, no que a ausencia de políticas frontais e activas de calquer administración que se tome a cuestión con desidia, é un paso atrás na loita pola concienciación dunha sociedade na que aínda perviven demasiadas conductas machistas, remarcan.
Finalmente propoñen que "para evitar no futuro que esta relevante data pase coma un acto burocrático máis para o Concello do Carballiño, demandamos que se retome a vía de consensuar cos grupos da oposición e os diferentes colectivos implicados nesta causa o contido do manifesto, que sexa aprobado en pleno e que se aporten accións concretas para mellorar a sensibilidade da poboación e atallar esta lacra. Só a unidade e o esforzo poderán acabar con esta situación de vulnerabilidade das mulleres. O afán de protagonismo individual e tratar o 25N coma un expediente a cubrir con tres fotos, unha actuación musical e unha charla, está lonxe de ser o camiño a seguir".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- 401
- 402
- 403
- 404
- …
- seguinte ›
- última »