
Coa apertura das atraccións festivas e o festival "Feito no Carballiño" comezou este pasado venres a programación das Festas do Setembro 2024. Unhas festas que este ano estarán acompañadas de bo tempo, con previsións de ceo despexado e temperaturas veraniegas para os próximos dias.
SABADO 14
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga CLK
13:30 Inauguración do Arenteiro Fotográfico
18:00 2º pase Charanga CLK
19:30 a 22:30 Grupo Grease Rúa Calvo Sotelo
00:00 Gran Tirada de Fogo “Fixo e Voador”
00:30 Concerto grupo Gin Toni’s Praza Maior
Domingo 15
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga Dr.Anchoa
11:30 Pasarrúas da Agrupación Musical da Limia
12:00 Espectáculo itinerante de música e baile tradicional de Cantigas e Agarimos
13:00 Concerto da Agrupación Musical da Limia no patio do Asilo do Carballiño
17:00 Exhibición de patinaxe artística do Club Aehde no patio do Asilo
17:30 Futbol da Primeira Federación en Espiñedo: CD Arenteiro-Bilbao Atletic
18:00 2º pase Charanga Dr.Anchoa
22:30 Concerto de Guadi Galego Praza Maior
Luns 16
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 Música na Feira con Serandeiros
18:00 Música tradicional na rúa
21:00 a 22:00 1º pase Orquestra Fórmula Praza Veracruz
23:00 Concerto Tributo Dire Straits Praza Maior
01:00 2º pase Orquestra Fórmula
Martes 17
10:00 Alborada bombas de palenque
11:00 1º pase Charanga castro Bello
11:00 Misa Solemne en honor a San Cibrán acompañada da Banda de Música de Boborás
12:30 Concerto da Banda de Música de Boborás
18:00 2º pase Charanga Castro Bello
18:00 Festa Infantil e olimpiadas populares con Dj,Tibu con agasallos para tod@s. Praza Maior
22:00 1º pase Discomóbil A Gramola Praza da Veracruz
23:00 Orquestra Panorama Praza da Veracruz
02:00 2º pase discomóbil A Gramola
Mércores 18
Día do Neno nas atraccións
Xoves 19
Gran Romaría da Saleta

O alcalde Francisco Fumega pasou polos estudos de COPE O Carballiño para repasar a actualidade municipal e politica no concello carballiñés
Contestando á pregunta dun oínte, o rexedor carballiñés asegurou que o pacto de goberno co Partido Popular vaise cumprir, Fumega atendeu as peticións da audiencia desta emisora de radio e tivo tempo para referirse aos tres grandes proxectos que "van sentar as bases do Carballiño do futuro", que son a ampliación do parque empresarial, a construcción do novo Centro Integral de Saúde e o novo contrato para a xestión do ciclo da auga no municipio.
Escóitao no PODCAST de COPE O Carballiño:

O Itinerario Europeo das Farmacias Históricas e hortas mediciñais é un percorrido único que une lugares emblemáticos como boticas monásticas, boticas históricas e hortas botánicas e mediciñais, Itinerario Cultural que ven de conseguir a certificación do Consello de Europa.
A botica do mosteiro de Santa María A real de Oseira, no concello de Cea, e a antiga botica de Doade, no concello de Beariz, pasan a formar parte deste Itinerario Cultural Europeo.
No PODCAST de COPE O Carballiño, podes escoitar a entrevista a Tomás Sancho, concelleiro de Beariz, que explica a importancia para a comarca deste novo proxecto que pon en valor o patrimonio natural e cultural que promove o diálogo intercultural, a identidade, e o desenvolvemento humano sostible que representa "Aromas Itinerarium Salutis".

Os traballos de escavación terán continuidade no transcurso das dúas próximas semanas, e na terceira levaránse a cabo as labores de restauración.
Os arqueológos traballan a diario en horario de 8:00 a 15:00 horas, unhos traballos que son visitables, e que están destinados a escavar unha superficie total de 140 metros cadrados.
A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta, está promovida pola asociación cultural Vive Avión e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xusto de Avión.
No PODCAST podes escoitar a entrevista ao director das escavacións, Jorge Lamas Bértolo.
Tras preguntarlle alguen o concelleiro Alberto Otero sobre as festas do San Cibrao, que fai xa moitos anos que parece que non convencen moito, fixo un bo analisis da preocupante situación das festas.
Cambios xeracionais
Maior custo de grupos musicais potentes
Falta dunha comisión de festas en condicions como se fai en moitas parroquias
( Eu engadiría tamén que o cadrar xa en setembro, son descafeinadas de por si, o non estar os emigrantes, ou os rapaces ter colexio)
Sendo a última a mais importante, xa que as cousas se non hai xente detras loitando e tirando por elas non saen, ben se ve, nalguns sitios mais pequenos onde os veciños estan implicados funcionan, e aqui non, non solo e cruzarse de brazos, senon que os veciños deberiamos implicarnos mais para que as festas volvan a resurxir,o que pasa e que a todos nos gustaria que viñese Jennefer Lopez ou quen sexa sen mover un dedo, e as cousas non funcionan así.
A ver se as cousas cambian e para ben algun dia.
Quería enviar unha queixa pola colocación de dúas sinais de carga e descarga, a altura da Cristalería Moisés e Pinturas Orcellón. En ningún momento se consultou coa veciñanza de dita rúa, na que por certo, xa é moi complicado aparcar de por si, se aínda por riba quitan máis aparcamentos, non sei onde teremos que aparcar os veciños de aquí.
Xa está ben de privilexiar a uns cantos amigos, non son supermercados, e paréceme desmesurado que para dous establecementos que se quiten esos ocos de aparcamento, e máis todavía cando a "carga e descarga¨ é estar de palique en doble fila... os demáis se queremos ter o privilexio de que non nos aparquen fronte o portal, é ¡¡PAGANDO VADO no Concello do Carballiño!!
Está claro que na Rúa Martínez Avellanosa, somos cidadáns de segunda ou terceira, unha das principais rúas do Carballiño e tamén das menos humanizadas (nin árbores urbanas, obras interminables interrupindo beirarrúas durante anos, arquetas de sumidoiros estragados, etc)
¿¿Cándo teñen pensado os gobernantes de esta vila mirar por esta rúa??

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos participantes no campamento específico para persoas con discapacidade que organiza a Xunta na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e no que participaron 75 persoas con discapacidade este verán.
Posteriormente, a directora xeral reuniuse coa Asociación de familiares de persoas con discapacidade psíquica da comarca do Carballiño (Aspadisi), á que a Xunta destinou 655.000 euros para a construción da súa nova residencia inaugurada este ano e que xa comezou a recibir os seus primeiros usuarios, e agora tamén colaborará no financiamento de 15 prazas públicas.
Como digo no titular son veciño de Maside na zona da rua Ourense, en concreto das casas que están por detrás do lavadeiro de coches. En relación os comentarios que se están vertendo en relación as obras da rua Ourense so vou comentar un par de cousas a maiores que considero salientables.
En primeiro lugar e antes de ninguén quite conclusións equivocadas sobre mín, dicir que o Sr. Argimiro non é santo da miña devoción, e non sei se é certo ou non que a rua Ourense sexa titularidade do concello do Carballiño no treito que lle pertence grazas a él e a cambio de nada. A cambio de nada ou de algo, non o sei, o que parece claro é que ese treito é do concello, polo tanto é libre para actuar nel, iso non vale moito, vale moítisimo. A libertade que che da que algo sexa dun para actuar nelo non ten prezo.E coma cando compras unha finca lindeira, o mellor pagas o que non vale ou o que non pagaría ninguén, pero finalmente estás a gañar porque pra ti significa máis. Eu non díria que Celso foi máis listo, diría que Celso fixo o que sempre fixo cos únicos que pagamos impostos na Fontela ou en Corzos, absolutamente nada. Ter a zona totalmente abandonada. Comparar as obras que se executaron recentemente a cargo da Xunta na zona de Maside cas que se están facendo en Carballiño non ten cabida. Chamar beirarruas a botar formigón e pulido a ras de carretera sen bordillos nen cambiar saneamento ou abastacemento, xa non digo nada da iluminación. O que fixeron foi unha zona de aparcamento que está a maior parte do tempo ocupada por coches, que van a panadería, a gasoliñeira, ou incluso veciños que viven alí. A obra está rematada e entregada, o asfaltado completo da rua non entraba na execución dese proxecto. Como non o faga Proyecon..... a empresa da Carrasca de Maside que foi quen fixo dita obra xa che digo eu que non.
Menos mal que agora non temos a Celso, agora temos o Cadavid, que vai camiño de facer bo o primeiro, según parece agora quere poñer un cruceiro na rotonda da Fontela antes que facer as beirarruas pra ir o Gadis. Con políticos que podemos pedir.
Xa de paso, vendo que hai consenso entre Carballiño e Maside, co polígono, ca auga.... digo eu non podía haber consenso entre eles para facer unha votación entre os veciños afectados e cambiar outra vez os límites entre Maside e Carballiño. E non facer a chapuza que se fixo no seu dia sendo Pachi e Benigno alcaldes cando partiron Corzos pola metade, e deixando unhas consecuencias urbanisticas lamentables. Eu proporía que o límite fose a estrada chamada o Eixo do Ribeiro. Entre os que pagamos impostos gañaría a opción de pasar a Carballiño.
Saudos.
Bo día querido copernauta, eu non ninguen oficial pero hai varias cousas que sei e gustariame aclararche a ti e quen poida estar interesado.
1 Coincido contigo con que Proyecon non está a facer Unha execucion moi aceitada, bastante lentitude, e pouco personal nas obras, e o das sinais en fin....
2 A obra e entre o Alcampo, no límite con Maside e a rotonda do Fisaude, a parte de arriba da rua quedará para outra ocasión, porque tamen lle compre, Ainda que o seu estado non e tan malo como o resto da rua Ourense.
3 A obra non incluye a parte de Maside, porque esa parte e da Xunta de Galicia ( ou-202), e para entender o asunto hay que remontarse ata finais do 2014 cando o señor Argimiro Marnotes quixo que a Xunta lle transferirá a parte do Carballiño o Concello( a cambio de nada, a rua xa estaba en mal estado de aquela ) ademáis de supor un maior gasto para o Concello.
En Maside, Celso daquela alcalde foi mais listo e non quixo o pedazo que está en Maside, polo que ese sigue siendo da Xunta.
O ano pasado Concello de Maside e Xunta de Galicia chegaron a un acordó, polo que a Xunta lle arranxaba ese pedazo e despois pasaría a ser do Concello de Maside, de eito xa se fixeron as beirarruas, e agora falta asfaltalo.
Si o señor Marnotes fixera as cousas ben, esa obra todo haberia feito a Xunta de Galicia en ambos concellos. Agora xa está feito e o pasado non se pode cambiar .
Agora esperemos que quede ben alomenos e as molestias valgan a pena, pero os aparcamientos van cambiar en varias zonas e tamen algunha arbore pasará pola motoserra.

Xa se sabía, e agora o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) ven de acreditalo cunha enquisa entre a poboación española na que se elixe ao prato máis representativo da gastronomía de cada Comunidade Autónoma.
Definitivamente, os galegos téñeno moi claro, o 53% dos preguntados polo CIS optaron polo patro que se fixo famoso desde O Carballiño, o pulpo á feira que de xeneración en xeneración foron popularizando en feiras e festas as pulpeiras de Arcos.
A moita distancia do pulpo á feira, aparece o marisco (en xeral), que acadou o 27,9% das respostas deste estudo, co 11% aparece o cocido galego, co 4,8% o peixe (en xeral) e finalmente, co 3% os callos.
O CIS esqueceu, á hora de preguntar, outros pratos tamén moi populares en Galicia, como son os pementos de Padrón ou a empanada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »