7, Novembro 2019

O nome do Carballiño, como acontece con tantos outros pobos, ten que ver co lugar no que naceu. Os estudosos da toponimia coinciden nesto, pero discrepan na súa orixe, aínda que parece prevalecer a teoría do apelativo cariñoso, que en galego adopta ser un diminutivo. Desta maneira, O Carballiño indicaría afecto por ese lugar poboado con carballos ou acaso a algún carballo singular, que destacase sobre os demáis.

Pois sendo asi, ese carballo podería ser o que existía onde se edificou nunha das primeiras pousadas de arrieiros que houbo no Carballiño anos despóis de os monxes de Oseira crearan a feira que deu lugar o nacemento do pobo, a súa ubicación coincide na actualidade cun edificio á beira da Praza Maior "a casa da famlia Garriga", entre as rúas Carmen e Cesáreo Tizón, a apenas unhos poucos metros da casa do concello.

Quen esto acreditou  foi Jesús Álvarez Rodríguez, xa falecido fai anos e carballiñés do barrio de Flores, nunha entrevista con Xan Pinal gravada en 2001, e emitida esta semana no espazo de COPE O Carballiño "Aquel pobo, aquela xente".

Este home, identificado como o tataraneto dun dos primeiros habitantes do Carballiño, contounos ademáis que a primeira casa que se construíu no Carballiño, precisamente a do seu tataravó, situábase á beira do Carrás, na zona onde moitos anos despóis estaba o matadoiro municipal, xa desaparecido. Despoís, construira unha segunda vivenda xa no actual barrio de Flores. Era cordaneiro, facía cordas, e orixinario das terras de Maceda. Historia que se foi transmitindo de xeneración en xeneración nesta familia.

O audio deste documento pode escoitarse nesta mesma WEB, na sección de PROGRAMA, correspondente ao dia 7 de Novembro de 2019.

6, Novembro 2019

O Círculo carballiñés de Podemos considera totalmente desacertada a idea revelada polo concelleiro de cultura Diego Fernández ao xornal "La Región", para ubicar a demandada Casa da Xuventude no cuarto andar da Casa da Cultura, nun espazo de apenas 100 metros cadrados.

No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado de Podemos O Carballiño:

6, Novembro 2019

A chegada masiva de emigrantes retornados e inmigrantes procedentes, fundamentalmente de Venezuela, dispara a poboación do Carballiño ata acadar os 14.328 habitantes, rozando polo tanto o teito poboacional histórico do municipio rexistrado no ano de 2013, daquela o padrón rexistraba 14.355 habitantes.

Asi se desprende dos últimos datos actualizados do Padrón contínuo, O Carballiño está a apenas 27 habitantes da súa cifra de poboaicón máis alta, polo que de confirmarse esta mesma tendencia nos próximos meses mesmo podería superarse.

En relación ao último Padrón de referencia anual, con data de 1 de Xaneiro deste ano, O Carballiño tiña unha poboación de 13.939 habitantes, polo que neste periodo de tempo o incremento de habitantes cífrase en 389 persoas.

Un incremento que se confirma a pesar do crecemento vexetativo, que sigue tendo saldo negativo, xa que cada mes o número de nacidos é inferior ao de falecidos, asi e todo o saldo migratorio do munlicipio é positivo.

O numero de extranxeiros empadronados no municipio do Carballiño representa xa o 10% do total, destacando aquelas persoas procedentes de Venezuela, e en moita menor medida aquelas que chegaron a O Carballiño e que son orixinarias de Brasil, Portugal, Repúbica Dominicana ou Argentina.

Asi pois, O Carballiño volve superar seis anos despóis a barreira dos 14.300 habitantes, consolidanse desta maneira como a segunda poboación da provincia de Ourense, tras a capital.

 

5, Novembro 2019

Soy vecino de la rúa Castelao. Mi coche está totalmente golpeado y rayado debido a las piedras que saltan desde la calle, en un estado absolutamente lametnable, más propia de una pista de paso de tractores que de coche.

5, Novembro 2019

O Alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, ven de confirmar unha nova achega económica por parte do Instituto Enerxético de Galicia ao concello de Maside para dar continuidade á renovación das iluminacións públicas nas localidades do municipio.

Desta vez, e por medio dunha subveción de 123.000 euros, vaise proceder a acometer a renovación dos alumeados públicos coa implantación da tecnoloxía LED na rúa principal da vila de Maside, asi como nas localidades da Touza, Negrelle e O Pazo e o barrio do Outeiro Grande.

O rexedor municipal calcula que a implantación deste sistema vai supoñer un aforro do 80% na factura eléctrica, e anunciou que agarda conseguir unha nova axuda para completar este proxecto de eficiencia enerxética no resto do municipio masidao.

4, Novembro 2019

A sesión extraordinaria está convocada para as 20 horas deste próximo xoves dia 7 de Novembro, na mesma elixiráse como novo alcalde de San Amaro ao socialista Rubén Gómez, terceiro na lista do PSdeG-PSOE nas eleccións do pasado mes de Maio.

Desta maneira, San Amaro terá catro alcaldes en menos dun ano. Unha situación bastante atípica e que tiña o seu primeiro capítulo no mes de Novembro de 2018 coa renuncia de Ernesto Pérez, tras exercer como alcalde dende 2013, marchaba a apenas seis meses da convocatoria electoral de Maio deste ano, sendo sustituído por Fernando Rodríguez Redondo, tamén do grupo popular.

Tras os comicios municipais era elixida como alcaldesa a socialista Maria del Carmen Pérez, que presentaba a súa demisión de forma inesperada no pasado mes de Setembro, pasando a exercer as funcións de alcalde Carlos Paz, de Xuntos por San Amaro, primeiro tenente de alcalde no goberno bipartito cos socialistas.

Eso si, o novo alcalde que elixirá a corporación este próximo xoves apenas terá ano e medio para exercer como tal, xa que según o pacto entre PSdeG e Xuntos, nos dous ultímos anos do mandato o alcalde deberá ser Carlos Paz.

4, Novembro 2019

Alá polo 2004, co inicio das obras do AVE a Madrid, un pequeno grupo de tolos pensábamos que a Obra faraónica que estaba a piques de escomenzar tería como principal consecuencia o abandono de boa parte das poboacións galegas (dispersas por motivos xeográficos).  16 anos despois, un numeroso grupo de carballiñeses manifestábase a escuras na estación (abandonada) da nosa Vila pedindo aló menos que, nos poucos horarios que quedan, os viaxeiros podan ir sentados.

 O próximo domingo votaremos e..... ¿boa parte da poboación votará coa mente posta en Catalunya e na Unidade de España?

3, Novembro 2019

Os numerosos veciños e veciñas do Carballiño e Comarca que respaldaron esta tarde de domingo a concentración convocada polas asociacións xuvenís Xuca e Asesgal poideron comprobar o estado de abandono co que Adif ten a estación de ferrocarril do Carballiño, e mesmo a deixadez e falla de respecto para os seus usuarios.

Á hora anunciada para esta quedada, as sete e media da tarde, as dependencias interiores e exteriores da estación carballiñesa permanecían ás escuras e tanto os organizadores da protesta como as persoas que acudiron tiveron que utilizar as lanternas dos móbiles para poder ver un chisco, unha situación totalmente terceiromundista pero ilustrativa do estado actúal da estación de tren no Carballiño, tampouco a de hoxe era unha estampa execepcional xa que tamén acontece moitas veces a diario cando chega o tren da tarde procedente de Ourense.

O motivo desta acción reivindicativa ante o Adif é chamar a atención sobre o descontento existente no Carballiño pola precariedade dos servizos ferroviarios, e dos resto do tranposrte público, unha probemática que sufren sobre todos os estudantes, con enormes dificultades para desplazarse dende O Carballiño ás principais cidades galegas, tal como recordou Ramiro Bello, en nome dos convocantes.

A entrada en funcionamento da nova liña da Alta Velocidade Ourense-Santiago-A Coruña en decembro de 2011 supuxo a perda de varios trenes na estación do Carballiño, posteriormente suprimíuse o tren nocturno con Madrid, e recentemente a privatización do servizo de atención ao público e venda de billetes -so 7 horas ao dia de luns a venres- empeorou aínda máis as precarias prestacións, tal como hoxe poideron comprobar "in situ" os manifestantes.

No acto de protesta deste domingo, ademáis de estudantes e familiares, tamén participaron veciños e veciñas e representantes das formacións políticas representadas no concello do Carballiño, e mesmo doutras que con contan con represntación instituacional no concello carballiñés.

3, Novembro 2019

Un servicio deficiente de tren es malo, un servicio inexistente de autobus para estudiantes , trabajadores y todo el que quiera desplazarse a VIGO, inexistente. Ya puestos reclamemos todo. Tener que desplazarse a Ourense, Ribadavia o A Cañiza no es una opcion, es una falta deatencion a una los habitantes de una comarca. Cuando algo interesa se hace rapido politicamente hablando, el transporte tambien interesa. Pues.......rapidiño que e noite.... Menos peleas politicas, menos quedar bien, menos peloteo y mas accion y efectividad. En resumen tren y autobuses ya sin mas demora. 

Un saludo

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS