2, Outubro 2019

No transcurso das próximas semanas estará aberta a votación para elixir o pobo  máis bonito da comarca do Carballiño,  nunha proposta coa que pretendemos dar a coñecer e promocionar a nosa xeografía comarcal.

A audiencia de COPE O Carballiño será a protagonista desta votación, que poderá realizar a través do WhatsApp 698 12 72 41 ou deixando unha mensaxe de voz no teléfono 988 275 007. Pódese votar por calquera pobo situado en calquera dos nove concellos da comarca do Carballiño.

Os catro pobos con máis votos clasificaránse para a gran final, na que volverá convocarse unha nova votación.

No pobo que sexa declarado pola audiencia como o máis bonito da comarca realizarémos un programa de radio e faráse unha pequena festa de celebración

Son centos de pobos repartidos por toda a xeografía comarcal, todos eles cun encanto especial, ben sexa polo seu entorno natural, a súa xente, paisaxe, ou a súa arquitéctura e beleza ¿cál é o teu favorito ?

 

1, Outubro 2019

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou os tres edificios que compoñen o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (o edificio principal da Uceira e os coñecidos como Calvo Sotelo e antigo Campo da Feira), no Carballiño, onde se interesou polo funcionamento no centro do modelo plurilingüe neste colexio, que é centro plurilingüe desde 2010 e conta con Estrela PlurInfantil desde o 2017.

Así mesmo, dada a recente convocatoria do plan Proxecta, animou a comunidade educativa a volverse implicar neste iniciativa, da que o curso pasado desenvolveu o programa Mobilidade sostible e segura.

O Diario Oficial de Galicia vén, así mesmo, de publicar a renovación da axuda a este CEIP vinculada á súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Neste sentido a conselleira destacou tamén que o centro desenvolve o programa Biblioteca Creativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación a través do traballo con robots construídos sobre Arduino, os Escornabots.

1, Outubro 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. Este encontro servíu para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e a municipal para seguir impulsando a dinamización económica no concello de Boborás.

As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos e o impulso ao emprendemento foron algúns dos aspectos abordados nesta reunión, na que Conde lle agradeceu á rexedora boborense a participación na rede de Concellos Emprendedores.

Pertencer a esta iniciativa permitirálle ao concello de Boborás ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

A cambio, o Concello de Boborás comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.

1, Outubro 2019

De raza lle ven ó galgo e semella que o concelleiro de "cultura" volve ás andadas. Deberían de pedir todolos grupos unha investigación sumaria sobre estes procederes. De acreditarse que meteu a filla de dous saltándose a cola, sería responsabilidade de Fumega sacarlle as adicacións ( o soldo da Deputación non Pode) coa mesma axilidade e dilixencia que fixo no caso de Adolfo.

O FEUDALISMO CACIQUIL DO PSOE É TAN VERGOÑENTO COMO O DO PP

1, Outubro 2019

O BNG do Carballiño denuncia presuntas irregularidades no proceso de formalización da matrícula nas escolas municipais de danza e teatro ante a indignación de un grupo de solicitantes.

Un ano máis atopámonos coa falta de planificación e previsión por parte da concellería de cultura na formalización das matrículas nas escolas municipais.

Ano tras ano as nais e pais dos nenos e nenas do Carballiño teñen que facer cola na porta do concello dende ben cedo para conseguir unha praza, neste caso na escola municipal de danza.

O prazo de inscripción abríase hoxe, 30 de setembro dende ás 09:00 da mañá ata ás 14:00 da tarde, así o indicaba a información facilitada polo concello.

Esta mañá eran moitos os proxenitores facendo cola na porta do concello agardando a que deran as 09:00 para inscribir aos seus fillos e non quedar sen a súa praza.

Ao mesmo tempo que este grupo de solicitantes facían cola e agardaban pola documentación para poder realizar o pago, outro grupo de pais e nais xa estaban en recadación coas inscripcións cubertas e pagando, antes de que se abrise o prazo, xa que se lles facilitou a documentación con anterioridade.

Tendo en conta que as prazas se outorgan por orden de inscripción presentando o resgardo do pagamento é evidente que alguén xoga con ventaxa, algo inconcebible nunha sociedade democrática.

Dende o BNG solicitamos que se aclaren canto antes estas irregularidades e o máis importante, que ningún rapaz quede sen a súa praza.
Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos.

30, Setembro 2019

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da terceira edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados "Entrenando as cabeciñas", que tiveron unha gran acollida durante as dúas edicións anteriores.

Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e fomentar un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 4 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 5 concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.

A programación iniciarase no mes de outubro, co seguinte calendario:

BEARIZ,NA CASA DO CONCELLO, OS LUNS, de 10:00H a 11:00H

BOBORÁS, NO LOCAL SOCIAL ALMUZARA, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H

O IRIXO, NA CASA DO CONCELLO, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H

SAN AMARO, NA CASA DO CONCELLO, OS MÉRCORES, de 11:30H a 12:30H

PIÑOR, NO CENTRO SOCIAL DE ALBARONA, OS MÉRCORES, de 10:30 a 11:30H

A actividade dará comezo o 7 de outubro e, a pesar de que se fará un descanso por mor das datas do Nadal, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de xullo, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.

29, Setembro 2019

O Día da Bici chega á súa décimo quinta edición, e terá lugar o domingo 6 de outubro. Así se dixo durante a presentación do evento que se levou a cabo na Praza de Abastos coa asistencia da concelleira de Deportes, Silvia Baranda; o presidente da asociación de praceiros, Eligio González; o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga; o presidente do Club Ciclista Carballiño e propietario de Sobre Rodas, Roberto Rodriguez, e Manuel Otero, de comercial Orcellón.

Nesta edición celebraranse varios sorteos, entre outros, dúas bicicletas, e entregarase unha camiseta conmemorativa aos 350 primeiros inscritos.

As inscricións, que son gratuitas, poden efectuarse entre o 30 de setembro e o 4 de outubro na área de Deportes do Concello do Carballiño, ou o mesmo día do evento unha hora antes do comezo, de 10:00 a 11:00 h.

A saída darase ás 11:30 h., desde a praza da Veracruz, e a chegada será no mesmo lugar. O percorrido previsto será de 9 km, e haberá unha zona de xogos no anfiteatro da Veracruz para os máis pequenos.

Trátase dun paseo familiar, que está aberto a todas as idades, e que será doado para pequenos e maiores, de forma que todos os inscritos podan realízalo sen ningún impedimento, agás a obrigatoriedade de levar casco.

Silvia Baranda recordou que esta festa da bicicleta fora promovida había quince anos sendo ela concelleira de Deportes, e que tras este tempo estaba xa moi consolidada, e que por eso convidaba a toda a veciñanza, pequenos e maiores, sin distingos de idades, a inscribirse e participar.

Roberto Rodríguez confirmou que se trata dun paseo lúdico familiar sin ningún tipo de competición, e que, tanto como presidente do Club Ciclista Carballiño como por por parte de Sobre Rodas, estaba encantado de colaborar un ano máis con este evento.

Precisou que o percorrido está pensado para todas as idades, e que os màis cativos terían un lugar de xogos na praza da Veracruz. Así mesmo, dixo que Sobre Rodas instalará un taller á saída para axudar a arranxar calquera problema que se produza nas bicicletas.

Eligio González amosou a súa satisfacción por presentar o evento no marco da Praza de Abastos, recordando que se celebra actualmente o 90 aniversario deste servizo municipal, e que tamén colaboraban con produtos que serán sorteados o domingo 6 de outubro ao remate do percorrido.

Manuel Otero tamén animou á participación, igual que Julián Garriga, que felicitou aos organizadores por esta nova edición do Día da Bici no Carblliño, e animou a participar de xeito masivo.

O Día da Bici, que organiza o concello do Carballiño, conta co patrocinio da Deputación de Ourense, Inorde, Praza de Abastos, Coca-Cola, Gadis, Sobre Rodas, Coluer, Orcellón e Centro Comercial Aberto. Asimesmo, colaboran Club Ciclista Carballiño, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e a Xefatura Provincial de Tráfico da DGT.

28, Setembro 2019

Referente ao comentario anterior soamente dicirlle a persoa que escribiu o comentario anterior que en Ourense os parkings son bastante caros e Ter que ir ata Ourense tamén supón un custo adicional. Ademáis hai supermercados no Carba que teñen aparcamientos como o Gadis (maside) Mercadona, no Froiz de Arcos tamén se aparca preto o Eroski. De todolos xeitos recoméndolle a todolos vecinos que merquen nas tendas pequeniñas, gástase menos e comprase mellor calidades, os supermercados están preparados pra que vaiamos mercar 3 cousas e acabemos mercando 8 das cales 3 son cousas supéfluoas que podemos pasar sen elas. En canto ao comercio coido que tanta terraza non o favorece en nada, e tamén os prezos coido que teñen que darlle unha volta. Tampouco pode ser que os mesmos propietarios de negocios no Carballiño merquen as dúas cousas en Internet e logo pedirnos aos demáis que merquemos no Carballiño. A Asociación de Comerciantes ten que facer algo de traballo de pedir melloras como pedir Unha regulación das terrazas e deixarse de tanta foto vos responsables políticos municipais, teñen que defender os seus intereses. Para rematar a miña intención non é amolar a ninguén. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS