
´Resulta que no último Pleno do Carballiño o PP presenta unha moción para que o Estado lle transfira á Xunta as partidas pendentes, pero o curioso é que non piden que o Estado lle tranfira as partidas aínda pendentes da era Rajoy, nin cando estaba Rajoy pedían as partidas que non chegaban. Ademáis Perea recoñece que é o partido de Feijóo quen obriga a todos os concelleiros do PP a presentar como moción estes choriqueos.
Podemos ver o Pleno íntegro aquí https://www.facebook.com/carballinotv/videos/2356331421088982/?__xts__[0...
Pois ben, xa que o PP emprega os concellos de Galicia pra facer política estatal cando están próximos os comicios, eu, como galego tamén quero mandarlle unha mensaxe a Feijóo.
No ano 2009 Galicia debía 4.859 millóns de euros, o 8,60% do PIB, 1.752€ por cabeza. No ano 2019 Galicia debe 11.685 millóns de euros, o 18,30% do PIB, 4.247€ por cabeza. En 2009 non lle debiamos nada ao Estado e agora debémoslle case que 6.117 millóns de euros, unha vez descontadas esas partidas pendentes de recibir polas que agora choriquean os do PP.
No ano 2017 e remítome a esta data porque tamén estaba Rajoy, o PIB per capita español foi de 25.000€ mentres que o galego se quedou en 22.497€. En 2017 a nosa taxa de paro foi do 14,7%. Hoxe, en plena suposta recuperación, retrocedemos ao 15,1%, sendo as máis castigadas as mulleres -16%- e a xente nova -36,5%-; máis dun punto por riba dos datos de 2017. No ultimo barómetro sanitario do CIS de Rajoy no que aínda non facía das súas Tezanos, a sanidade galega obtiña un 6,49, quedando só por riba de Ceuta, Melilla, Canarias e Andalucía e por debaixo da media estatal: 6,68. A pensión media galega sitúase nos 794,16 euros, hai once anos era a segunda máis baixa do Estado e hoxe ségueo a ser.
PREGUNTA PARA FEIJÓO E OS DO PP DO CARBALLIÑO: ¿Cómo puido medrar tanto a débeda e para qué medrou nestes anos se o único que fixemos foi recortar masivamente no gasto en sanidade, en educación ou en políticas sociais?
Parabéns a Espazo Común e BNG (a única oposición que existe no Carballiño). O PP diu unha imaxe lamentable. Limitouse a ser palmeiros da propaganda de Feijóo, e a estar a favor dos postulados do goberno local. A negativa de remunicipalizar servizos coa connivencia PPSOE será algo sobre o que tomaremos nota. Reflicte a nugalla de políticos cómodos que son incapaces de xestionar o público, e se limitan a privatizalos.
O concello de Leiro "oculta" os contedores da recollida do lixo de forma orixinal, instalando unhos soportes pechados nos que se ubican, dotados dunha porta corrediza, e adornados con fotografias dos monumentos e lugares máis emblemáticos deste municipio.
O deseño é orixinal do coñecido artísta gráfico e pintor Juan Valcárcel, moi relacionado con Leiro, sendo dende fai moitos anos o autor do cartel oficial da Festa da Vendima.
Agora, Valcárcel é tamén o deseñador deste dispositvo ideado oculatar os contedores mostrando macrofotografías, que serven ademáis para promocionar os principais recursos turísticos que ten o concello de Leiro.
De momento, xa se instalaron os catro primeiros do total dos doce dispositivos que se ubicaran na vila de Leiro, aínda que máis adiante o alcalde Francisco Fernández non descarta darlle continuidade no resto das parroquias.
Para esta iniciativa, o concello de Leiro contou cunha axuda da Axencia de Turismo de Galicia.

No transcurso das próximas semanas estará aberta a votación para elixir o pobo máis bonito da comarca do Carballiño, nunha proposta coa que pretendemos dar a coñecer e promocionar a nosa xeografía comarcal.
A audiencia de COPE O Carballiño será a protagonista desta votación, que poderá realizar a través do WhatsApp 698 12 72 41 ou deixando unha mensaxe de voz no teléfono 988 275 007. Pódese votar por calquera pobo situado en calquera dos nove concellos da comarca do Carballiño.
Os catro pobos con máis votos clasificaránse para a gran final, na que volverá convocarse unha nova votación.
No pobo que sexa declarado pola audiencia como o máis bonito da comarca realizarémos un programa de radio e faráse unha pequena festa de celebración
Son centos de pobos repartidos por toda a xeografía comarcal, todos eles cun encanto especial, ben sexa polo seu entorno natural, a súa xente, paisaxe, ou a súa arquitéctura e beleza ¿cál é o teu favorito ?

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou os tres edificios que compoñen o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (o edificio principal da Uceira e os coñecidos como Calvo Sotelo e antigo Campo da Feira), no Carballiño, onde se interesou polo funcionamento no centro do modelo plurilingüe neste colexio, que é centro plurilingüe desde 2010 e conta con Estrela PlurInfantil desde o 2017.
Así mesmo, dada a recente convocatoria do plan Proxecta, animou a comunidade educativa a volverse implicar neste iniciativa, da que o curso pasado desenvolveu o programa Mobilidade sostible e segura.
O Diario Oficial de Galicia vén, así mesmo, de publicar a renovación da axuda a este CEIP vinculada á súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Neste sentido a conselleira destacou tamén que o centro desenvolve o programa Biblioteca Creativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación a través do traballo con robots construídos sobre Arduino, os Escornabots.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. Este encontro servíu para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e a municipal para seguir impulsando a dinamización económica no concello de Boborás.
As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos e o impulso ao emprendemento foron algúns dos aspectos abordados nesta reunión, na que Conde lle agradeceu á rexedora boborense a participación na rede de Concellos Emprendedores.
Pertencer a esta iniciativa permitirálle ao concello de Boborás ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.
A cambio, o Concello de Boborás comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.
De raza lle ven ó galgo e semella que o concelleiro de "cultura" volve ás andadas. Deberían de pedir todolos grupos unha investigación sumaria sobre estes procederes. De acreditarse que meteu a filla de dous saltándose a cola, sería responsabilidade de Fumega sacarlle as adicacións ( o soldo da Deputación non Pode) coa mesma axilidade e dilixencia que fixo no caso de Adolfo.
O FEUDALISMO CACIQUIL DO PSOE É TAN VERGOÑENTO COMO O DO PP
O BNG do Carballiño denuncia presuntas irregularidades no proceso de formalización da matrícula nas escolas municipais de danza e teatro ante a indignación de un grupo de solicitantes.
Un ano máis atopámonos coa falta de planificación e previsión por parte da concellería de cultura na formalización das matrículas nas escolas municipais.
Ano tras ano as nais e pais dos nenos e nenas do Carballiño teñen que facer cola na porta do concello dende ben cedo para conseguir unha praza, neste caso na escola municipal de danza.
O prazo de inscripción abríase hoxe, 30 de setembro dende ás 09:00 da mañá ata ás 14:00 da tarde, así o indicaba a información facilitada polo concello.
Esta mañá eran moitos os proxenitores facendo cola na porta do concello agardando a que deran as 09:00 para inscribir aos seus fillos e non quedar sen a súa praza.
Ao mesmo tempo que este grupo de solicitantes facían cola e agardaban pola documentación para poder realizar o pago, outro grupo de pais e nais xa estaban en recadación coas inscripcións cubertas e pagando, antes de que se abrise o prazo, xa que se lles facilitou a documentación con anterioridade.
Tendo en conta que as prazas se outorgan por orden de inscripción presentando o resgardo do pagamento é evidente que alguén xoga con ventaxa, algo inconcebible nunha sociedade democrática.
Dende o BNG solicitamos que se aclaren canto antes estas irregularidades e o máis importante, que ningún rapaz quede sen a súa praza.
Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos.

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da terceira edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados "Entrenando as cabeciñas", que tiveron unha gran acollida durante as dúas edicións anteriores.
Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e fomentar un envellecemento activo e saudable.
Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 4 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 5 concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.
A programación iniciarase no mes de outubro, co seguinte calendario:
BEARIZ,NA CASA DO CONCELLO, OS LUNS, de 10:00H a 11:00H
BOBORÁS, NO LOCAL SOCIAL ALMUZARA, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H
O IRIXO, NA CASA DO CONCELLO, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H
SAN AMARO, NA CASA DO CONCELLO, OS MÉRCORES, de 11:30H a 12:30H
PIÑOR, NO CENTRO SOCIAL DE ALBARONA, OS MÉRCORES, de 10:30 a 11:30H
A actividade dará comezo o 7 de outubro e, a pesar de que se fará un descanso por mor das datas do Nadal, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de xullo, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.
Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- …
- seguinte ›
- última »