26, Agosto 2019

Con esta profesionalidad es como se está ejecutando la obra de reforma de la calle Venezuela de Carballiño ¿como hago para entrar en mi casa?

26, Agosto 2019

Buenos días, leyendo hoy el periódico La región, me encuentro que hay una denuncia cuyo título es ,aceras intransitables en o carballiño. Son innumerables las calles en las que ocupa más la terraza del bar que el espacio para poder transitar los peatones. Es una vergüenza, en mi caso vivo por cerca del balneario, soy una persona que usa bastón todos los días. Los días de feria los bares ya no solo le llega con poner mesas o sillas, sino que se dedican a poner bancos y mesas largas ocupando la totalidad de la acera. Es una vergüenza.

Me gustaría que se mirarán estas cosas, porque están pasando al lado del propio Concello y se está viendo todos los días.

Gracias y saludos

25, Agosto 2019

A vila de Leiro rexistra un gran ambiente dende primeiras horas da mañá deste domingo 25 de Agosto, de ceos cubertos e amenaza de choiva.

A 30 edición da Festa da Vendima, co expresidente do goberno de España Mariano Rajoy como pregoneiro estelar, está resultando un  gran éxito de convocatoria, coa Praza de Cruceiro e a rúa principal de Leiro cheas de público de todas as idades que non queren perderse o sempre espectácular desfile de charangas e carrozas, que representan distintas esceas do traballo e as tradicións arredor do viño no Ribeiro.

A presenza de Mariano Rajoy tamén trouxo ata Leiro a outras personalidades da política, entre as que se encontran a expresidenta do Congreso dos Deputados Ana Pastor, ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Unha vez celebrado o desfile de carrozas, as actividades concentranse dende primeira hora da tarde no parque do Salgueiral, á beira do río Avia, onde se encontra ubicado o mercado artesanal, a mostra de viños de Leiro e o gran comedor ao aire libre que acolle o xantar campestre.

A xornada complétase co Festival da Vendima do Ribeiro, a partir das oito da tarde na igrexa de San Pedro de Leiro,  e actuación dun grupo musical.

21, Agosto 2019

Este asuntillo do servizo de recadación do Concello do Carballiño é a puntita do iceberg. Un servizo de recadación semipúblico/semiprivado, no que o alcalde se comprometera a facelo totalmente público pra salvar unhos orzamentos -acordo con Alternativa Veciñal En Marea- pero que mantén eminentemente privado porque os seus tentáculos na parte privada -os familiares- fan máis cómodo teledirixir electoralmente este servizo.

Queda patente que:

1º) Xugouse electoralmente co servizo de recadación -non poden vir agora reclamando algo de catro anos atrás sen notificalo antes posto que non aplicaron procedemento administrativo ningún, actuando pola calada sen seguridade xurídica ningunha, o que supón un CACICATO EN TODA REGLA.

2º) A festa electoral de subvencións a tuti plen -incremento descomunal de subvencións concedidas a asociacións en período electoral- rematou e non sae gratis, os cartos non caen do ceo e alguén ten que pagalos. Non serán os concelleiros os que asuman a carga das súas propias decisións megalómanas posto que tamén hai un incremento descomunal nos custes do grupo de goberno por adicacións totais, parciais e outras herbas.

3º) Da comezo un novo periplo político que promete ser apaixoante, no que con toda probabilidade chegaremos a coñecer a verdadeira cara de Fumega e o fumegato. E as contas do Concello nos vindeiros anos sacarán esta auténtica cara. Mentres tanto quedan no aire as seguintes cuestións: ¿Manterá nestes catro anos o incremento descomunal de subvencións a asociacións, ou xa o fixo todo conceguindo o seu obxectivo electoral? ¿O criterio de condonación das deudas tributarias será axustado a dereito ou seguirá sendo discrecional como as concesións e incrementos de subvencións a asociacións?

ESO SÍ, FUMEGA PROBABLEMENTE SEXA TAN BOA PERSOA QUE HAXA QUE CANONIZALO

E aos do PP habería que nomealos xestores de honor e perpétuos da Festa do Pulpo, e feligreses do canonizado Fumega porque din que están para axudar tan brillante xestión, e non din nin mu deste dantesco trilerismo do servizo de recadación, e eso que fixeron gastar unhos bos cartos nunha auditoría que xa revelaba todo este tinglao, e non fixeron nada porque eles "Están para axudar" tanto cando gobernan como cando non. MERECEN SER BEATIFICADOS.

21, Agosto 2019

Moda infantil, de home e muller; zapatos, complementos, xoias e flores, entre outros, son os produtos que se poden adquirir na 15ª Feira do Stock, que organiza o Centro Comercial Aberto en colaboración co concello do Carballiño, e que se celebrará na Praza Maior durante esta próxima fin de semana.

Anúncianse descontos de ata o 80 e 90 por cento nalgúns produtos, así como 10 vales de compra por un valor global de 200 euros, que se sortearán ao remate da feira.

O evento foi presentado pola concelleira de Comercio, Sivia Baranda, e a xerente do CCA, Noelia Mares.
A feira abrirase o venres, 23 de agosto, ás 6 da tarde e permanecerá aberta ata as 10 da noite. O sábado e o domingo, 24 e 25, respectivamente, estará aberta de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 22,00 h.

15 establecementos dos máis diversos sectores estarán representados nesta feira, que a xerente do CCA cualificou como unha gran oportunidade para mercar produtos en condicións moi ventaxosas.

Noelia Mares destacou a importancia desta cita para o comercio carballiñés, que espera liquidar os restos da tempada de verán, ofrecendo produtos de calidade a baixo prezo. Tamén agradeceu o traballo que realizan os operarios para montar as casetas que albergarán a feira.

Pola súa parte, Sivia Baranda incidiu na necesidade de promocionar e apoiar o comercio local como unha parte esencial da economía carballiñesa. Por iso pediu á veciñanza que acuda á feira e que tamén realice as súas compras o resto do ano no comercio local, que é un comercio de proximidade e de calidade, según dixo.

21, Agosto 2019

A Consellería do Medio Rural comprometeuse a estudar coa máxima atención a proposta do concello de Beariz para declarar o núcleo de Alvite, situado na parroquia de Santa María de Beariz, como “aldea modelo” para a prevención e defensa fronte os incendios forestais.

Así llo transmitiu o titular deste departamento, José González, ao alcalde do municipio, Manuel Prado, durante unha xuntanza de traballo na que tamén participaron os directores xerais de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Neste encontro, o rexedor de Beariz amosou un especial interese por integrar o devandito núcleo nesta iniciativa que está a desenvolver a consellería e que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens da ameaza dos incendios forestais, mediante diversas actuacións dirixidas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas.

Precisamente, o conselleiro salientou o feito de que Beariz teña solicitada a súa adhesión ao convenio no que se enmarca esta actuación e que foi asinado pola consellería, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a posta en marcha do sistema público de xestión da biomasa nas proximidades das vivendas, co fin de protexelas dos lumes.

A maiores, José González destacou que con esta proposta de Beariz xa son máis dunha ducia os concellos galegos interesados en incorporar algún dos seus núcleos a este proxecto de “aldea modelo” e que as candidaturas non deixan de medrar, polo que agradeceu a boa acollida que está a ter esta iniciativa entre os municipios.

Por último, neste encontro de traballo tratouse tamén sobre o pasteiro situado neste concello, precisamente nas proximidades do núcleo de Alvite, habilitado dentro dos plans impulsados pola consellería no marco das diferentes iniciativas postas en marcha para a recuperación e posta en valor de terras agrarias.

21, Agosto 2019

A Festa da Vendima de Leiro cumpre 30 edicións como escaparate do viño do Ribeiro, produto esencial na economía da comarca e particularmente do municipio de Leiro. A presentación desta tradicional celebración tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez; e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares.

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que "transcende o aspecto puramente festivo para converterse nunha canle de divulgación e promoción económica dos recursos endóxenos do Concello de Leiro", dixo Rosendo Fernández, quen sinalou que "en Leiro o viño faise festa e a festa faise viño, pero sen a vendima non habería nin festa nin viño".

Así mesmo, Rosendo Fernández destacou o papel da veciñanza nesta celebración "participando de forma activa nesta festa de exaltación do proceso da vendima que ofrece aos asistentes un amplo e variado programa de actividades que conta cunha parte didáctica no desfile das carrozas, no que se escenifica todo ese proceso da vendima".

O alcalde de Leiro, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, lembrou que se trata dunha "festa de homenaxe á xente que vive por e para o viño" e explicou que a aposta do Concello con esta celebración ten como obxectivo "revitalizar o noso produto estrela e auténtico motor do municipio: o viño".

Neste mesmo sentido, Juan Manuel Casares felicitou ao municipio de Leiro por ser capaz de "innovar e manter a identidade do municipio" nesta celebración que "naceu no ano 1963 e que, polo tanto, é un ano máis antiga ca propia Feira do Viño do Ribeiro". Ademais, o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro dixo que "o futuro da comarca vitivinícola do Ribeiro baséase, en parte, na colaboración de tódolos axentes".

 A programación da festa comezará, segundo explicou o concelleiro de Cultura de Leiro, o sábado 24 de agosto, coas atraccións infantís ás 17.00 horas e, posteriormente, a partir das 22.30 horas celebrarase o "Vendima Rock" no Salgueiral. O domingo 25 de agosto, a festa dará comezo ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso que posteriormente serán expostos.

O concurso de Acios de tintos e brancos, que só admite variedades autóctonas do Ribeiro, outorgará premios dotados con 90 euros o primeiro, 60 euros o segundo e 30 euros o terceiro premio. Ás 11.30 horas será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para continuar ás 12.00 horas coa lectura do pregón na praza do Cruceiro que nesta edición correrá a cargo de Mariano Rajoy Brey.

Ás 12.30 horas terá lugar o tradicional desfile de Carrozas e Charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira, así como a 3ª edición da Mostra de coches clásicos.

Un dos actos máis populares da festa é o concurso e desfile de carrozas, unha exposición que mostra as tarefas propias da vendima. O concurso recolle, na categoría de adultos, un primeiro premio dotado con 1.000 euros, o segundo premio de 750 euros, o terceiro premio é de 600 euros, e 400 euros por participar no concurso. Na categoría infantil, os premios van dos 400 euros ó primeiro, 300 euros ó segundo, 200 euros ó terceiro e aos 50 euros por participar.

A partir das 14.00 horas haberá varias actividades instaladas no Salgueiral como o XVI Mercado Artesanal e a 2ª Mostra dos Viños de Leiro e, ás 14.30 horas, comezará o xantar popular.

Pola tarde retomaranse as actividades ás 16.30 horas coa entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e continuarán as actividades infantís e a festa no Salgueiral.

O deporte chegará ás 17.45 horas co partido de presentación do C.F. Leiro.

Ás 20.00 horas será o concerto de Corais da Vendima e ás 21.00 horas pechará a xornada festiva unha actuación musical.

20, Agosto 2019

Os vinte alumnos e alumnas que formaron parte do obradoiro de emprego “Carbosan 2018/19” recibiron hoxe os diplomas que acreditan a súa asistencia aos respectivos módulos de albanelería e forestal nos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro.

O acto tivo lugar no salón de plenos do concello do Carballiño, e celebrouse coa asistencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, Francisco Fumega e Manuel Cadaviz, respectivamente; da alcaldesa de San Amaro, Mª del Carmen Pérez, e da concelleira de Emprego de boborás, Rosa Pérez, así como do director e moitores do obradoiro.

Neste evento confirmouse a solicitude polos catro concellos participantes dun novo obradoiro para o período 2019/20, que terá os mesmos módulos e número de alumnos que o que se clausurou hoxe.

Os catro representantes municipais agradeceron o traballo desenvolto tanto pola dirección e os monitores como polo alumnado, e que tivo como resultado práctico, ademáis da formación, a realización de importantes obras nos catro concellos.

Neste sentido, amosaron a súa satisfacción polo obradoiro, e destacaron a importancia de ofrecer a posibilidade de que persoas desempregadas poidesen formarse e teñan a oportunidade de atopar traballo.

Un total de vinte persoas participaron neste obradoiro, que conformaron os concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro, e que estiveron distribuidos en módulos de albanelería e forestal. Así mesmo, contou con cinco persoas máis para as labores administrativas e técnicas

19, Agosto 2019

Cinco espectáculos teatrais e dous obradoiros forman parte do programa do xa clásico veraniego "Festival de Títeres do Carballiño" que organiza a concellería de cultura coa colaboración da Deputación de Ourense, con representacións a diario ás 19:30 horas na Praza Emilia Pardo Bazán.

Abre a programación este lúns 19 de Agosto a compañía "Os contos de Pablismo" coa obra "O Paroleiro", recomendada para un público entre os 4 e os 9 anos.

O martes 20, "Larraiz Urruzola" presenta "Dona Barriga Verde", para nen@s a partir dos 6 anos.

O mércores 21,  "Títeres Babaluba" trae a O Carballiño a súa producción "Lume" para un público entre os 2 e os 10 anos.

O xoves 22, "Fantoches Baj" representará "Auga que non vas beber", apta para todos os publicos, incluido o adulto.

O vernes 23, na xornada de clausura, "Viravolta Títeres" presenta "Marionetas de Papel", recomenndado para maiores de 6 anos.

Os dous obradoiros desenvólvense ás 12:30 horas, o lúns 19 sobre a creación de títeres con elementos de reciclaxe, e o vernres 23 sobre a creación de monicreques de papel.

 

19, Agosto 2019

Hai xa algún tempo, bastante puiden comentar co Alcalde do Carballiño o problema que ocasionan os vertidos das pulpeiras , os días de feira, nas alcantarillas de augas pluviais. Un problema tanto medioambiental, pois eses vertidos deberían ir ò río, xa que son de pluviais, un problema de cheiros e suciedade o quedar os resíduos pegados òs tubos e unha imaxe e un exemplo penoso para todos aqueles que o ven. A resposta do señor alcalde veu sendo unha cousa tal que “ boh, xa, é un problema de vello. E que lle fas? Xa baldeamos despois das feiras, é un problema complexo e difícil de solucionar.... hai que mirar..... a xente e que tamén é a os...” todo esto con tono comprensivo e de boa xente. 

Pero o caso e que dende aquela correu o tempo e seguimos nela. E a maiores cundiu o exemplo, ahora xa se pode ver os churreiros botando o aceite nas rejillas de pluviales..... e o concello segue a mirar para outro lado. 

O tema das feiras comeza a ser sangrante, cada un fai o que lle peta, non recollen o lixo, verquen nos sumidoiros, contenedores cheos e encima das aceras dias despois, rúas cheas de terra dos productos agrícolas...

O Carballiño a cabará por ser un referente de vertedoiro, tanto nas súas augas , como nas súas rúas. Cando comezaremos a coidar os nosos valores naturais? Logo queremos ser unha vila termal e turistica de referencia. 

A onde hai que chegar para que esa tan boa persona que é o Alcalde tome cartas no asunto? 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS