28, Setembro 2019

Viernes por la mañana, llueve y me dispongo a realizar todos los recados acumulados durante la semana, aprovechando mi mañana libre, ir al supermercado ( cargo compra para toda la semana, pesa), ir a la plaza, compras en varios comercios del centro. Ante la previsión de cargar mucho peso recorro varias  calles no muy alejadas. Después de 25 minutos dando vueltas y viendo los mismos coches en los mismos sitios todo el tiempo, me canso y meto el coche en el Parking, claro que solo para hacer lo indispensable, ir al banco. Con los sablazos que meten, no puedo estar una hora haciendo recados por el pueblo. 

Asi que el resto de las compras decido hacerlas en Ourense , que ya de tener que coger el coche, me da lo mismo, por lo menos no tener que pagar el parking o tener una bonificación por las compras. 

Triste tener que ir a otros concellos a hacer las compras por no poder aparcar. Mientras otros pasan toda la mañana aprcados.

26, Setembro 2019

Parece que na mesma rúa vivimos cidadáns de primeira e de segunda, como se a hora de pagar impostos non fosesmos todos iguais. Digo esto porque non me parece nin medio ben que nestas obras que se están facendo, nos bordillos das aceras nunha marxen colocase pedra nova e a outros tócanos bordillos esnaquizados.

26, Setembro 2019

Inténtase deste xeito recuperar a actividade de Podemos "que xa existía no Carballiño pero que por mala xestión do antigo secretario desapareceu case ata quedar relegado a un plano case inexistente", manifestan nun comunicado emitido pola formación morada.

Engaden que no círculo de Podemos O Carballiño traballaráse tanto a nivel municipal como autonómico "poñendo á vista as necesidades e demandas da xente da nosa vila".

Tamén avanzan que dende o círculo carballiñés apoiarán "todas a candidaturas de unidade popular que haxa, en pos de traballar por mellorar as cousas e por poñer ás institucións ao servizo da xente".

Nesta asemblea a celebrar este domingo 29 de Setembro ás 20:30 horas na casa da cultura do Carballiño participarán representantes da directiva de Podemos Galiza, e trataránse temas como as próximas eleccións xerais, como as vindeiras autonómicas, ademáis de outros asuntos de ámbito municipal no concello do Carballiño

25, Setembro 2019

A resolución da Audiencia Provincial é firme, rexeitandose os recursos presentados polos investigados, e ordena a apertura de xuizo oral aos exalcaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, que o foron entre 1995 e 2011 no concello do Carballiño.

Na mesma causa, que se iniciou fai unhos anos a instancias da Fiscalía, tamén figuran como investigados tres exconcelleiros socialistas que tiveron responsabilidades na mesma etapa no concello carballiñés, Elisa Domínguez, Alfonso Prado e José Antonio Barge. 

A Audiencia Provincial entende que "os indicios recollidos pola instructora son tales superando a mera condición de sospeitas, posto que a contratación laboral foi en unha ou outra medida realizada á marxe de todo procedemento, sen realización de expediente algún". Tamén manifesta a Audiencia que "asi parecen acreditálo algunha das testificais" polo que ordena a apertura de xuizo para que se aclare se os investigados cometeron un delito de prevaricación ou se, polo contrario, resultasen absoltos.

Son en total sesenta presuntas contratacións irregulares de traballadores no concello do Carballiño, a maioria aínda continúan como persoal do concello a dia de hoxe, as que deron lugar a esta causa.

Agora, o procedemento volve ao Xulgado de Instrucción nº 2 do Carballiño, onde a instructora deberá dictar o auto de apertura de xuizo oral, abrindose o prazo para que a Fiscalía presente acusación e os investigados, que defenden que sí existiron procesos de selección na contratación, deberán presentar agora os seus escritos de defensa.

O xuizo celebraráse na Audiencia Provincial de Ourense.

Na actualidade, dos cinco investigados, tan so Pachi Vázquez continúa na primeira liña política, despois de impulsar a creación dunha nova formación política "Espazo Común", sendo concelleiro da actúal corporación municipal do Carballiño.

 

25, Setembro 2019

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da actividade I Encontro de Familias, que se levará a cabo o vindeiro 28 de setembro no Concello de Piñor e, máis concretamente, na Praza de Arenteiro, no concello de Piñor.

Trátase dunha actividade lúdico-educativa totalmente gratuíta destinada a todo o grupo familiar; buscando a convivencia das diferentes familias, así como o fomento do vínculo afectivo entre as persoas membro das mesmas.

A programación, que se desenvolverá de 4 a 8 da tarde, incluirá a A Casa dos Xogos, tamén dous obradoiros de alimentación saudáble con Lucas Requejo, sesións de contacontos con Laura Míguez Escudero e fin de festa coa actuación musical en vivo do coñecido grupo galego de música infantil Mamá Cabra.

Dende o Programa de Educación Familiar buscarase dar continuidade anual a dito encontro, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, rotando cada ano o lugar de realización dentro dos diferentes Concellos Mancomunados (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, San Amaro).

Asi o comentaba nesta emisora de radio o presidente da Manoomunidade de Concellos do Carballiño e alcalde do Irixo Manuel Cerdeira "esta é unha primeira experiencia á que invitamos a todas as familias e a nosa intención é darlle continuidade en próximos anos nos distintos concellos, a deste sábado será en horario de tarde pero cara futuras edición a nosa idea e facéla durante todo o dia".

24, Setembro 2019

A practica totalidade dos comerciantes e hostaleiros do entorno da Alameda veñen de asinar un escrito no que mostrar o seu malestar "despois de 6 eternos meses de obras no parque infantil e a incerteza de non saber cando remataran as mesmas, os negocios do entorno sentímonos moi seriamente seria e gravemente perxudicados".

Afirman que dan por perdida a tempada de primavera e verán coa área de xogos pechada sabendo que "é a maior fonte de ingresos de moistos de nós, e a perpectiva para estes meses de outono non son moito mellores", concluíndo que síntense "abandoados e maltratados".

No escrito que dirixen ao alcalde Francisco Fumega piden de forma expresa información relativa ao remate das obras e tamén sobre o proxecto que se está executando, tamén que se mellore a iluminación e a limpeza viaria na zona, xa que sendo un lugar tan céntrico e concurrido "non recibe atención por parte do concello".

23, Setembro 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entrevistouse no seu despacho co alcalde do concello do Irixo , Manuel Cerdeira Lorenzo, que o pasado mes de agosto asumiu o cargo, logo do falecemento de Manuel Penedo que levaba 32 anos ao fronte da Alcaldía deste municipio.

O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira a Cerdeira Lorenzo, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Manuel Cerdeira explicoulle á delegada territorial que a súa intención é darlle continuidade ao labor que desenvolveu o seu predecesor e do que el tamén foi responsable na súa condición de tenente alcalde.

Marisol Díaz na súa primeira xuntanza co novo alcalde do Irixo recordou os apoios de máis de 1,2 millóns de euros que a Xunta destinou a este concello, dos que 590.000 euros foron a través de ordes de subvencións, 500.000 vía convenios, e máis de 130.000 euros achegados ao abeiro de outras actuacións.

Dos proxectos realizados no Irixo que recibiron achegas do Goberno galego nestes últimos anos, Díaz Mouteira subliñou os relativos a melloras de camiños rurais, pavimentación de vías públicas, construción dunha senda peonil na estrada OU-223, obras de mellora no CEIP, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha dunha Casa Niño.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Manuel Cerdeira o seu desexo de continuar a traballar de xeito coordinado coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

23, Setembro 2019

O acto protocolario tivo lugar na vila de Beariz. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entregou sete vehículos pick-up e sete remolques para reforzar e dotar de máis equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 14 concellos da provincia de Ourense, ente eles están os de Beariz e Boborás.

As Agrupacións locais de Protección Civil de ambos municipios, Beariz e Boborás, recibiron cada un deles, un vehículo pick-up.

O vicepresidente da Xunta destacou a labor altruísta dos voluntarios, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns . Por iso, destacou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotalos dun equipamento adecuado que permita acadar unha maior seguridade para os membros dos servizos municipais e, por ende, dos seus veciños.

Nesta liña, Alfonso Rueda lembrou o compromiso da Xunta para conseguir que a atención ás emerxencias sexa eficaz e estea garantida en todo o territorio galego, con independencia da situación xeográfica do concello.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias, sobre todo nas provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais.

22, Setembro 2019

O PP xa entrou de cheo nos comicios e hoxe márcanse unha boa macarrada nese diario que terá que devolver os 2.7 millóns da subvención de Baltar junior. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/05/28/condenan-region...

Nunha doble plana, que pagamos os contribuintes, deixa perlas moi preocupantes que non vou sacar de contexto polo que deixo o enlace para quen queira poda debullalo  https://www.laregion.es/articulo/ourense/abandono-terras-vantaxe-competi...

E di taxativamente referindose as ferramentas normativas que di que vai implementar: "E que funcionan mellor canto máis abandono e descoñecemento da propiedade existe. Calquera parcela sen dono nun proxecto comezaremos a xestionala. Se aparece, devolvémola. E se non, queda a Xunta con ela–antes era o Estado–. Así o propietario descoñecido deixa de ser un problema. Agora é unha vantaxe".

De materializarse esta ferramenta casi que expropiatoria da Xunta, o lío vai ser monumental. Por poñer un exemplo, todos os nosos emigrantes perderán as súas propiedades e cando retornen terán que demostrar que eran súas.

O titular da entrevista tampocuco ten desperdizo... Preocúpame o guirigai que vai montar na nosa comarca semellante macarrada. Semella que a estratexia do PP é baleirar o rural para que a Xunta poda facerce coas propiedades e deste xeito as ferramentas normativas sexan moi útiles: "O abandono de terras é unha ventaxe competitiva en Ourense" penso que estou soñando cando o leo.

¿É conselleiro ou é o CONSIGLIERI?

20, Setembro 2019

A Comisión de Festas pretende con este formato contentar aos públicos e veciñanza de todas as idades, deseñando un programa musical que con ata 14 horas diarias de actuacións musicais para os próximos dias na vila de Cea.

O grupo Pikante e a orquestra Saudalde abren a porgramación na primeira verbena, na noite deste venres dia 20 na Praza Maior de Cea.

E a partir do sábado, ata o luns incluido, o gran marathón musical, que iniciaráse ás 12 do mediodia do sábado 21 en sesión vermút na Praza Maior co grupo Tattoo. E dende as 6 da tarde ata ás 6 da madrugada, ademáis de Tattoo, completan o programa musical os grupos Fussión e La Nave e a orquestra Aché, nos escenarios da rúa Calvo Sotelo e Praza Maior. 

A banda de música de Celanova ofrecerá pasarrúas e concertos o domingo 22, e dende as 6 da tarde ás 5 da madrugada, actuarán en Cea os grupos Kien Lo Diría e Nebraska, asi como a orquestra Tango.

Finalmente, o lús 23, dia festivo de carácter local no municipio de San Cristovo de Cea, ofrecerá pasarrúas e concertos a Banda Militar da Brilat, e para a festa e verbena deste úlitmo dia de Festas da Saleta contaráse coa amenización musical da Charanga Ardores, o grupo La Huella 2.0 e a orquestra Solara.

Ademáis, o sábado dende as 5 da tarde celebraráse unha festa infantil con diversas actividades, e tanto o domingo como o lúns haberá tres misas na capela da Saleta ás 9,10 e 11 da mañá, e tamén ambos días solemne con procesión ás 12 do mediodia.

Asi pois, todo preparado en Cea para gozar de catro dias de intensa programación festiva, aínda que moi pendientes das previsións meterorolóxicas que avanzan tempo chuvioso para os próximos dias, sobre todo para a xornada do sábado.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS