2, Agosto 2019

O Irixo está de loito, o seu alcalde falecía na mañá deste venres dia 2 de Agosto no Complexo Hospitalario de Ourense, onde levaba varios dias ingresado tras experimentar un empeoramento no seu estado de saúde.

Manuel Penedo Paradela, alcalde do Irixo nos últimos 32 anos, contaba con 60 anos de idade.

Fora elexido por vez primeira alcalde do Irixo en 1987, tras unhas eleccións nas que encabezara a candidatura de Centristas de Galicia. Nas seguintes de 1991, obtivera a súa primeira maioría absoluta, e nese mesmo mandato integrouse no Partido Popular, con esta formación política foi revalidando sucesivamente o seu cargo de alcalde, e asi durante seis mandatos máis, sempre con maioría absoluta e desta maneira ata a súa última cita electoral do pasado mes de Maio deste ano, cando volveu obter un respaldo maioritario.

O velorio instalaráse na casa do concello do Irixo e o funeral celebraráse este próximo domingo dia 4 de Agosto ás 11:30 da mañá na igrexa parroquial de San Pedro de Dadín.

1, Agosto 2019

¿E logo os dos bares son os dueños do pueblo? o que está pasando coas terrazas xa non ten nombre. Cada dia hay mais, o que tiña 10 ahora ten 15 o que tiña 20 agora ten 30. Na calle prinicipal xa están poñendo filas dobles e triples. Nadie o entende se din que o plazo para solicitalas e pagalas acabou o 28 de febreiro. ¿Como poden aparecer ahora tantas mesas novas?¿Porque non se aplica a ordenanza que se aprobou gracias a Bernardo para poñer un cartel no escaparate de cada bar co numero de mesas que ten permitidas? Espero que a respuesta non sexa que hay varios concelleiros con intereses na hosteleria porque eso seria moi grave. Esto teñen que solucionalo ou dentro de pouco non habrá por donde camiñar.

30, Xullo 2019

Concertos, orquestras, actividades de animación de rúa e outro tipo de atraccións sucederanse desde o venres, 2 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, na marco da Festa do Pulpo.

Serán unhos días intensos no Carballiño que culminarán coa celebración da 57 edición desta magna romería gastronómica, que pode ser a última que teña lugar como Festa de Interese turístico Nacional, para ser Festa de Interese Turístico Internacional.

Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, ao que asitiron a xefa territorial de cultura e Turismo, Sandra Quintas; os concelleiros de Turismo, Cultura e Medio Ambiente; concelleiros do Partido Popular, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras: Abanca, Aceites Abril, Pazo tizón, Apersa, Gadis, Estrella Galicia, Cer&Ver, Aku Natura e Wether´s Original.

Entre os principais espectáculos destacan o ciclo de Músicas de Sofá, con bandas internacionais; a Tapa Xigante de Pulpo, o Festival Folclórico Internacional, Treixadura, a orquestra El Combo Dominicano e a Festa das Camisetas.

Para ver horarios e programación diaria pode facélo abrindo o arquivo adxunto:

30, Xullo 2019

Segundo a lei 3/2007 de prevención de incendios e a lei 7/2012 de montes de Galicia, os concellos no núcleo urbano teñen a competencia para aplicar estas leis.

Na parcela situada entre a Rúa Camiño dos Carboeiros e a Nacional 541, segundo as fotos que envío, hai unha casa (pegada a outros edificios) en abandono total, onde as silvas chegan ata o primeiro piso ademais toda a finca esta sen limpar, co perigo de incendio que isto supón.

As parcelas situadas no solo urbano deben estar limpas antes do 31 de maio de cada ano, estamos a 30 de xullo e isto parece unha selva, se o propietario non cumpre a normativa (neste caso descoñecese ao seu titular) correspóndelle ao Concello a execución dos traballos de limpeza.

Ao final sempre hai que esperar a que pase algo para actuar. Avisado está por varios medios pero seguimos esperando.

30, Xullo 2019

O Concello de Avión celebra o vindeiro 9 de agosto, a partir das 18.30 horas, a festividade máis importante da súa colectividade emigrante: a Festa Mexicana, que este ano chega á súa décimo quinta edición, "o que amosa que esta celebración, única en Galicia, está plenamente consolidada e que ano tras ano acada éxito de público, porque se trata de algo máis ca unha festa: é un acto de irmandade, unha homenaxe aos nosos emigrantes e unha fusión de historia e culturas", afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, no acto de presentación da festa.

"Esta aposta por unir gastronomía e tradición, tendendo pontes entre Ourense e América, entre Avión e México, é o que a singulariza", expresou Rosendo Fernández, e neste sentido o alcalde de Avión, Antonio Montero, agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e destacou que nesta edición "a novidade está en contar con maior espazo na praza onde se celebra a festa" e salientou a presenza de catro dos mellores restaurantes mexicanos que hai en Galicia: Chilam-Balam, de Vigo; Mesón Mexicano, de Pontecaldelas; Rincón Azteca, do Carballiño, e El Mexicano TacoBar, da Coruña, cuxo propietario, Jesús Gabriel Carrillo, dixo que este é o cuarto ano que participa "nesta festa diferente a todas, que nos permite aos restaurantes amosar a gran cultura gastronómica de México".

A responsable de Cultura e coordinadora da festa, Isabel Gavián, destacou do programa as actuacións dos mariachis Leonardo Flores e Acapulco, e que o cartel deste ano representa a un tipo de boneca confeccionada polos indíxenas mexicanos, chamada "María", do Estado de Querétaro, "que estará presente en forma de piñata nesta festa que ten como obxectivo traer cada ano un anaco de México a Galicia, para seguir unindo os vínculos que desde fai tanto tempo ligan aos nosos pobos", expresou.

A Festa Mexicana, con actividades para todos os públicos, é un dos eventos máis importantes en Avión, que triplica a súa poboación no verán, superando a cifra de máis de cinco mil persoas

Antes da Festa Mexicana, esta próxima fin de semana, sabádo e domingo, asi como o próximo lúns dia 5, a capitalidade municipal celebrará festas dos patróns de Avión, Santos Justo e Pastor e San Roque, con pasarrúas e concertos de bandas de música, verbenas na Praza da Igrexa, asi como a sempre espectácular sesión de fogos artificais.

29, Xullo 2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subvencionará con 60.000 euros a implantación dun punto limpo móbil para dar servizo aos concellos de A Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro.

Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen mantivo unha reunión coa Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, entidade que aglutina a estes cinco municipios e foi unha das 30 beneficiarias da orde de axudas convocada polo seu departamento para a mellora da xestión municipal dos residuos.

A Mancomunidade do Ribeiro, que recibirá 60.000 euros da Consellería de Medio Ambiente para implantar un novo punto limpo móbil dotado con diferentes compartimentos (contedores ou caixas metálicas de gran volume, remolques, etc) para favorecer a recollida separada de certo tipo de residuos en todo o seu territorio.

A Mancomunidade deberá acompañar a implantación de medidas prácticas con campañas de difusión e sensibilización que incentiven a participación cidadá e a súa concienciación en materia de separación de residuos e reciclaxe.

29, Xullo 2019

Os días 2 e 3 de agosto as rúas do Carballiño acollerán a celebración da 5º edición do Ciclo de Músicas de Sofá, un formato de festival que cambia os grandes escenarios por pequenos salóns en plena rúa, presididos por un sofá que sitúa a músicos e espectadores ao mesmo nivel. Neste evento achégase una boa variedade de estilos musicais.

Músicas de Sofá, organizado co apoio do Concello do Carballiño e a Asociación Musical Cultural O Tambor Colectivo, "busca crear espazos de achegamento e contacto directo coas bandas e músicos a través de escenarios a pé de rúa" relatan Anaïs Barbier e Pedro Álvarez, coordinadores do festival.

"A través da recreación de salóns nas rúas do centro da vila con elementos comúns como sofás, mesas, lámpadas e decoración, procúrase que as persoas se sintan cómodas coa música en directo e a vivan como se estivesen na súa casa", sinalan.

A calidade musical, unida á estética vintage dos escenarios e á accesibilidade dos mesmos, fan deste festival algo único.

Por iso xa é cita consolidada de referencia no territorio galego. Este 5º ciclo de Músicas de sofá ten como obxectivo achegar unha gran variedade de estilos musicais aos máis de 500.000 visitantes que se esperan neste 2019 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo no Carballiño.

Nesta edición o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical underground actual. Trátase de Lúa, a Orquestra Galicia Fiddle, Luca Argel, Cró e Mounqup. Ademais, durante os dous días haberá dous salóns destinados aos dj's, unha aposta por este estilo de música que a organización ven facendo dende os comezos. Serán Mars Attack e Nu.Eva.

Este ano a cita cultural conta con varias novidades interesantes. É a edición máis internacional, xa que contan con bandas de Brasil e Francia. Ademais, “é o primeiro ano que se inclúe no cartel do evento a música electrónica, e facémolo a lo grande con Mounqup, unha artista francesa que ven de tocar en festivais por toda a península”, argumenta Barbier.

Tamén dende a organización salientan a Orquesta folk de cordas Galicia Fiddel como unha aposta importante, xa que é unha banda formada por nenas e nenos de entre os 12 e os 18 anos.

Coma en nos anteriores, as bandas que participan no ciclo foron seleccionadas en base a dous criterios: a calidade musical e a non pertenza dos grupos aos circuítos de grandes festivais que se están a dar a día de hoxe. "Os grupos escollidos representan unha gran parte da escena underground actual" salienta a coordinación do festival.

Para levar a cabo o festival tamén se conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a Librería Escolma e o Hotel restaurante Derby, do Carballiño, e O Reberete artesanía.

Venres, 2 de agosto

22:30h Lúa – (Bretagne / FR) – Praza Maior
00.00h Mars Attack (Dj set) - Praza Aquilino Sánchez

Sábado, 3 de agosto

20.00h Orquestra Galicia Fiddle (Vigo) – Praza Maior
20:45h Luca Argel (Brasil/Portugal) – Rúa Aldara
21:30h Nu.Eva (Dj set) – Rúa principal
23.00h Cró! (Vigo) – Rúa Curros Enríquez
00:30h Mounqup (FR / GZ) – Praza Maior

29, Xullo 2019

Estamos a menos de 15 días  do día grande do Carballiño, a menos dunha semana da Semana grande do Carballiño, na que se supón que ten que atraer a xentes de todo o mundo. Pois dende o concello non se para de falar do titulo de interese turistico internacional. E das actividades de tan grande acontecemento nada se sabe. A decoración comezando, coma se fose producto dun invento de ultima hora.

Calquera que queira vir ó pulpo de fora de España, será porqie sí, de ningun xeito pode vir atraido polos eventos que se organicen este ano, xa que de eles nada se sabe. É asombrosa a desidia da promocion da Festa do pulpo de este ano. 

27, Xullo 2019

Os populares recordan que "xa foi no ano 2015 cando se aprobou a convocatoria dun concurso de ideas para que se puidesen presentar cantas mais ideas mellor e unha vez elixida a que mais gusta, poder redactar o seu proxecto e empezar a executalas obras precisas".

"Dende aquelas, ata o de agora, aínda non se aprobaron as bases técnico-administrativas que sexan a bases de dito concurso, polo que é unha asignatura pendente do anterior mandato, e debera ser asumido agora polo renovado goberno municipal", inciden dende o Partido Popular.

Entenden que este acordo debe de pasar outra vez polo pleno, para convalidar este compromiso, "e que o actual goberno non caiga nin no pasotismo que se tivo ata o de agora, nin na tentación de facer obras de infraestruturas que non sexan consensuadas nese proxecto que poida saír da convocatoria deste concurso de ideas".

Para o Grupo Popular, a convocatoria deste concurso de ideas para o parque municipal, é unha das prioridades para este mandato polo que manifesta o seu compromiso para que sexa unha realidade, polo que, desexa que a moción que se presenta poida ser tratada no primeiro pleno ordinario, para que este sexa un dos primeiros compromisos que o goberno asume por aprobación do pleno.

No orzamento prorrogado do 2018, en vigor hoxe, existe a partida orzamentaria (172.00.227.99) denominada PLAN INTEGRAL PARQUE MUNICIPAL con 10.000€ que xa fora incorporada no mesmo a petición do Grupo Popular, e que para a convocatoria deste concurso, podería ser suficiente, debendo de ser ampliada para anos sucesivos para o pago do propio proxecto e para comezar a facer obras.

Finalmente, o Partido Popular manifesta que esta petición é representativa "da inmensa maioría dos veciños e veciñas do Carballiño, que a convocatoria do concurso de ideas do Parque Municipal, se realice canto antes".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS