17, Xuño 2019

O parque municipal do Carballiño voltará a ser este próximo sábado, 22 de xuño, o marco no que se desenvolva a Xuntanza de Maiores, que celebrará a súa 41 edición.

O evento presentouse no trascurso dun acto ao que asistiron a delegada, Marisol Díaz Mouteira; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Agárdase a asistencia de máis de tres mil persoas pertencentes aos centros socio-comunitarios de Galicia, que se desplazarán na súa maioría en autobuses.

Marisol Díaz cualificou a xuntanza como o encontro anual de maiores de referencia en Galicia, no que se rende homenaxe aos maiores nunha xornada de convivencia.

Francisco Fumega agradeceu o esforzo que realiza a Xunta de Galicia para que esta xuntanza volte a acadar o pulo que tivo hai anos, e destacou a empatía e espíritu de colaboración que existe entre o concello do Carballiño e a Xunta de Galicia polo ben da cidadanía, neste caso das persoas maiores.

Ildefondo de la Campa correspondeu ao agradecemento do alcalde e resaltou o programa previsto para a Xuntanza, que contará coa animación da orquestra M5-Galicia e coa colaboración do presentador do programa Land Rober Tunai Show da TVG, Roberto Vilar. Haberá xogos, actividades, baile e agasallos para os asistentes á Xuntanza, que comezará ás 11 da mañá e rematará ás 8 da tarde.

O director xeral de Maiores destacou como obxectivo desta celebración o agradecemento aos maiores por toda unha vida, e animou á xente a acudir este próximo sábado ao parque municipal do Carballiño.

A recepción de autoridades terá lugar ás 12,00 h., e o acto central comezará ás 12,30 h.

17, Xuño 2019

A fonte da piscifactoria, sen dúbida, a que viñan acudindo moitas persoas para encher botellas e garrafas de auga, resulta que leva unhos dias a punto de secar, a veces cun pequeno fio de auga e a outras outras nin eso.

Cál é o motivo desta anomalía? Nunca recordo que esto sucedese, nin en prolongadas temporadas de seca.

Está claro que alguén está causando esta situación, ben para encher unha piscina ou para regar, o concello debería vixiar e investigar.

17, Xuño 2019

Este sábado foi o reestreno de Fumega como alcalde, un saón de plenos cheo de xente no seu apoio como corresponde nas grandes ocasións. Non é `para menos , o grande apoio que recibiu foi un respaldo á súa xestión, ainda que con algúns erros que espero que corrixa, a xente deulle unha segunda oportunidade sen ataduras. A el e o seu equipo, un goberno non é un home solo, e Fumega ten ahí a grandes personas.  Chamaba a atención o gran entusiasmo dos presentes co contraste das caras de algúns dos seus concelleiros. O por qué irase sabendo, pero o sábado xa se viu o primeiro erro de Fumega, como xa fixo nos 4 anos anteriores volveu a desplazar a Manolo Dacal, un home traballador, con carisma e o que pon de numero 2 para recolectar votos, porque sabe que é o que máis  votos lle da, volve a desplazalo de silla. Parece que lle vai a repetir o menosprecio que xa lle fixera con Nogueira, ahora con Manolo o do Arenteiro. Quitao do seu lado e desplazao un sillon máis para alá. Parece que non valora o que ten que solo usa a Dacal para recoller votos pero que non lle vale de teniente de alcalde. Aprenda dos seus erros señor Alcalde e non menosprecie o que ten ó seu lado Dacal vale moito.

15, Xuño 2019

O novo mandato municipal trae unha situación insólita no concello de San Amaro, xa que inicialmente terá unha alcaldesa e un alcade.

Desta maneira, o PSdeG e Xuntos por San Amaro arrebatan a alcaldía ao popular Fernando Rodríguez Redondo, do Partido Popular, que foi o máis votado nas eleccións do 26-M, pero que se quedou a un concelleiro da maioría absoluta.

O acordo ao que chegaron socialistas e Xuntos, fará que a socialista Maria del Carmen Pérez sexa a alcaldesa nos dous primeiros anos, mentres que o cabeza de lista de Xuntos por San Amaro, Carlos Paz, ocupará a alcaldía nos dous últimos anos de mandato.

15, Xuño 2019

Tras varios dias de negociacións nos que PSOE e Compromiso por Galicia tiñan asinado un preacordo para arrebatar o bastón de mando ao candidato do Paritdo Popular, que fora o máis votado e obtivera 3 concelleiros nas eleccións do 26-M, finalmente Casalta conserva a alcadía de Punxín.

E acontece asi porque o voto do concelleiro de Ciudadanos, Eulogio González, que era necesario para un acordo tripartito e conformar unha maioría alternativa ao Partido Popular, finalmente foi para Manuel Vázquez "Casalta", que asi foi elexido novamente como alcalde do concello de Punxín.

15, Xuño 2019

Fumega seguirá sendo o titular da alcaldía carballiñesa, cargo que obstenta dende o ano 2015 e que renovou este sábado nunha corporación na que agora o PSdeG-PSOE terá mairoría absoluta con 9 concelleiros.

Completan a corporación carballiñesa para este novo mandato o Partido Popular, que ten 4 concelleiros, Espazo Común con 3 concelleiros e o BNG, con 1.

A sesión de contitución do novo concello e a elección e investidura de Francisco Fumega como rexedor municipal desenvolveuse esta mañá de sábado no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

A esta sesión plenaria non asistíu o concelleiro electo e líder de Espazo Común Pachi Vázquez, que alegou motivos persoais para xustificar a ausencia, polo que non pudo tomar posesión.

14, Xuño 2019

As piscinas municipais inauguraron a tempada este venres 14 de xuño, ás 11 da mañá, e o farán con dúas xornadas de portas abertas, nas que a entrada será gratuita.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, finalizando a tempada o 8 de setembro.

Así mesmo, ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais. O monitor dos cursos será quen formalice as matrículas e ofreza canta información se precise ao respecto.

Nesta tempada, ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.

O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.
As entradas soltas por día saen a 2,60 euros as de adultos, e 1,60 euros as infantís.

Para poder realizar os cursos de natación, que son mensuais, hai que mercar o bono de 30 días, e o prezo do curso é de 40,40 euros. Así, os nenos e nenas menores de 16 anos deberán abonar 40,40 euros do curso máis 18,30 euros do bono de 30 días. E os adultos, 40,40 euros máis 35,90 euros do custo do bono de 30 días.

Agás as entradas individuais por día, que se venderán nas piscinas, o resto dos bonos deberán adquirirse na oficina municipal de Recadación, situada na rúa Faustino Santalices.

13, Xuño 2019

O máximo mandatario galego dos socialistas, o Secretario Xeral do PSdeG Gonzálo Caballero, achegouse ata O Carballiño para felicitar persoalmente aos socialistas carballiñeses, alcalde electo Francisco Fumega á cabeza, polo triunfo electoral do 26-M no municipio, onde a candidatura socialista acadou maioría absoluta.

O Secretario Xeral felicitou a Fumega "por acadar un resultado histórico para o PSdeG no Carballiño, por acadar un resultado que vai permitir agora un goberno de progreso".

Acompañaron a Caballero nesta visita a O Caralliño, o Secretario Provincial Rafael R. Villarino e o Secretario de Organización Juan Carlos de Francisco, 

 

12, Xuño 2019

A corporación municipal despedíu no último pleno do mandato aos 9 concelleiros que xa non formarán parte da nova corporación carballiñesa que se constituirá este sábado dia 15 de Xuño.

Polo tanto, sesión que foi de despedida para Emilio Carballeda, Teresa Cerdeira, Magín Daparte, Pili Caride e José Luis Sobrino, todos eles do Partido Popular.

Tampouco estarán na próxima corporación Chema Ferreiro, do BNG,, que conseguíu acta de concelleiro pero anunciou a súa renuncia e xa non tomará posesión, asi como Bernardo García de Alternativa Veciñal e Rosario González, que rematou o mandato como concelleira non adscrita, tras a escisión vivida no grupo socialista do que formaba parte.

No grupo socialista tampouco estará Marina Ortega, que xa exerce como depurada no congreso.

O pleno apenas durou unhos minutos, os precisos para proceder a aprobación das últimas actas do mandato que agora remata.

O sábado dia 15 contituiráse á nova corporación, na que haberá ata nove concelleiros debutantes.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS