30, Maio 2019

O concello do Carballiño contará cun stand na feira de turismo “Expocidades”, que organiza o Eixo Atlántico na cidade portuguesa de Braga esta fin de semana.

Vintecinco cidades, vilas e deputacións provinciais de Galicia e Portugal estarán representadas nesta feira que comeza o venres, 31 de maio, e remata o domingo, 2 de xuño. Da provincia de Ourense haberá stands do Carballiño, Ourense capital e a Eurocidade Chaves-Verín.

A área de Turismo do concello do Carballiño acude a esta feira co obxectivo de promocionar os recursos turísticos da vila e do municipio, como son os balnearios, a gastronomía, o patrimonio natural e monumental, as celebracións festivas como a Festa do Pulpo, o Entroido de Verán e a Feira medieval A Liorta; os aloxamentos en hoteis e casas de turismo rural, así como no camping municipal e bungalows.

Ademáis de folletos divulgativos de todos estes recursos, a stand do concello contará cunha pantalla de plasma na que se reproducirá o vídeo “O Carballiño, Vila Turística”, gravado con drons en alta definición, e que leva máis de 70.000 reproducións en Faceboock en menos dun mes.

O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, visitarán a feira o venres, onde participarán en diversos actos, así como en programas de radio.

29, Maio 2019

A asociación cultural carballiñesa “Galicia Enxebre” volve a organizar por cuarto ano o festival A Desfeita, que nesta edición contará cun cartel de auténtico luxo, pois o lideran dous dos grupos de referencia da música rock en Galicia e España, como son Aphonic e Hamlet, respectivamente. Ademáis, tamén figura un dos grupos punteiros de Ourense, Maskarpone, así como os grupos carballiñeses Nube Kingston e SusieQs. E pechan o cartel os grupos Aixadón e Pechaduras.

O evento foi presentado esta maña no concello do Carballiño nun acto ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o presidente da Asociación Galicia Enxebre, Martín Bardelás, e Carlos Peteiro.

O festival celebrarase o sábado 29 de xuño na finca As Barcias do parque municipal do Carballiño. Comezará ás 7 da tarde e rematará arredor das 4 da madrugada. A apertura de portas será ás 6 da tarde.

As entradas poden adquirirse de xeito anticipado ao prezo de 10 euros en www.woutick.es ou físicamente nos seguintes locais:
No Carballiño, na Bodeguilla e Cafetería Copacabana.

En Ourense, no Bar Chiripa, Experiencia Natural (Grow Shop) e Bar Faíscas.

En Vigo, na Cervería Miguel (Canido).

O prezo da entrada na taquilla o día do festival será de 12 euros.

Diego Fernández felicitou á asociación Galicia Enxebre por conformar un cartel digno dos mellores festivais de música rock de Galicia, e sobre todo por conseguir consolidar esta oferta cultural que sitúa ao Carballiño nun lugar destacado da provincia e Galicia. Por isto, animou á mocidade carballiñesa e da comarca a adquirir as entradas e asistir ao evento.

Martín Bardelás agradeceu a colaboración do concello e das empresas patrocinadoras, e destacou a importancia desta cita da música rock, que cualificou de moi importante a nivel provincial e galego. Resaltou a gran categoría do cartel conformado por sete grupos, un de referencia nacional, como é Hamlet; outro de referencia galega e nacional, como son os vigueses Aphonic, así como o gruo ourensán Maskarpone e os locais Nube Kingston e Susie Qs, entre outros.

Pese ao orzamento do festival, que ronda os 7.000 euros, Bardelás incidiu nos prezos populares tanto da entrada como da barra do bar que haberá no recinto da finca de As Barcias, polo que animou á xente a adquirir as entradas de xeito anticipado por internet ou de modo físico nos locais anunciados.

28, Maio 2019

Oito alumnos de 1º de bacharelato do IES nº 1, Aymara Aranguren Pereira, Giovanna Dapena Diz, Martín Fernández Álvarez, Daniel Fernández Filloy, Ramiro Miguel Mendonça Cerdeira, Eduardo Otero Prado, María Josefina Sanmartín Crispín e Iván Trillo Juiz, que acadaron o 1º Premio á orixinalidade na V Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, así como o alumno de 2º de bacharelato, Esteban Decabo Nogueira, que acadou o primeiro posto na modalidade de grego e o segundo na modalidade de latín na V Olimpiada Galega de Tradución de Filoloxía de Santiago, recibiron unha homenaxe no concello en recoñecemento aos seus méritos.

O acto desenvolveuse no salón de plenos do concello coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; do concelleiro de Educación e Cultura,

Diego Fernández; do director do Ies nº 1, José Troitiño, así como os alumnos homenaxeados. Francisco Fumega felicitou aos alumnos e ao director do centro, asegurando que estes premios eran un síntoma de que o ensino no Carballiño ten calidade, e que as novas xeracións de carballiñeses son as mellor preparadas da historia.

Esteban Decabo amosou o seu agradecemento por que as institucións recoñezan o traballo dos alumnos, e en semellantes termos expresouse José Troitiño, dicindo que a xente nova necesita apoio e agradécese que se recoñeza o seu traballo.

Finalmente, Diego Fernández tamén felicitou aos alumnos e ao director de instituto e expresou o seu desexo de que disfruten destes premios.

A cada alumno entregóuselles como agasallo un lote de publicacións do concello.

28, Maio 2019

Este domingo vimos de ver unhas eleccións como nunca antes se viran na comarca.

Un Francisco Fumega debilitado fai escasamente dous meses pola escisión provocada por Manuel Vázaquez, "Pachi" Vázquez, e polo abandono de militancia e abandono do grupo municipal de tres concelleiros afíns a este último, vimos como acdaba unha maioría absoluta.

¿Como pode ser que en oito semanas, un PSdG-PSOE do Carballiño moribundo e un señor alcalde que levou máis de tres anos de escasa xestión visible de adianto, acadasen esta maioría?

A interpretación dos datos e do resultado electoral, deixan entrever que a xente, non só o electorado socialista e afín a Paco Fumega, votou en clave de branco ou negro. É decir ou Pachi ou Fumega. Sin deixar marxen de maniobra posible as outras cinco candidaturas que se presentaban. E tal foi así que agas o PP encabezado por Ricardo Perea que aguantou malamente a embestida ciclónica da aparición de Espazo Común de Pachi Vázquez, o resto de listas quedaron fora do taboleiro. A desparición de Alternativa dos Veciños e a obtención de unha acta municipal do BNG por un marxen mínimo son mostra evidente de isto. Ciudadanos e Compromiso de Galicia nin estaban nin se lles esperaba.

A previsión pois parecía cando menos dual e clara: ou Pachi ou Fumega. E o pobo é soberano. Colleu a opción menos mala. Non porque o interprete eu así. E que o reconto electoral e esa maioría con nove actas corporacionais sobre dezasete, fronte a tres de Espazo Común, así o demostran.

E os daños colaterais de esta loita, por que os hai e os vai haber, xa empezan a verse. O primeiro, o portavoz do BNG, Chema Ferreiro. Dimite onte anunciando que non tomará posesión da súa cadeira municipal, e faino corresponsabilizándose dos malos resultados da súa agrupación. Uns resultados que pese a ser baixos non se lle pode atribuir a el só esa situación. Xesto nobre e sobre todo coherente para un dos mellores políticos que tivo este concello.

Outro daño colateral, a desaparición de Alternativa dos Veciños. Bernardo García e a súa lista, bueno, mellor dito, Bernardo García e dous afíns a el, non derón chegado a xente. E non por falta de traballo, que si deixou constancia de ilo nos plenos, sinon por que non se lles veu casi nada na campaña. Unha magoa a non representación de esta candidatura en este novo mandato. Tocaralle aire novo, tal vez siga Bernardo García o exemplo de Chema Ferreiro e entone o mea culpa, ao igual que as outras dúas listas que quedaron fora. E con ilas sigo. Ciudadanos. Quedoulle claro ao señor Jorge González e aos seus que non facer campaña e pretender vivir da marca Albert Rivera no entramado municipal era misión imposible. Unha pena que un partido de corte tan transversal quede sin representación. Esperemos renovación de dito proxecto e que se busque un modelo de programa que atenda as necesidades propias de un concello coma o noso. E por último, da lista de daños colaterais quédame nomear a señora Rosa Morgade e a súa lista de Compromiso de Galicia. Pouco se pode facer frente a titanes como Pachi Vázquez e a forza de un PSOE en auxe. 

Xa deixo para o último de esta reflexión miña, ao PP encabezado por Ricardo Perea. Increible que baixase de cinco actas. O caladoiro de pesca de Espazo Común foi claramente tanto no electorado da esquerda como da dereita. Talvez aquí os populares tamén lanzarona coñecer un candidato novo e sin pasado político con pouco tempo de antelación, e mesmo a lista non era tan potente e con tanta potencialidade como a de fai catro anos. Unha víctima menor, dentro do que pasou realmente, o PP. 

Pois visto o visto e analizando o contido do acaecido este domingo, queda claro que quedan catro anos de futuro socialista no Carballiño. Gobernará Paco Fumega con maioría absoluta. Con maioría cómoda. Unha maioría que lle permitirá deseñar políticas e presupuestos ao seu parecer, buscando o benestar dos carballineses. A irrupción de Espazo Común no taboleiro municipal é dende logo a única explicación de que un Francisco Fumega e un PSdg PSOE tocado de morte e agonizante, rexurdira como ave Fénix das súas case palpables cinzas políticas.

Unha sorte para O Carballiño ver rexurdir con forza o socialismo máis visceral de esta agrupación. Un socialismo necesario e esperanzador.

Noraboa a Francisco Fumega e a toda a súa equipa comprometida co Carballiño.

 

Emilio "Milucho" Abeledo Otero.

27, Maio 2019

Os resultados no concello do Carballiño non foron os agardados para o BNG, que perdeu máis da metade do apoio electoral recibido fai 4 anos atrás, ao quedarse desta vez con apenas 455 votos, o 5,62% do voto válido escrutado.

Chema Ferreiro dimite "por coherencia e porque quero asumir en primeira persoa as responsablidades políticas" e por eso mesmo anunciou nesta emisora de radio que "non tomaréi posesión como concelleiro electo, Sofia (nº 2 da candidatura) está preparada para asumir a responsabilidade de ser a nova portavoz municipal do BNG".

Ferreiro entende que  "foron unhas eleccións extrañas, nas que o pobo saíu en tromba en apoio de Fumega" considerando que a presenza de Pachi Vázquez distorsionou este proceso electoral e favoreceu o masivo apoio do electorado ao alcalde Fumega, que tamén tería perxudicado directamente ao BNG.

 

27, Maio 2019

O candidato do PSOE consigue mellorar os resultados de fai 4 anos, de tal maneira que logra maioría absoluta na futura corporacón carballiñesa, superando con nota a fractura sufrida no grupo municipal socialista, que o deixará con tan so cinco concelleiros, agora pasará a ter 9 e polo tanto maioria absoluta. 

Fumega suma 4.045 votos, o 49,92% do voto válido escrutado.

O Partido Popular, que sufre un importante retroceso, perde dous representantes na nova corporación, Ricardo Pérea quédase con 4 concelleiros dos 6 que lograra Argimiro Marnotes en 2015. Agora quédanse os populares co 20,54% do voto escrutado.

O exalcalde Pachi Vazquez e o seu Espazo Común acada tres actas de concellal, convertíndose no terceiro grupo municipal, co 18,51% dos votos.

O BNG de Chema Ferreiro , polos pelos, mantén ún dos dous concelleiros cos que contaba na corporación, con apenas o 5,62% dos votos

Quedanse fora da corporación o resto das candidaturas que concurrian a estas eleccións municipais do 26-M no concello carballiñés, Alternativa Veciñal, Ciudadanos e Compromiso por Galicia.

 

27, Maio 2019

A candidata do Partido Popular é a gran gañadora da xornada electoral no municipio de Boborás, onde consigue incluso ampliar a maioria absoluta do seu predecesor Ciprianno Caamaño, ao lograr oito actas para os populares, unha máis da que tiñan.

Eva Pardo non consigue mellorar para o PSOE o resultado que xa obtivera fai catro anos con MOVE Boborás, e quédase con 3 concelleiros na futura corporación municipal.

27, Maio 2019

O candidato popular é o gran gañador da xornada electoral no concello de Piñor, xa que consigue maioría absoluta por vez primeira en moitos anos para o Partido Popular, suma 5 concellleiros.

O exalcalde Francisco Fraga, agora no Espazo Común, obtén 3 concellerías e tamén consigue representación, un concelleiro, O PSOE.

27, Maio 2019

Desaparece da corporación O PSOE, que tiña dous concelleiros, que van parar ao Partido Popular de José Luis Valladares, que desta maneira pasa de 7 a 9.

Conserva os dous concelleiros que xa tiña o BNG, que agora será o único grupo na corporación de San Cristovo de Cea.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS