8, Xullo 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, visitou aos participantes da primeira quenda dos campamentos específicos para persoas con discapacidade que a Xunta, a través da Consellería de Política Social, organiza na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. O campamento Facendo Camiño trátase dunha experiencia educativa e artística para 45 persoas con discapacidade intelectual que se realizará ao longo deste verán neste centro residencial durante tres quendas.

Díaz Mouteira coñeceu as actividades que este programa nesta quenda ofrece durante 10 días a 15 usuarios, con idades comprendidas entre os 19 a 25 anos. Así, o educador Xabi López explicoulle que as e os participantes realizarán diversos obradoiros teatrais (expresión corporal, improvisación, atrezzos...) e rodarán diversas pezas audiovisuais musicais de diferentes formatos (videoclip clásico, lipdub, stop motion, flashmob...). Ademais complementarán a súa estancia xogando e coñecendo os arredores de O Carballiño e a súa estreita relación co Camiño, favorecendo así a súa inclusión plena na propia comunidade. Segundo os seus monitores “esa é a base real do programa: facer camiño pola inclusión social a través das artes”.

A representante do Executivo galego indicou que esta modalidade de campamentos de verán permiten gozar, durante 10 días, dunha estancia socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, o contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

En opinión de Marisol Díaz, a Xunta promove este tipo de iniciativas co fin de que as persoas con discapacidade participen actividades de ocio adaptadas as súas necesidades e accesibles.

En total, a nivel autonómico, ofrécense un total de 185 prazas, ademais de no centro residencial do Carballiño, no albergue xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña) e na Residencia de Tempo Libre de Panxón, Nigrán (Pontevedra).

As persoas participantes teñen recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, e dispoñen de servizo de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.

8, Xullo 2019
8, Xullo 2019

Ademáis, en declaracións a COPE O Caballiño, o concelleiro de Espazo Común Adolfo Nogueira asegurou que nas obras de reforma adexudicadas polo concello a unha empresa estarían traballando operarios municipais.

"Eu mesmo puden ver esta mañá como traballadores do concello estaban realizando traballos na Alameda, algo que non entendo e tería que explicarse", manifestou Nogueira.

Ademáis do retraso da obra, igual que xa durante a campaña electoral se denunciara por parte do Partido Popular, tamén agora dende Espazo Común asegúrase que non se está execuntando o proxecto inicialmente anunciado dende o concello do Carballiño no pasado mes de Marzo, cando se iniciron as obras, orzamentadas en 170.000 euros.

Para acceder ao comunicado íntegro de Espazo Común pode facélo descargando o arquivo adxunto:

 

7, Xullo 2019

O poeta ourensán Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, en Rairíz de Veigo no ano 1921 e falecido en Ourense en xuño do ano 2014, será o persoeiro homenaxeado na XI Festa da Palabra, que se celebrará o sábado 20 de xullo, ás 12,00 h., na Ínsua dos Poetas, na Esgueva, dentro da carballiñesa parroquia de Madarnás.

O acto contará coa actuación musical de “2naFronteira”, formación integrada por Carmen Penín (Voz) e Maurizio Polsinelli (piano), e a colaboración do contrabaixista Javier Rabanal.

Os Premios Insua dos Poetas, nas súas sete modalidades; Literatura, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Acción Social, Emigración, Compromiso Empresarial e Fomento da Lingua Galega nos Medios de Comunicación serán fallados o venres 19 de xullo polo Padroado da Fundación Insua dos Poetas.

O galardón será, como en ediciones anteriores, unha peza escultórica orixinal de Acisclo Manzano

5, Xullo 2019

Na seguinte ligazón podes escoitar o programa especial de COPE O Carballiño dedicado á XXVIII Festa de Exaltación do Pan de Cea, que se celebra esta fin de semana na vila dos fornos:

http://copecarballino.es/content/programa-especial-festa-de-exaltacion-d...

 

5, Xullo 2019

Son un ointe fiel da emisora. Meus parabéns na labor que facedes.

Quería facer un inciso neste meses do verau para chamar a atención das autoridades pra que teñan máis presencia policial principalmente polas noites. Son meses de moita festa e a imaxen do Carballiño ten que ser boa, principalmente de todolos forasteiros que veñen a pasar o verau na nosa vila.

5, Xullo 2019

Estos días hay mucha polémica en torno al aumento en el número de mesas y sillas en  terrazas de determinados locales de  O Carballiño y de sus fiestas con música y comidas en sus alrededores. Estaremos de acuerdo en que ocupan espacios públicos interrumpiendo el paso. Pero el colmo de la dejación de los responsables del Ayuntamiento de Carballiño es la zona donde se ubica La Casa Gazpara, donde literalmente, y digo "literalmente" se han apoderado de las aceras, haciendo suyo espacios peatonales que son de todos. Lo más lamentable es que se encuentra al lado del ayuntamiento a la vista de todos sus funcionarios públicos.

¿Nos podemos imaginar si hacen lo mismo todas las terrazas de los bares y restaurantes en Carballiño? Si todos cierran su trozo de terraza con estructura fija significa que ese trozo de azera es de su propiedad y eso no lo debería de permitir el Ayuntamiento.

Gracias

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS