5, Maio 2019

Un numeroso grupo de mulleres das parrquias de Santa Uxía, Pol e A Piteira, participaron este venres pasado nas Xornadas con mulleres do rural, que organiza a concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, a través do Centro de Información da Muller (CIM), e coa subvención do pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A primeira xornada tivo lugar no local social de Costoia e a segunda celebrarase o 8 de maio no local da asociación de veciños de Mesego con mulleres das parrquias de Mesego, Sagra, Banga e Cabanelas.

Estas xornadas, que están dirixidas por unha psicóloga, teñen o obxectivo de concienciar ás mulleres do rural na igualdade, empoderamento e estereotipos de xénero, e levan por título “A muller de onte e de hoxe. Que queremos para mañá?”

As seguintes xornadas serán: O 8 de maio en Mesego. En Arcos será o día 10 de maio. En Mudelos o 15 de maio. En Seoane o 23 de maio e no Torrón o 24 de maio.

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas poden anotarse nas súas respectivas asociacións de veciños, onde tamén lles ampliarán a información relativa a estas convocatorias.

3, Maio 2019

Pachi Vázquez presentou este venres a súa candidatura á alcaldía do Carballiño "rodeado dun gran número de asistentes que se achegaron á Eira de Flores a amosar o seu apoio e agarimo ao líder de Espazo Común", destacan dende Espazo Común.

Pachi Vázquez escolleu este emblemático lugar para manifestar "a vocación dunha candidatura completamente renovada que nace por e para O Carballiño”.

O líder de Espazo Común precisou que a nova candidatura basease “nun gran equipo e nun gran proxecto para relanzar O Carballiño: dinamizar a economía, garantir a calidade de vida dos nosos veciños e acometer os importantes cambios estruturais que precisa a vila”.

3, Maio 2019

Dez clientas e clientes da praza de abastos resultaron afortunados no sorteo celebrado este mediodía para conmemorar o Día da Nai.

Os premios recaeron en Alicia (unha cafetera), Rosa Alonso e Josefa Montero (unha pulsera de actividade deportiva cada unha), Charo López e Gerardo Ogando (un reloxo cada un), Cándida ( un secador), Mª González (unha plancha de pelo), Mª Fumega (un teléfono móbil), Carmen González (unha plancha de asar) e Andrés García (unha Caixa de viño Pazo Tizón).

O sorteo celebrpouse nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, diego Fernández; o presidente da asociacións de praceiros, Eligio González; catro nenas estudiantes, praceiras e praceiros.

Francisco Fumega felicitou aos praceiros polo éxito desta campaña, que acadou unha gran participación e o obxectivo de incentivar as vendas, e destacou dun xeito especial o traballo da asociación presidida por Eligio González.

Eligio González non dibidou en cualificar o día como excepcional e extraordinario, pois en tan só vinte días as clientas e clientes despositaron máis de 6.000 papeletas, o que era un auténtico récord. Por iso agradeceu a confianza despositada na praza de abastos, resaltando ademáis a celebración do 90 aniversario da súa creación.

E finalizou dicindo que O Carballiño era un pobo dinámico, con moitas actividades que impulsan o comercio e a hostalería, e que a praza de abastos tamén contribúa a esta dinamización da vida

3, Maio 2019

QUEREMOS QUE NÓS DEIXEN VOTAR!!!

Somos un grupo de traballadores que non estamos dacordo con esta folga salvaxe e reivindicamos á sociedade carballiñesa que se involucre e se poña do lado dos traballadores e non dos sindicatos suicidas que non deixan votar os acordos e leva á empresa ó seu peche inexorable.

Eses mesmos sindicatos que van cos seus piquetes encapuchados e con paus nas mans amedrentando ós que si queremos exercer o noso dereito á traballar. Eses mesmos que ían nas manifestacións da semana pasada polas rúas do Carballiño acompañados pola cidadanía. 

Que non se confundan os cidadáns. Eles son los malo da historia. Impórtalle ben pouco a empresa e a economía carballiñesa. So buscan o seu interés personal.  Proba delo é que non deixan votar ós que non son coma eles porque saben que entón non sería un 85% os que os apoian senón moitos menos.

SO QUEREMOS VOTAR!!!

2, Maio 2019

A Agrupación de Electores "Xuntos por San Amaro", unha das seis candidaturas que concorren ás eleccións neste municipio tivo o seu acto de presentación na sede que xa ten aberta na rúa principal de San Amaro, ante a presenza dun grupo de veciños e no que tomaron a palabra varios dos integrantes da candidatura.

Carlos Paz González, candidato á alcaldía de San Amaro, comezou lembrando que nas primeiras xuntanzas, previas á formación da candidatura, "falaban da incredulidade que nos provocaba a deixadez demostrada polo noso concello no que atinxe á inversión pública, aos servizos básicos para veciñas e veciños ou á promoción dos nosos recursos".

Engadiu "Queremos recuperar a autoestima polo noso. Cremos que estamos preparados para governar e poñemos o noso traballo á disposición das veciñas e dos veciños de San Amaro para tentar mellorar a calidade de vida das veciñas e dos veciños apartir do primeiro día de goberno".

Entre as propostas presentadas, Carlos Paz apostou pola necesidade de mellorar as comunicacións no concello: por unha parte o transporte e a e a conexión coa AG-53 e por outra as telecomunicacións, nun concello que adoece de problemas serios de cobertura e de acceso a banda ancha, o que prexudica gravemente aos seus habitantes e ás empresas radicadas no concello. Neste senso, apuntou a urxencia dun sitio web e dun espazo 3.0 que achegue información actualizada do concello e dos seus servizos, amáis de ofrecer cumprida información social, económica, cultural e turística do concello de San Amaro.

Por último falou da necesidade de coñecer polo miúdo o estado real das contas e revisar a concesión da xestión da auga no concello, que se está a converter nun quebradeiro de cabeza para os habitantes, tanto polo seu elevado prezo como pola calidade da mesma.

Pola súa parte, Sonia Ordóñez González, candidata nº 2, apuntou que están abertas e abertos a todas aquelas persoas que queiran traballar polo benestar das e dos amarenses. "Cremos no noso concello e nas súas xentes e queremo que as nosas fillas e os nosos netos teñan a opción de vivir e de traballar no concello de San Amaro".

No apartado de política social, Sonia Ordóñez apuntou a necesidade de crear un rexistro de persoas maiores que viven soas, amais de facilitar as xestións oportunas para acceder aos servizos básicos de teleasistencia ou axuda para as actividades da vida diaria. Indicou Sonia Ordóñez que queren promover o envellecemento activo e a participación social através de actividades lúdicas e divulgativas centradas na interxeracionalidade. Por último, apuntou a total disponibilidade de Xuntos de levar a cabo accións de entendemento e colaboración continua co CEIP da localidade e co tecido asociativo do termo municipal.

Cristina Vázquez Rodríguez, nº 3 na candidatura, centrou a súa intervención na posta en valor dos recursos culturais, patrimonias e medioambientais do concello. Falou da impotencia que provoca saber que a multimillonaria inversión que a Xunta de Galicia realizou no Castro de San Cibrao de Las non aportou á penas ningún posto de traballo entre as veciñas e veciños do San Amaro.

Apuntou a situación irregular do concello ao non ter aprobado un plan de emerxencias e un plan de prevención de incendios, e comprometeuse a aprobar ambos plans, conforme ao PEIFOGA e á lexislación vixente. Tamén anotou a intención de incoar expediente para a declaración BIC do Castro de Las, ao tempo que anunciou a "creación dunha Biblioteca Vivente, que recolla desde xa a memoria das persoas que habitaron e habitan o noso concello, deixando para as xeracións futuras copia dos seus testemuños".

Manuel Cao González, nº 4 na candidatura, fixo unha introdución sobre a merma demográfica do concello e sobre a urxente necesidade de poñer en marcha unha batería de medidas que persigan a creación de emprego e faciliten a vida cotiá no concello. "A última vez que San Amaro apareceu no DOG foi en febreiro do 2018. E non foi para anunciar unha inversión ou unha licitación, senón para facer público un informe ambiental estratéxico promovido por unha Fundación radicada no noso concello. Tres cuartos do mesmo pasa co BOP, onde no mes de xaneiro deste ano atopamos con sorpresa como o concello de San Amaro pasa a ser un dos únicos concellos da provincia que non está incluido no plan provincial de limpeza de marxes de estradas. Ningunha inversión realizada nos últimos anos. Ningunha inversión comprometida nos últimos anos".

Falou tamén da necesidade de aprobar o plan urbanístico, para poder construir e rehabilitar dun xeito ordenado e conforme ao interese xeral de veciñas e veciños. Por último, indicou que consideran "oportuna e necesaria unha Guía de Recursos económicos do concello, na que se inclúan todos os servizos económicos que ofrezan ou demanden as veciñas e veciños do concello. Tería un espazo no web do concello, ademais dun ocupar un lugar físico nos edificios municipais ou comunitarios", subliñou.

2, Maio 2019

Seguramente los que aquí comentan, por lo que puedo ver en otros comentarios, forman parte del 15% de la plantilla que no apoya la huelga, pero el otro 85% de la plantilla, no pensamos igual, el señor gerente nos quitó una pequeña subida del 3%, acordada en el momento en que necesitó de nuestra ayuda, para quitar una carga de trabajo importante, durante dos meses, trabajando de lunes a viernes, festivos incluídos, cumplimos los objetivos antes de la fecha acordada, y nos lo agradeció retirando dicha subida en el mes de febrero.

Prometió, el gerente, reunirse con los sindicatos, para mejoras de salarios, mejoras en cobros de pluses (toxicidad, penosidad, peligrosidad,etc), revisar categorías profesionales, e intentar hacer un convenio interno...

Nada de eso se llegó a cumplir Y sigue desviando trabajo que debería hacerse en nuestra fábrica, a la fábrica de su padre en Ponteareas

Tan solo quiero que tengan ambas versiones, y que no se cuente solo una.

2, Maio 2019

A entidade cineclubista carballiñesa pon en marcha esta semana unha programación especial co motivo da celebración do seu 50 aniversario.

O xoves día 2 de maio comezan os actos na libraría Escolma ás 20.15 horas coa proxección do documental Vigo 1972, que estará presentado polo seu produtor Emilio J. Fernández. A entrada será libre ata completar aforo.

Ao día seguinte, 3 de maio, continuando coas sesións habituais en venres no Auditorio municipal Manuel María, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, unha das mellores películas do ano, Cafarnaum, da directora Nadine Labaki. Nominada á mellor película de fala non inglesa nos Oscar e nos Globos de Ouro, Premio do Xurado no Festival de Cannes, nominada nos premios BAFTA e nos premios César franceses..

As actividades continuarán ao día seguinte, sábado día 4. Celebraremos no Apartahotel Arenteiro a asemblea da Federación de Cine Clubs de Galicia (FECIGA), na que estamos integrados dende a súa fundación. No mesmo lugar, ás 13:30 horas, faremos unha pequena homenaxe aos fundadores do cine club alá polo ano 1969, ao que asistirán representantes de todos os cine clubs de Galicia e membros das diferentes directivas que foi tendo a entidade nestes 50 anos de existencia.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, completaráse esta semana conmemorativa do 50 aniversario coa proxección do Auditorio Manuel María da película en formato para TV do cineasta José Manuel Mouriño, "El método de los claros". Será unha estrea na que contaremos coa presenza do director para a súa presentación. A entrada será libre.

2, Maio 2019

Como traballador desta empresa, estou moi moi indignado!!

A informacion que chega os meus oidos é por parte dos sindicatos que nos representan, os que un dia entre todos eleximos, para ben ou para mal. Ben é sabido que non todo o que se nos conta é certo, é mais, xa dudo de que algo sexa certo, pero é a unica información que temos.

¿Onde está a outra parte? ¿Cal é a verdá de todo esto?

Necesitamos información señores, necesitamos poder decidir, cada un de nos, de forma individual, non que decidan por nos os 4 que nos rerresentan, que o fin de contas nin eles deciden, deciden os de Orense, eses que nada teñen que perder e moitas medallas que colgarse cando consigan algo desta empresa grande do sector. ¿Que se conseguirá? Pois o mellor irnos todos pra casa, todos os que traballamos aqui, os de Ourense non se xogan nada.

Estase xogando co pan de moitas familias desta comarca, por favor un pouquiño de cabeza, que está en xogo o futuro de moita xente!! Con informacion podese decidir, sen ela vamos todos coma ovellas.

1, Maio 2019

Como habitante do Carballiño, e vendo a información que se está a dar por diferentes medios, vexase periódicos, sindicatos, ou facendo uso das verbas a pé de calle, opino que a des información que ten a sociedade así como os traballadores é enorme polos datos dos que se fala. 

A información seguramente a manexen os sindicatos/comité de empresa/empresa e fan un uso indebido dela para seguramente condicionar a traballadores a continuar cunha folga empregando datos que seguramente non se axustan a realidade, seguindo un camiño que seguramente descoñecen co risco que iso con leva, por outra banda tamén opino que a empresa debería emitir un comunicado no que figuren as súas posturas, e facilite o cotexo da información por parte dos traballadores coa que se lle da dende os propios sindicatos e do comité de empresa.

Na rúa escóitanse comentarios de todo tipo, eu, considero que as empresas polo xeral e xa sen facer distinción de ningunha, non tratan ao persoal como se merece, as retribucións económicas nunca son adecuadas, o traballador co paso do tempo sempre aspira a ter mellores condicións salariais pero isto pasa dende tódolos tempos, tómalo ou deixalo. ¿E para requirir mellores condicións salariais o traballador non terá que dar algo a cambio? E un tira e afrouxa dende sempre, a empresa resístese a dar, o traballador pide e nalgúns casos sen dar nada a cambio espera obter recompensa, incluso dando pódese dar o caso que a recompensa non sexa suficiente, pero así se formou a sociedade actual, todos somos egoístas en maior ou menor medida, tanto empresarios coma traballadores.

Descoñecendo o trato dentro desta factoría, direi que os traballadores deben recibir un salario acorde o traballo que desempregan, lendo noticias de periódicos e vendo tódolos dias que se fixo folga espero que a sangue non chegue ata o rio e se chegue a un acordo para que persoas/familias que comen día a día desa empresa o sigan facendo. Porque nunca se tapou o sol cun dedo e esta empresa considero que é un dos motores desta vila, sexa mellor ou peor deberían ambas partes usar a cabeza.

Defender os dereitos é algo básico o que nunca se debe renunciar, pero realmente todos vos dentro desta "batalla" sabedes quen é o inimigo? ¿Sabedes realmente cal e o fin diste camiño, que queredes obter, e as consecuencias que pode ter para moita xente o non chegar a un acordo? Poño en dúbida que a un xigante como é esta empresa no sector da automoción lle asuste non chegar a un acordo, a realidade é que os únicos afectados serán os traballadores.

Sen estenderme mais, espero esta situación finalice porque para a MIÑA VILA E OS MEUS VECIÑOS si é importante economicamente.

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS