
Os resultados no concello do Carballiño non foron os agardados para o BNG, que perdeu máis da metade do apoio electoral recibido fai 4 anos atrás, ao quedarse desta vez con apenas 455 votos, o 5,62% do voto válido escrutado.
Chema Ferreiro dimite "por coherencia e porque quero asumir en primeira persoa as responsablidades políticas" e por eso mesmo anunciou nesta emisora de radio que "non tomaréi posesión como concelleiro electo, Sofia (nº 2 da candidatura) está preparada para asumir a responsabilidade de ser a nova portavoz municipal do BNG".
Ferreiro entende que "foron unhas eleccións extrañas, nas que o pobo saíu en tromba en apoio de Fumega" considerando que a presenza de Pachi Vázquez distorsionou este proceso electoral e favoreceu o masivo apoio do electorado ao alcalde Fumega, que tamén tería perxudicado directamente ao BNG.

O candidato do PSOE consigue mellorar os resultados de fai 4 anos, de tal maneira que logra maioría absoluta na futura corporacón carballiñesa, superando con nota a fractura sufrida no grupo municipal socialista, que o deixará con tan so cinco concelleiros, agora pasará a ter 9 e polo tanto maioria absoluta.
Fumega suma 4.045 votos, o 49,92% do voto válido escrutado.
O Partido Popular, que sufre un importante retroceso, perde dous representantes na nova corporación, Ricardo Pérea quédase con 4 concelleiros dos 6 que lograra Argimiro Marnotes en 2015. Agora quédanse os populares co 20,54% do voto escrutado.
O exalcalde Pachi Vazquez e o seu Espazo Común acada tres actas de concellal, convertíndose no terceiro grupo municipal, co 18,51% dos votos.
O BNG de Chema Ferreiro , polos pelos, mantén ún dos dous concelleiros cos que contaba na corporación, con apenas o 5,62% dos votos
Quedanse fora da corporación o resto das candidaturas que concurrian a estas eleccións municipais do 26-M no concello carballiñés, Alternativa Veciñal, Ciudadanos e Compromiso por Galicia.

A candidata do Partido Popular é a gran gañadora da xornada electoral no municipio de Boborás, onde consigue incluso ampliar a maioria absoluta do seu predecesor Ciprianno Caamaño, ao lograr oito actas para os populares, unha máis da que tiñan.
Eva Pardo non consigue mellorar para o PSOE o resultado que xa obtivera fai catro anos con MOVE Boborás, e quédase con 3 concelleiros na futura corporación municipal.

O candidato popular é o gran gañador da xornada electoral no concello de Piñor, xa que consigue maioría absoluta por vez primeira en moitos anos para o Partido Popular, suma 5 concellleiros.
O exalcalde Francisco Fraga, agora no Espazo Común, obtén 3 concellerías e tamén consigue representación, un concelleiro, O PSOE.
Desaparece da corporación O PSOE, que tiña dous concelleiros, que van parar ao Partido Popular de José Luis Valladares, que desta maneira pasa de 7 a 9.
Conserva os dous concelleiros que xa tiña o BNG, que agora será o único grupo na corporación de San Cristovo de Cea.
Iago Fariñas consigue incrementar ata 3 concelleiros a representación socialista na futura corporación mucicipal do Irixo, os socialistas só tiñan un represante nunha corporación que pasa a ser bipartita.
O Partido Popuar de Manuel Penedo repite o resultado de fai 4 anos, os popular obteñen 6 actas na corporación que seguirás gobernando os populares.
Todo sigue igual en Maside, onde José Manuel Iglesias revalida a maioría absoluta do seu predecesor, Celso Fernández, e con 7 concelleiros seguirá gobernado o concello.
E conserva os 4 concelleiros que tiña o Partido Popular, Jorge Luis Ferro será o portavoz da oposición con 4 concelleiros.
Partido Popular é o máis votado e logra 3 conceleiros, o PSOE conserva os 2 que tiña, entran Ciudadanos e Compromiso por Galicia con un concelleiro, polo que a alcaldía queda pendiente de posibles pactos.
Fernando Rodríguez Redondo non consigue revalidar a maioria absoluta coa que contaba o seu predecesor na alcaldia, Ernesto Perez.
O Partido Popular obtén 4 concelleiros, O PSOE conserva os 3 concelleiros cos que xa contaba, e entra na corporación Xuntos por San Amaro con 2 concelleiros, que serán chave neste municipio.
O Partido Popular suma nestas eleccións do 26-M 502 votos, que se traduce en 6 concelleiros, por 2 de Compromiso por Galicia, que entra por vez primeira na corporación avionse, e conserva o que xa tiña o PSOE.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 429
- 430
- 431
- 432
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- …
- seguinte ›
- última »