15, Xuño 2019

O novo mandato municipal trae unha situación insólita no concello de San Amaro, xa que inicialmente terá unha alcaldesa e un alcade.

Desta maneira, o PSdeG e Xuntos por San Amaro arrebatan a alcaldía ao popular Fernando Rodríguez Redondo, do Partido Popular, que foi o máis votado nas eleccións do 26-M, pero que se quedou a un concelleiro da maioría absoluta.

O acordo ao que chegaron socialistas e Xuntos, fará que a socialista Maria del Carmen Pérez sexa a alcaldesa nos dous primeiros anos, mentres que o cabeza de lista de Xuntos por San Amaro, Carlos Paz, ocupará a alcaldía nos dous últimos anos de mandato.

15, Xuño 2019

Tras varios dias de negociacións nos que PSOE e Compromiso por Galicia tiñan asinado un preacordo para arrebatar o bastón de mando ao candidato do Paritdo Popular, que fora o máis votado e obtivera 3 concelleiros nas eleccións do 26-M, finalmente Casalta conserva a alcadía de Punxín.

E acontece asi porque o voto do concelleiro de Ciudadanos, Eulogio González, que era necesario para un acordo tripartito e conformar unha maioría alternativa ao Partido Popular, finalmente foi para Manuel Vázquez "Casalta", que asi foi elexido novamente como alcalde do concello de Punxín.

15, Xuño 2019

Fumega seguirá sendo o titular da alcaldía carballiñesa, cargo que obstenta dende o ano 2015 e que renovou este sábado nunha corporación na que agora o PSdeG-PSOE terá mairoría absoluta con 9 concelleiros.

Completan a corporación carballiñesa para este novo mandato o Partido Popular, que ten 4 concelleiros, Espazo Común con 3 concelleiros e o BNG, con 1.

A sesión de contitución do novo concello e a elección e investidura de Francisco Fumega como rexedor municipal desenvolveuse esta mañá de sábado no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

A esta sesión plenaria non asistíu o concelleiro electo e líder de Espazo Común Pachi Vázquez, que alegou motivos persoais para xustificar a ausencia, polo que non pudo tomar posesión.

14, Xuño 2019

As piscinas municipais inauguraron a tempada este venres 14 de xuño, ás 11 da mañá, e o farán con dúas xornadas de portas abertas, nas que a entrada será gratuita.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, finalizando a tempada o 8 de setembro.

Así mesmo, ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais. O monitor dos cursos será quen formalice as matrículas e ofreza canta información se precise ao respecto.

Nesta tempada, ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.

O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.
As entradas soltas por día saen a 2,60 euros as de adultos, e 1,60 euros as infantís.

Para poder realizar os cursos de natación, que son mensuais, hai que mercar o bono de 30 días, e o prezo do curso é de 40,40 euros. Así, os nenos e nenas menores de 16 anos deberán abonar 40,40 euros do curso máis 18,30 euros do bono de 30 días. E os adultos, 40,40 euros máis 35,90 euros do custo do bono de 30 días.

Agás as entradas individuais por día, que se venderán nas piscinas, o resto dos bonos deberán adquirirse na oficina municipal de Recadación, situada na rúa Faustino Santalices.

13, Xuño 2019

O máximo mandatario galego dos socialistas, o Secretario Xeral do PSdeG Gonzálo Caballero, achegouse ata O Carballiño para felicitar persoalmente aos socialistas carballiñeses, alcalde electo Francisco Fumega á cabeza, polo triunfo electoral do 26-M no municipio, onde a candidatura socialista acadou maioría absoluta.

O Secretario Xeral felicitou a Fumega "por acadar un resultado histórico para o PSdeG no Carballiño, por acadar un resultado que vai permitir agora un goberno de progreso".

Acompañaron a Caballero nesta visita a O Caralliño, o Secretario Provincial Rafael R. Villarino e o Secretario de Organización Juan Carlos de Francisco, 

 

12, Xuño 2019

A corporación municipal despedíu no último pleno do mandato aos 9 concelleiros que xa non formarán parte da nova corporación carballiñesa que se constituirá este sábado dia 15 de Xuño.

Polo tanto, sesión que foi de despedida para Emilio Carballeda, Teresa Cerdeira, Magín Daparte, Pili Caride e José Luis Sobrino, todos eles do Partido Popular.

Tampouco estarán na próxima corporación Chema Ferreiro, do BNG,, que conseguíu acta de concelleiro pero anunciou a súa renuncia e xa non tomará posesión, asi como Bernardo García de Alternativa Veciñal e Rosario González, que rematou o mandato como concelleira non adscrita, tras a escisión vivida no grupo socialista do que formaba parte.

No grupo socialista tampouco estará Marina Ortega, que xa exerce como depurada no congreso.

O pleno apenas durou unhos minutos, os precisos para proceder a aprobación das últimas actas do mandato que agora remata.

O sábado dia 15 contituiráse á nova corporación, na que haberá ata nove concelleiros debutantes.

11, Xuño 2019

A Consellería do Medio Rural en 2018 investiu na provincia de Ourense unha partida de máis de 5,1 millóns de euros en axudas para a modernización das explotacións, con achegas para incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións. Estas subvencións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), repartíronse entre 133 beneficiarios, dos que 61 son mozos e mozas ourensáns que decidiron apostar o seu futuro laboral polo mundo agrogandeiro.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde de Piñor José LUis González, ofreceu estes datos durante unha visita á finca onde se vai a instalar, ao abeiro destas subvencións, unha nova explotación avícola, cuxa propietaria é unha moza de 21 anos que se quere incorporar á actividade agraria seguindo os pasos dos seus pais, que xa teñen outras granxas na zona e foron beneficiarios desta orde de axudas en convocatorias anteriores, na liña de plans de mellora.

En concreto, o departamento autonómico, dirixido por José González, concedeulle unha axuda global de 178.000 euros, a través de dúas liñas (a de primeira instalación e a de plans de mellora) sobre un investimento total de 334.497 euros. Esta achega destinarase ás obras de construción dunha explotación dedicada ao engorde de polos, con capacidade para 31.800 polos broilers, na finca Chouso do Cabreiro, na parroquia de Coiras.

11, Xuño 2019

O camiño que hai xusto a un carón da xogueteria Albiñana, que vai dar á fonte de flores, atópase intransitable pola herba e ortigas que saen dos eidos.

 

O único que pido é que se corten as herbas que sobresaen para que se poda transitar sen ter que facer malavares.

 

Un saúdo.

10, Xuño 2019

Asi o confirmou nesta emisora de radio a Presidenta desta asociación, Beatriz Míguez, manifestando con tristeza que "tras 7 anos restacando animais, non podemos máis".

A precaria situación económica é o motivo dese cese na súa actividade, en todo caso, un cese que podería ser temporal "se temos a axuda que precisamos para seguir adiante, pero nestas circuntancias agora mesno é imposible, xa bastante temos con xestionar os animais que temos na actualidade, pero non podemos seguir restacando máis animais", subliñou.

Según a presidenta, a asociación necesita unhos 3.000 euros ao mes, para manter toda a actividade, pagar facturas veterinarias, gastos en residencias caninas e outros gastos.

Míguez recordou como nos últimos sete anos buscaron fogares para centos de cans e outros animais de compañía "tan so o ano pasado xestionamos adopcións responsables para máis de 260 cans, que de non ser por nos estarían mortos", remarcou.

A asociación non conta con ningún tipo de axudas institucionais nin das adminstracións locais, provincial ou autonómica.

Finalmente, a presidenta lanzaba un S.O.S. a todas aquelas persoas que queiran colaborar económicamente "para axudarnos a saír a flote e que este cese na actividade sexa temporal e non definitivo".

E para elo facilitan o nº de conta bancaria da que a asociación é titular en Caixa Rural: IBAN ES46 3070 0039 0160 9369 6927.

9, Xuño 2019

Os tres concelleiros que van formar o Grupo Municipal de Espazo Común no Carballiño, veñen de rexistrar un escrito no Concello poñendo á entidade municipal sobre aviso de que, a pesares das importantes inversións que se están a acometer nos térreos onde se atopa a coñecida como Fábrica de Papel, no Rexistro da Propiedade ainda aparece a nome dos anteriores propietarios, a família Otero, aseguran.

Este punto queda acreditado "coa Nota Simple que solicitamos con data onte venres 7 de xuño nunha consulta que calquer cidadán pode facer", subliñan.

Califican esta situación de " irregular e pode acarrexar no futuro diversos problemas xurídicos ou, incluso, a perda de subvencións invertidas nestes térreos"

Por iso foi posta en coñecemento do alcalde, aafirman , como  "máximo responsable nos últimos anos deste proxecto, coa intención de que sexa subsanada á maior celeridade posible e evitar así futuros prexuizos para o Concello".

Neste sentido, recordan, xa se conta con desagradables experiencias anteriores xuridicas en circunstancias semellantes que temos a obriga de tentar que non se repitan. Cabe lembrar por exemplo o conflito co Bispado de Ourense pola titularidade dos térreos do entorno da Veracruz que tivo a obra parada moitos meses.

"Asimesmo hai que recordar tamén que, ainda a día de hoxe, hai varias propiedades municipais das que é complexo demostrar a titularidade pola ausência de documentación que o acredite, como por exemplo o local sito na Praza de Juan Corral Pajariño", advirten.

No caso da Fábrica de Papel a situación xa é reincidente pois, despois dunha primeira rehabilitación, o Concello tivo que adoptar un acordo plenário para gastar 600.000 euros máis na súa adquisición que foron pagados en tres prazos de 200.000 euros. 

"Toda esta gran aposta económica por estas instalacións que, sen dúbida, revalorizarán esta zona e as parcelas colindantes, ten que quedar debidamente acreditada e legalizada ou pódemonos atopar pois cuns terreos nos que se invirta, como mínimo, un total de 800.000 € nos tres últimos anos, polo de agora, sen chegar a facer o sinxelo trámite de rexistralo a nome do Concello e atendendo a experiencias pasadas, semella que é algo que non pode nin debe agardar", conclúen dende Espazo Común.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS