Como traballador desta empresa, estou moi moi indignado!!
A informacion que chega os meus oidos é por parte dos sindicatos que nos representan, os que un dia entre todos eleximos, para ben ou para mal. Ben é sabido que non todo o que se nos conta é certo, é mais, xa dudo de que algo sexa certo, pero é a unica información que temos.
¿Onde está a outra parte? ¿Cal é a verdá de todo esto?
Necesitamos información señores, necesitamos poder decidir, cada un de nos, de forma individual, non que decidan por nos os 4 que nos rerresentan, que o fin de contas nin eles deciden, deciden os de Orense, eses que nada teñen que perder e moitas medallas que colgarse cando consigan algo desta empresa grande do sector. ¿Que se conseguirá? Pois o mellor irnos todos pra casa, todos os que traballamos aqui, os de Ourense non se xogan nada.
Estase xogando co pan de moitas familias desta comarca, por favor un pouquiño de cabeza, que está en xogo o futuro de moita xente!! Con informacion podese decidir, sen ela vamos todos coma ovellas.
Como habitante do Carballiño, e vendo a información que se está a dar por diferentes medios, vexase periódicos, sindicatos, ou facendo uso das verbas a pé de calle, opino que a des información que ten a sociedade así como os traballadores é enorme polos datos dos que se fala.
A información seguramente a manexen os sindicatos/comité de empresa/empresa e fan un uso indebido dela para seguramente condicionar a traballadores a continuar cunha folga empregando datos que seguramente non se axustan a realidade, seguindo un camiño que seguramente descoñecen co risco que iso con leva, por outra banda tamén opino que a empresa debería emitir un comunicado no que figuren as súas posturas, e facilite o cotexo da información por parte dos traballadores coa que se lle da dende os propios sindicatos e do comité de empresa.
Na rúa escóitanse comentarios de todo tipo, eu, considero que as empresas polo xeral e xa sen facer distinción de ningunha, non tratan ao persoal como se merece, as retribucións económicas nunca son adecuadas, o traballador co paso do tempo sempre aspira a ter mellores condicións salariais pero isto pasa dende tódolos tempos, tómalo ou deixalo. ¿E para requirir mellores condicións salariais o traballador non terá que dar algo a cambio? E un tira e afrouxa dende sempre, a empresa resístese a dar, o traballador pide e nalgúns casos sen dar nada a cambio espera obter recompensa, incluso dando pódese dar o caso que a recompensa non sexa suficiente, pero así se formou a sociedade actual, todos somos egoístas en maior ou menor medida, tanto empresarios coma traballadores.
Descoñecendo o trato dentro desta factoría, direi que os traballadores deben recibir un salario acorde o traballo que desempregan, lendo noticias de periódicos e vendo tódolos dias que se fixo folga espero que a sangue non chegue ata o rio e se chegue a un acordo para que persoas/familias que comen día a día desa empresa o sigan facendo. Porque nunca se tapou o sol cun dedo e esta empresa considero que é un dos motores desta vila, sexa mellor ou peor deberían ambas partes usar a cabeza.
Defender os dereitos é algo básico o que nunca se debe renunciar, pero realmente todos vos dentro desta "batalla" sabedes quen é o inimigo? ¿Sabedes realmente cal e o fin diste camiño, que queredes obter, e as consecuencias que pode ter para moita xente o non chegar a un acordo? Poño en dúbida que a un xigante como é esta empresa no sector da automoción lle asuste non chegar a un acordo, a realidade é que os únicos afectados serán os traballadores.
Sen estenderme mais, espero esta situación finalice porque para a MIÑA VILA E OS MEUS VECIÑOS si é importante economicamente.
Como traballador de GRI Towers Galicia quero manifestar ou meu desacordo cas accións e informacións que o Comite de Empresa está a levar a cabo.
É necesario chegar a un acordo e que ambas partes saquen un beneficio de dito acordo. O que non se acerca a lóxico nin a normal son as posturas suicidas que certos sindicatos están a tomar.
¿Ten lóxica unha folga para pedir un aumento dun 25% do salario? Vería lóxica unha folga por un despido colectivo ou por impagos da empresa. Pero ningunha destas duas está a acontecer en GRI.
O que é certo e quero manifestar é que os sindicatos están a dar informacións falsas a medios de comunicación e a traballadores para secundar e apoiar a folga. As condicions de traballo en GRI para nada son indignas. Como ejemplo podo expoñer traballadores que entran as 7 da mañan ao seu posto de traballo e ó cabo dunha hora tomamos o primeiro café. Pero resulta que eses son os que están na rotonda a protestar, erocarse nas negociacions coa empresa ou incluso facendo algun que outro acto vandalico que non lle convén contar.
O futuro desta empresa está en risco nesta comarca coa folga indefinida. Empresa na que 350 persoas estamos a traballar e é noso sustento dende fai anos. Algúns incluso temos algún familiar tamen traballando nesta empresa.
E que temos que esperar? Queremos votar xa! A semana pasada chegouse a un principio de acordo para someter a votación a revocación da folga. Principio de acordo que os sindicatos botaron atrás e do que dixeron que non farian caso fose cal fose o resultado da votación.
Señores estamos xogando co pan de moitas familias. Creo que o Comite de Empresa non representa a moitos dos traballadores de GRI.
A primeira acción que debemos levar a cabo e votar, para dar a coñecer o noso desacordo coa folga. Catro persoas non representan a 350 neste momento.
A segunda acción debe ser a revocación do actual Comité de Empresa, as suas acción suicidas e informacións falsas e adulteradas llevarán ao peche da factoria nuns meses.
Como traballor@ da factoría dos eólicos do Carballiño, quero denunciar publicamente a manipulación esaxerada e partidista que estan a facer os sindicatos a prol duns intereses que na miña opinión pouco teñen que ver con esta factoría.
Unha empresa con más de 300 traballadores na nosa comerca, moi falla de traballo, estaselle a esixir polos debanditos sindicatos unha subida salarial por riba do 20% , nunca vista nin nas tan famosas folgas do naval en Galicia nas decadas dos 80 e 90, por outra banda cando por parte da empresa se esta ofrecendo unha subida xa importante premiando a produtividade e por suposto o non ausentismo laboral, por certo dato do que non falan os sindicatos sendo nesta factoría moito maior da media do sector na comunidade,non aceptan dito acordo e para mais incredulidade propoñen unha folga xeral indefinida sen consultar por votación aos traballadores, e o máis inportante sen reparar no dano que van a causar a moitas familias economicamente.
Polo tanto, e para rematar esto xa non é unha denuncia senon unha revindicación, somos moitos os que non estamos dacordo con esta folga, enton deixemonos de medos e digamos BASTA XA, senon pola contra só nos quedara recordar a gran Rosalía:
«Adeus rios, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus ollos non sei cando nos veremos....»
A subida salarial do 3% pactada coa empresa o ano pasado xa está mais que aceptada.
O que piden agora é:
-Plus de 80 euros/mes por ir a traballar tódolos días.
-Plus de peligrosidade
-Plus de penosidade
Todo iso máis o do 3% supón que os traballadores pasarían de cobrar 900-1000 euros a cobrar 1200-1300 euros. Ë dicir, unha subida de golpe e porrazo do 25%. O que os convertiría nos traballadores mellor pagados do sector do metal da provincia de Ourense.
Todo moi bonito sen reparar en que a empresa se vai a pique se ten que pagar esos soldos. A factoría do Carballiño deixaría de dar beneficios e o dono de Gestamp colle e leva as maquinas a outro lado e pecha a nosa fabrica.
Os sindicatos meteronlle paxaros na cabeza a mais dun poñendo en serio perigo os postos de traballo de todos. Mais se cabe se vislumbra folga indefinida a partir do xoves 2 de maio, co conseguinte risco de peche patronal.
Firmado: un grupo de traballadores que quere traballar e non está dacordo con tales reivindicacións.

Para ver os resultados electorais destas eleccións xerais 2019 no muniicipio do Carballiño e tamén a comparativa cos resultados das últimas xerais celebradas en 2016, entra na seguinte ligazón: https://www.resultados.eleccionesgenerales19.es/Congreso/Total-nacional/...

Este ano a praza de abastos celebra o seu 90 aniversario, e xa que está próxima a conmemoración do Día dá Nai, pon en marcha unha campaña de promoción que consistirá nun sorteo de importantes agasallos entre a clientela, que terá lugar o 3 de maio.
Esta campaña leva como slogan “Todas as nais á Praza” e desenvolverase ata o venres, 3 de maio. As persoas que compren na praza durante este período, poderán depositar nunhas urnas os boletos que se lles entregarán en cada posto polas súas compras, para acceder a algún dos 10 premios establecidos.
Estes premios serán: 1 cafeteira “ Dolce Gusto”, 2 pulseiras de actividade, 2 reloxos, 1 secador, 1 ferro de pelo, 1 teléfono móbil, 1 ferro de asar e 1 caixa de viño Pazo Tizón.
Con motivo desta campaña, Francisco Fumega agradeceu o esforzo que realizan durante todo ou ano os placeiros para promocionar o mercado municipal, do que dixo era un un lugar onde se podían comprar produtos de calidade e cunha atención moi personalizada. Felicitou á asociación e ao seu presidente polo 90 aniversario e por esta nova campaña polo Día dá Nai, e animou á veciñanza para seguir comprando na praza.
Eligio González mostrou a súa alegría por poñer en marcha esta nova iniciativa de promoción da praza, e agradeceu á clientela a súa confianza durante todo ou ano pero especialmente neste tipo de campañas. Respecto diso, destacou a importancia dos premios e a coincidencia coa celebración do 90 aniversario dá praza. Tamén agradeceu ou apoio do concello.
Que noticia é a certa ?
A que sale publicada en prensa na que piden que se cumpla o incremento salarial do 3%?
A que sale publicada nesta mesma paxina que di que é o 25%?
.Porque a diferencia entre as dúas cifras é abismal.
Espero e desexo que sexa a primeira porque a segunda do 25% pareceme simplemente irracional.
E da violencia dos piquetes non se fala? Danos á mercancía, rodas pinchadas, coches aboiados e incluso algunha agresión física aos que si queren traballar.
Reivindicacións pacificas sí. Piquetes e increpacións non.

Estes días estanse a realizar a todo trapo unhas das obras mais necesarias, as da rúa Brasil e Cuba. Despois de que o alcalde anunciara a bombo e platillo a renovación do saneamento como o mais importante da obra, todo o barrio pudo ver as diversas chapuzadas..
Conexións de baixantes á rúa directamente, outras ò saneamento novemte , unhas seguindo a caída natural da auga ( cara abaixo) outros tubos en perpendicular ou cara arriba ; coa dificultade de desaugue.
Meteron a pala e reventaron case todos os conos de cemento das alcantarillas e en vez de sustituir os conos, fan chapuzas con ladrillos, bloques ou o que pillen. Botan ò cemento das aceras e esquecense de meter os tubos. Cortan o cemento e meten os tubos con nada de profundidade , co cal as plaquetas quedaran apoiadas neles. E así un largo etc.....
As obras son feitas con cartos de TODOS e debense gastar en beneficio dos veciños. Estas obras sacando que poidan quedar bonitas, que xa se verá, nin quedan mellor as instalaciòns, nin deixan previsions de futuro, nin separaciòn de augas de choiva e alcantarillado nin soluciona o problema de acumulación de auga na avenida do Balneario coas trombas de auga. É máis posiblemente as agrave , o aumentar as augas que van baixar calle abaixo sen sumidoiros que as recollan .
E camdo se podia pensar que ò final iban facer algo con xeito, como meter uns tuvos ou ou has rejillas de desagüe no fondo das calles para conectalas cos tubos da Avd do Balneario, pois non!
Fam eses socabòns que se poden ver na foto , abertos durante dous dias e despois de facer semella te desfeita e gasto en vez de solventar o acumulo de despropòsitos que están a facer, pois non. Pechan e pista. Sin saber moi ben para que a riron. Din algúns pola calle que para meter auga da traida hacia julio rodriguez soto. Será que non a tiñan? Será que hai veciños de primeira e de segunda clase?
O que está claro e que as obras non son o que deberían, veremos se non perxudican máis que benefician, os cartos son de todos e devería ha er alguien do concello certificamdo que están ben. Obras así, non.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 431
- 432
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- …
- seguinte ›
- última »