24, Abril 2019

Me parece que conven aclarar que non é certo todo o que se está a dicir estes días respecto as folgas na empresa dos eólicos.

-Non é certo que se estea desviando carga de traballo a Ponteareas. Mais ben, é esta factoria a que está provisonando en gran parte a carga de traballo no Carballiño nos últimos meses/anos.

-Pedir un aumento de soldo dun 25% para unha empresa de máis de 300 traballadores con tan pouco marxen de beneficios supón na práctica a peche efectivo de dita empresa.

-Outras factorías como a de Sevilla están a piques de cerrar precisamente por esa pouca marxe de beneficios que outorga pagar soldos tan altos en empresas de tantos traballadores. En multinacionais o beneficio global é a suma do beneficio de tódolos centros de traballo, e se un non da beneficios por ser os costes salariais  demasiado altos, simplemente o dono da multinacional pecha esa fábrica. 

 

Dito todo esto, dicir que estoy a favor da existenza desta empresa no Carballiño e defendo os dereitos en xeral dos traballadoes, pero non estou de acordo coas reivindicacións que pretenden xustificar esta folga. Estamos falando de traballadores que xa cobran 1000 euros nunha comarca de 15.000 habitantes,a 5 minutos en coche do centro de traballo e co nivel de vida que non é dunha cidade. Pedir de golope e porrazo un aumento salarial do 25% é querer xogar con lume. 

 

Pareceme que neste caso sindicatos, delegados de personal e comites de empresa estanlle facendo un flaco favor aos traballadorese e por ende á comarca do Carballiño ponendo en perigo a existenza desta empresa desta maneira.

 

Polo ven de todos, esperemos que se resolva todo o antes posible pero as posturas teñen que ser mais realistas coa realidade económica.

 

23, Abril 2019

Esto xa é a gota que colma o vaso. Resulta que fan desaparecer unha mámoa de preto de 6000 anos e o alcalde do Irixo, o mesmo que decía que o que botaba a incineradora era vapor de auga, e que os libros non son de utilidade, que son trapalladas, di agora que el mesmo encargouse de enviar un bulldozer da Deputación para escarallar o tema.

Pero esto que é?

A qué espera Fiscalía?

Que é a Deputación, un chiringuito ao servizo de alcaldes do PP?

Como se atreve este ignorante a emplear recursos públicos nun ente de xestión privada para escarallar un ben de utilidade arqueolóxica?

Seguro que para este impresentable as mámoas son tamén trapalladas.

23, Abril 2019

Unha semana Santa máis no Carballiño, Semana Santa que vai en aumento, gracias a gran labor da cofradía do Carballiño cada ano hai máis antividades procesionarias e relixosas , que atraen a cada vez máis turistas e que poñen a Carballiño no mapa. Outra cousa é a imaxe que leven os turistas deste pobo. Nestes días de bo tempo puidemos ver as rúas cheas de lixo, as cunetas contra as aceras cheas de lixo de días e dís, papeles, plásticos, botes aplastados, colillas. Xa non falemos das cacas de cans nad aceras , nin do lixo ò redor dos contenedores. Obras e máis obras que embarran calles inteiras que ben poderian quedar medio limpas para os días festivos. Unha deixadez absoluta dos servicios básicos que deberíamos ter os veciños do Carballiño e unha imaxe penosa para quen se achegara. Iso sí  compensamos co verde de herbas e flores que saen nas aceras , rúas , esquinas e farolas. Debe ser un axardinamento novidoso.

22, Abril 2019

O equipo do SEPRONA da Garda Civil ven de culminar a "Operación Sepulcrum", que se salda con catro persoas investigadas, como responsables dos traballos que provocaron a destrucción total  dunha mámoa coñecida como a "Mámoa de Barro", asi como a destrucción parcial noutras dúas mámoas localizadas nas inmediacións da Bugalleira, na parroquia de Santa  Mariña de Loureiro, no concello do Irixo.

A investigación foi levada a cabo tras unha denuncia presentada ante a Garda Civil, que abríu unha investigación para aclarar as circustancias nas que se produciron os feitos e que afectaron a estas mámoas, dunhos 6.000 anos de antiguidade e que figuran no Catálogo de Bens Culturais de Galicia.

Según o relato da propia Garda Civil, que xa trasladou as dilixencias ao Xulgado Nª 1 do Carballiño, os traballos que provocaron a desfeita no patrimonio foron promovidos pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común do pobo do Quinteiro ao acometer labores de limpeza e plantación de piñeiros. Por este motivo, figuran como investigados os tres integrantes da Xunta Rectora do monte veciñal, asi como o operario que executou os traballos.

En declaracións á CADENA COPE, o alcalde do Irixo Manuel Penedo explicou que él mesmo xestionou coa Deputación a execución destes traballos en nome dos comuneiros "para facer cortalumes e limpar camiños, ademáis nese medio tempo, a propia Deputación pediulle permiso aos veciños para levar terra para a Insua dos Poetas, e non sei se foi nese medio tempo ou non cando pasou eso".

Penedo tamén asegurou que "ninguén sabía nada da mámoa que desapareceu, había constancia das outras dúas, que apenas presentan danos, pero da outra ninguén sabía nada da súa existencia".

 

22, Abril 2019

Es penoso el estado lamentable que presenta el único parque infantil situado en el casco urbano, el parque infantil de la veracruz. La falta de mantenimiento es eviddente, con el alfombrado o acolchado en mal estado. 

La falta de acolchado es un peligro principal en este tipo de parques.

La publicación de esta denuncia es porque el pasado domingo mientras un niño jugaba en el balancín se ha caido golpeando con la cabeza contra el hormigón. Por suerte todo quedó en un susto,  pero por unos pocos euros se podrian evitar posibles acidentes. Dean un paseo y verifiquen el estado del acolchado y piensen si sus hijos pudeden jugar sin el peligro de caer y no golpearse contra el hormigón o clavarse alguna gravilla.

Inviertan algo en mantenimiento y reparen de una vez el parque infantil, no es tan vistoso como el derroche de obras que ultimamante por campaña electoralista se están haciendo en la villa, con una minima obra se repara y en un dia a jugar ....

Señores politicos reparen el parque infantil de una vez. Sin necesidad de realizar grandes obras o trabajos de ingeneria, sin sacar fotos de grandes inversiones. Repongan el acolchado de una vez  que por cierto no se ha dañado esta semana, ni la anterior ni incluso el mes pasado.

20, Abril 2019

Cunha charla do médico de medicina familiar e comunitaria, Antonio Padrón, e a realización da primeira ruta cardiosaudable, dará comezo este luns, 22 de abril, a segunda edición dos obradoiros do programa “Carballiño Cardiosaudable”, que se desenvolverán no salón de actos do concello durante toda a semana, ata o venres, 26 de abril, en horario de 11,00 a 13,00 h., e con asistencia libre ata completarse o aforo do salón.

Organizados polo centro de saúde do Carballiño en colaboración coa concellería de Sanidade, estes obradoiros enmárcanse na campaña de prevención de riscos cardiovasculares, que se celebra por segundo ano consecutivo, tras o éxito acadado na primeira edición.

O inicio da Ruta 3, do total de sete que forman parte do programa “Camiña cara á Saúde”, e que se van a sinalizar posteriormente, terá lugar ás 11,30 h., na Praza Maior. Esta ruta continúa pola rúa do Paseo, Margarita Taboada, Balneario, Paseo do Arenteiro e regreso ao centro da vila.

O obradoiro do martes versará sobre tabaquismo e alcol, e será impartido pola residente en medicina familiar, Alba Pérez, e tamén se traballará sobre primeiros auxilios, signos e síntomas de alarma nas urxencias cardiovasculares, que será impartido polo residente en medicina familiar, Hugo Alonso García.

O mércores tratarase a disilipemia: como manter o colesterol e os triglicéridos baixo control, que impartirá a enfermeira Beatriz Blanco Salgado; e tamén se realizará un taller de relaxación para controlar o estrés, que será impartido pola residente en medicina familiar Karin Meier Cácharo.

Os temas da sesión do xoves serán os hábitos de vida saudables para un bo control da tensión arterial, que impartirán Belén González e Purificación Blanco, e a diabetes como factor de risco cardiovascular, que será impartido por Verónica Civeira, Miriam Irene Cedrón e Elvira Salgado.

E o venres clausurase o ciclo co tema da importancia de comer ben, que será impartido por Verónica Civeira e Miriam Irene Cedrón, e o exercicio físico como factor protector, que impartirá María Salve Bouzo.

Como remate, levarase a cabo unha sesión de zumba, que realizará a monitora desta especialidade de baile e directora da Escola Municipal de Danza, Antía Pérez.

As enfermidades cardiovasculares siguen sendo a primeira causa de morte en España. Están relacionadas con factores de risco, como a hipertensión, a obesidade, a diabetes, o tabaquismo, o consumo de alcol, o sedentarismo... Son factores fácilmente correxibles adoptando hábitos de vida saudables.

Por todo isto, desde o centro de saúde consideran necesario concienciar á poboacion sobre a importancia da prevención, e darlle pautas sinxelas e prácticas para facilitar o control dos factores de risco cardiovascular.

19, Abril 2019

Tras a celebración da procesión nocturna deste pasado Xoves Santo, a programación da Semana Santa 2019 da Cofradía da Veracruz chega neste venres 19 de Abril ao seu día grande, con dúas procesións no transcurso da xornada.

A celebrada en horario matinal, de hora e media de duración, estrenábase este ano: "A do Cristo Da Boa Morte", e por vez primeira na historia da Semana Santa saíu polas rúás en procesión o paso de "Xesús Cruficicado da Capela do Sagrado Corazón", portado pola irmandade de Lexionarios de Pontevedra e a liga de combatentes de Monçao. Na Praza Maior realizouse unha emotiva homenaxe en lembranza dos falecidos en todas as guerras.

Pola noitiña celebrouse a máis tradicional, e tamén a máis multitudinaria, das procesións da Semana Santa do Carballiño, a popularmente chamada "dos caladiños", co acompañamento musical da Banda de Gaitas de Guillarei e Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ademáis, solemnizaron coas súas voces e interpretacións, Chistian Casas, Almudena Mosquera, Concepción Nanín, Elisa Nóva, Samino Otero, Mª José Rodríguez, Soledad Torres e o Orfeón do Carballiño.

Nesta procesión solemne do "Santo Enterro" os cofrades da Veracruz portaron  os pasos de Santa María Magdalena, Santísimo Cristo Xacente e Nosa Señora dos Doores, e foi seguida tanto á hora da saída na Veracruz como durante o seu percorrido por varios miles de persoas. Preto de 400 intervintes e cofrades tomaron parte activa na procesión.

Para o domingo de Pascua quedará ainda a última das sete procesións deste ano, a "Gloriosa da Resurrección" á unha menos cuarto da tarde, que estará acompañada da banda de música "A Lira" de Ribadavia.

 

18, Abril 2019

Por primeira vez na historia, o río Arenteiro será protagonista dunha competición de piragüismo. Neste caso trátase do Campionato Galego Xogade, que traerá ata O Carballiño a reto de 400 palistas de toda Galicia nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

A proba disputarase a partir das 11,00 h., deste sábado, 20 de abril, no tramo do río comprendido entre a presa do parque municipal (á altura da antiga pranta depuradora) e a ponte de Toscaña, e cuxas ribeiras e cauce foron limpadas e acondicionadas estes últimos días.

O evento foi presentado a semana pasada na Deputación de Ourense, coa asistencia do vicepresidente do organismo provincial, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes do Carballiño, Manuel Dacal; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o coordinador do programa Xogade en Ourense, Manuel Pérez, e o presidente de piragüismo Fluvial Allariz, José Manuel Fernández.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que "fomenta o deporte entre os máis cativos e contribúe a promocionar unha disciplina deportiva que está en auxe na nosa provincia, así como a dinamizar o noso rural", dixo o vicepresidente do goberno provincial, quen lembrou que se trata da "primeira vez que se celebra unha regata no río Arenteiro, pero que será suficiente para asentar este deporte no Carballiño".
O presidente da Federación Galega de Piragüismo destacou a crecente acollida do piragüismo en Ourense e o traballo que se está a realizar para que "o piragüismo galego sexa referente na provincia de Ourense".

"O deporte nestas categorías é o que máis xente mobiliza", sinalou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, quen lembrou que o ano pasado participaron 400 nenos menores de 12 anos pertencentes a 35 clubs de toda a xeografía galega, cifras que esperan manter tamén este ano.

O coordinador de XOGADE en Ourense salientou a importancia da cooperación entre administracións (Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Concello do Carballiño) para poder traer eventos desta índole a Ourense, mentres que Francisco Fumega afirmou que desde o concello "facemos unha aposta decidida polo deporte base, e promocionamos o río Arenteiro".

17, Abril 2019

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asinou co alcalde de Beariz, Manuel Prado, un convenio de colaboración para mellorar a seguridade viaria da rúa Benito Táboas, cun investimento de máis de 55.000 euros.

O obxectivo desta colaboración do departamento de Infraestruturas da Xunta coa Administración local é executar os traballos necesarios na mellora da accesibilidade e seguridade viaria desta rúa integrada no núcleo urbano do concello e que transcorre paralela á estrada autonómica OU-212, A Ermida – Beariz.

Esta rúa constitúe a única vía alternativa posible para desviar o tráfico que transita pola estrada de titularidade autonómica, algo que sucede cando é necesario realizar nela traballos de conservación e, sobre todo e dende hai décadas, durante as festas patronais que se celebran no mes de agosto, e que ocupan a calzada da OU-212 durante varios días.

Tratase dunha actuación que permite a rehabilitación do firme desta rúa, de modo que o tránsito por ela sexa en condicións de seguridade para vehículos e persoas. As tarefas a executar no marco deste convenio comprenden os traballos necesarios para a correcta drenaxe desta vía, de modo que o tránsito pola rúa sexa axeitado e minimice o deterioro do firme, así como as tarefas de conservación do firme co estendido de mestura bituminosa en quente.

Mediante o convenio, o departamento de Infraestruturas da Xunta comprométese a financiar as obras de mellora, e concello asume a obriga de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras, así como á contratación, execución, dirección, control e recepción das obras.

16, Abril 2019

Ciudadanos desembarca nestas próximas eleccións municipais no concello do Carballiño.

Faino cunha candidatura que "representará un relevo xeneracioal necesario e despois de comprobar que nos últimos anos sempre se presentan os mesmos", dixo o seu candidato á alcadía Jorge González Quesada, un empresario do sector do transporte de mercancias.

Acompañaráno nos seguintes postos dúas mulleres, Maria Soledad Aguiño no 2º posto e Ana Pérez no 3º lugar desta candidatura do partido laranxa para a convocatoria electoral do 26 de Maio no concello do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS