
Cando as negociacións parecía que poderían culminar con éxito, as mesmas quedaron rotas na tarde deste pasado lúns.
Empresa e os representantes dos traballadores volverán reunirse o próximo dia 22, para esa data se non houbese acordo a convocatoria de folga pasaría a ter carácter indefinido na factoría de GRI Towers Galicia no parque empresarial do Carballiño.
"Queremos traballo e salarios dignos na nosa terra" coreaban os manifestantes nesta mañá de martes polas rúas máis céntricas do Carballiño.
Modesto Ratón, representante do traballadores, manifestaba en COPE O Carballiño que "esta é unha batalla que temos gañada na loita polos nosos dereitos coa forza de todos os compañeiros".

Asi o confirmou hoxe en COPE O Carballiño o secretario xeral desta formación política de corte galeguista, Juan Carlos Piñeiro.
Ana Morgade Durán será a candidata á alcaldía de CompromisoXGalicia para as eleccións municipais do 26-M no concello do Carballiño "unha muller que aportará savia nova á política municipal", manifestou Piñeiro.
Compromiso por Galicia tamén avanzou, por medio do seu Secretario Xeral no que foi a súa intervención nesta emisora de radio, que presentará candidaturas nestas próximas eleccións municipais en varios concellos da Comarca.
En Punxín o cabeza de lista será o coordenador comarcal de CXG Eladio Fernández, en San Amaro lidera a candidatura Gonzálo Fernández, no concello de Maside o candidato á alcaldía será Antonio Manuel Iglesias, e no concello de Avión encabezará a candidatura Aladino Graña Bugallo, un empresario retornado de México.
Ciudadanos tamén se suma á carreira electoral no concello do Carballiño
Este martes 16 de Abril, dia de feira no Carballiño, é a data elixida por Ciudadanos para presentar a súa candidatura para os comicios locais no concello do Carballiño.
A falta de confirmación oficial, todas as fontes consultadas apuntan a Jorge González, un empresario carballiñés do sector do transporte, como cabeza de lista do partido laranxa.

Penso que unha imaxe paga máis que mil verbas e non vou a facer ningunha consideración máis sobre esta atrocidade.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Maside facemos público o noso pesar e repudia contra calquera acto de vandalismo. Neste caso contra o que aconteceu na fachada da Igrexa de Maside como se pode apreciar nas fotografías que tan so son un pequeno exemplo das pintadas que un ou varios elementos fixeron en varias paredes da sua fachada. Esperamos que os responsables sexan atopados e teñan o correspondiente "castigo".
Un acto que denota unha absoluta falta de respeto aos veciños, a súa liberdade e dende logo ao noso patrimonio. Denunciamos calquera acto desta índole.
Comezou a programación da Semana Santa da Cofradía da Veracruz coa celebracións das dúas primeiras das sete procesións que terán lugar ata o Domingo de Pascua, polas principais rúas e prazas do Carballiño.
A do Traslado da Virxen Dolorosa do pasado venres, e a Litúrxica de Ramos este domingo contaron coa colaboración do tempo, que favoreceu a súa solemnidade e participación, na deste domingo co acompañamento da banda de música da BRILAT "Galicia VII", que abarrotou o Templo da Veracruz.
Precisamente, a previsión meteoroloxía é a principal preocupación para o resto da semana, pendientes da choiva para O Via Crucis do mércores, asi como as 3 procesións programadas para o Xoves e Venres Santos, as procesións grandes da Semana Santa Carballiñesa. Xa cara o domingo de Pascua melloran as previsións para a que será a última das procesións da Cofradía da Veracruz.
A Subida á Saleta congregou na tarde deste sábado dia 13 de Abril a varios miles de afeccionados ao automobilismo, que se achegaron ata O Carballiño para gozar da mítica proba do calendario galego de montaña, que levaba tempo sen celebrarse e lograron recuperar este ano un grupo de entusiastas carballiñeses co apoio do concellos do Carballiño e Boborás e a Federación Galega de Automobilismo.
Para a xornada dominical agárdase con expectación a continuidade desta competición automobilística, que tivo este sábado á choiva como convidada non esperada.
Xa pola noite, o espectáculo do motor deu paso á música tradicional, coa Foliada organizada pola A.C. Avantar, tanto na rúa como en varios locais da hostelería local.

Dato histórico, por vez primeira na historia do EGM unha emisora de radio que non está localizada nunha das grandes cidades e áreas metropolitanas de Galicia cólase entre as 3 máis escoitadas en horario de programación local, de 13 a 15 horas de lúns a venres.
Asi o certifica esta última entrega do "Estudio General de Medios", a programación de mediodia de COPE O Carballiño sitúase como a terceira con máis audiencia entre as máis de cen emisoras de radio de todas as grandes cadeas -COPE, SER e ONDA CERO- repartidas por toda Galicia e que emiten programación local, no mesmo horario.
No 9.91 da FM infórmanse a diario do que acontece no Carballiño e Comarca 8.000 oíntes, según acredita o EGM, aos que hai que sumar os que sintonizan esta emisora de radio a través de Internet, e CopeCarballino.es rexistra unha media de 5.000 usuarios únicos.
Ademáis, a de COPE O Carballiño, é a programación local de mediodia con máis audiencia entre todas as emisoras da CADENA COPE en Galicia.
No ámbito comarcal O Carballiño-O Ribeiro, COPE O Carballiño é o medio líder absoluto en audiencia, un liderazgo radifónico que agora se reforza con estes datos actualizados no EGM.

No salón de actos o Aparthotel Arenteiro que se atopaba cheo, foi presentado Celso Carballal Gómez, coñecido empresario durante moitos anos no Carballiño, como número 2 da lista dos Populares.
Arroupado por Rosendo Fernández, secretario Xeral do PPOU, e por Argimiro Marnotes, presidente do PP do Carballiño, foi o propio Ricardo Perea, candidato á alcaldía, quen o presentou como “unha persoa honrada, traballadora e cercana, cunha experiencia e coñecemento de todo o territorio tanto urbano como rural, e das súas necesidades en infraestruturas".
“Non pode, un alcalde como no mandato actual, ser o propio concelleiro que xestione o día a día das melloras en obras, pois para iso necesítase unha dedicación especial, e xa non digamos coñecemento e oficio”, destacou Ricardo Perea, que ademáis aproveitou para dar uns avances sobre cales van a ser as líñas xerais do programa electoral do Partido Popular.
Celso Carballal advertiu que non se incorpora para dar grandes conferencias, senón que para traballar codo con codo, sendo un mais da brigada de obras, para transformala nunha ferramenta o mais moderna e útil posible e resolver xunto con eles, os problemas do pobo e dos veciños.
Traballará para que "no prazo dos 4 anos de mandato os 97 km de viais municipais esteen en perfecto estado de reposición e se garanta por parte do concello o seu mantemento alomenos durante os 10 anos seguintes, e todo sen distinción de barrio, parroquia ou pobo", subliñou.
Rosendo Fernández, dixo de Celso Carballal, que o coñece por agora “pola súa firme decisión de incorporarse activamente á política municipal, que xa non é pouco, ver que alguén se aparte dunha zona de confort persoal para dedicarse a mellorar a vida dos seus veciños”.

Varias localidades do rural masidao renovarán nos próximos meses a súa iluminación pública cunha primeira axuda que o Goberno de España lle acaba de conceder ó Concello de Maside.
O Goberno de España, a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) dependente do Ministerio para la Transición Ecológica, acáballe de conceder ó Concello de Maside unha subvención de 103.000 € para a renovación da iluminación pública exterior en varias zonas do municipio.
O proxecto consiste nunha actuación en máis de 300 puntos de luz existentes na que se substituirán as actuáis luminarias, de diferentes tecnoloxías convencionais, por luminarias LED, moito máis eficientes. Asemade este cambio irá acompañado da instalación de 7 cadros de mando e medida monofásicos. “Con esta actuación, afirma o rexedor municipal José Manuel Iglesias, vaise diminuír a potencia de 36,10 kW a 10,90 kW e imos conseguir un aforro enerxético estimado do 80%”.
Algunhas das localidades que recibirán esta actuación son O Mato, Bouzas, Garabás, As Quintás de Piñeiro, Canedo, San Paio, O Bolo ou A Carreira de Louredo. E para seleccionalas tivéronse en conta as diversas características das instalacións cuxa renovación permitise conseguir o maior aforro posible pois a finalidade deste proxecto é favorecer o paso a unha economía baixa en carbono, un dos obxectivos básicos da Unión Europea e dos países que a constitúen.
Sinala o alcalde que o aforro enerxético sempre foi unha constante preocupación ó longo destes anos do grupo de goberno que preside, chegando a conseguirse unha minoración no gasto dos recibos de luz moi importante, “a pesar da suba tremenda da enerxía nos últimos dez anos”. E acaba engadindo que “reducións de gasto en servizos coma este, sen mermar a calidade dos mesmos, son as que nos permiten destinar máis recursos a ofrecerlles ós veciños outros servizos dende a óptica social e mellorar a súa calidade de vida”.
A alcaldía está agardando a comunicación por parte do Goberno do Estado da segunda subvención destinada ó illamento térmico e á mellora do pavillón municipal da Alameda. Conclúe José Manuel que “hoxe ten máis que lle envexar un veciño da cidade a un de Maside que ó revés”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 432
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- 440
- …
- seguinte ›
- última »