23, Febreiro 2019

Moi brevemente. Os seguintes capítulos escribiraos o pobo de Maside 

Os caciques aos que vostede fai referencia estiveron no poder 16 anos. Consideran que o Partido Popular de Maside é algo susceptible de herdanza. Son eles quenes poñen e sacan bonecos. Pra eles ser fillo de quen fora alcalde é mérito suficiente pra dirixir o partido, e para postular a quen baile ao son da súa música como alcaldable (esto non é exclusividade de Maside, pasa en outros concellos). E incluso o resultado é irrelevante. O que interesa é seguir na onda das adxudicacións da Deputación.

Será divertido escoitar as novas ocorrencias destes artistas (PXOM, pese a que estiveron 16 anos e na de na, polígono industrial, ídem de ídem, erradicación da avespa velutina, cando máis ben habería que erradicar candidatos velutinos xunto coa propia avespa, tapado de puzos, ensaltación das bonanzas dos retretes, defensa comprometida a favor dos petos dos masidaos, de uns máis que doutros, etc...)

O dito, será o pobo de Maside o que decida porque é soberano.

23, Febreiro 2019

Manuel Penedo Paradela (Irixo, 1959) volverá a ser o cabeza de cartel da candidatura que o Partido Popular presentará ás eleccións municipais de maio, “coa satisfacción que dá ver a positiva resposta que atopei a este novo reto”, manifestou o xa oficialmente candidato na súa presentación como tal na sede provincial dos populares.

Un apoio que para o presidente provincial, Manuel Baltar, só ten como segredo “estar vintecatro horas ao día ao servizo dos cidadáns, a verdadeira razón do seu éxito e de que o PP siga a confiar nel como o mellor candidato”.

Ao remate deste mandato, Manuel Penedo cumprirá 32 anos á fronte da alcaldía do Irixo contando sempre co apoio maioritario dos seus veciños. Un tempo no que o concello experimentou moitísimos cambios, destacou, “xa que á miña chegada á alcaldía só a capitalidade tiña alumeado público e saneamento, do que hoxe xa dispoñen todos os núcleos de poboación”.

Como importantes logros, o candidato apunta a mellora da estrada Carballiño-Lalín, como unha das principais vías de comunicación no concello, ademais da dotación de infraestruturas e servizos para a veciñanza “e un aspecto que compre subliñar, como o feito de que somos un dos concellos coa presión fiscal máis baixa de toda Galicia””.

Coa vista posta nun próximo mandato, o aspecto máis destacado será a aprobación do PXOM do Irixo, que está a piques de rematar a súa tramitación. Un documento esencial, dixo, “para o desenvolvemento do concello e que, como novidade, incluirá a reserva dun área industrial, co que trataremos de conseguir máis emprego”. O arranxo de zonas urbanas en varias localidades a través do plan Urban e o acondicionamento da área fluvial, coa construcción dun paseo, tamén figuran na súa axenda de proxectos.

O presidente provincial, Manuel Baltar, puxo o énfase “nas gañas que amosa Manuel Penedo para seguir competindo polo concello máis grande dunha comarca eminentemente turística como O Arenteiro, sendo ademais o segundo municipio máis extenso da provincia, co esforzo que elo supón para atender a máis de cen núcleos”.

O candidato do Irixo, apuntou Baltar, “é sinónimo de xestión, de cercanía, conciliador e dialogante, características que lle converteron no mellor alcalde que podía ter o concello, o que quedou ata agora ven demostrado no apoio maioritario conseguido en todas as eleccións municipais”.

Non dubida o presidente provincial que Penedo ten “forzas dabondo para seguir reivindicando esa confianza, o posicionamento do Irixo na comarca e ofrecendo máis proxectos para os veciños”.

22, Febreiro 2019

Levo dias pensando qué lles pasou ós Poceiros de Maside. Quedastes caladiños desde o último capítulo do que prometia ser unha novela, non sei se amorosa ou tráxica, pero seguro que daría para moitos capítulos; a audiencia está asegurada e seguro que esperando novedades dos primeiros protagonistas.. 

Manolete, se non sabes torear a qué te metes, decía algun nun comentario. Pero cando no último capítulo se fala clariño da vella política do PP de Maside e dos seus caciques quedastes caladiños. Ten precio o silencio en Maside acaso? Eu xa penso que neste concello todo ten precio para algunha xentiña que aparenta ser persona e non chegan a ser personaxes. Agora ben, o que queda aquí moi clariño é que á hora de falar dos capos da construcción na nosa provincia residentes na rañoa de Maside  aquí non pía un paxariño. Valientes políticos os do noso pueblo. Tendes razón, Manolote se non sabes torear a qué te metes! 

O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra. Esperovos no siguiente da novela, se vos atrevedes claro esta. Pola miña parte quedo á vosa disposición.

22, Febreiro 2019

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co concello de Leiro para executar unha actuación de acondicionamento e mellora de espazos públicos para uso común, según o acordo de colaboración que asinaron a titular deste departamento autonómico Angeles Vázquez e o alcalde da localidade, Francisco J. Fernández Pérez.

En concreto e segundo consta no convenio de colaboración os traballos consistirán no acondicionamento da contorna do Campo da Feira municipal, unha actuación cun custo estimado de 57.773,10 euros, dos que o 70% -40.441,17 euros- serán financiados pola Consellería de Medio Ambiente e o 30% restante -17.331,93 euros- pola propia entidade local.

21, Febreiro 2019

Refírome a xogar coas dúas verbas protesta-grotesca pra referirse ao pleno extraordinario celebrado recentemente. Completamente de acordo, a votación foi grotesta.

E semellan tamén grotescos os choros dos que fai pouco loaban a pachi e o pachismo pra renegar agora del. Resulta que quenes foron e son algo coñecidos na política polos "méritos" do pachismo atopan outros intereses como o INEM, a Subdelegación do Goberno, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e pachi deixa de ser aquel gurú ao que tiñamos que besar por onde pisaba para convertirse pouco menos que nun proscrito pola nova dirección provincial socialista.

Esto pode ser parte do xogo político, estamos afeitos a ver cousas similares noutros partidos, pero o que é unha ignominia é a purga soviética que se está a facer con xente que traballou moito polo partido, por cousas tan serias como o puro chisme e os contos de taberna. Un novo PSdeG auténticamente grotesco.

21, Febreiro 2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou inicialmente na reunión celebrada esta mañá o proxecto de expropiación da obra de construción do cemiterio no municipio de Beariz, así como a apertura dun período dun información pública polo prazo dun mes.

Así o informou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, portavoz da Xunta de Goberno, quen deu conta hoxe dos acordos adoptados pola dita Xunta, correspondentes ao xoves 21 de febreiro de 2019.

Na reunión aprobouse tamén a modificación do Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2019 relativa ás obras municipais de San Cristovo de Cea.

Por un lado, incorpora ao plan principal a obra "pavimentación e reposición do abastecemento na rúa Forno do Roxón en Cea", cun orzamento total de 48.000 euros, sendo a achega da Deputación de 24.000 euros.

E, por outro lado, incorpora ao plan principal a obra "pavimentación nas rúas Forno do Santo e Pasaxe San Lourenzo en Cea", cun orzamento tamén de 48.000 euros, sendo a axuda da Deputación de Ourense de 24.000 euros.

20, Febreiro 2019

Quero denunciar a situacuación que esta a sofrir a rúa Juan Corral Pajariño dende xa fai bastante tempo por culpa de varios conductores que soen aparcar onde lles peta sen respetar as máis elementais normas de circulación.

Así polas noites é bastante frecuente ver estacionados en fronte dun coñecido mesón coches, algúns deles de alta gama, aparcados diante da entrada dun garaxe impedindo, deste xeito, a entrada e saída de vehículos deste a pesar de este conte dun vado, que prohibe o estacionamento nese lugar e por si esto fora pouco os coches que aparcan diante deste garaxe o fan invadindo a acera o que dificulta, tamén, o paso de peóns por ela, igualmente, outros conductores que aparcan nesta rúa teñen o mal costume de estacionar os seus coches encima do paso de cebra que hai na entrada desta rúa dende o cruce da estrada de Ribadavia impedindo, total ou parcialmente, o tránsito de peóns por dito paso polo que se ven obrigados a cruzar neste punto invadindo a devandita estrada.

Penso que xa é hora de poñer fin a estes abusos e que o dende o concello e, sobre todo, dende a Policia Local, se tomen as medidas necesarias para rematar con estas malas prácticas que os veciños e os peóns que transitan por esta rúa pola noite, se dúbida algunha, agradeceran.

 

 

20, Febreiro 2019

O Ministerio de Fomento ven de conceder o Premio Nacional de Arquitectura 2018 a Manuel Gallego Jorreto, nacido no Carballiño no ano 1936, autor de varios edificios considerados entre os máis emblemáticos dos contruidos en Galicia.

O xurado recoñece con este galardón os máis de 50 anos de traxectoria profesional deste arquitecto carballiñés, e según se recolle na acta do premio pola "arquitectura comprometida coa súa Galicia natal, caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidad".

Tamén salientan "unha actitude sincera, respectuosa pero á vez valente, que puxo a contorna, a paisaxe e o interese xeral por diante de calquera selo persoal".

O Premio Nacional de Arquitectura ten unha dotación económica de 60.000 euros.

Dase ademáis o feito de que Gallego Jorreto xa obtivera en 1997 o Premio Nacional de Arquitectura, aínda que daquéla e ata o ano 2000, se outorgaba o premio por unha obra, daquéla fora polo Museo de Belas Artes da Coruña.

No Carballiño é o autor do proxecto de rehabilitación da antiga fábrica do papel para acoller o Museo do Papel, que promove o concello carballiñés.

Tamén é da súa autoría o proxecto -aínda pendiente de execución- para a modernización do balneario do Carballiño.

Na foto, co alcalde do Carballiño Francisco Fumega, visitando a obra da antiga fábrica de papel da Lavandeira.

 

 

19, Febreiro 2019

Rógase encarecidamente que algúen lle explique ó señor Adolfo Nogueira que coa súa abstención no pleno de hoxe, se reprobaba a si mesmo. Despaciño, para que o entenda, pero que por favor, que alguén llo explique. Que inda que leven catro anos ríndose de tódolos veciños, non merecen o cachondeo xeralizado que a súa actuación está causando no pobo. Aínda que tal vez estos fenómenos o fan a propósito, para darlle unha alegría a tódolos veciños que fartos da súa ansia de poder e falta de principios non pensamos volver a votarlles. E ollo co alcalde, que leva con este panorama na casa catro anos, e non foi quen de facer nada. Que será moi boa persona, pero tamén un inutil político que levou ó Carballiño a tirar á basura catro anos. En fin, que culpa teremos nos!

19, Febreiro 2019

O do pleno para reprobar o alcalde é absolutamente surrealista, un auténtico sin sentido por calquera lado que se mire.

A ver se o entendo, vaise reprobar o alcalde e acabase reprobando a todo o grupo de goberno no que se incluen os que agora renegaron do PSOE, e son éstes os que se preproban a sí mesmo. Esto é mundial. 

Alguén sabe qué gasto ten para o concello a celebración dun pleno extraordinario? Algúen sabe para que vale a tal reprobación?

Por favor... Socorro ! S.O.S. que alguén nos salve desto !! O Carballiño merece outra política.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS