31, Xaneiro 2019

Non debemos ser tan ilusos como para pensar queos nosos políticos traballan todos acorde a un ideal, ainda que temos a sorte de contar con algún o noso arredor. Algún que Verdadeiramente os veciños son o primeiro. Pero dende logo que hai anos xa que non vía o descoque dalgun. 

Esa mezcolanza de uns que van e volven, que se enfadan, que dimiten, que se cambian. Bueno, sinceramente, pensades que os votantes somos idiotas? Imaxino que si porque no caso contrario en lugar de andar coas vosas trifulcas estariades traballando para defender os dereitos de todos.

A que se organizou con Adolfo do Psoe do Carballiño se vai sumar a que vai facer o Pachi a nivel Comarcal? Tocando concelleiros máis ou menos desilusionados, que si Francisco Fraga  en Piñor, aquel outro en Maside, e o colmo dos colmos me parece Boborás, seica que pretende enterrar MoveBoboras e resucitar a Eva Pardo nunha nova alianza de ezquerdas. Francamente con estas noticias e alianzas a principios de febreiro, me pregunto si Verdadeiramente de aquí a maio apareceran os políticos que queiran traballar de verdade a prol da nosa comarca. De momento case todo semella un desatino.

 

31, Xaneiro 2019

É a primeira vez que Alternativa Veciñal lle solicita ao Sr. Alcalde a utilización do Salón de Plenos durante 10 minutos para unha rolda de prensa por ser pequeno o despacho de que dispón no propio Concello e por quedar sin sede momentaneamente por obras.Este grupo traballa polo Carballiño  sin ánimo de lucro.Non utilizamos tan siquer o estrado e as cadeiras onde se celebran os plenos.Moitos outros colectivos demandan este espazo cando non hai dispoñibilidade doutros locais pra celebrar actos de todo tipo .De todos xeitos pedimos disculpas aos veciñxs a quenes non lles parecedu correcto.

31, Xaneiro 2019

Sr alcalde, non escoitei que se fose arranxar a Rúa Marcelino Fochancas Parrondo, pode dar un paseo por ela e despois opinar si lle compré ou non, hai pistas de tractores en millor estado, en fin......

31, Xaneiro 2019

O alcalde Francisco Fumega recoñeceu, no transcurso dunha interveción radiofónica en COPE O Carballiño, que a dia de hoxe Adolfo Nogueira sigue sendo o portavoz do grupo municipal socialista no concello do Carballiño.

Fumega dixo que o cese de Nogueira como portavoz do grupo "é un tema complexo, o ser un grupo político terían que firmar a totalidade dos concelleiros, dende o punto de vista burocrático e adminstrativo sigue sendo o portavoz", admitíu.

Non obstante, o alcalde do Carballiño anunciou nesta mesma entrevista en COPE que revocará as competencias delegadas que ten Adolfo Nogueira como concelleiro de promoción económica, seguridade e persoal. 

Fumega asegurou que está á espera que a secretaría municipal redacte o correspondente decreto.

"Tomarei decisións en breve, faréi un decreto de revocación que está preparando secretaría e asumiréi eu as competencias que ten delegadas", unha decisión que o alcalde do Carballiño xustificou pola "perda de confianza".

O rexedor municipal carballiñés lamentou toda esta situación e negou que siga imposicións da Executiva Provincial, tal como onte manifestaron dende o sector do PSOE que apoia a Adolfo Nogueira "precisamente por non aceptar imposicións estou nesta situación, son un home ético e un home libre" remarcou.

A  interveción do alcalde do Carballiño pode escoitarse íntegra nesta mesma páxina WEB, na sección "PROGRAMA" correspondente a este xoves dia 31 de Xaneiro.

31, Xaneiro 2019

Cincuenta coches clásicos deportivos visitarán este sábado, 2 de febreiro, O Carballiño. E o farán dentro dunha etapa do Rali de Inverno para realizar, vinte anos despois, a mítica subida a Cabanelas e percorrer as principais rúas da vila cara á praza da Veracruz, onde se establecerá o parque pechado. Así mesmo, organización, conductores e copilotos xantarán nun restaurante carballiñés.

O XVI Rali de Inverno Catro Provincias para clásicos deportivos partirá de Santiago de Compostela na mañá do sábado para realizar un recorrido de montaña, pasando por Beariz e chegando ao Carballiño ás 13h15, onde terá lugar o xantar. A partir das 15h01, a caravana de 50 vehículos voltará a partir do Carballiño poñendo rumbo á provincia de Lugo, para rematar a proba en Vila de Cruces. Posteriormente os participantes retornarán a Santiago.

Hai que destacar que os coches que participan nesta proba están construidos entre 1950 e 1975, con automóbiles de marcas como Mercedes, Porsche, Jaguar, MG, Austin, Triumph, Alpine, Alfa Romeo, etc. Os concursantes proceden maioritariamente de fóra de Galicia, con nada menos que 25 coches chegados de Portugal e doutros puntos de España como Pamplona, Ávila ou Asturias.

PILOTOS DESTACADOS

Entre os seus conductores atopamos nomes moi coñecidos polos afeccionados ao mundo do motor, como o propio Diego Vallejo (recén chegado da súa participación no Dakar) e outros pilotos detacados na historia do automobilismo galego, como Chano Carrera, José Fontán, Moncho Valverde e Germán Gómez, entre outros.

31, Xaneiro 2019

Vergoña lle debería de dar aos xefes de Alternativa Veciñal por utilizar o salón de plenos do Concello do Carballiño para facer unha rolda de prensa para anunciar que se presentan ás eleccións municipais. Iso é un acto de partido, e o salón de plenos non está para esos actos, senón que está para tratar asuntos municipais. 
Estas cousas de partido, por favor, fora do salón de plenos.
Non creo que eu esté dicindo algo que non estemos pensando todos.
De asalto e falta de respecto ás institucións entenden bastante.

30, Xaneiro 2019

Despois de ollar a patética actuación e elocucidade dos dirixentes do Concello de Maside, no pleno de hoxe, non me extraña nin o mais mínimo, que iste pobo este como está. O secretario parece un maís do grupo de gobernó, non acepta os erros, cree ter a razón absoluta e non ten argumentos. O alcalde, non electo( ainda que  iste alomenos mira a cara a xente),  non sabe nin de que lle están a falar, nin lle importa o maís mínimo. Os Concelleiros (filisteos), levantan a man dereita por descarte, e o Botana pensando en  meter no stock do seu negocio, sal para as carreteiras.

A portavoz do grupo da oposición bastante fai, para os parásitos que a acompañan.

Se collemos un grupo de rapaces de 10 anos do CPI, ou incluso de menos idade, non me cabe a menor duvida,  que lle darían un bo repaso, tanto en vocalización, lenguaxe, vocabulario, comunicación.... Penoso estar nestas mans. 

Iso si, haber se o Botana o falarenlle de cartos,  controla mais a linguaxe non verbal, xa que denota as suas funcions no Concello. E por certo, menudo desprezo pola aportación da Deputacion....."será tema de dividendos". 

30, Xaneiro 2019

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, quen lle trasladou varios asuntos e actuacións de interese para o seu concello en materia urbanística e medioambiental.

Concretamente, o rexedor explicoulle á conselleira que o seu equipo está traballando para levar adiante un proxecto de humanización de rúas co obxectivo de dinamizar a zona de actuación e facilitar a súa integración urbana, para o que solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente.

30, Xaneiro 2019

Pasen e vean, que algúen lle refresque a memoria a Feijóo nesa paparota que ten no carballiño xunto co fillo de Baltar http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/84468-xunta-asegura-galicia-e...

 

30, Xaneiro 2019

O sector de afíns a Pachi Vázquez compareceron ante os medios para escenificar públicamente o seu apoio e solidariedade con Adolfo Nogueira, supostamente cesado polo alcalde como portavoz do grupo municipal de goberno socialista no concello do Carballiño.

Nesta comparecencia tomou a palabra o portavoz socialista de Piñor e recentemente cesado como portavoz do grupo socialista na Deputación, Francisco Fraga, acompañado dos tamén portavoces do PSOE nos concellos de San Amaro e San Cristovo de Cea.

Fraga cualificou como "incomprensible" o anuncio de cese feito por Fumega, ao que acusou de seguidismo da cúpula provincial socialista "non me entra na cabeza que Paco Fumega faga caso destas imposicións da Executiva Provincial e cese a un compañeiro por prestarlle apoio e palabras de cariño por Pachi", dixo.

Advertíulle ao alcalde do Carballiño que "vai ter que explicarnos a nos e a cidadanía do Carballiño por qué cesa a un compañeiro ao que igual que Pachi tanto fixo para conseguir a alcaldía".

Fransico Fraga tivo loubanzas á traxectoria política e persoal de Adolfo Nogueira, defendeu o seu traballo tanto no concello como na agrupación socialista e pedíulle expresamente a Fumega que "recapacite, apelamos ao diálogo e a unidade, polo ben do partido e da cidadanía".

En ningún momento Fraga, e tampouco o resto dos portavoces presentes neste acto, quixeron aclarar se contemplan ou non a posiblidade de promover candidaturas para esta próximas eleccións municipais á maxe do PSOE, tal como manifestou o alcalde Fumega.

Non obstante, lanzaron este aviso para navegantes "vostedes ven como se aparta a quen discrepa, e onde non queren a un..."

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS