21, Xaneiro 2019

Vai estar moi bonito o asunto das elecciós municipales no Carballiño. Todos os partidos estan escarallados e pasan cousas que parecian imposibles. O Marnotes e o mellor amigo do Fumega, o Bernardo ofrecese para ir na lista do PSOE, o Nogueira non se fala co alcalde que tanto defendeu e vai a ir en outra lista, o Bloque non encontra candidato, o Perea non o conoce nadie, todo parece unha feira pero de todos os lios o que me ten mais sorprendido e o do Pachi co Fumega. O actual alcalde parece que non quere levar xa o peso de ser pachista e renega do que lle dou a dedo todos os chollos que pudo. Foi director de escolas taller, delegado de medio ambiente, xerente dun chiringuito de suelo empresarial, posto na alcaldia polo seu antes amigo e con algun familiar moi directo traballando tamen para o concello. O que todo o pueblo se pregunta e quen traicionou a quen seguro que antes ou despois se sabrá imos rir moito estes meses.

21, Xaneiro 2019

Asi se recolle nun convenio de colaboración asinado na casa do concello entre o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

A Confederación aportará este ano un investimento de 260.000 euros, para financiar estas obras, que licitará próximamente.

Trátase da limpeza e saneamento das ribeiras do río Arenteiro ao seu paso pola zona urbana do Carballiño, asi como a reparación daquéles tramos do paseo fluvial que se encontran deteriorados.

Ademáis tamén se acometerá un proxecto de mellora na área recreativa de Toscaña.

19, Xaneiro 2019

O alcalde popular tarda 4 anos en recoñecer que o parque do Salgueiral está destinado ao ocio infantil a pesar das reiteradas denuncias e demandas dos socialistas de Leiro para que se executase a súa reparación. O PSOE leva desde o 2015 reclamando que se arranxe este parque dadas as penosas condicións nas que se atopaba e a veciñanza tivo que aturar, neste tempo, como o rexedor do PP negaba o seu carácter de zona de xogos infantís e recuncaba da súa responsabilidade. “Despois de numerosas iniciativas, denuncias públicas e ata mocións para que reparase un parque que se negaba a recoñecer como tal, de súpeto e coa chegada inminente das eleccións, fainos caso e arranxa o parque do Salgueiral. Alegrámonos da decisión aínda que sexa completamente oportunista”, sinala o portavoz municipal dos socialistas, Manuel Rodríguez.

Desde o PSOE lémbranlle ao goberno municipal que o parque é unha instalación de titularidade pública e que sempre foi competencia municipal telo no seu debido estado de conservación e mantemento. Con respecto a isto, o portavoz do PSOE, indica que “ata esta remodelación, os elementos e equipos de xogos non cumprían en absoluto a normativa vixente, todo estaba estragado, con elementos rotos e unha sinalización e accesibilidade inexistente”. Engaden, os socialistas, que non se trata do único caso no concello posto que o parque infantil do Campo da Feira presenta o mesmo estado lamentable.

Indican ademais que é intolerable que o alcalde se dedicase todo este tempo a mentir sobre o parque do Salgueiral: “As mentiras teñen as patas moi curtas e neste caso ata están recollidas, nunha acta plenaria, unhas palabras do propio alcalde dicindo que o tal parque non é unha zona de xogos, Se acaso non é unha zona de xogos, por que repara agora as randeeiras, tobogáns e demais elementos? Quixo tomarlle o pelo a toda a veciñanza de Leiro e agora volve cambiar de parecer como o vento”.

Desde o grupo socialista insisten en que van seguir loitando e traballando polo ben xeral do concello, como neste caso, e van insistir en que se arranxe tamén a zona de xogos do Campo da Feira. “As nosas iniciativas valen para que, finalmente, rectifique das súas posicións absurdas e asuman as propias responsabilidades ademais de pórlle as pilas a un goberno caracterizado pola desidia e a mala xestión”, remata o voceiro do PSOE.

18, Xaneiro 2019

*PROMOCION DO COMERCIO NO CARBALLIÑO*
É o que faltaba por ver, nada máis entrar no Carballiño, pola carretera de Ourense está para quen queira velo un imenso cartel que promociona o comercio, pero non promociona o comercio local do Carballiño que sería o lóxico por estar na entrada do noso pobo.

Non. O que PROMOCIONA é o COMERCIO DE LALIN. Con aparcamento céntríco e gratuito. E xa non é que fora para a campaña de Nadal, que xa ten o seu aquel, o indignante e que aínda segue aí.

Veñen os de Lalín a meternos un gol por toda a escudra ao Carballiño, xa que non dades parado co coche no Carballiño, seguide que está Lalín esperando por vos.
Supongo que o Concelleiro de Comercio e promoción económica, o Sr. ADOLFO dirá que estos de Lalín son uns caraduras, eu digo que os de lalín parece que fan ben o seu, cousa moi distinta ao que se fai dende o Concello do Carballiño.

E mentras tanto o Alcalde Paco Fumega mirando para a fábrica de papel (mollado).
UNHA MAGOA PARA O NOSO COMERCIO LOCAL, cando a mellor forma de quitar ese cartel era a través do apoio ao CCA e con campañas promocionais dende o goberno local, anunciar o noso comercio local.

17, Xaneiro 2019

O Partido Popular de Ourense fará "unha importante aposta por recuperar a alcaldía de Maside" coa candidatura que liderará Luis Jorge Álvarez Ferro (Ourense, 1958), que como funcionario da administración autonómica aportará a súa vocación de servizo público “para situar de novo a Maside no mapa provincial”.

Un Plus de experiencia e sobrada ilusión que a veciñanza saberá recoñecer, asegurou o presidente provincial, Manuel Baltar, “para por en marcha unha nova forma de gobernar e darlle velocidade a un concello que estivo dormido todos estes anos”.

Álvarez Ferro estréase en política “adquirindo un compromiso con Maside, que non é outro que dinamizar o concello”. Recoñece que non lle gusta o que ve hoxe, “por iso aspiro a conseguir o apoio da miña veciñanza para demostrar, dentro de catro anos, que Maside precisaba e merecía un cambio”.

O candidato popular, para quen o único lema que coñece é “traballar, traballar e traballar”, quere contar cun equipo de persoas “que lle dean un aire novo ao concello, convertido a Maside nunha opción real pero tamén ideal para vivir”.

Neste sentido, Luis Jorge Álvarez afirma que porá a disposición da súa xente “toda a miña experiencia profesional e sobre todo de xestión, para conseguir o maior número de investimentos e servizos en todos os ámbitos, pensando tanto nos rapaces, como nos mozos e nas persoas maiores, pero sobre todo procurando posibilidades de emprego que fagan crecer o concello”.

Desde a presidencia do PP, Manuel Baltar, subliñou a importante aposta que os populares están a facer para recuperar a alcaldía de Maside, “regresando á senda dun goberno local serio e rigoroso, cando outras formacións prescinden do seu alcalde, como é o caso que nos ocupa” Hoxe, engadiu, “saudamos a incorporación ao proxecto político do PP dun profesional da xestión pública, unha persoa que coñece perfectamente o funcionamento da administración e, sobre todo, do noso sector primario e o seu potencial”.

Precisamente por toda esa experiencia e polo seu labor, con presenza en postos de representación en distintos organismos, “estamos seguros de que Maside vai contar cun líder, que é o que precisa un concello que ten moito máis que ofrecer que o que recibiu a veciñanza ata o de agora, é dicir, máis visión de futuro, máis proxección e capacidade de relación con outras administracións”.

17, Xaneiro 2019

O grupo municipal popular pídelle ao alcalde Francisco Fumega que convoque a reunión da Xunta de Portavoces, que ven solicitando dende o mes de Outubro pasado e co obxetivo de "buscar solucións a varios proxectos de apertura de urbanización de novas rúas e de crecemento viario no casco urbano".

Recordan os populares que "foron varias as veces dende o mes de Outubro nas que o alcalde quedou en convocar esta reunión, e se na vindeira semana ao máis tardar non se ten producido, entenderíamos que non é prioritario para o actúal goberno municipal e terémos que esperar ao cámbeo de goberno no mes de Maio".

Concretamente, fan referencia aos proxectos de urbanización nas rúas Costa Rica e San Amaro, asi como o ensanche da rúa no fondo de Flores "onde se forma un estreitamento entre as rúas Aquilino Sánchez e Alexandre Bóveda, ou mesmo o proxecto de urbanizacón da rúa da Saleta".

O Partido Popular entende que "non pode ser que cando aparece o compromiso económico do concello, estes proxectos non se poidan executar, cando ademáis existe toda a vontade do mundo por parte dos propietarios en facer cesións gratuítas ao concello, e non so non se lles está a recoñecer estas cesións gratuítas, senón que o concello está poñéndolle trabas e un coste económico elevado que non terían por qué soportar".

Aclaran que a maior parte destas rúas constan como viais urbáns consolidados no PXOM do ano 1999 e en algunhos casos "os seus propietarios xa fixeron esa cesión, e asi está recollido en actas do pleno, e aínda asi parece que non se lle quere dar validez".

 

17, Xaneiro 2019

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou un requirimento en relación a execución das obras de pavimentación de accesos o pobo do Outeiro na parroquia de San Cosme para que o concello de o irixo requira a empresa adxudicataria para que execute novamente a reparación dos accesos debido a súa nefasta execución apenas fai un mes.

Expón que apenas un mes despois da execución da obra de pavimentación de accesos o pobo do Outeiro na parroquia de San Cosme o estado de esta estrada xa está todo cheo fochancas e en mal estado.
Que por este motivo o grupo socialistas ven de requirir por escrito o A
lcalde para que requira a empresa adxudicataria COVIASTEC S.L. para que proceda novamente o arranxo da referida estrada.

Que ditas obras segundo proxecto, teñen un período de garantía de 12 meses. Os socialistas solicitaran acceso o expediente das mesmas para comprobar se existe xa acta de ACTA DE COMPROBACIÓN Y REPLANTEO, dado que as mesmas non foron ben executadas, ademais de non compartir este tipo de actuación para o arranxo dos camiños, que so veñen a xustificar o diñeiro sen que se proceda a facer un arranxo adecuado e duradeiro.

Que moitos de este camiños executados no presente proxecto teñen na actualidade toda a gravilla solta porque presuntamente non se cumpriu o mesmo na execución das mesmas.

Que ademais como se observan nas fotografías que se acompañan están apenas 1 mes despois de ser executado, cheo fochancas e en mal estado, entendendo ademais que presuntamente na execución non se cumpriu o proxecto.

Que estas obras, deben ser executadas novamente e no caso de existir xa ACTA DE COMPROBACIÓN Y REPLANTEO aínda están dentro do período de garantía de 12 meses polo que a vista do estado de este e outros camiños, se debe executar dita garantía.

Que xa o pasado 2 de xuño de 2017 se fixo tamén un requirimento o Sr. Alcalde do concello do Irixo para que ante o prexuízo que se creara os veciños e veciñas pola mala execución de outras obras de camiños, naquela ocasión, “apenas 9 meses despois de ser executados varios camiños, estaban cheos de herbas, entendendo ademais que na execución non se cumprira tampouco o proxecto cando falaba de “o Limpieza del pavimento existente con medios mecánicos y lavado a presión con agua, de modo que la superficie quede libre de elementos indeseables.” que se fixo con aire. Estas obras estaban naquel momento dentro do período de garantía de 12 meses polo que a vista do estado dos camiños naquel momento, pediuse que se executara dita garantía e se volvesen arranxar. O Sr. Alcalde nunca respondeu a este requirimento nin executou a garantía nin obriga a empresa a arranxar os camiños novamente.

15, Xaneiro 2019

A evolución interanual da afiliación á Seguridade Social no conxunto da comarca do Carballiño é, outro ano máis, negativa.

Se comparamos o dato de cotizantes ao peche de 2018 co de 2017, vemos que a comarca ten 56 afiliados menos na Seguridade Social, deixando a cifra actualizada en 6.391 cotizantes no conxunto dos 9 concellos, desa cifra, a capitalidade comarcal, o concello do Carballiño, representa o 66,5%, con 4.255 afiliados.

No balance interanual suben cotizantes O Carballiño e Punxín, a capitalidade gaña 61 e Punxín 4, respectivamente.

Mánten idéntico número de afiliacións -487- o concello de San Cristovo de Cea.

E baixan os seis concellos restantes. O que máis perde é Piñor, con 52 cotizantes menos, seguido de Maside, que baixa no último ano en 27 afiliacións á Seguridade social no municipio. Séguenlle nesta relación, San Amaro que perde 20 cotizantes, Boborás 11, Beariz 9 e O Irixo, 2.

 

 

14, Xaneiro 2019

O Partido Popular manifesta a súa preocupación polas condicións nas que se levou a cabo esta tala de árbores que deixou á vista unha parte da muralla do castro do Mosteiro, na parroquia de Lobás.

Nun escrito dirixido ao alcalde do Carballiño, os populares expoñen que unha vez comprobados os traballos, descoñecen "se os mesmos foron supervisados por Patrimonio para garantir que non se produciran danos na estructura" e tampouco se está previsto facer "un desbroce vexetal que deixe o muro completamente á vista ou non".

Tamén piden dende o Partido Popular "a implicación do concello para retomar os traballos de excavación, que comezaran nos anos 80, daquela con moitos menos medios pero con moito máis entusiasmo, para conseguir poñer en valor este xacemento arquelóxico que temos no municipio do Carballiño.

Mentres, dende o concello aclaran que "a corta de piñeiros no castro de Mosteiro levouse a cabo pola comunidade de montes con todos os permisos de Patrimonio e baixo a supervisión dun arqueólogo".

Aseguran que cortáronse os piñeiros grandes tendo coidado de non dañar a muralla exterior, pero deixáronse os piñeiros pequenos do interior do castro, porque podía verse afectada algunha estrutura da excavación.

Non obstante, manteñen dende o concello do Carballiño que Patrimonio prevé incluir nos seus plans de actuación para este ano 2019 o desbroce e limpeza integral deste castro.

14, Xaneiro 2019

Estas que poden verse son as berzas que se dan na Praza dos 4 Camiños, despois de que un veciño conseguise labrar unha das fochancas, unha de tantas que dende fai tempo podemos encontrar neste lugar. A ver se consguimos ter berza suficiente para facerlle o caldo o dias das eleccións aos nosos politicos locais.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS