13, Xaneiro 2019

O lamentable estado que presenta a Rua da Saleta, no centro do pobo, da moito que dicir da eficaz xestions dos nosos gobernantes. Está claro que por ali non vive ningún . Non hay 5 metros que  non teña una fochanca. Por si fora pouco, incomprensiblemente,  ten dobre dirección (hay sitios donde non caben 2 coches pra cruzarse)  ademais que carece de  beirarúas polo que si vas andando tes que pegarte as casas ou muros pra que  non te leven por diantre, un auténtico perigro pra calquera, sobretodo nenos e mayores. Pra completar o programa aparcan os coches donde queren ou poden sin orden nin control. Bueno, pois ista calle existe e chámase Rua da Saleta e nunca foi reparada, nin acondicionada, ainda que si abandonada.

A ver si os nosos gobernantes actuales acórdanse de arreglala ou lle pasan a patata caliente a os próximos que veñan en Mayo.   Admítense apostas.

Nota: Adolfo, pásate un dia pra ver esta calle tamen e non solo has que non lle fai falta arreglo ningún.

 

 

 

 

 

 

11, Xaneiro 2019

Agora que están as contas do Concello saneadas é o momento de que Pachi e Adolfo se presenten as eleccions e volvan endebedalo colocando aos amigos.

11, Xaneiro 2019

A débeda do concello do Carballiño atópase actualmente en "mínimos históricos" tras pasar de 3.237.281 euros, que había no ano 2014, a 617.133 euros, que é a previsión para o peche das contas do ano 2018.

Isto supón que nestes últimos catro anos (2015, 2016, 2017 e 2018) teríanse amortizado un total de 2.620.174,94 euros.

Polo tanto, "pode dicirse que as contas do concello están prácticamente saneadas tras tres anos e medios de goberno municipal dirixido por Francisco Fumega, nos que se conseguiu saír do Plan de Axuste imposto no ano 2012, e rebaixar a débeda dun xeito considerable", remarcan dende o concello carballiñés.

A débeda viva do Concello do Carballiño tivo o seu "teito histórico" no ano 2009 cando se alcazou a citra de 5,6 millóns de euros, dende ese ano comezou a rebaixarse progresivamente, ata os 617,133 euros, según o adianto feito dende o propio concello, ao peche do exercicio de 2018.

10, Xaneiro 2019

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu hoxe a visita do presidente da Cámara municipal de Alijó, José Rodrigues Paredes, e da vereadora das áreas de Turismo, Educación, Xuventude, Deportes e Saúde, Sónia Andrea Rodrigues Pereira Pires.

A visita tiña por obxecto fortalecer a amizade que existe entre ambos concellos dende o ano 2004, cando se iniciou un expediente de hermanamento entre ambas localidades, colaborando en diversas iniciativas de ámbito turístico e cultural.

Á recepción, que tivo lugar na Alcaldía, tamén asistiu o concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Dacal, e no transcurso da mesma acordouse a colaboración en diversas iniciativas turísticas e culturais como a presencia do Carballiño na feira de Vinhos e Sabores dos Altos “Alfeira” e Sons do Parque, actividades que teñen lugar a mediados do mes de xullo en Alijó.

Así mesmo, convidouse ás autoridades alijoenses a asistir á próxima Festa do Pulpo e realizar diversos intercambios de interese cultural.

Alijó é unha localidade pertencente ao distrito de Vila Real, na comunidade intermunicipal do Douro, cuxa ubicación lle confire a súa característica máis destacabale, como é a producción vinícola e a paisaxe da ribeira do Douro.

De feito, o Alto Douro Vinhateiro ou Regiäo Vinhateira do alto Douro, á cal pertence Alijó, xunto con outros doce municipios, foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade no ano 2001.

O próximo encontro entre os mandatarios de Alijó e O Carballiño terá lugar na próxima celebración de XANTAR, en Ourense, no mes de febreiro, onde Alijó terá un stand propio e O Carballiño concurrirá conxuntamente co Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro.

Neste encontro está previsto concretar as iniciativas de colaboración tras intercambiar neste tempo as diferentes programacións en materia de turismo e cultura de ambos concellos.

10, Xaneiro 2019

Manuel Vázquez Fernández “Casalta” (Punxín, 1941) volverá a encabezar a lista do Partido Popular en Punxín para as eleccións locais de maio, optando así a un terceiro mandato “e revalidar o apoio que sempre obtivo da veciñanza, cuns magníficos resultados que responden ao seu carácter humilde e traballador a prol do seu concello”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, tras facer oficial a súa candidatura.

Vázquez “Casalta”, á fronte do Concello de Punxín desde 2011, agradeceu as mostras de apoio recibidas para liderar de novo a lista popular, tanto por parte dos seus veciños como do propio partido, lembrando que así sucedeu “cando fun concelleiro nos inicios da democracia e, logo, trala miña xubilación, cando me convenceron para optar á alcaldía”.

O candidato agarda que o traballo feito ata agora “se reflicta nas urnas e nos permita consolidar os logros alcanzandos neste tempo, coa vista posta para un próximo mandato en seguir desenvolvendo un dos nosos potenciais como é o termalismo, o que sen dúbida conseguiremos co apoio da Deputación que sempre tivemos”.

“Casalta” apuntou ademais a súa total confianza nas persoas que lle veñen de acompañar no goberno local, afirmando que a súa intención “é seguir contando co meu equipo”.

“Máis que alcalde, o candidato é o primeiro veciño de Punxín, unha persoa moi apreciada, humilde e traballadora, razóns do seu éxito”, declarou pola súa banda o presidente provincial, Manuel Baltar, para quen “non cabe dúbida da súa lealdade e compromiso, primeiro con Punxín, logo co partido e por suposto con Ourense”.

Para os populares, engadiu Baltar, “é unha gran noticia que o candidato se atope con forzas, e telas dabondo, para afrontar un mandato máis no que seguir a realizar ideas e proxectos, nun concello estratéxico para a provincia no ámbito termal”.

10, Xaneiro 2019

A denuncia foi presentada esta mañá no Xulgado nº 1 do Carballiño, que agora deberá resolver sobre a admisión a trámite da mesma, que podería abrir un novo capítulo xudicial polas supostas irregularidades na política de contratación de persoal no concello carballiñés.

Alternativa Veciñal ve indicios dunha presunta prevaricación en base á "formalización e concatenación de contratos no concello do Carballiño" entre 2011 ata a actualidade, durante os mandatos dos alcaldes Argimiro Marnotes e Fracisco Fumega.

A continuación transcribimos o comunicado de AV no que da conta da presentación desta denuncia:

O obxectivo de Alternativa Veciñal neste mandato foi conseguir que o Concello do Carballiño preste os mellores servizos ao menor custe para os contribuintes.Para elo presentou no 2015 unha moción ,que foi aprobada, pola que se recuperarían todolos seervizos externalizados asegún canducase a concesión.

Para elo é necesario ter personal suficiente e preparado para levar a cabo as tarefas do traballo diario.O que nun principio parecía factible e que iba a haber colaboración por parte do goberno en minoría de Paco Fumega ,non resultou asi. Todo se volveron atrancos e desdecirse do aprobado.Así a recuperación do servizo de Recadación, no que dúas auditorias detectaron perdas millonarias por prescripción de taxas,non foi acometido nin se dotou ao concello do personal axeitado.O mesmo ocurriu co Servizo de Axuda no Fogar(SAF) ou Bó Día Familia, que a día de hoxe siguen con xestión privada.

Tardaronse 3 anos en elaborar unha Relación de Postos de Traballo(RPT),pagada a unha empresa allea ao Concello, e que non resolveu os problemas de personal e organización como se pretendía.Foi un corta e pega do anterior coa finalidade de non mover ningún dos intereses creados a nivel laboral, e incluso con diversas alegacións por parte do personal por discriminación salarial a igual traballo.Por elo Alternativa Veciñal presentou un contencioso administrativo contra esa RPT .Nesa RPT entraron unhas 25 personas por resolución xudicial dado que habían concatenado varios contratos laboráis por obra.Se a iso engadimos os máis de 60 que entraron por ese método en tempos do alcalde Manuel Vázquez e outros , completamos o organigrama irregular a hora de acceder ao traballo no Concello do Carballiño, nunha plantilla actual de aproximadamente 126 personas.

A lei é crara no que respecta as responsabilidades neste tipo de contratos: “Os órganos competentes en materia de personal de cada unha das Administracións Públicas…velarán para evitar calquer tipo de irregularidade na contratación laboral temporal que poida dar lugar á conversión dun traballo temporal en indefinido non fixo”(Lei3/2017 de 27 de Xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017).

O Xulgado nº1 do Carballiño valorará se houbo prevaricación administrativa na formalización e concatenación de contratos no noso Concello dende o 2011.Temos indicios de que nos mandatos de Argimiro Marnotes e Paco Fumega houbo neglixencia á hora de permitir a concatenación de contratos e suxerir a presentación de denuncias contra o Concello por parte dos interesados para ser incluidos por este sistema no organigrama laboral da entidade municipal.

Foron moitos os intentos por parte de Alternativa Veciñal da darlle unha solución política acorde coa lexislación vixente ao tema laboral , non recibindo máis que descalificacións e denegando información por parte do grupo de goberno, principalmente do seu responsable de personal, Sr. Adolfo Nogueira.Este é o único camiño que nos deixaron .

9, Xaneiro 2019

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez "Casalta", asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas entidades a través do cal a Deputación de Ourense fará posible un novo acceso á zona termal de O Bañiño, en Punxín.

A colaboración do goberno provincial con estas actuacións xa figuraba nos orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2019, aprobados na sesión plenaria correspondente ao mes de setembro do 2018.

Trala reunión, Manuel Baltar destacou o apoio da Deputación de Ourense en materia de "termalismo, de mellora das comunicacións, de acondicionamento de espazos naturais e de atracción turística en actuacións como as que hoxe facemos realidade a través da sinatura deste convenio".

9, Xaneiro 2019

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia que a incompetencia do alcalde de Leiro está a provocar riscos innecesarios para a seguridade veciñal, ante as intensas xeadas e temperaturas negativas da última semana. Os socialistas salientan que non estamos ante un problema imprevisto, posto que as alertas meteorolóxicas dos organismos oficiais sucédense desde hai días, mentres o PP local queda de brazos cruzados ante estradas permanente xeadas, que presentan unha vergoñenta falta de conservación.

O estado actual de moitas estradas e rúas de varias localidades do municipio de Leiro é intransitable sen que o goberno local faga absolutamente nada, expoñendo á toda a veciñanza ás desgrazas derivadas desta patente inseguridade viaria.

O portavoz do grupo municipal socialista, Manuel Rodríguez, denuncia a “perigosa inoperancia do alcalde conservador, que unicamente da a calada por resposta ante os problemas circulatorios que está a provocar o clima xélido e extremo que estamos a sufrir desde hai unha semana”. “Ante esta perigosa inacción do PP, vimos de rexistrar un escrito no que demandamos que se actúe coa máxima urxencia, espraiando sal nas vías e localidades afectadas por estas intensas xeadas”, relata Rodríguez antes de sinalar que “estamos a sufrir un verdadeiro perigo para condutores e veciños e veciñas ante o que Concello de Leiro quedou mudo”.

Os socialistas recórdalle ó goberno local que, aínda que estas vías non sexan de titularidade municipal, “é obriga do alcalde vixiar a seguridade de todo o municipio e, polo tanto, é responsabilidade súa reclamar á Deputación de Ourense ou a administración que ostente a xestión das vías afectadas, o seu mantemento en correcto estado e tamén en condicións óptimas para a circulación segura”.

“Na actualidade é un perigo desprazarse, tanto en vehículos de rodas como camiñando, por moitas vías e aldeas de Leiro, posto as rúas e estradas presentan unha salientable capa de xeo, polo que debe actuarse sen demora”, indica Manuel Rodríguez antes de recordar que “a veciñanza do concello non ten que sufrir a pasividade deste alcalde ante unha cuestión como esta que é perfectamente previsible e solucionable”.
Saúdos

9, Xaneiro 2019

É unha vergonza a utilización que se fixo dun edificio relixioso cun valor patrimonial fora de toda dúbica.

Ao marxe de que haxa xente que lle poda gustar ese ·"espectáculo" circense con música de Pull Fiction no día de Reis, a incompetencia e irresponsabilidade do concellerio de cultura non ten nome.

Este rapaz debe creer que a maxia dos Reis é capaz de facer que o lume non queime. Eses deben ser os Reis que querían traer algúns pra queimar rodas en Maside. Rodas que se queiman sen queimar.

Espero que alguén exixa responsabilidades a esta eminencia polos custes de restituir o estado da Igrexa da Veracruz.

 

 

9, Xaneiro 2019

Dende SOS O Carballiño queremos denunciar a irresposabilidade da Alcaldía de O Carballiño.Permitindo a tirada de fogos pegados a Igrexa da Veracruz.

Despois do acto do día 5 que precedeu a cabalgata de reises.Podense observar a simple vista,as pegadas do fume na pedra da Igrexa.

Pedimos responsabilidades OS Organizadores de dito acto que se subsanen o mais rápido posible os danos causados.E preguntamonos se houbo un estudio previo das posibles consecuencias de achegar o lume tan pretó da pedra,así como se se solicitaron OS permisos correspondentes a patrimonio para a tirada do fogo.Pois estamos a falar dun monumento catalogado.

Dende a plataforma pedimos seriedade e responsabilidade a aqueles que nos gobernan,cansos da improvisación a que nos teñen acostumados.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS