21, Decembro 2018

Boas quería poñer de manifiesto a falta de persoal que se está a vivir na policia municipal, a falta de seriedade dos gobernantes de este concello.

Pois resulta que levan anos dicindo que van convocar prazas de local no concello e resulta que todo queda en fume porque sempre teñen unha escusa perfecta as rpts o presuposto a oep....pois agora destapase as mentiras do goberno resulta que concellos, gobernados polo psoe, si piden e convocan prazas como ribadavia duas e miña pregunta e a seguinte, e as rpts?e a oep??e os presupostos???por non fan falta por que se fan por urxencia, algo que fai falta neste concello do Carballiño, URXENCIA E SERIEDADE, e a oposición onde está??e os sindicatos???e a prensa local???pois todo apunta que po ano van facer o peche dos municipais polo menos de algún turno....resulta que se xubilan dous e como son moitos.....en fin vengonza allea

20, Decembro 2018

Os portavoces socialistas nos concellos de Piñor, San Amaro e O Irixo protagonizaron unha comparecencia conxunta ante os medios na que puxeron de manifesto "graves deficiencias no funcionamento da entidade supramunicipal que agrupa, na actualidade aos tres citados concellos, ademáis dos de Boborás e Beariz, nestes últimos o PSOE non conta con representación nas súas respectivas corporacións.

Os socialistas aseguran que de forma habitual prodúcense atrasos no pago das nóminas ao persoal da Mancomunidade, unha situación que xa foi tamén denunciada públicamente polos propios traballadores no transcurso dos últimos dias, e mesmo falan de "discriminación entre traballadores, porque unhos cobran antes ca outros".

A deficiente xestión na Mancomunidade tamén afecta aos proveedores "con moitos impagos e inculmplindo sistemáticamente os prazos de pagamento", denuncian os socialistas.

Culpan directamente ao  Presidente da entidade intermunicipal, Manuel Cerdeira, que ademáis é tenente de alcalde no concello do Irixo, de levar á Mancomunidade a ser "un chiringuito con finalidades electoralístas, cun gran aumento na plantilla de traballadores durante o actúal mandato, case todos eles do Irixo, o que agocha unha estratexia electoral cara os comicios municipais", dixo Iago Fariñas, portavoz socialista no Irixo.

"Hai xente en Piñor que non recibe o servizo de axuda no fogar, a pesar de que hai horas libres sobrantes, querémos saber as razósn", subliñou Francisco Fraga, que calificou como de moi deficientes os servizos que presta a Mancomunidade aos concellos "ademáis de moi costosos".

Os socialistas anunciaron unha serie de iniciativas de control na xestión da Mancomunidade "para que respecten os nosos dereitos de acceso á información", concluiron.

 

 

19, Decembro 2018

Foi no transcurso dunha interveción nesta emisora de radio, na que o alcalde de Cea mostrou a súa dispoñibilidade para repetir como candidato do Partido Popular no concello de San Cristovo de Cea para as eleccións municipais de 2019.

José Luis Valladares asegurou que a dia de hoxe non recibíu ningunha directriz a este respecto por parte do Partido Popular e mostrou a súa predisposición "se o Partido Popular pensa que é o momento de renovación por mín encantado e non vai haber problema ningún, e se me dín que teño que seguir, seguiréi encantado".

Valladares aproveitou ademáis esta entrevista en COPE O Carballiño para mostrar a súa satisfacción porque "xa son moitos os anos traballando pola xente do noso concello e penso que o balance e moi positivo, son moitos máis as cousas boas que se fixeron que as malas, e creo que asi o recoñece a maioría da xente do concello".

18, Decembro 2018

Comprar neste Nadal en calquera dos centros comerciais adscritos ao CCA ten premio e agasallos. Así o amosaron o presidente e a xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, durante a presentación do programa elaborado por esta entidade para desenvolver nestas datas.

Desde o pasado 14 de decembro, os establecementos inscritos no CCA entregan unha serie de boletos cos que se pode optar a algún dos premios en vales de compra que se adxudicarán co sorteo de Reis, así como pases para realizar un percorrido nun tres turístico ou xogar en colchonetas hinchables.

En total, o CCA repartirá 1.400 euros en vales de compra: Dous de 250 euros, coincidentes cos números do 1º e 2º premio da Lotería de Reis; e 18 vales de 50 euros, coincidentes coas catro últimas cifras do 1º e 2º premio da mesma lotería de Reis.

O tren turístico realizará tres percorridos diferentes polas rúas da vila os días 22 e 23 de decembro, en horarios de mañá e tarde.
Tamén se instalarán colchonetas hinchables en tres prazas da vila o día 4 de xaneiro, víspera da cabalgata de Reis.

O campamento ROBOCCAMB, de robótica e medio ambiente, desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro.

E finalmente, o 22 de decembro fallarase o concurso de escaparates que terá dous premios consistentes nun cheque e un detalle conmemorativo para os mellores escaparates.

Adolfo Nogueira destacou a importancia do comercio local para O Carballiño, e fixo fincapé na gran oferta comercial da vila, que se intensifica durante estas festas, e que por iso esta campaña resulta esencial. Asi mesmo, diulle a enhoraboa aos directivos do CCA polo excelente traballo que desenvolven e, en concreto, por este programa.

Julián Garriga asegurou que dende a directiva do CCA estábase a facer todo o posible por mitigar os efectos da crise do comercio, e que o programa do Nadal ía encamiñado nesta dirección, con moitas iniciativas que fosen de interese para incrementar o atractivo de mercar no Carballiño.

Noelia Mares amosou a súa satisfacción por contribuir á dinamización do pobo e desglosou o programa de actividades, incidindo en que mercar no Carballiño neste Nadal ten premio. Por iso, destacou que para elaboralo pensouse tanto nos propios comerciantes como nas familias e nos clientes.

17, Decembro 2018

O concello de San Cristovo de Cea contará cunha achega económica por importe total de 118.000 euros concedidos pola Deputación en materia de cooperación cos concellos da provincia.

Asi ven de aprobálo a xunta de goberno da entidade provincial atendendo dúas solicitudes presentadas polo alcalde José Luis Valladares, unha delas para a obra de ampliación do local social de Mandrás, que recibe unha subvención de 18.000 euros, mentres que para o proxecto de electrificación do parque empresarial do Fondo de Cea a Deputación acorda una axuda de 100.000 euros.

Pola súa parte, o concello de Boborás resulta beneficiario dunha achega económica que ascende a 125.000 euros, que destinará ao proxecto construcción do futuro centro multiusos , a ubicar no edificio das antigas casas dos mestres, no recinto do Colexio Público de Boborás, un proxecto que no seu conxunto supera os 400.000 euros.

17, Decembro 2018

As concellerías de Promoción Económica e Medio Ambiente, así como a Asociación de Praceiros, comezan mañá unha campaña de uso de bolsas reutilizables na Praza de Abastos, cuxo obxectivo é recoller máis de dez mil bolsas de plástico durante estas datas do Nadal para evitar que acaben contaminando o medio ambiente.

Esta campaña, que conta tamén coa colaboración da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dará comezo mañá, martes 18 de decembro, e rematará o 5 de xaneiro. De luns a sábado, e de 09,30 a 13,30 h., haberá un stand na praza de abastos, na que se cambiará unha bolsa reutilizable por cada cinco bolsas de plásticos que se entreguen. Nesta campaña poranse á disposición da clientela ou de calquera persoa que se achegue ata o mercado municipal nestas datas un total de 2.400 bolsas reutilizables.

A iniciativa foi presentada nun acto ao que asistiron o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González.

Adolfo Nogueira amosou a súa satisfacción por seguir incidindo en actividades que redunden a favor do comercio local e, en especial, dos postos da praza de abastos. Por iso considerou importante esta campaña que, ao tempo que promociona as compras no mercado municipal, promove a sostibilidade do medio ambiente, eliminando as bolsas de plástico.

Érika Paz agradeceu a sensibilidade da concellería de Promoción Económica e da Praza de Abastos por promover iniciativas deste tipo, e sobre todo nestas datas de Nadal, na que prolifera o uso de bolsas de plástico que poden acabar nas rúas, nos montes, nos ríos e nos mares, contaminando os ecosistemas. De aí que incidise en que a sostibilidade do medio ambiente e dos recursos naturais é cousa de todos, e que todos podemos contribuir a facer a vida máis sostible acudindo, como nesta campaña, á praza de abastos para substituir bolsas de plástico por bolsas reutilizables.

Finalmente, Eligio González expresou a súa satisfacción por contribuir a esta campaña de reciclaxe e porque se levase a cabo precisamente na praza de abasos e nestas datas nas que o mercado municipal está superando dabondo o éxito do pasado ano da Campaña de Nadal, con máis de 10.000 papeletas depositadas para participar no sorteo do próximo sábado, 22 de decembro. Por iso, o presidente da asociación dos praceiros agradeceu o apoio dos concelleiros de Promoción Económica e Medio Ambiente.

As bolsas desta campaña son de tela de cor verde e levan impreso o logotipo de Praza de Abastos e o patrocinio do Concello e da Xunta.

17, Decembro 2018

Parecenos ben que haxa quen se interese pola política municipal e ameace con traer honradez e vocación veciñal áo que eles chaman escola de dramaturxia do salón de plenos.Benvida sexa toda aportación novidosa  de xente ate o de agora descoñecida na vila.Serán mensaxeiros do 15 M  pra reeditar o de que" como non nos representan" ,aquí está o noso teléfono de emerxencias pra resolvelo todo.Daría que desconfiar que o lanzador de soflamas fose alguén que estivo dentro e abandou sen facer nada. Con todolos respetos algo se faría ben ou polo menos algún dos aludidos o tentaron.En política fánse propostas como a de recaudar impostos con xustiza, que haxa igualdade de oportunidades no acceso aos postos de traballo no concello, que se traballe con criterios de empresa na administración pública,que se prioricen obras según necesidades básicas,que a xestión sexa directa por aforro e efectividade ..Logo toca dar un compás de espera pra que dé tempo a realizalas.Se os acordos non se respetan, ven o intre de denunciar o incumplimento.Asi se inventou a democracia e ,de momento,é a mellor forma de resolver as diferencias..Bernardo e os "seus"( que vostede nomea con desprezo e sorna) non están pra manteñer ningún "romance" , nin pra lucro personal.En todo caso, se vostede ten datos, aí está a palestra pública, a prensa e o xulgado.Se ese é a aportación que se pensa traer a este "caótico" mundo municipal .."non ,grazas".

15, Decembro 2018

Vaia semaniña de vergonza allea.

Certo é que no Carballiño xa non queda dignidade nos políticos. Resulta que o alcalde vai e esquécese de rebaixar o ibi para este ano que ven. Botalle a culpa aos técnicos do concello, a secretaria di que ela non sabe nada. Para remediar propón unha rebaixa do 20 por cento para o ano 2020 como si contase el xa seguir de alcalde. No pleno do martés o pp coa ausencia de un concejal apróballe esta locura. Por que si esta infamia se aprobou fou gracias ao pp. O bloque e Bernardo estaban de comparsas. 

Despois resulta que o alumbrado navideño inauguranno conxuntamente cando abre o local de un familiar de o concejal de festas. ¿coincidencia ou motivo de celebración? Quen o saberá. Manuel ·Pachi· Vázquez desvincúlase do psoe e comenzan a caer os páxaros: Francisco Fraga é destituido e posible expediente para Adolfo Nogueira: comenza a purga din algunhas malas linguas.

O alcalde agora ve terreo libre para poder encabezar sin problemas o psoe no carballiño mentres unha posible candidatura paralela se prepara. ¿Candidatura propia ou de ciudadanos como nova marca Pachista? Xa se verá.

O bloque, nin está nin se lle espera. A escenificación brava e gratificante do seu voceiro Chema Ferreiro xa non fai tanto efecto como fai uns anos e salvo que haxa un cambio moi evidente nos seus postulados pouco futuro se lle ve no Carballiño ao partido nacionalista (sempre queda a esperanza de que a súa segunda de abordo, Sofía García) tome as riendas.

¿Bernardo e os seus? Bernardo recordándolle ao alcalde o que lle prometeu e non cumpliu, historia de un romance roto. Manuel Nogueira (¿será primo de Adolfo?) loitando en Santiago con non sei que leas de lexitimidade de cúpulas e ilegalidades en primarias da marea (que ganas de meterse en fregados de política autonómica).

¿E o pp? ¿E o seu candidato a alcalde? O pp e o seu actual lider Arguimiro Marnotes facendo perfectamente o seu papel: apróballe todo ao grupo de goberno ben as claras ben as caladas e a vez dalle algún que outro tirón de orellas. En ano electoral conta máis o que non se fai que o que se fai. Ou no seu caso se deixa de facer: oposición. Do seu cabeza de lista Ricardo Perea pouco ou nada se sabe, estarán reservando para que dea batalla ala contra abril ou maio.

E con este tan variopinto panorama estamos rematando o ano e concluindo case catro anos de mandato que nada fixeron adiantar ao Carballiño como vila. Festas e pouco máis. Toca facer balance dentro de pouco e que esta xente se someta ao veredicto das urnas e dos veciños. Algúns se tivesen vergonza xa non se presentarían, pero como di a bilbia, de todo hai en la viña del señor. E tal é que así que menos mal que hai xente sensata na nosa vila. Xente que tivo a xenial idea de xuntarse e crear unha plataforma de concienciación social digna, honesta e transversal: SOS O Carballiño. Un exemplo de honradez e de clara vocación veciñal por parte dos seus membros. Algúns de eles moi coñecidos e queridos na vila.

Esperemos que fagan candidatura e loiten de verdade polo Carballiño. Que sigan traballando como ata agora e lle demostren aos dramaturgos que se reunen no salón de plenos como se teñen que facer as cousas.

Unha última cousa: ¿Si hai un superhabit de máis de 1 millón de euros (dudoo moito) por que non se gastan 100 euros en bombillas para o paseo do Parque?

14, Decembro 2018

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, comunicou durante a reunión da Mesa de coordinación para o seguimento da axuda ás vítimas pola violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello, que o Concello do Carballiño ía recibir 19.277,85 euros de fondos do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

O real decreto-ley 9/2018 do 3 de agosto de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero prevé a recuperación de competencias nesta materia polos concellos e o regulamento da distribución de fondos destinados a isto.

Con data do 4 de decembro deste ano a Secretaria de Estado de Igualdade dictaminou as transferencias en función de criterios obxectivos: unha cantidade fixa, o número de habitantes, e do remanente que houbo tras o reparto, distribuiuse proporcionalmente entre os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero como acontece co Carballiño, que consegue a cantidade de fondos máis elevada da provincia despois da cidade de Ourense.

Hoxe mesmo tivo lugar a Mesa de coordinación semestral, que encabeza O Carballiño coma a mesa que se reúne con maior periodicidade de toda a provincia, incluso por riba da capital, ademáis de innovar na representación institucional da mesa de coordinación, e que inclúe o Centro de Información da Muller (CIM), os corpos e forzas de seguridade, sanidade, comunidade educativa a través dos departamentos de orientación, e a xefatura de unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación de Ourense.

A través da coordinación e información (feedback) dos representantes da mesa de coordinación, e o protocolo establecido no sistema VIOGEN, os profesionais implicados na loita de violencia de xénero plasman a realidade e fan propostas para procurar a mellora na prevención e actuación sobre os casos activos que implican coma vítimas ás mulleres e aos menores que existan.

A concelleira Marina Ortega explicou con gran satisfacción a importancia da recuperación de competencias e recursos para levar a cabo políticas realistas e eficientes a través dos concellos, que son o primeiro eslabón que entronca coa violencia de xénero para detectar e prevenir a violencia, adaptánndose ás casuísticas da nosa contorna.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS