3, Decembro 2018

O concello de Maside conta con novo alcalde tras a celebración dun pleno da corporación municipal no que todo se desenvolveu según o guión acordado no grupo socialista, que goberna o concello con maioría absoluta.

Tras formalizar a súa renuncia como alcalde, Celso Fernández agradeceu a toda a veciñanza, á corporación e aos traballadores municipais a colaboración recibida no transcurso dos últimos anos.

Unha vez efectuada votación para a elección de novo alcalde, o secretario do concello deu conta do reconto: 7 votos (os 7 do grupo socialista) a favor de José Manuel Iglesias e 4 votos (Os 4 do grupo popular) para Alejandro González.

Na súa primeira e breve intervención tras ser proclamado como alcalde, Jose Manuel Iglesias "Cadavid" agradeceu ao seu grupo a confianza e anunciou que neste mesmo mes de decembro convocará á corporación nun pleno extraordinario para avanzarlle as ideas e proxectos que pretende levar a cabo nestes apenas seis meses que restan para completar o actúal mandato municipal.

3, Decembro 2018

Hoxe coma sempre poño a Cope do Carballiño, acostumo escoitala se nada mo impide. E nada máis escoitar a intervención do José Benito Trigás de Move Boborás xa dixen "xa volve o circo de Boborás".

Pidolle por favor os populares que non entren a esta dinámica, senón volvemos ser o hazmereir da comarca. E todo o mundo asustado co que pasaba en Boborás. Agora máis ben a xente pregunta por todas as cousas boas que se fan.

 

Gracias e unha felicitación a todos os que facedes este programa.

2, Decembro 2018

Hola copenautas. Son un votante do PP de toda a vida pero o que está pasando estes ultimos anos tenme moi cabreado. Non entendo nada do que está facendo Argimiro Marnotes desde que perdeu as eleccios. Pasou a ser o mellor socio do Fumega, aproballe os presupuestos, acordan xuntos obras e entre os dous fan e desfan a capricho. Eu non entendo de donde ven tanto amiguismo ou que intereses teñen os dous en comun pero a xente do PP do Carballiño estamos moi enfadados. Non se nos escoita e non se fai nada de oposición. Solo hay que ver o ultimo pleno e ver o compadreo entre o Fumega e o Marnotes foi escandaloso. Por culpa do PSOE non se vai baixar a contribucion o ano que ben e o Marnotes anda falando de todo menos de eso. Todo O Carballiño anda falando do tema menos il sera que non quere molestar o seu socio.

2, Decembro 2018

Tras varias semanas de incertidume, o concello de Maside terá este lúns dia 3 de Decembro un novo alcalde, o pleno da corporación está convocado para as trece horas.

Despóis de facélo público e auncialo fai varias semanas atrás, Celso Fernández fará efectiva a súa renuncia á alcadía ante o pleno do concello de Maside, éste será o primeiro punto da órden do dia desta sesión plenaria convocada a tal efecto.

Dende dias atrás, o grupo socialista que goberna o concello cunha cómoda maioria de 7 concelleiros, acordou que o seu substituto na alcaldía sería o ata agora tenente alcalde José Manuel Iglesias. Será elexido como novo alcalde de Maside no segundo punto da órden do dia, e tras aceptar a renuncia do que foi rexedor municipal de Maside durante os 3 últimos mandatos municipais, dende o ano 2007, sempre con maioría absoluta dos socialistas.

Xa no terceiro e derradeiro punto do pleno, Celso Fernández tamén presentará a súa renuncia como concelleiro da corporación municipal de Maside.

O seu destino será a Dirección Provincial do INEM, ademáis de asumir novas responsabilidades políticas no organigrama provincial do PSdeG-PSOE.

José Manuel Iglesias "Cadavid", arquitecto de profesión, veu exercendo estes últimos anos como tenente alcalde e concelleiro de urbanismo no goberno municipal, dende este lúns é o novo alcalde do concello de Maside.

 

2, Decembro 2018

Sorprendida me quedé cuando vi a Manuel Nogueira, el chico de la marea de Carballiño, formando parte de un organo de la marea, pero más sorpresa me quedé cuando he visto en un periodico que para él si había garantías para votar en  las primarias de la marea, pues vaya... honestamente creo que la poca credibilidad que tenía Alternativa Vecinal o marea o como se llame pues la acaba de perder totalmente.

 

30, Novembro 2018

Acabo de ver o pleno de este xoves no concello do Carballiño. Solo pode definirse como lamentable. Levo moitos anos vendos e nunca vin nada peor. O alcalde non se entera de nada, votalle a culpa a todos dos seus erros. O Nogueira alí mudo con cara de poucos amigos. O Marnotes parece o socio do Fumega. O Bernardo falando de cousas que non lle importan a ninguén. E o Chema co seu circo de sempre. Non se aproveita nada. A ver se os chavales estes do SOS danlle unha volta o pueblo.

29, Novembro 2018

Os últimos datos do EGM (Estudio General de Medios) dados a coñecer este 29 de Novembro confirman a hexemonía de COPE O Carballiño no seu ámbito de cobertura, como lider destacada de audiencia no Carballiño e Comarca, sendo a única emisora de radio convencional que despide o ano incrementando a súa audiencia a nivel de toda a provincia de Ourense.

Ademáis, no horario de mediodia, cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño logra situarse entre as que máis oíntes reúnen a diario a nivel galego, incluidas as ubicadas nas capitais.

Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é a segunda emisora de radio con máis audiencia en programación local, recortando distancias e aproximándose á primeira.

Son 8.000 persoas as que diariamente se informan do que acontece no Carballiño e Comarca no 91.9 da FM, sendo COPE O Carballiño a única emisora de radio de toda Galicia que ten máis audiencia na programación local -dúas horas e media- que no resto da parrilla.

A segunda emisora de radio con máis ointes no Carballiño é a emisora musical tamén do Grupo COPE, ROCK FM, que emite no 93.7 e reúne cada día a 4.000 oíntes.

Tamén é siñificativo o incremento entre os ointes que escoitan a radio a través da INTERNET,en www.copecarballino.es, que rexistra cada mes unha medida de 5.000 usuarios únicos.

Dende esta emisora de radio dámoslles as grazas por estes históricos datos de audiencia, e reafirmamos o noso compromiso co Carballiño e Comarca.

29, Novembro 2018

O Centro de Información da Muller do Carballiño puxo en marcha unha experiencia piloto de ámbito comarcal con motivo das actividades programadas dentro da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o CIM do Carballiño, que está adscrito a concellería de Benestar Social, Iguadade e Sanidade, que coordina Marina Ortega, acudiu onte a Maside onde comezou unha serie de aulas taller formativas sobre violencia de xénero.

En concreto, nesta primeira experiencia participou o alumnado de 5º e 6º de primaria desta localidade, e está prevista unha segunda convocatoria para o alumnado de 1º da ESO, tamén de Maside.

Estes obradoiros, que son impartidos pola psicóloga e a asesora xurídica do CIM, desenvólvense dun xeito dinámico e interactivo, sendo un modelo de formación dirixido a captar e sensibilizar a mocidade sobre este tipo de violencia mentres reflexiona pero e ao mesmo tempo se divirte.

VIOLENCIA MACHISTA NO RURAL

No marco do programa polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, este venres, 30 de novembro, ás 19,30 h., terá lugar unha charla-coloquio da presidenta da Federación de Mulleres Rurais, “Fademur Galicia”, Rosa Arcos Caamaño, que falará no salón de acto do concello sobre a “Violencia machista no rural”.

29, Novembro 2018

Sin entrar en polémica dos feitos e da iniciativa que tivo a concelaja do bloque nacionalista galego, Sofía García, decir que independientemente de que fose domingo, luns ou xoves, non podemos limitar un día a loita contra as violencia dos homes, e moito menos limitala a actos de partido. Punto. Eu creo, ao meu entender que Sofía foi a única integrante da corporación do concello do Carballiño que tivo as ideas claras. O de aparecer nas fotos, refírome os demáis que nada fixeron por organizar este acontecemento, aparte de estar ali na súa silla (detrás por que terían medo de perdela antes de tempo), é unha clara mostra de que sin facer nada intentan levar o mérito. Nada máis e nada menos. Por que sigo preguntando: que fixeron os concellalels do PP, do PSOE e da MAREA para axudar a organizar este bonito e necesario acto? Nada. Sair na foto, como si estivesen a traballar toda a semana en elo, cando foi a señorita Sofia García quen preparou e organizou todo. Así de verdadeiro e así de veraz. Quen non o entenda nin o vexa así, pois mal informado está. Que fixeron durante toda a semana os peperos, os socialistas e os mareantes aparte de andar de bares, tomando cafés e predicando uns en contar dos outros? Nada! Así nos vai. Asi temos o que nos merecemos. Xente cobrando por estar de cafés nos bares. 

Insisti, enhorabuena a Sofía García, a çúnica do concello con algo de sentido común na loita das mulleres e dos seus dereitos. Os catro portavoces poden seguir na súa loita diaria por medir os seus egos e os seus fundamentos testoterónicos

28, Novembro 2018

Hai que recoñecer que Sofía García, do BNG ,tivo a presteza de solicitar facer algo o domingo día 25,Día de Loita contra a violencia de xénero.Habitualmente cae un día de semana e ese é o día que se fai un acto cos colexios ,institutos e demais asociacións, como así se fixo tamén o luns 26.Nese acto participa unha representación de todos os partidos políticos e o protagonismo é pra sociedade civil.Ninguén persigue fotos,medallas ou cartos.No pleno extraordinario para aprobar o manifesto ninguén cobrou.Se alguén aparece en primeira fila na foto é porque a última hora decidiuse sacala todos e todas xuntos ,dado que no estrado non se collería.A propósito , en vista da  afluencia de xente que participa no acto  debería facerse nun local máis amplo. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS