
O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse en San Caetano coa portavoz do grupo popular do concello ourensán de Boborás, Patricia Torres. Ambos abordaron diferentes temas de interese para este municipio, relacionados coa mellora das dotacións rurais e da calidade de vida dos seus veciños.
A voceira trasladou ao titular de Medio Rural a solicitude dun tractor por parte do Concello para a roza, que se destinaría á prevención e defensa fronte os incendios forestais. José González comprometeuse a incluír a Boborás no 2019 como un dos municipios prioritarios no reparto deste tipo de maquinaria.
Na xuntanza tamén se tratou a mellora da rede de camiños municipais e avaliáronse distintos proxectos de mobilidade de terras. Ademais, abordouse a necesidade de traballar, nesta mesma liña, para poñer en produción os terreos da parcelaria de Brués.
Por último, o conselleiro comprometeuse a visitar proximamente Boborás para supervisar sobre o terreo os diferentes proxectos e iniciativas que están sobre a mesa e nos que está implicada a Consellería do Medio Rural.

No transcurso dun pleno extraordinario da corporación municipal de San Amaro, convocado a tal efecto, resultou elixido como novo alcalde Fernando Redondo, nunha corporación na que o Partido Popular ten unha ampla maioría, con 6 sobre 9 concelleiros.
Substitúe na alcaldía de San Amaro a Ernesto Pérez, que presentou a súa renuncia fai unhas semanas atrás.
O novo alcalde viña exercendo dende o inicio do mandato como 1º tenente alcalde. O Partido Popular xa confirmou que Fernando Redondo será, ademáis, o candidato dos populares para as eleccións municipais de 2019.

A ausencia do concelleiro do Partido Popular Emilio Carballeda, que non pudo asistir ao pleno extraordinario celebrado esta mañá por problemas de saúde que o manteñen fora do Carballiño, propiciou que o grupo de goberno se valese do voto de calidade do alcalde para sacar adiante a súa proposta.
Consiste en iniciar o expediente para unha rebaixa do 20% do IBI no ano 2020, e toda vez que non se levou a cabo esta rebaixa no ano 2019, tal como fora anunciado e comprometido inicialmente polo propio concello.
A oposición votou en bloque contra esta proposta por entender que é "un brindis ao sol", toda vez que será a unha nova corporación, a que se elixa en 2019, a que deberá xestionar as contas do ano 2020.
Ao rexistrarse un empate a 8 votos, os favorables do grupo de goberno e os desfavorables dos 3 grupos da oposición, decidíu o voto de calidade do alcalde Fumega.
Polos demáis, aprobouse con carácter definitivo o expediente de ordenanzas fiscais e prezos públicos no concello do Carballiño para o ano que ven, tal como estaba previsto sen rebaixa no imposto do IBI.
O concelleiro de cultura Diego Fernandez é o peor concelleiro de toda a historia do Carballiño. A sua xestión é un desastre que nin o seu protector Fumega pode tapar.
A biblioteca abandonada, as asociacións culturais nin se escoitan. Non hai local de ensayo para os grupos, nin casa da xuventude.
todas as actuacions que hai no auditorio son de pago, espectaculos feitos por empresas que veñen O Carballiño a sacar cartos. O que non pode pagar non ten dereito a cultura.
O rapaz que heredou as mañas de seu pai, pensa que a cultura é andar polos bares coas tapas e cos viños, fanfarroneando. cantar nas tabernas e demais.Este rapaz fai bo ó Rodrigo.
Para rematar esta horrible etapa o das luces de navidad que é como para que alguen dimita.
Debemos ser o único pobo de Galicia que ainda non encendeu as luces de navidad da calle.
Ou el ou o seu jefe deberían de dar explicacións ou se non xa lle las daráo pobo a eles
O día 3 de decembro noso alcalde di que se vai ao INEM e dimite como alcalde de Maside e como concelleiro.
O día 8 de decembro noso "alcalde emérito" promociona no Diario La Región esta nova http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/obispado-acepta-mejorar-ig...
Ao marxe de que esa cifra "non concretada" de 15.000 euros que nos sona moito (era o que decía que costaba poñer as bandeiras en todolos edificios públicos) ¿Este "señor" todavía non se percatou de que xa non é alcalde? ¿Nin tan siquera concelleiro? ¿Non se percatou de que él mesmo renunciou?
¿Son éstas as competencias do director do INEM? Chámase SEPE
¿Son éstas as competencias dun director de instituto?
¿Comeulle a lengua o gato ao novo alcalde?
Que o concelleiro de cultura do Carballiño o leve no macuto na próxima viaxe porque eu non entendo nada. Aínda que é posible que a culturalidade do concelleiro sexa quen de disuadirme de que éstas si son as competencias dun director de inem ou instituto, en cuxo caso pode levarme a min no macuto pra disfrutares xuntos da cultura canaria. Ampliar horizontes culturais non lle vai mal a ninguén.

A ANPA do Colexio da Uceira agarda que "con estos contundentes resultados a Consellería escoite ás familias do centro e leven a cabo as accións necesarias pra que se implante o ano que ven o horario foi elexido maioritariamente".
O 75% das familias que forman parte da comunidade educativa mostranse partidarios da xornada única, esta opción recibíu un total de 340 votos. O alumnado tería a súa entrada no colexio ás 9 da mañá e a saída ás 14 horas, tendo o servizo de comedor ata as 15 horas.
As familias partidarias de manter o horario actúal foron 54, case o 12% do total, con inicio da xornada escolar ás 10:15 horas.
E partidarias dun cámbeo horario, tan so 30 familias, apenas un 6% do total. Esta opción propoñía a entrada do alumnado ás 9 da mañá e a saída ás 15:30 horas, tendo o comedor de 13 a 14:30 horas.
A enquisa, organizada dende a dirección do centro, aclaraba que non tiña carácter vinculante, e que da mesma daráse conta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia
De todos é sabido, a crise que está a atravesar o pequeno comercio, son múltiples os factores, pero no Concello do Carballiño, os comerciantes teñen ún a maiores, que é a Corporación Municipal.
Con só darse un paseo pola rúa Principal, onte 9 decembro ás 7 da tarde, chega a para ver o estado do pobo, o vacío é comparable cós pobos da comarca, Cea, O Irixo, Maside.... O único ambiente son os escaparates dos sufridos comerciantes de esta vila, que loitan por sobrevivir a duras penas.
Xa sabemos que a vós, sí, sí a vós, os representantes municipaís non vos gusta mercar no pobo, e nin pasear por él, pero cos nosos cartos estades OBRIGADOS a darnos uns servicios que nos estades a roubar, que non é normal a estas alturas de mes, en pleno Nadal a deixadez na que esta o pobo, con cada vez mais locais baleiros, ruas INTRANSITABLES, escuras, cheas de buratos e de merda.
BASTA XA, de ir de vacacións a Arxentina, Tenerife...., eso NON repercute en absoluto, no día a día do pobo, só nuns cantos votos para vós, traballade XA, non estades a altura do que iste pobo se merece.
Os veciños e comerciantes NON nos interesan os vosos líos internos, queremos solucións, queremos ver un pobo vivo, sentirnos orgullosos del, que veña xente vivir eiqui, que haxa traballo, ocio, calidade de vida...
Quen te viu e quen te vé, querido Carballiño.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xunto co Concello de Leiro está a executar obras de mellora das rúas Casanova e Leiro Pequeno, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre os representantes de ambas as dúas institucións e que establece un investimento conxunto de 118.671 euros.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde do municipio, Francisco José Fernández, e a xefa territorial de Infraestruturas, Alicia López, supervisou o o desenvolvemento dos traballos.
Segundo o convenio asinado a pasada primavera, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achega o 80% do custo da actuación (case 95.000 euros) e o 20 por cento restante o Concello de Leiro.
Este acordo permitiu acometer as obras de acondicionamento do tramo inicial da rúa Casanova, que conecta coa praza da Pontiña e coa rúa Estévez Carrera, e o arranxo da rúa Leiro Pequeno, mellorando o acceso ao centro escolar e ao Centro Cívico.
A delegada territorial explicou que estas actuacións teñen como finalidade o mellor acondicionamento das vías para uso de tráfico rodado e peonil, dado que o pavimento estaba bastante deteriorado, con multitude de parches e fochas.
Así, os traballos que se están a realizar permitirán dotar ás rúas de novo pavimento, revisar as redes de saneamento fecais e pluviais, preinstalar arquetas de rexistro e tubaxes para redes de telefonía ou similares e substituír as actuais luminarias por outras de menor consumo.
Tras comentar durante toda a semana os premios Arenteira, resulta que non a pouca xente lle pasou desapercibida a carencia de mulleres. O acto vese fabuloso, cheo de pompa, con gran ceremoniosidade, con canto coral, gaitas e himnos, solo lle faltan as reverencias para parecer de hai varios séculos.
Todo eso estaría moi ben como iniciativa para xerar unha tradición que manteña ó seu tempo as tradicións, valga a redundancia. Se non fora porque tamén no fondo da cuestón, parece de hai varios séculos, ó ignorar a existencia de mulleres válidas e históricas neste pobo.
Un acto promovido por homes, con un xurado de homes, que galardona a homes, sí tamén o ano pasado, e no 2016 e no 2015 e no 2014 e no 2013. Tristemente non se lle deu a ningunha muller. Sexa quizá porque no xurado tampouco as hai? Así tamén podemos ver a escases de elas no público e chamativamente a presencia levada a mínima expresión nas primeiras filas.
Non vou a calificar nin descalificar este feito, pero en pleno siglo XXI esto rechina moito. Parece un xeito de facer invisibles ás mulleres de este pobo como se non existiran en todos os ambitos da vida pública e social. Claro que os creadores da ceremonia saberan das casualidades ou intencionalidades.

O exalcalde do Carballiño, exconselleiro e exsecretario xeral do PSOE en Galicia, Pachi Vazquez ven de anunciar por medio dun comunicado difundido na rede social wasap que deixa o partido no que militou dende que fora elexido deputado no parlamento galego en 1993, cargo no que cesou para convertirse en alcalde do Carballiño en 1995.
No comunicado no que anuncia que abandona o PSOE, diríxese a "compañeir@s e amig@s" manifestando que ven de tomar unha decisión "moi madurada, despois de moitos anos nos que traballei para Galicia e para o partido con toda a miña forza e ilusión, vexo que nin o partido nin as persoas que o representan están cómodas conmigo, nin co que fixemos durante moitos anos".
E engade que "tampouco eu estou cómodo co que están facendo dende a dirección, vetando, traicionando e enganando a compañeiros e compañeiras que diron literalmente a súa vida por unhos ideais e o mesmo tempo non comparto casi nada do que está a facer a dirección federal e o noso secretario xeral, comunícovos que acabo de tramitar a baixa como militante socialista".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 454
- 455
- 456
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- …
- seguinte ›
- última »