O Carballiño vivíu na tarde deste sábado 5 de Xaneiro a Cabalgata máis vistosa que se recorda en anos, cun espectáculo de benvida á Melchor, Gaspar e Baltasar, que foi seguido por varios miles de persoas.
Nenos e maiores gozaron dun espectáculo creado para a ocasión, e de forma espefícica para a Torre do Templo da Veracruz, combinando lume, pirotecnía artística e música.
Despois, os reis magos e os seus paxes, entre eles o DJ TIbu, que non deixou de animar durante toda a tarde, protagonizaron a tradicional cabalgata polas rúas máis céntricas do Carballiño, ata achegarse finalmente á casa do concello.
Dende o balcón do consistorio, primeiro o alcalde Francisco Fumega, e logo o rei Melchor, saudaron a todo o numeroso público, que abarrotaba a Praza Maior.
Sen dúbida o bo tempo, e a coincidencia da cabalgata en sábado, contribuiron á afluencia de público, que tamén podía verse no comercio e a hostelería local nesta xornada.
Lamentable o estado de abandono e deixadez que mostra o concello do Carballiño, no caso do paseo da chamada Avenida do Arenteiro, no parque municipal. Continúamos coa maioria das luminarias fundidas e ademáis e todo cheo de folla, por favor...

O Carballiño volve recuperar a segunda posición ente os concellos con máis habitantes da provincia, tras a capital. Unha condición que perdera a finais do século pasado en favor do concello de Verín.
Tras a última actualización do padrón de habitantes, que ven de publicar o INE, o concello do Carballiño consigue incrementar a súa poboaccion en 85 persoas, o que sitúa o padrón municipal en 13.939 habitantes. O do Carballiño é o segundo concello da provincia que máis incrementa a súa poboación, tras o de Barbadás, tan so nove concellos consiguen aumentar a súa poboación no transcurso do último anos, entre os 92 municipios da provincia. Tras varios anos de caída, O Carballiño consigue parar esa tendencia negativa.
Os outros oito concellos da comarca carballiñesa perden poboación, no seu conxunto 266 habitantes menos.
O que máis perde, Boborás, cun descenso de 68 habitantes, seguido de San Cristovo de Cea que perde 50 e O Irixo, 42 habitantes menos. Piñor retrocede 32 habitantes, Maside ten 30 habitantes menos que fai un ano atrás, San Amaro perde 21, Punxín 14 e Beariz 9, respectivamente.
Se temos en conta o incremento do Carballiño, concluirémos que no cómputo da Comarca o retroceso do padrón de habitantes é de 181, a menor caída dos últimos anos.

Creo que xa é a segunda queixa que poño sobre a biblioteca do Carballiño, o meu compañeiro de estudos xa a presenta por escrito no concello pero eu quero facelo por aqui porque parece que fan mais caso , esta vez sobre os portazos infernais e continuos da planta de abaixo , como lle dixo a o meu compañeiro o chico do mostrador que el non pode facer nada e non ten culpa do que faga o señor conserxe , alguén teria que facer algo ou chamarlle a atención a este traballador que se dedica a a tirar casi literalmente as portas cada vez que sae ou entra , que por certo é a menudo , porque creo que está mais fora que dentro .
Cando o primeiro que ves o entrar a biblioteca e SILENCIOO

A Cabalgata dos Reis Magos deste novo ano 2019 pode ser unha das máis espectaculares que se teñan celebrado no Carballliño. Así, un gran espectáculo de fogo, pirotécnia, luz e son, que terá lugar na torre da Veracruz, precederá ao comezo da Cabalgata dos Reis Magos este sábado, 5 de xaneiro.
Trátase dun espectáculo novidoso que combina fogo ignífugo, pirotécnia, luz e son nun entorno tan sobresaínte como o templo da Veracruz, e máis concretamente, a súa torre e almenas. Este espectáculo comezará ás 6 da tarde, e terá unha duración aproximada de 15 minutos, para dar a saída nese intre, ás 18,15 h., á Cabalgata dos Reis Magos, cuxas maxestades aparecerán baixo portada da torre do interior do templo e subiranse ás respectivas carrozas, que estarán situadas fronte á fachada principal, na Avenida Evaristo Vaamonde.
CABALGATA DE REIS
Haberá tres carrozas, unha por cada Rei Mago. A carroza de Melchor encabezará a comitiva, e seguiranlle as carrozas de Gaspar e Baltasar. As tres carrozas irán profusamente ornamentadas e iluminadas para a ocasión, e a carroza do medio tamén levará un equipo de son cun paxe-DJ, que terá a misión de realizar a animación musical durante todo o traxecto da cabalgata. Así mesmo acompañarán aos Reis Magos nas súas carrozas uns corenta paxes, entre os que haberá nenos e mozos de Aspadisi. O percorrido da cabalgata, que terá unha duración aproximada dunha hora, realizará o seguinte traxecto: TEMPLO DA VERACRUZ (Avenida Evaristo Vaamonde), CONDE VALLELLANO, ROSALÍA DE CASTRO, MARÍA MOSQUERA, RIBEIRO E CESÁREO TIZÓN, para chegar á PRAZA MAIOR, fronte ó Concello, onde as súas Maxestades descenderán das carrozas para subir ao salón de plenos e realizar os correspondentes saúdas, xunto co do alcalde, dende o balcón do concello. E a continuación recibirán personalmente aos nenos e nenas que o desexen.
EXHIBICIÓN DA ESCOLA DE DANZA
Nesta tarde máxica previa á noite de Reis, haberá tamén unha exhibición de danza que precederá ao espectáculo de fogo, pirotécnia, luz e son, e á Cabalgata de Reis. Terá lugar ás 5 da tarde no auditorio da Praza da Veracruz, e correrá a cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal da Danza.


A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirmou que “todas e todos merecemos desfrutar do Nadal en compañía”. Fíxoo durante unha visita as persoas maiores que desde o pasado domingo 23 e ata o vindeiro 7 de xaneiro atópanse aloxadas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño ao abeiro do programa Xuntos polo Nadal.
Neste sentido, Fabiola García explicou que o obxectivo desta iniciativa, que tamén se está a desenvolver na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán, “é garantir que as galegas e galegos de máis idade celebren esta época do ano en compañía”. Ademais, apuntou que esta edición de Xuntos polo Nadal conta con máis participantes ao incrementarse en 20 o número de prazas ofertadas, ata chegar a un total de 260 entre as dúas residencias (130 maiores en cada unha delas). Fabiola García destacou que Xuntos polo Nadal significa convivencia, envellecemento activo e familia.
Así, este programa supón para os maiores unha experiencia que lles axuda a tecer amizades e ocupar o tempo de ocio con distintas actividades de animación sociocultural, como obradoiros de manualidades, baile, ximnasia, excursións ou comidas especiais nas xornadas de Noiteboa, Nadal, Noitevella, Aninovo e Reis.
Xuntos polo Nadal está dirixido a persoas que superan os 60 anos que viven soas nos seus domicilios. Deuse preferencia a aqueles maiores que sufrisen o falecemento do seu cónxuxe máis recentemente, os de máis idade, os que non participasen en edicións anteriores e os que teñan menos ingresos.
De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.
Cómpre indicar que o desenvolvemento do programa conta coa implicación de voluntariado. Un grupo de 15 persoas (6 na residencia do Carballiño e 9 na de Panxón) proporcionan apoio e acompañamento aos maiores, e tamén colaboran nas actividades lúdicas que se realizan.

Cine para todos os públicos na oferta do Novocine de Leiro con 3 películas en distintos horariose ata o vindeiro dia 3 de Xaneiro.
El Portavoz Municipal del Grupo Socialista en el Concello de Leiro Manuel Rodríguez, no entiende como en estás fechas tan señaladas como es la Navidad, desde el Ayuntamiento no se lleve acabo ninguna actividad dirigida tanto a mayores como los mas pequeños. Esta postura que se esta llevando acabo desde Consistorio denota una total falta de iniciativa de este Gobierno Municipal, ya que Ayuntamientos cercanos al nuestro y con la misma población en habitantes si que se llevan acabo todo tipo de actividades lúdicas tanto dirigidas a los mas pequeños de la casa como los mayores desde el Grupo Municipal Socialista les propusimos una serie de propuestas para llevar acabo en esta Navidad y una de ellas era “ ya que tenemos un Convenio de Colaboración con el Nuevo Cine de Leiro, pues que se proyectara una película totalmente gratuita para los mas pequeños de nuestro Ayuntamiento en estas fecha de navidad”, como también se le propuso a la Corporación en este caso al gobierno municipal que tanto” la entrada a Pazolandia como el autobús fuera también gratuito, para que así nuestro pequeños tuvieran un día de entretenimento y diversión cosa que si realizan en otros municipios cercanos al nuestro”, pero el Alcalde ha rechazado que el Ayuntamiento pagara la entrada al mayor parque de atracciones estacional de Galicia “porque los niños no votan en las elecciones, que tristeza tener que llegar a esta conclusión”, por lo que los socialistas nos parece un verdadero despropósito ya que se gastan el dinero público en otras cosas menos productivas y menos efectivas para nuestro municipio.
También desde el Grupo Municipal le propusimos que ya que en estos días de vacaciones de navidad para los mas pequeños de la casa, en que hay padres en nuestros Ayuntamiento que trabajan y que necesitan un poco de apoyo, ya que estás vacaciones suponen para nuestros peques un aumento considerable de su tiempo libre, por eso es importante dotar ese tiempo de contenido lúdico, participativo, de aprendizaje colectivo y de una experiencia socializadora. Por eso desde nuestro Partido proponemos una Escuela de Navidad para así dar respuesta a la conciliación de la vida familiar y laboral durante estas vacaciones en el cual se ofrece a los peques el mejor espacio de entretenimiento y aprendizaje, por el cual se llevarían acabo todo tipo de actividades desde Obradoiros, Deporte, Lectura, Cine ect…..y esto sería una manera para que los mas pequeños tuvieran una Navidad más entretenida y divertida si cabe, cosa que no esta a pasar en estos momentos en Leiro, por que el regidor municipal y su equipo de gobierno ya esta agotado después de llevar tanto tiempo en el gobierno local, ya no fluyen las ideas y les da todo igual y en este caso lo pagan los niños / as de nuestro municipio ya que no tienen ningún tipo de actividad para está navidad, por la inacción e inaptitud de este Gobierno del partido popular en Leiro.

Asi o pon de manifesto o informe sobre "Saídas Profesionais Comarcais" que ven de publiciar a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, un estudo "comarcalizado" que nos mostra os grupos ocupacionais con mellores perspectivas laborais na comarca do Carballiño.
Trátase dun informe que se se recolle a ocupablidade laboral en función dos principais nichos de inserción laboral en cada comarca, agrupados en tres niveis, que son os de ocupabilidade laboral moi alta, ocupabilidade alta e ocupablidade media.
>>OCUPABILIDADE LABORAL MOI ALTA:
• Camareiros asalariados
• Condutores asalariados de camións
• Axudantes de cociña
• Cociñeiros asalariados
• Auxiliares de enfermaría hospitalaria
• Monitores de actividades recreativas e de entretemento
• Empregados administrativos con tarefas de atención ao público non clasificados baixo outras epígrafes
• Coidadores de nenos en gardarías en centros educativos
>>OCUPABILIDADE LABORAL ALTA:
*Empregados domésticos
• Peóns de obras públicas
• Traballadores dos coidados persoais a domicilio
• Traballadores cualificados en actividades forestais e do medio natural
>>OCUPABILIDADE LABORAL MEDIA:
• Vendedores en tendas e almacéns
• Operadores de serradoiros, de máquinas de fabricación de taboleiros e de instalacións afíns para o tratamento da madeira e a cortiza.
• Peóns forestais e da caza
• Soldadores e oxicortadores
• Condutores de autobuses
• Chapistas e caldeireiros
• Panadeiros, pasteleiros e confeiteiros
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 455
- 456
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- …
- seguinte ›
- última »