
As concellerías de Promoción Económica e Medio Ambiente, así como a Asociación de Praceiros, comezan mañá unha campaña de uso de bolsas reutilizables na Praza de Abastos, cuxo obxectivo é recoller máis de dez mil bolsas de plástico durante estas datas do Nadal para evitar que acaben contaminando o medio ambiente.
Esta campaña, que conta tamén coa colaboración da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dará comezo mañá, martes 18 de decembro, e rematará o 5 de xaneiro. De luns a sábado, e de 09,30 a 13,30 h., haberá un stand na praza de abastos, na que se cambiará unha bolsa reutilizable por cada cinco bolsas de plásticos que se entreguen. Nesta campaña poranse á disposición da clientela ou de calquera persoa que se achegue ata o mercado municipal nestas datas un total de 2.400 bolsas reutilizables.
A iniciativa foi presentada nun acto ao que asistiron o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, e o presidente da asociación de praceiros, Eligio González.
Adolfo Nogueira amosou a súa satisfacción por seguir incidindo en actividades que redunden a favor do comercio local e, en especial, dos postos da praza de abastos. Por iso considerou importante esta campaña que, ao tempo que promociona as compras no mercado municipal, promove a sostibilidade do medio ambiente, eliminando as bolsas de plástico.
Érika Paz agradeceu a sensibilidade da concellería de Promoción Económica e da Praza de Abastos por promover iniciativas deste tipo, e sobre todo nestas datas de Nadal, na que prolifera o uso de bolsas de plástico que poden acabar nas rúas, nos montes, nos ríos e nos mares, contaminando os ecosistemas. De aí que incidise en que a sostibilidade do medio ambiente e dos recursos naturais é cousa de todos, e que todos podemos contribuir a facer a vida máis sostible acudindo, como nesta campaña, á praza de abastos para substituir bolsas de plástico por bolsas reutilizables.
Finalmente, Eligio González expresou a súa satisfacción por contribuir a esta campaña de reciclaxe e porque se levase a cabo precisamente na praza de abasos e nestas datas nas que o mercado municipal está superando dabondo o éxito do pasado ano da Campaña de Nadal, con máis de 10.000 papeletas depositadas para participar no sorteo do próximo sábado, 22 de decembro. Por iso, o presidente da asociación dos praceiros agradeceu o apoio dos concelleiros de Promoción Económica e Medio Ambiente.
As bolsas desta campaña son de tela de cor verde e levan impreso o logotipo de Praza de Abastos e o patrocinio do Concello e da Xunta.
Parecenos ben que haxa quen se interese pola política municipal e ameace con traer honradez e vocación veciñal áo que eles chaman escola de dramaturxia do salón de plenos.Benvida sexa toda aportación novidosa de xente ate o de agora descoñecida na vila.Serán mensaxeiros do 15 M pra reeditar o de que" como non nos representan" ,aquí está o noso teléfono de emerxencias pra resolvelo todo.Daría que desconfiar que o lanzador de soflamas fose alguén que estivo dentro e abandou sen facer nada. Con todolos respetos algo se faría ben ou polo menos algún dos aludidos o tentaron.En política fánse propostas como a de recaudar impostos con xustiza, que haxa igualdade de oportunidades no acceso aos postos de traballo no concello, que se traballe con criterios de empresa na administración pública,que se prioricen obras según necesidades básicas,que a xestión sexa directa por aforro e efectividade ..Logo toca dar un compás de espera pra que dé tempo a realizalas.Se os acordos non se respetan, ven o intre de denunciar o incumplimento.Asi se inventou a democracia e ,de momento,é a mellor forma de resolver as diferencias..Bernardo e os "seus"( que vostede nomea con desprezo e sorna) non están pra manteñer ningún "romance" , nin pra lucro personal.En todo caso, se vostede ten datos, aí está a palestra pública, a prensa e o xulgado.Se ese é a aportación que se pensa traer a este "caótico" mundo municipal .."non ,grazas".
Vaia semaniña de vergonza allea.
Certo é que no Carballiño xa non queda dignidade nos políticos. Resulta que o alcalde vai e esquécese de rebaixar o ibi para este ano que ven. Botalle a culpa aos técnicos do concello, a secretaria di que ela non sabe nada. Para remediar propón unha rebaixa do 20 por cento para o ano 2020 como si contase el xa seguir de alcalde. No pleno do martés o pp coa ausencia de un concejal apróballe esta locura. Por que si esta infamia se aprobou fou gracias ao pp. O bloque e Bernardo estaban de comparsas.
Despois resulta que o alumbrado navideño inauguranno conxuntamente cando abre o local de un familiar de o concejal de festas. ¿coincidencia ou motivo de celebración? Quen o saberá. Manuel ·Pachi· Vázquez desvincúlase do psoe e comenzan a caer os páxaros: Francisco Fraga é destituido e posible expediente para Adolfo Nogueira: comenza a purga din algunhas malas linguas.
O alcalde agora ve terreo libre para poder encabezar sin problemas o psoe no carballiño mentres unha posible candidatura paralela se prepara. ¿Candidatura propia ou de ciudadanos como nova marca Pachista? Xa se verá.
O bloque, nin está nin se lle espera. A escenificación brava e gratificante do seu voceiro Chema Ferreiro xa non fai tanto efecto como fai uns anos e salvo que haxa un cambio moi evidente nos seus postulados pouco futuro se lle ve no Carballiño ao partido nacionalista (sempre queda a esperanza de que a súa segunda de abordo, Sofía García) tome as riendas.
¿Bernardo e os seus? Bernardo recordándolle ao alcalde o que lle prometeu e non cumpliu, historia de un romance roto. Manuel Nogueira (¿será primo de Adolfo?) loitando en Santiago con non sei que leas de lexitimidade de cúpulas e ilegalidades en primarias da marea (que ganas de meterse en fregados de política autonómica).
¿E o pp? ¿E o seu candidato a alcalde? O pp e o seu actual lider Arguimiro Marnotes facendo perfectamente o seu papel: apróballe todo ao grupo de goberno ben as claras ben as caladas e a vez dalle algún que outro tirón de orellas. En ano electoral conta máis o que non se fai que o que se fai. Ou no seu caso se deixa de facer: oposición. Do seu cabeza de lista Ricardo Perea pouco ou nada se sabe, estarán reservando para que dea batalla ala contra abril ou maio.
E con este tan variopinto panorama estamos rematando o ano e concluindo case catro anos de mandato que nada fixeron adiantar ao Carballiño como vila. Festas e pouco máis. Toca facer balance dentro de pouco e que esta xente se someta ao veredicto das urnas e dos veciños. Algúns se tivesen vergonza xa non se presentarían, pero como di a bilbia, de todo hai en la viña del señor. E tal é que así que menos mal que hai xente sensata na nosa vila. Xente que tivo a xenial idea de xuntarse e crear unha plataforma de concienciación social digna, honesta e transversal: SOS O Carballiño. Un exemplo de honradez e de clara vocación veciñal por parte dos seus membros. Algúns de eles moi coñecidos e queridos na vila.
Esperemos que fagan candidatura e loiten de verdade polo Carballiño. Que sigan traballando como ata agora e lle demostren aos dramaturgos que se reunen no salón de plenos como se teñen que facer as cousas.
Unha última cousa: ¿Si hai un superhabit de máis de 1 millón de euros (dudoo moito) por que non se gastan 100 euros en bombillas para o paseo do Parque?

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, comunicou durante a reunión da Mesa de coordinación para o seguimento da axuda ás vítimas pola violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello, que o Concello do Carballiño ía recibir 19.277,85 euros de fondos do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.
O real decreto-ley 9/2018 do 3 de agosto de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero prevé a recuperación de competencias nesta materia polos concellos e o regulamento da distribución de fondos destinados a isto.
Con data do 4 de decembro deste ano a Secretaria de Estado de Igualdade dictaminou as transferencias en función de criterios obxectivos: unha cantidade fixa, o número de habitantes, e do remanente que houbo tras o reparto, distribuiuse proporcionalmente entre os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero como acontece co Carballiño, que consegue a cantidade de fondos máis elevada da provincia despois da cidade de Ourense.
Hoxe mesmo tivo lugar a Mesa de coordinación semestral, que encabeza O Carballiño coma a mesa que se reúne con maior periodicidade de toda a provincia, incluso por riba da capital, ademáis de innovar na representación institucional da mesa de coordinación, e que inclúe o Centro de Información da Muller (CIM), os corpos e forzas de seguridade, sanidade, comunidade educativa a través dos departamentos de orientación, e a xefatura de unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación de Ourense.
A través da coordinación e información (feedback) dos representantes da mesa de coordinación, e o protocolo establecido no sistema VIOGEN, os profesionais implicados na loita de violencia de xénero plasman a realidade e fan propostas para procurar a mellora na prevención e actuación sobre os casos activos que implican coma vítimas ás mulleres e aos menores que existan.
A concelleira Marina Ortega explicou con gran satisfacción a importancia da recuperación de competencias e recursos para levar a cabo políticas realistas e eficientes a través dos concellos, que son o primeiro eslabón que entronca coa violencia de xénero para detectar e prevenir a violencia, adaptánndose ás casuísticas da nosa contorna.

Concertos musicais, as xa tradicionais visitas dos nenos e nenas do concello ao parque de atraccións de Pazolandia ou o Novocine de Leiro, un corcurso de beléns, o xa clásico Ludinadal, e a festa dos reis magos,figuran na programación de nadal do concello de San Cristovo de Cea.
Consulta toda a progamación no arquivo adxunto:
¿por qué en mi calle, el Psoe cuando hay elecciones cuelga publicidad a tope y cuando les toca poner luces de navidad ignora a esta calle?
L.C.M. Veciño de Calvo Sotelo.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse en San Caetano coa portavoz do grupo popular do concello ourensán de Boborás, Patricia Torres. Ambos abordaron diferentes temas de interese para este municipio, relacionados coa mellora das dotacións rurais e da calidade de vida dos seus veciños.
A voceira trasladou ao titular de Medio Rural a solicitude dun tractor por parte do Concello para a roza, que se destinaría á prevención e defensa fronte os incendios forestais. José González comprometeuse a incluír a Boborás no 2019 como un dos municipios prioritarios no reparto deste tipo de maquinaria.
Na xuntanza tamén se tratou a mellora da rede de camiños municipais e avaliáronse distintos proxectos de mobilidade de terras. Ademais, abordouse a necesidade de traballar, nesta mesma liña, para poñer en produción os terreos da parcelaria de Brués.
Por último, o conselleiro comprometeuse a visitar proximamente Boborás para supervisar sobre o terreo os diferentes proxectos e iniciativas que están sobre a mesa e nos que está implicada a Consellería do Medio Rural.

No transcurso dun pleno extraordinario da corporación municipal de San Amaro, convocado a tal efecto, resultou elixido como novo alcalde Fernando Redondo, nunha corporación na que o Partido Popular ten unha ampla maioría, con 6 sobre 9 concelleiros.
Substitúe na alcaldía de San Amaro a Ernesto Pérez, que presentou a súa renuncia fai unhas semanas atrás.
O novo alcalde viña exercendo dende o inicio do mandato como 1º tenente alcalde. O Partido Popular xa confirmou que Fernando Redondo será, ademáis, o candidato dos populares para as eleccións municipais de 2019.

A ausencia do concelleiro do Partido Popular Emilio Carballeda, que non pudo asistir ao pleno extraordinario celebrado esta mañá por problemas de saúde que o manteñen fora do Carballiño, propiciou que o grupo de goberno se valese do voto de calidade do alcalde para sacar adiante a súa proposta.
Consiste en iniciar o expediente para unha rebaixa do 20% do IBI no ano 2020, e toda vez que non se levou a cabo esta rebaixa no ano 2019, tal como fora anunciado e comprometido inicialmente polo propio concello.
A oposición votou en bloque contra esta proposta por entender que é "un brindis ao sol", toda vez que será a unha nova corporación, a que se elixa en 2019, a que deberá xestionar as contas do ano 2020.
Ao rexistrarse un empate a 8 votos, os favorables do grupo de goberno e os desfavorables dos 3 grupos da oposición, decidíu o voto de calidade do alcalde Fumega.
Polos demáis, aprobouse con carácter definitivo o expediente de ordenanzas fiscais e prezos públicos no concello do Carballiño para o ano que ven, tal como estaba previsto sen rebaixa no imposto do IBI.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- …
- seguinte ›
- última »