27, Novembro 2018

Que cara máis dura a dos políticos neste pobo, alá marcharon a Arxentina nada menos que 10 días a facerse fotos e mirar se ganan uns votiños porque xa me dirán en que lle beneficia o pueblo que vaian de paseo o candidato do PP que non anda polo pueblo e non fala con ninguién pero vai de paseo aBuenos Aires co seu tutor e máis os seus benefactores, pai e fillo, empeza ben.  O representante do BNG que tampouco se sabe moi ben que facía a parte de figurar nas fotos . O alcalde e o concelleiro que se foron pasear, será porque polo Carballiño non se da paseado cos baches,  cunha caldeira de pulpo e cos familiriares dunha concelleira, os pesiños que queden na casa. Eso sí viaxe con regreso a la  terminación onde xa agardaba o concelleiro de cultura para levar a misma caldeira a Lanzarote, un viaxe moi cultural, e aquí mentres os problemas da biblioteca sin solución, antes de pasear cos cartos de todos deberían traballar.

26, Novembro 2018

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou nunha entrevista co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, o compromiso da Xunta de atender á preferencia que teñen as persoas maiores de envellecer na súa contorna.

Ao respecto, indicou que o Goberno galego incrementou este ano un 18% o número de horas de atención no fogar postas á disposición do concello carballiñés, ata acadar as 42.400 anuais para así achegar os coidados a un maior número de vivendas con persoas en situación de dependencia.

Fabiola García e o primeiro edil do Carballiño acordaron continuar coas liñas de colaboración abertas na procura de que os veciños e veciñas desta localidade teñan uns recursos e servizos sociais próximos e de calidade tanto no eido da atención ás persoas maiores como nos centrados nas familias e no apoio ás persoas en risco de exclusión.

26, Novembro 2018

Que agradable ver como nun acto como o de onte, para que non haxa máis mortes de mulleres a mans de homes, todolos partidos se suman mostrando o seu desaprobamento. Que agradable ver que si non fose pola concejala do bloque nacionalista Sofia García o día houbese pasado sin pena nin gloria no Carballiño. Que os actos os cambiasen para o luns vale, pero que o dia de onte quedase como un domingo máis do ano, como que non. Gracias a Sofía garcía onte no Carballiño gritamos todas basta xa. E na foto claro, aparecen todas e todos. Vaia, que raro. Alguén pódeme decir que fixeron os socialistas, os peperos e os mareantes a parte de sair na foto de onte? Por que si o pleno era por e para as mulleres e interpretando dende a educación a asunción de valores como a igualdade e se lle deu protagonismo aos nenos, por que na foto encabezan os de sempre?

En fin, o de sempre. Que traballan uns e levan as medallas os que andan polos bares. Enhorabuena a Sofia pola iniciativa e polo traballo feito. Os demais podedes seguir promocionando a festa do pulpo e nos bares que o resto do Carballiño xa se arregla solo. E por certo, os cartos que cobrades polo pleno de onte para onde van, para o voso bolsillo ou para algo máis beneficioso?

Ahhh, e non vos olvidedes de colocarvos ben visibles nas próximas fotos!

 

26, Novembro 2018

Os centros educativos e asociacións do Carballiño participaron este mediodía nun acto contra a violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello coa asistencia do alcalde, integrantes da corporación e numeroso público.

Abriu o acto o alcalde, e a continuación interveu a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, que diu lectura a un manifesto no que puxo de manifesto a necesidade de seguir loitando contra da violencia contra as mulleres.

No acto participou profesorado e alumnado dos dous institutos, o nª 1 e o chamoso Lamas; os colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, así como Bo Día Familia e Asdifica. Aspadisi non poido participar nesta ocasión.

E o colofón o puxo a profesora de música e doctora en Musicoloxía pola Universidade de Salamanca, Almudena Mosquera, que interpretou un tema alusivo á efeméride.

Este venres prosigue o programa organizado polo Centro de Información da Muller, cunha conferencia da presidenta da Fademur Galicia, Rosa Arcos, que falará sobre a violencia machista no rural. Será ás 19,30 h., no salón de plenos do concello.

25, Novembro 2018

O Pleno extaordinario da corporación municipal do Carballiño celebrado nesta tarde de domingo, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, contou coa colaboración dun grupo de nenos e nenas do Carballiño, que foron os protagonistas da sesión ao ler a declaración institucional consensuda por todos os grupos políticos do concello carballiñés.

Neste manifesto institucional, os grupos politicos representados na corporación municipal, acordan:

1. Expresar a intención de promover a implicación ampla de toda a cidadanía para adoptar compromisos persoais e colectivos a favor da igualdade entre mulleres e homes, así coma o rexeitamento expreso ante calquera manifestación da violencia machista ou discriminación sexista.

2. Adquirir o compromiso para implementar políticas de coeducación en igualdade e dirixir a mirada á mocidade para desterrar os roles sexuais e eliminar actitudes e comportamentos normalizados que reproducen e perpetúan a a desigualdade coma orixe do machismo.

3. Reforzar a área de Igualdade, desde onde se coordinan as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e homes, cos recursos e o orzamento adecuado. Crear unha partida orzamentaria ou gasto destinado a políticas de igualdade de xénero.

4. Avanzar na consecución dunha sociedade corresponsable, igualitaria no privado e no público, respectuosa cos intereses e necesidades das mulleres e dos homes.

5. Comprometer o apoio da Corporación ás mobilizacións locais e nacionais que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista os 365 días do ano.

6. Demandar da Xunta de Galiza a creación dunha Unidade de Violencia Machista específica integrada na Dirección Xeral de Xustiza encargada de facer cumprir a lexislación en materia de violencia machista.

A sesión plenaria celebrada este 25-N fora solicitada inicialmente polo grupo municipal do BNG, e consensuada posteriormente polo resto dos grupos políticos con representación no concello do Carballiño.

Antes de celebrarse o pleno, tivo lugar unnha concentración na Praza Maior, na que participaron un cento de persoas.

24, Novembro 2018

Os socialistas de Leiro critican que o alcalde do PP só arranxe os camiños calamitosos do municipio que empregan os seus acólitos, marxinando pasmosamente ó resto da veciñanza e creando veciños de primeira e de segunda. Nunha nova demostración da súa vergoñenta parcialidade, o rexedor conservador, Francisco José Fernández, decidiu aprobar durante o último pleno municipal, unha modificación de crédito de algo máis de 23.000 euros, co fin de mellorar un camiño de acceso á zona de Candendo, na localidade de Lebosende.

Sen embargo, nesa mesma aldea e nese mesmo camiño, os veciños e veciñas do barrio de Costa, situado un pouco máis arriba, deberán seguir a soportar problemas para acceder ás súas vivendas porque o Concello non ten proxecto algún para eles.

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez, sinala que “é triste dicilo pero en Leiro hai veciños e veciñas de primeira e de segunda por culpa da vergoñenta parcialidade do alcalde”. “O rexedor non pode andar as agochadas, obviando e ignorando as necesidades de parte da veciñanza que mesmo cede os terreos particulares para proceder ás obras de mellora do camiño, mentres os seus acólitos recollen sinaturas para outras obras ás que si lle fai caso”, denuncia.

Os habitantes desta zona están indignados co trato que están a recibir por parte do goberno local e salientan que o Concello non soluciona o problema, a pesar do empeoramento do estado do camiño durante o inverno, unha época do ano na que se volve máis inseguro e problemático. O grupo municipal socialista considera “unha total discriminacion este tipo de decisións tan arbitrarias que, sen embargo, non son novas e reflicten perfectamente a actitude caciquil por parte do alcalde de Leiro, un municipio no que parece que teñen máis privilexios os veciños e veciñas do seu partido, e valen máis os cartos dos impostos dos seus que os cartos que paga o resto da veciñanza”.

“O deterioro desta vía é cada vez maior no acceso ó barrio de Costa, mentres o Concello queda de brazos cruzados e só traballa activamente para algúns”, destacan mentres recordan que o desleixo do PP coas necesidades máis básicas dos habitantes de Leiro non é nova. A disposición dos veciños e veciñas do barrio de Costa para facer estes arranxos tan necesarios é absoluta, polo que o PSdeG-PSOE achaca a decisión unicamente ós modos caciquís do alcalde popular e á proximidade das vindeiras eleccións municipais do ano 2019. “Doutro xeito non se entende esta preguiza e esta pasividade ante un asunto que preocupa moitísimo”, aseguran.

Os socialistas comparten plenamente as protestas da veciñanza de Lebosende afectada por esta pasmosa marxinación, e por iso reclaman que finalice o abandono secular ó que están sometidos por parte do equipo de goberno municipal conservador.

24, Novembro 2018

La última del alcalde de Punxín, como venganza porque denunciamos el uso indebido de los trabajadores y maquinaria municipal para limpiar gratis el monte a los cazadores y llevarse la leña de los robles que cortaron (y que aún no la han devuelto para poder entregar a vecinos carentes que realmente la necesitan más que el "empresario",  y trabajador del ayuntamiento, que la cortó). Ahora intentó prohibirnos que circulemos con nuestro burrito por el pueblo y que pastara en el área de recreo que nadie utiliza. Como rechazamos tan absurda y arbitraria acción de venganza, mandó al personal del ayuntamiento para que arrasen la hierba del lugar solo para impedir el pastoreo, ya que ahora no es época de hacer esa labor, al mismo tiempo que cortó la cabeza de los robles y podó sus ramas para que el tractorista, padre de la candidata del PSOE recientemente ascendido a fijo, luzca sus dotes de "jardinero" disimulando así la intencionalidad maquiavélica del uso indebido del personal.

23, Novembro 2018

O estado que presenta estos días a acera da avenida 25 de Xullo no tramo dos tilos que vai dende onde comeza o muro da estación ata a praza da estación non é o máis axeitado. Dacordo que estamos en outono, fai vento e chove e as follas teñen que caer. Todo iso é o normal para as datas nas que nos atopanomos, e ogalla chova máis que compre. Pero tamén compre que vaia unha brigada limpar toda o follaxe do chan para que a xente, e en especial de maior idade, poida andar sen risco de esvarar. O outro día fun recoller o rapaz a estación e pillei un bo susto o esvarar cunhas follas molladas. Hai zonas con máis de 25 cm de altura de folla no chan. De paso por favor limpen os sumideiros novos desa acera, están case todos atascados no seu interior.

23, Novembro 2018

Bo día a todos, a semana pasado surxiu unha polemica ó redor dun cartaz que se colgou no servizo de pediatría. Non podo deixar a ocasión para compartir como usurio que son, que efectivamente o servizo ten carencias as cales xa enumeraron en distintos post do facebook, e incluso nesta páxina web,  e non é o momento de reptetir, só un matiz.....as consultas dos pediatras privadas están a revosar, por algo sera... e por algo non se querra polemizar co centro.

Por outro lado esta semana salta unha nova de que o Sergas tera que indennizar a familia dun carballiñés falecido por unha neglicencia na atención a dito paciente, casualmente en dito centro....

Rogo as autoridades pertinentes que fagan unha evaluación do centro, e corroboren que o funcionamento esta a ser o acorde a un servizo tan esencial como é a atención os enfermos da vila.

 

Saúdos.

23, Novembro 2018

O alcalde popular de San Amaro, Ernesto Pérez formalizou a primeira hora desta mañá no rexistro municipal a súa renuncia ao cargo “non só por motivacións persoais –afirmou- senón pola profunda convicción de que despois de case catro mandatos xa é o momento de abrir paso a novas persoas e novos proxectos para o noso concello”.

Pérez afirmou sentirse orgulloso de ter representado a San Amaro en todos estes anos, “cheos de traballo e moitas satisfaccións, en particular polo que supón axudar aos meus veciños”. O ata agora alcalde tamén tivo palabras de agradecemento para o Partido Popular e o seu presidente, Manuel Baltar, quen precisamente subliñou o talante político de Pérez “tanto polo traballo desenvolvido nestes anos como pola súa disposición a deixar paso a unha nova etapa municipal, representando así a renovación que sempre caracterizou á nosa formación”.

Nesta liña, Manuel Baltar destacou tamén o compromiso e a capacidade de esforzo do ata agora tenente alcalde de San Amaro, Fernando Redondo (San Amaro, 1977) “xa demostrada tanto pola súa traxectoria profesional como pola súa experiencia na política local, pois acompañou a Pérez en varios dos seus mandatos”.

Redondo asumirá agora a presidencia da corporación local ata as eleccións de 2019, momento no que, confirmou Baltar, será o cabeza de lista do Partido Popular neste concello. Redondo, vencellado profesionalmente ao sector textil, é Diplomado en Administración de Empresas pola Universidade de Vigo, licenciado en Finanzas pola Universidade de Santiago de Compostela e está en posesión do master en Dirección e Xestión de Empresa pola antiga Escola de Negocios de Caixanova.

O próximo alcalde de San Amaro e candidato popular afirmou sentirse “agredecido polo apoio dos concelleiros que lle acompañan no goberno local, así como ao presidente provincial do PP pola confianza depositada en min”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS