
O concello do Carballiño investirá máis de 380.000 euros no acondicionamento das rúas Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e República Arxentina. O pliego deste proxecto, que se comezará a executar coa maior brevidade posible, xa está dispoñible no perfil do contratante da páxina web municipal.
O acondicionamento consistirá na substitución das tuberías de abastecemento, que son actualmente de fibrocemento, e que causan moitos problemas debido a que son moi vellas, por tuberías de PVC. Tamén se instalarán bocas de rego, chaves de paso e acometidas ás conducións de abastecemento.
Outro dos elementos importantes do proxecto é a reforma das beirarrúas que se atopan en peor estado ou que son excesivamente estreitas para coches de bebés ou cadeiras de persoas con discapacidade, e que levarán losetas hidráulicas no caso da beirarrúa esquerda da baixada da rúa Cuba e na beirarrúa dereita da baixada da rúa Brasil. Así mesmo, a beirarrúa da baixada da rúa Venezuela levará lousas de granito, co obxectivo de que teña unha continuidade coa rúa empedrada de Margarita Taboada e a praciña de fronte do balneario.
Outra intervención importante será unha nova pavimentación destas rúas con aglomerado asfáltico en quente.
O proxecto tamén contempla o acondicionamento dos cruces para adecualos á normativa de accesibilidade actual, así como o acondicionamento de entradas existentes, con rebaixe do borde na beirarrúa, e o fresado do firme para conseguir cota.
Finalmente, procederase á sinalización e balización, co marcado de pasos de peóns, indicativos de dirección, sinais verticais, e plazas de aparcamento.
O plazo de execución deste proxecto é de seis meses, e comezará a realizarse en canto conclúa o procedemento administrativo de licitación que se puxo en marcha estes días.
A este importante proxecto, que suporá unha mellora significativa destas rúas para os veciños e usuarios, lle sucederán outros non menos importantes de acondicionamento doutras rúas do casco urbano, cuxo procedemento de licitación se porá en marcha nestes próximos días, e que tamén serán financiados con fondos do concello.
Hoxe un xornal da provincia faise eco da nova do famoso cartel de pediatria no centro de saúde do Carballiño. Eu vou comentar a miña experiencia. Fun pai por primeira vez fai case catro meses. No meu circulo máis próximo tampouco é que abunden moito os rapaces. Pero os que teñen experiencia todos coinciden no mesmo a hora do centro de saúde. O pouco de nacer tiven que pasar por consulta para os trámites habituais de cartilla... Era verán e tiñan a ventá aberta, non dubidaron en pesar o rapaz diante da ventá aberta, que é onde está a báscula, a mín non me pareceu moi normal, si era verán, pero o rapaz inda non tiña 15 días. O momento máis surrealista é a maneira en que che explican o das vacunas, un auténtico show, con dicir que acabou falando da sanidade en Alemaña. (Que quede constancia que eu non sabía que había vacunas obrigatorias e outras voluntarias). A semana pasada tiven que ir a consulta e non me percatei do cartel, bronca que me criou o entrar na consulta, iso si o rematar a consulta, co rapaz so co pañal dixeronme que o vestira forá. Non sei se o meu caso é o único, pero animo a que si hai mais xente proteste. Non me parece normal o trato. O cartel quedase corto, a min mandaronme pra fora co rapaz en pañais. Si é certo, fora hai calefacción pero non ten nada que ver a temperatura que hai dentro na minúscula consulta que case non te das movido co carro, ca temperatura que hai fora no pasillo ou na sala de espera. A onde imos chegar así, a que vaia eu o urólogo e me diga que saia en calzóns da consulta, porque ten moita xente esperando e son lento vestindome. Por esa regra de tres tamén podemos dicir nós que baixen dos coches cando cheguen o ambulatorio xa ca roupa de traballo para non perder tempo vestindose. Non discuto que fagan falla máis pediatras no Carballiño, polo menos que tamén haxa consulta polas tardes, para non ter que ir a Ourense, pero esas non son formas de tratar a xente, moitos nenos o espirse méxanse, non é de recibo sair pra fora así. Os pacientes non témola culpa se somos moitos pra un só medico. En lugar de poñer carteis nas portas con solucións trapalleiras que non van ningures que falen ca dirección do centro é busquen solucións co Sergas. Máis sentido común, menos mala hostia, e máis paciencia. Abundan moito polo centro os carteis que hai que ser educados e evitar as agresións ao persoal sanitario, totalmente dacordo, pero tamén hai que tratar a xente como che gustaria que te tratasen a ti. Istes carteis non axudan precisamente a que haxa unha boa relación entre médico e paciente.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, mantiveron unha xuntanza para avaliar un proxecto de humanización urbanística no que traballa o concello co fin de continuar coa rehabilitación de espazos comúns no núcleo rural de Alvite.
Concretamente, a intención do goberno municipal pasa por actuar sobre os accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.
Tras coñecer o proxecto, Ángeles Vázquez mostrouse disposta a estudar a posibilidade de que a consellería colabore neste proxecto, que ten como obxectivo principal, tal e como lle trasladou o alcalde de Beariz, mellorar e acondicionar os accesos á praza principal da aldea, recentemente reformada pero cunha vía con pavimentación bastante deteriorada.

O Centro Partido do Carballiño e o Centro Ourensano de Montevideo, dúas entidades senlleiras na emigración ourensá en Arxentina e Uruguai, recibiron hoxe en Bos Aires, de man do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o premio "Ourensanía" 2018, un galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. Un premio que os representantes de ámbalas dúas colectividades, Emilio Nogueira e Pablo Fernández Rivero, recibiron emocionados polo que supón de recoñecemento ao traballo dos emigrantes ourensáns e o vínculo que sempre mantiveron coa súa terra.
No acto celebrado esta mañá nun abarrotado Centro Galicia da capital bonaerense, coa presenza de centos de emigrantes ourensáns e as súas familias, o presidente do goberno provincial destacou que a Ourensanía "é unha ambición de seu que os nosos emigrantes levan por todo o mundo", afirmando: "Con este galardón, o de maior e máis íntimo significado entre os que concede a Deputación de Ourense honramos a dúas institucións exemplares da diáspora: o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, que celebrará dentro de poucos días o seu centenario, e ao Centro Ourensano de Montevideo, que conta con máis de setenta anos de ininterrompida andadura, levando a cabo un meritorio labor".
Na súa intervención na clausura do acto, Manuel Baltar puxo o acento na importancia da colectividade ourensá en Arxentina e Uruguai, "que alenta unha parte substancial do futuro de Galicia". "Cando en Europa remanecen ventos ábregos, cando rexurde a insolidariedade, quédanos a nós, aos galegos e ourensáns, a esperanza que representa esta gran nación Arxentina".
O presidente do goberno provincial remarcou que a Ourensanía "está dentro e fóra dos lindes da provincia de Ourense; podemos atopala en calquera localidade, país ou continente, alí onde resida un ourensán. Así, o noso territorio afectivo, a nosa xeografía vital, pródiga en augas mineiro-medicinais, podería simbolizarse co fluír das augas quentes, as que curan os males do corpo e do espírito desde tempos remotos", engadindo que grazas á Ourensanía "a nosa provincia chega a todos os mares do mundo e facémolo con cordialidade, a base de traballo e esforzo, e tamén con humor intelixente".
Cosmopolitismo integrador
Baltar expresou que os ourensáns practicamos un "cosmopolitismo integrador", "estamos instalados na cultura do mestizaxe, unha mestura que enriquece, abre inmensas posibilidades e estimula a creatividade. Alí onde queira que cheguemos, o primeiro que facemos é adaptarnos, mesturarnos coa tradición, respectar os costumes e asimilar todo o mellor, sen esquecer nunca a nosa propia identidade". E salientou: "En ningún sitio, en ningunha cultura, por diferente que sexa á nosa, nos sentimos incómodos, pois a integración é un dos nosos maiores méritos, quizás o máis relevante".
O xurado do premio ditaminou conceder o premio Ourensanía na súa oitava edición a estas dúas institucións, "por promover a Ourensanía na colectividade galega de ambos países", e porque "marcaron un tempo, o da emigración masiva a América, no que Ourense estivo moi presente", segundo recolle a acta do xurado.
"A Ourensanía non só esta presente na provincia de Ourense -destaca o xurado-, senón que chega a todas as partes do mundo alá onde hai un ourensán". Destacados galeguistas, como Rodolfo Prada, albacea de Castelao, propulsaron a creación nos anos 40 do século pasado do Centro Ourensano de Bos Aires, casa común do galeguismo, "desde onde o propio Castelao desenvolveu o seu labor político e artístico no exilio bonaerense ao longo dunha década", sinala o xurado.
Fusionados nos anos 80 os catro centros provinciais nunha única institución -o Centro Galicia de Bos Aires-, a Ourensanía pervive en ámbalas dúas cidades do Plata, Bos Aires e Montevideo, a través das institucións hoxe galardoadas: o Centro Partido do Carballiño en Bos Aires, que estes días cumpre o seu centenario, e o Centro Ourensán de Montevideo, con máis de setenta anos de historia, a institución máis antiga de Sudamérica que leva o nome de Ourense na súa denominación.
Acto de emoción e sentimento
O acto contou no apartado musical coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e do gaiteiro Marco Foxo, quen interpretaron temas do folclore galego, ademais dos himnos de Arxentina e Ourense, nun evento caracterizado pola emoción e o sentimento que transmitiron os vídeos nos que se lembrou a traxectoria histórica e social de ámbalas dúas entidades galardoadas, e tamén nos discursos por parte dos premiados; do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do mantedor do acto, o escritor Luis González Tosar.
Manuel Baltar entregou aos representantes do Centro Partido do Carballiño e do Centro Ourensán de Montevideo senllas figuras de bronce, obras do escultor Xosé Cid, así como as copias das actas co ditame do xurado, nunha celebración que, ademais de merecida homenaxe, foi unha sentida aperta á historia da emigración ourensá.
No acto, presentado polo xornalista Fernando Méndez, lembrouse a personalidades que foron recoñecidas en anteriores edicións como: o xuíz José Antonio Vázquez Taín (premiado en 2012), quen fixo posible, coa súa investigación, a recuperación do "Códice Calixtino", o libro máis célebre do Camiño de Santiago, clave para comprender a identidade europea; o arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo (2013), unha voz chea de ourensanía e galeguidade nas altas instancias do Vaticano. Referente polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas; a xornalista Victoria Prego de Oliver (2014), polas súas achegas no ámbito da comunicación, que nos axudaron a entender a historia de España desde a Transición ata os nosos días; Mariluz Barreiros (2015), filla do empresario ourensán Eduardo Barreiros, premiada como promotora e presidenta da fundación que perpetúa a memoria do seu pai: investigador e impulsor da industria automobilística en España; o produtor de cine en Venezuela, José Sousa (2016), natural de Ramirás, falecido hai menos dun ano, galardoado polo seu labor cinematográfico, con preto de 40 longametraxes producidas, recoñecidas no panorama hispanoamericano; e Miguel Ángel, o lendario porteiro do Real Madrid, premiado en 2017, un dos deportistas ourensáns máis destacados do fútbol español, que foi, ademais, porteiro titular da Selección Española no Mundial de Arxentina de 1978. Todos conforman un elenco que amosa a riqueza intelectual, social, empresarial e deportiva de Ourense.
Esta é a primeira vez que a gala do premio Ourensanía trasládase fóra da provincia de Ourense, para homenaxear nesta edición especial a quen tanto fixo pola nosa terra, un acto que percorreu a lembranza, o sentimento e a ilusión polo futuro que representa a emigración ourensá.
O xurado do premio Ourensanía 2018 estivo integrado por José Manuel Baltar Blanco, presidente, e como vogais por: Eva Torres Rodríguez, Luís González Tosar, Virxilio Rodríguez Vázquez, Jesús de Juana López, Miguel Anxo Fernández Fernández, Juan Luis Saco Cid e, como secretario, Antonio Piñeiro Feijóo, quen deu lectura á acta que recolle o ditame do galardón.
O evento rematou coa interpretación por parte da Real Banda de Gaitas da obra "Ourense no solpor", composición de Manuel de Dios, declarada himno oficial da provincia pola Deputación de Ourense.

El alcalde de Punxín le ahorra dinero a los escopeteros. El monte que antes limpiaba el tecor, para que los escopeteros maten más fácilmente los conejos y perdices de granja que soltaron hace unos días, ahora se lo limpia el alcalde con el tractor del ayuntamiento, el gasóleo del ayuntamiento y la mano de obra del ayuntamiento. Como se puede ver, son lugares donde no van los vecinos y donde no hay fincas cultivadas. Creemos que se podría tratar de un delito de malversación o de prevaricación, pero se ve que tiene garantizada la impunidad. Al tractorista también le viene bien, no sabemos si por ser padre de la candidata del PSOE, ahora ha pasado a fijo, con lo cual anda más cómodo y caliente en el tractor que recogiendo los vertederos ilegales que llevan años en las cunetas. Como será de "independiente" que este fin de semana tuvieron que venir los bomberos de O Carballiño para retirar un árbol caído.
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2422498647777217&id=16974231...
É indecente que 70 persoas desprácense a Arxentina para homenaxear o centenario dunha asociación. Se o fixesen co seu diñeiro non habería nada que obxectar, pero fano con diñeiro público. Están moi afastados das problemáticas da cidadanía. O cidadán cando demanda algo á administración local, atópase con recursos escasos na administración. E non é de estrañar, pois os políticos malgástanos en viaxes megalómanos e superfluos.
Analicemos ao PP: A Deputación dedica unha contía importante de diñeiro para financiar a viaxe. Non estamos a falar de migallas, porque cada viaxeiro de moka custa contorna a 1200 euros. A Deputación convida os alcaldes pepeiros larpeiros a esta cuchipanda, e mesmo a pepeiros lrapeiros que non son nin concelleiros. Esta broma supera os 80.000 euros.
O señor Perea xa cometeu o seu primeiro erro embarcándose nesta mamandurria pepeira (os seus méritos son saír elixido por un reducido grupiño de 50 persoas para presentarse como alcaldable, pero nin é concelleiro). Fumamos ou que? Primeiro que e despois fumamos.
E este erro multiplícao o PSOE. Con diñeiro do concello tamén financian aos seus viaxeiros mokeiros, e chove sobre mollado: No seu día foron a Alemania a facerse amigos dun polbo. Este ano volveron a Alemania (débenlles gustar as salchichas), e tamén foron a Bruxelas a solucionar non sei qué con cartos do PSdeG.
Moi mal PPSOE, e moi mal BNG. A única postura decente foi a de En Marea. Os políticos están cada vez máis afastados da sociedade, porque todo ese malgasto sería mellor empregado se unha parte dese diñeiro fose dedicado a esa asociación para cubrir as súas necesidades, e sufragar os gastos para que os representantes desa asociación viaxasen ata aquí e homenaxealos (pero non 70 viaxeiros mokeiros).

A plataforma SOS O Carballiño, despois dos últimos atropelos acontecidos nesta última semana nos pasos de peóns das rúas Evaristo Vahamonde, Compostela e Balnerario (con feridos que necesitaron asistencia médica), e unha vez comprobado por esta plataforma o mal estado no que se atopan os pasos destinados ós peóns nesta vila (falta de alumbrado, mala sinalización vertical, mal estado da sinalización horizontal, falta de badéns reductores de velocidade, etc), ven de dirixir un escrito ao alcalde do Carballiño no que piden:
A corto plazo: Mellora nos pasos existentes tanto de sinalización vertical como horizontal, así como a instalación de dispositivos luminosos horizontais e verticais e badéns reductores de velocidade.
A longo plazo: Realización dun estudo para a detección das zonas máis criticas, coa finalidade de adoptar medidas especiais para mellorar a seguridade na mobilidade a pé da nosa vila, incluíndo a peonalización de rúas e a redución da velocidade no casco urbán a 30 KM/h, creación de carrís bici-ecolóxicos que unan o centro urbano con instalacións “alonxadas” (institutos, pazo dos deportes, piscina, parroquias limítrofes, etc), campañas de concienciación para reducir o uso de vehículos a motor de explosión e substituílos por medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente e máis saudables.
Recordan, finalmente, que algunhas destas medidas antes citadas xa se están a tomar noutros concellos de Galicia.
Se circulas pola N-541 sentido Pontevedra apenas atopas uns letreiros moi pequeniños ás aforas de Dacón e logo no cruce dos catro camiños cando xa é tarde para poñerte con antelación no carril correcto. Se circulas sentido Ourense igual situación nese cruce. Pero o máis surrealista é a ausencia total de sinalización se circulas pola AG-54 ao chegar a rotonda da Fontela. O resultado é que moitos transportistas que non coñecen o pobo acaban fiándose do GPS e meten o trailer ou a bañeira pola estrada de Corzos (a do ximnasia e a piscina), non vencendo o gálibo do túnel do ferrocarril o co resultado de ter que dar macha atrás de novo ata a N-541. E xa van unhas cantas veces que se repite esta situación. A única sinalización que está medio ben é a da estrada comarcal OU-504, pero claro primeiro hai que sinalizar ben o resto de estradas para conducir os vehículos a dita estrada comercal e evitar tráfico pesado pola Avenida de Compostela ou por Corzos. Senón non facemos nada.
Chama a atención o ben que se empeñaron en sinalizar Carballiño como vila termal con eses letreiros marróns tan grandes en todas as entradas do pobo e sen embargo lugares como o polígono están tan mal sinalizados.
Polo visto alguén tivo a xenial idea de suprimir o carril de espera e acceso a Otero Pedraio que existía antes do famoso cambio a sentido único desta rúa, sen reparar en que dito carril, convenientemente acortado, podia servir agora para acceder a Ben Cho Sei para os vehículos que circulan pola avenida 25 de Xullo sentido Pontevedra. Dese modo evitaríase a ringleira de vehículos que se amontonan a certas horas e que chegan incluso a intorromper o tráfico sentido Pontevedra. Todo para gañar as 3 ou 4 prazas de aparcamento en liña do arcén do carril contrario. A teima deste goberno coas manidas prazas de aparcamento non ten nome. Crean problemas que antes no existían. A ver se alguén recapacita y fai as cousas con un pouco de sentidiño.

A praza de abastos comezará a campaña de promoción do Nadal o 12 de novembro co lema “VIVE O NADAL COA PRAZA DE ABASTOS”.
Desde ese día e ata o 22 de decembro, as persoas que merquen na praza poderán optar ao sorteo de 5 vales de compra por valor de 50 euros cada un; 2 ciurcuitos termais no Balneario das Caldas, que inclúe piscina dinámica, canal de fleboterapia e cea; 2 “súpercestas” de Nadal; 10 entradas para os partidos do Arenteiro en Espiñedo; 10 entradas para as sesións do Cine Club Carballiño, e 1 caixa de viño Pazo Tizón. O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 13,00 h.
Esta campaña foi presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o presidente da Asociación de praceiros, Eligio González, e a representante da Adega Pazo Tizón, Raquel Cabo.
Adolfo Nogueira felicitou aos praceiros pola iniciativa, destacando sobre todo o esforzo e entrega do seu presidente, e anunciou novas iniciativas para o próximo ano, coincidindo coa celebración do noventa aniversario da praza, que foi inaugurada no ano 1929. Así mesmo, desexou que esta campaña tivese polo menos tanto éxito como as anteriores.
Eligio González “Quini” amosou, en nome de todos os pareceiros, a súa satisfacción por presentar unha nova campaña que tiña por obxectivo impulsar as compras na praza, e dixo que se poñía en marcha de novo con moito esforzo por parte dos postos da praza. Así mesmo, agradeceu a colaboración do concello, do C.D. Arenteiro, do Cine Club e da Adega Pazo Tizón.
Finalmente, Raquel Cabo expresou a sempre boa disposición da empresa para participar nesta iniciativa así como noutras semellantes que significasen un impulso para o comercio local.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- …
- seguinte ›
- última »