1, Novembro 2018
31, Outubro 2018

OUTRO DÍA DE FEIRA NO CARBALLIÑO... E OUTRO DÍA NO QUE OS FEIRANTES SE VAN E DEIXAN TODO FEITO UN ASCO (NON TODOS, PORQUE ALGUNS MARCHAN E NON SE SABE NIN QUE ESTIVERON ). E MOI TRISTE VER COMO TEÑEN QUE ESTAR DOUS BARRENDEIROS LIMPANDO O QUE OUTROS NON SON CAPACES DE RECOLLER, E ESTES RECOLLEN ,O QUE O VENTO LLE DEIXE, PORQUE LOGO ANDAN AS BOLSAS DE PLASTICO POR TODOS LADOS....

CREO QUE NON SERIA TAN DIFICIL QUE ASÍ COMO OS POLICIAS LOCALES ESTAN POR AS MAÑAS REVISANDO QUE TEÑAN TODO EN REGLA.REVISARAN A ULTIMA HORA COMO DEIXA CADA FEIRANTE O SEU POSTO.

PASAN OS MESES E ISTO SEGUE IGUAL. 

31, Outubro 2018

Bernardo García e Manuel Nogueira anunciaron que esta formación política pedirá ante o pleno da corporación municipal "a retirada do salario que cobra o concelleiro de cultura pola súa dedicación de media xornada ao concello".

Alternativa Veciñal xustifica esta petición  pola "nesfasta xestión da biblioteca" e culpa directamente ao concelleiro da deficiente atención derivada da falla de personal cualificado para atender este servizo de bilblioteca, manifestando que "en varias ocasións pedimos o horario laboral dos dous traballadores que atenden a biblioteca e nunca se nos díu, agora incluso trascende que un deles non cumple as funcións que lle foron encomendas e mesmo hai unha denuncia por posible violación de protección de datos".

Recordan que "dende que se xubilou o bibliotecario titular, e desto fai varios anos, o concello segue sen cubir a vacante, e na RPT aprobada recentemente non figuraba cubrir esta vacante e adscribironse dous traballadores non especializados para esta función".

Considera Alternativa Veciñal que "ésta é unha mostra máis da política de persoal do actúal goberno e dos anteriores, a política do enchufe como método de ingreso na admisntración local, Fumega sigue coas prácticas que levaron a excaldes e exconcelleiros a estar pendientes da xustiza por este mesmo motivo".

"O personal do concello ten que entrar pola vía da oposición para garantír a cualificación no posto de traballo, a estabilidade laboral e a actualización de salarios, o que redundará unha prestación correcta dos servizos á cidadanía, que os paga vía impostos", remarcan.

Finalmente, Alternativa Veciñal-En Marea esixe que se cubra a vacente de bibliotecario e se efectúen as obras necesarias para adecuar as instalacións, que "arrastran deficiencias a pesar da intervención feita polo obradoiro de emprego no último ano", conclúen.

30, Outubro 2018

A primeira xornada da cuarta tempada da Ruta das Tapas estará adicada aos pinchos elaborados con produtos de tempada como son as setas e as castañas. Será este venres, 2 de novembro, e o seguinte venres, en catorce establecementos hostaleiros integrados nesta iniciativa.

Os locais son: Roraima, Pituxo, Pulpería Plaza, El Caserío, Don Paco, Café La Parada, Parrillada San Andrés, Café Bar Soldado, Copetín, Estate Quieto, Cafetería Loft, Restaurante A Fuchela, Novo Sobreira (comezará na seguinte xornada) e Ningures.

O evento foi presentado no restaurante Casa Pituxo polo alcalde, Francisco Fumega; os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a relacións públicas de Pazo Tizón, Raquel Cabo, e representantes dos establecementos integrados.

Francisco Fumega e Manuel Dacal resltaron o traballo que realizan os hostaleiros do Carballiño para mellorar cada ano a calidade da oferta gastronómica, e chamaron a atención sobre as boas expectativas de afluencia para esta ponte do día de Todos os Santos, habida conta dos grandes eventos deportivos que haberá durante a fin de semana.

Noelia Mares explicou os agasallos que se poden obter de forma directa nesta nova tempada da Ruta das Tapas. Así, haberá 1.000 euros en premios de 10€, que se deberán canxear por cheques nas oficinas do CCA para realizar compras no Carballiño. Tamén haberá agasallos das empresas patrocinadoras como packs de botellas de viño de Pazo Tizón, copas de Estrella de Galicia, bolígrafos e outros obxectos. Tamén se poderán obter vales para os dos balnearios do Carballiño, o Gran Balneario e o Balneario das Caldas de Partovia, que hai que canxear previamente no CCA, así como entradas para os encontros de C.D. Arenteiro ou en Holli-Pulpo. Finalmente agraceceu a colaboración das empresas colaboradoras como Pazo Tizón e Estrella de Galicia.

Por parte de Pazo Tizón, Raquel Cabo amosou o orgullo da adega por colaborar un ano máis con esta iniciativa que, ao tempo que dinamiza o sector hostaleiro, promove o turismo gastronómico no Carballiño.

Como na anterior edición, a APP “quedamosdetapas”, que se pode descargar nos teléfonos móbiles, ofrecerá imaxes dos pinchos que se poderán degustar en cada establecemento ao prezo de 1,50€, a partir das 8 da tarde.

30, Outubro 2018

O 2º Torneo Vila do Carballiño de Patinaxe Artística, que organiza o Club AEHDE, reunirá este sábado no pavillón de deportes Paco Chao a 166 deportistas de 17 clubs de toda Galicia e as comunidades de Cantabria e Asturias.

Así mesmo, calcúlase que o evento moverá a máis de 600 persoas, moitas das cales teñen reservas nos hoteis da vila para pernoctar o venres e o sábado, producíndose un cheo nestes días. O torneo foi presentado esta mañá no Aparthotel Arenteiro polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o presidente do Club Aehde O Carballiño, Uxío Álvarez, e o xerente do Aparthotel Arenteiro, Uiriel Bernárdez.

Francisco Fumega resaltou a importancia deste torneo tanto desde o punto de vista deportivo como de promoción do turismo, pois por unha parte, supón traer ao Carballiño unha competición de gran nivel e ámbito nacional, e por outra serve como reclamo turístico para a nosa vila.  Por iso, agradeceu o traballo que ven desenvolvendo o Club Aehede e, en concreto, o seu presidente.

Manuel Dacal compartiu a reflexión do alcalde, asegurando que O Carballiño ía a ter unha gran ocupación hoteleira esta fin de semana, e que eventos como este engrandecen a nosa vila e o noso deporte.

Uriel Bernández amosouse satisfeito de colaborar con este torneo e este deporte que, ainda que é minoritario e non conta con moitas axudas institucionais, move a moita xente, e de feito asegurou que o Aparthotel Arenteiro estaba xa completo para as noites do venres e o sábado.

Uxío Álvarez dixo que con torneos como este O Carballiño poñíase no mapa do patinaxe nacional. Asegurou que suponía un gran esforzo de organización e que por iso, quería agradecer sobre todo o traballo dos país. Resaltou que, tras o gran éxito do primeiro torneo organizado no 2016, este o superaba, e que se escollera esta ponte de Santos para crear ambiente na vila.

O torneo comezará ás 09,30 h., do sábado, 3 de novembro, na pista anexa do pavillón Paco Chao, e rematará arredor das 09,00 h., da noite. Participan 166 patinadoras de 17 clubes de Galicia, Asturias e Cantabria. Estes clubes son os seguintes: Santander (Alexmar, un dos clubes de referencia da patinaxe a nivel nacional); Asturias (Sobre Ruedas de Gijón, Áncora de Oviedo e CP de Mieres); Galicia (Pontevedra: Volvoreta de Redondela; Lugo: Anca de Sarria; A Coruña: Berenguela, Ágora de Boqueixón, Oroso, Boiro, Galia de Ordes, Sarela, Torres de Altamira, Fontiñas de Santiago, Noia, Teo e Sarela.

O torneo contará con 40 colaboradores, e os xuices son da Federación Galega de Patrinaxe.

30, Outubro 2018

A PLATAFORMA S.O.S. O CARBALLIÑO ANTE A DENUNCIA VERTIDA EN COPECARBALLINO.ES TITULADA SOS CASINO DO CARBALLIÑO

 

O Carballiño, 29 de outubro de 2018. A plataforma SOS O Carballiño quere aclarar a denuncia publicada na páxina web copecarballino.es relativa o mal uso das instalacións do Casino do Carballiño

Ante a lectura de dita denuncia, vertida supostamente por unha socia da asociación, queremos PEDIR DISCULPAS A TOD@S aqueles que como ela se sentisen ofendidos, e informarlles que a partir de agora, sen entrar a valorar que unha rolda de prensa de varios membros da plataforma SOS O Carballiño , non dun partido , pódase considerar como acto político, NON VOLVEREMOS A REALIZAR DITOS “ ACTOS NAS INSTALACIÓNS DA ENTIDADE.

Aproveitamos a ocasión para dende a plataforma solicitarlles as autoridades pertinentes que dispoñan, para os veciños, locais públicos onde ,dunha forma áxil é transparente , levar a cabo actividades de toda índole sen que  teñan que molestar a ninguén.

Un saúdo

Plataforma S.O.S. O Carballiño

30, Outubro 2018

Resulta que o galo maior anuncia que se vai a unha granxa onde vano alimentar mellor, pese a que a libre designación nin tan siquera foi publicada no BOE (debe ser esta a maneira de obrar do PSOE, está feito porque eu dígoo). Eso sí, o galo maior di de sí mesmo que é un "home de consenso".

Pois para ser home de consenso deixa un galiñeiro ben revolto. Galos e galiñas pelexan por sucedelo cando aínda non marchou. E os homes de consenso cando marchan deixan como sucesor a que foi elexido democráticamente por maioría dos que están (este é o verdadeiro consenso). Pero nin senso, nin sesos, nin consenso.

E non está mal que elexira ao número dous, pois é o máis natural. E ademáis é quen lle meteu na testa o da incineradora. Pero o seis quere ser o  un, a cinco quere ser o un, e o dous quere ser o un. E claro, as contas non saen. E os contos tampouco saen, ¿verdade?

 

29, Outubro 2018

Facémonos eco dunha denuncia que nos chegou vía Facebook que informaba de que en Dornela (Santa Uxía de Lobás) as farolas se atopan acesas polo día. Animamos ao Concello do Carballiño a amañar este problema.

SOS O Carballiño

29, Outubro 2018

A inminente saída do socialista Celso Fernández da alcaldía de Maside para facerse cargo da dirección provincial do Inem mantén a incognita sobre o seu sucesor.

Tras exercer como rexedor municipal e con maioría absoluta nos últimos 12 anos, tres mandatos consecutivos, Celso Fernández comunicou ao seu grupo de goberno que decidira aceptar a proposta do su partido para asumir o cargo de director provincial do Inem, polo que deberá renunciar tanto á alcaldía de Maside como á dirección do IES nº 1 do Carballiño, xa que son cargos incompatibles na administración pública.

Tras varios dias de debate no seo do grupo municipal socialista non se chegou a un acordo de consenso sobre a persoa que debe sustituír a Celso Fernández ao fronte da alcaldía masidá.

Nun primeiro momento cando trascendeu a noticia, o propio alcalde chegou a apuntarao concelleiro e tenente alcalde José Manuel Iglesias como o seu sustituto, non obstante unha parte do grupo municipal socialista considera que o "sustituto natural" sería o concelleiro de medio ambiente e medio rural, Wenceslao Botana. 

Unha división interna que abre a posiblidade a unha terceira vía según apuntan dende o propio grupo socialista, neste caso a concelleira de servizos, persoal e obras, Begoña De Manuel, que completa esta terna de aspirantes a ocupar a alcaldía masidá unha vez que o actúal alcalde formalice a súa renuncia e se poña en marcha o proceso de elección de novo alcalde ou alcaldesa.

 

29, Outubro 2018

Son veciña do Carballiño e cada día asombrome mais da xente de este pobo, vendo as últimas denuncias desta páxina vexo que algún lle entrou algo de medo porque se forme unha plataforma cidadá que tire por o pobo, o que se preocupa de que fan os traballadores do concello no seu tempo libre, solo lle teño que dicir que cada un e libre de estar onde lle pete, penso eu que os tempos de represión fai moitos anos por sorte quedaron atras, outras das denuncias que puiden ver e a de unha persoa que esta preocupada de que se fagan actos políticos no casino, eu por o que puiden leer e informarme non e un grupo político, se non unha plataforma que non lle fan mal a ningen, pero xa se sabe que coas eleccions a volta da esquina hai moito nerviosismo encuberto

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS