10, Novembro 2018

É indecente que 70 persoas desprácense a Arxentina para homenaxear o centenario dunha asociación. Se o fixesen co seu diñeiro non habería nada que obxectar, pero fano con diñeiro público. Están moi afastados das problemáticas da cidadanía. O cidadán cando demanda algo á administración local, atópase con recursos escasos na administración. E non é de estrañar, pois os políticos malgástanos en viaxes megalómanos e superfluos.

 

Analicemos ao PP: A Deputación dedica unha contía importante de diñeiro para financiar a viaxe. Non estamos a falar de migallas, porque cada viaxeiro de moka custa contorna a 1200 euros. A Deputación convida os alcaldes pepeiros larpeiros a esta cuchipanda, e mesmo a pepeiros lrapeiros que non son nin concelleiros. Esta broma supera os 80.000 euros.

 

O señor Perea xa cometeu o seu primeiro erro embarcándose nesta mamandurria pepeira (os seus méritos son saír elixido por un reducido grupiño de 50 persoas para presentarse como alcaldable, pero nin é concelleiro). Fumamos ou que? Primeiro que e despois fumamos.

 

E este erro multiplícao o PSOE. Con diñeiro do concello tamén financian aos seus  viaxeiros mokeiros, e chove sobre mollado: No seu día foron a Alemania a facerse amigos dun polbo. Este ano volveron a Alemania (débenlles gustar as salchichas), e tamén foron a Bruxelas a solucionar non sei qué con cartos do PSdeG.

 

Moi mal PPSOE, e moi mal BNG. A única postura decente foi a de En Marea. Os políticos están cada vez máis afastados da sociedade, porque todo ese malgasto sería mellor empregado se unha parte dese diñeiro fose dedicado  a esa asociación para cubrir as súas necesidades, e sufragar os gastos para que os representantes desa asociación viaxasen ata aquí e homenaxealos (pero non 70 viaxeiros mokeiros).

 

 

9, Novembro 2018

A plataforma SOS O Carballiño, despois dos últimos atropelos acontecidos nesta última semana nos pasos de peóns das rúas Evaristo Vahamonde, Compostela e Balnerario (con feridos que necesitaron asistencia médica), e unha vez comprobado por esta plataforma o mal estado no que se atopan os pasos destinados ós peóns nesta vila (falta de alumbrado, mala sinalización vertical, mal estado da sinalización horizontal, falta de badéns reductores de velocidade, etc), ven de dirixir un escrito ao alcalde do Carballiño no que piden:

A corto plazo: Mellora nos pasos existentes tanto de sinalización vertical como horizontal, así como a instalación de dispositivos luminosos horizontais e verticais e badéns reductores de velocidade.

A longo plazo: Realización dun estudo para a detección das zonas máis criticas, coa finalidade de adoptar medidas especiais para mellorar a seguridade na mobilidade a pé da nosa vila, incluíndo a peonalización de rúas e a redución da velocidade no casco urbán a 30 KM/h, creación de carrís bici-ecolóxicos que unan o centro urbano con instalacións “alonxadas” (institutos, pazo dos deportes, piscina, parroquias limítrofes, etc), campañas de concienciación para reducir o uso de vehículos a motor de explosión e substituílos por medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente e máis saudables.

Recordan, finalmente, que algunhas destas medidas antes citadas xa se están a tomar noutros concellos de Galicia.

9, Novembro 2018

Se circulas pola N-541 sentido Pontevedra apenas atopas uns letreiros moi pequeniños ás aforas de Dacón e logo no cruce dos catro camiños cando xa é tarde para poñerte con antelación no carril correcto. Se circulas sentido Ourense igual situación nese cruce. Pero o máis surrealista é a ausencia total de sinalización se circulas pola AG-54 ao chegar a rotonda da Fontela. O resultado é que moitos transportistas que non coñecen o pobo acaban fiándose do GPS e meten o trailer ou a bañeira pola estrada de Corzos (a do ximnasia e a piscina), non vencendo o gálibo do túnel do ferrocarril o co resultado de ter que dar macha atrás de novo ata a N-541. E xa van unhas cantas veces que se repite esta situación. A única sinalización que está medio ben é a da estrada comarcal OU-504, pero claro primeiro hai que sinalizar ben o resto de estradas para conducir os vehículos a dita estrada comercal e evitar tráfico pesado pola Avenida de Compostela ou por Corzos. Senón non facemos nada. 

Chama a atención o ben que se empeñaron en sinalizar Carballiño como vila termal con eses letreiros marróns tan grandes en todas as entradas do pobo e sen embargo lugares como o polígono están tan mal sinalizados.

9, Novembro 2018

Polo visto alguén tivo a xenial idea de suprimir o carril de espera e acceso a Otero Pedraio que existía antes do famoso cambio a sentido único desta rúa, sen reparar en que dito carril, convenientemente acortado, podia servir agora para acceder a Ben Cho Sei para os vehículos que circulan pola avenida 25 de Xullo sentido Pontevedra. Dese modo evitaríase a ringleira de vehículos que se amontonan a certas horas e que chegan incluso a intorromper o tráfico sentido Pontevedra. Todo para gañar as 3 ou 4 prazas de aparcamento en liña do arcén do carril contrario. A teima deste goberno coas manidas prazas de aparcamento non ten nome. Crean problemas que antes no existían. A ver se alguén recapacita y fai as cousas con un pouco de sentidiño.
 

8, Novembro 2018

A praza de abastos comezará a campaña de promoción do Nadal o 12 de novembro co lema “VIVE O NADAL COA PRAZA DE ABASTOS”.

Desde ese día e ata o 22 de decembro, as persoas que merquen na praza poderán optar ao sorteo de 5 vales de compra por valor de 50 euros cada un; 2 ciurcuitos termais no Balneario das Caldas, que inclúe piscina dinámica, canal de fleboterapia e cea; 2 “súpercestas” de Nadal; 10 entradas para os partidos do Arenteiro en Espiñedo; 10 entradas para as sesións do Cine Club Carballiño, e 1 caixa de viño Pazo Tizón. O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 13,00 h.

Esta campaña foi presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o presidente da Asociación de praceiros, Eligio González, e a representante da Adega Pazo Tizón, Raquel Cabo.

Adolfo Nogueira felicitou aos praceiros pola iniciativa, destacando sobre todo o esforzo e entrega do seu presidente, e anunciou novas iniciativas para o próximo ano, coincidindo coa celebración do noventa aniversario da praza, que foi inaugurada no ano 1929. Así mesmo, desexou que esta campaña tivese polo menos tanto éxito como as anteriores.

Eligio González “Quini” amosou, en nome de todos os pareceiros, a súa satisfacción por presentar unha nova campaña que tiña por obxectivo impulsar as compras na praza, e dixo que se poñía en marcha de novo con moito esforzo por parte dos postos da praza. Así mesmo, agradeceu a colaboración do concello, do C.D. Arenteiro, do Cine Club e da Adega Pazo Tizón.

Finalmente, Raquel Cabo expresou a sempre boa disposición da empresa para participar nesta iniciativa así como noutras semellantes que significasen un impulso para o comercio local.

8, Novembro 2018

Esta fin de semana o concello decidiu pechar varias rúas, entre elas a Avenida do Balneario, desviando o tráfico polas rúas adxacentes.  Este desvío afectou a particulares e incluso a camións, sen ningún tipo de límite nin control, provocando incluso un accidente cun vehículo estacionado correctamente na rúa Pedriña. Por ese motivo gustaríame denunciar como veciño que xa está ben que se corten rúas de xeito arbitrario e sen mirar nin tan sequera se o desvío é apropiado para os vehículos que deben circular por elas. Además, para decidir onde e que actividades poden ocupar a vía pública, se debe mirar non sólo onde teñen un bar os amigos do concelleiro de turno (de turismo e deportes, por exemplo), sinon que por riba da amizade é obrigado que prime a seguridade dos veciños e o interés de todos, e non só o beneficio duns poucos.

8, Novembro 2018

SR. CONCELLEIRO DE SEGURIDADE IGUAL NON SEI SE ESTA O TANTO PERO E UN MAGOA QUE ONTE NO SUCESO  DA  AVENIDA BALNEARIO SO HAXA UN MUNICIPAL DE GARDA E ASÍ TODA A SEMANA NO TURNO DE TARDE. E UNHA VERGOÑA QUE LEVEMOS ASI ANOS, IGUAL VOSTEDE EN VEZ DE SAIR NA COPE OU NA REGION ETC DECINDO QUE ESTAN A TRABALLAR PRA PALIAR ISTO DEBERIA RENUNCIAR O SEU POSTO XA ESTÁ BEN DE MENTIR O QUE QUEREMOS SON DECISIONS POLICTICAS COUSA QUE DO SEU DEPARTAMENTO O UNICO QUE SE FAI E COBRAR SOBRE SUELDOS QUE NON VAN A NINGUN LADO E SE AFORRARIA MAIS CON XENTE,

SE TAN AMIGO E DE PACHI VAZQUE IGUAL DEBERIA PREGUNTARLLE A EL SO CO DATO EPOCA PACHI 15 POLICIAS E 3 OFICIAIS TODOS ELES EN ACTIVO A SUA ÉPOCA 9 POLICAS 1 DE BAIXA LARGA DURACION 2 SGUNDA ACTIVIDADE I OFICIAL UNHA MAGOA VERDAD

OU TOME DECISIÓN OU DIMITA

7, Novembro 2018

En este pueblo xa está sendo demasiado o tema dos bares fan o que lles peta e son os amos das calles. Cortan vallas, poñen carpas que ocupan plazas enteiras, as terrazas ocupan todo o que lles parece e seguro que non pagan nin a mitad das mesas. Por non falar do barullo do fin de semana ou de cerrar calles para o seu beneficio. Eso si uns bares parecen ter mais amigos no concello que outros, non son todos iguales.

A miña pregunta e canto ten que ver en este descontrol que os dous famosos concelleiros de bares teñan negocios relacionados co sector.

7, Novembro 2018

LA SIRENITA, EL MUSICAL, chega o sábado 10 de novembro ás 17 h , ao Auditorio do Carballiño. Mergullarase ata as profundidades do mar para facer gozar a grandes e pequenos coa SIRENITA, UNHA AVENTURA ECOLÓXICA, un gran musical producido por Candileja producións para toda a familia onde os personaxes que creou o escritor Hans Christian Andersen cóntannos esta divertida aventura que vai desde o mar ata a terra achegando valores como o agarimo pola natureza e a importancia do seu coidado mediante a reciclaxe.

O musical foi valorado como un dos mellores espectáculos para toda a familia grazas á súa mensaxe e calidade artística. Escrito e dirixido por Jesús Sanz-Sebastián, gañador do premio CREA nos premios do Teatro Musical, o espectáculo conta cunha coidada posta en escena, marabillosos vestiarios e voces en directo que crearán momentos inesquecibles; todo a ritmo de grandes números musicais que van desde o pop ao soul.

SINOPSE:
O novo príncipe Andersen non sabe que facer para remediar o mal causado polo ser humano durante centos de anos á Natureza pero todo cambia cando Pelo, unha nova sirena que cada noite observa ao príncipe, arrisca a súa vida converténdose en humana para revelar a Andersen todos os segredos sobre a reciclaxe. Pero para iso, debe pactar coa bruxa do mar: terá tres días para conseguir o amor do príncipe ou se converterá en escuma de mar.

Venda de entradas

Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com ao prezo de 12 euros, ou na taquilla do auditorio o mesmo día da función.

6, Novembro 2018

O xulgado do contencioso-adminisitrativo nº 1 de Ourense admitíu a trámite o recurso presentado por Alternativa Veciñal contra a Relación de Postos de Traballo -RPT- no concello carballliñés.

A base da argumentación que se fai no recurso é a mesma defendida anteriormente tanto nas alegacións que se formularon dende esta formación política como no recurso de reposición, pasos previos á presentación agora deste recurso no xulgado, xa admitído a trámite.

No arquivo adexunto podes ler os argumentos que levaron a AV-En Marea a presentar este recurso:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS