
Os centros educativos e asociacións do Carballiño participaron este mediodía nun acto contra a violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello coa asistencia do alcalde, integrantes da corporación e numeroso público.
Abriu o acto o alcalde, e a continuación interveu a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, que diu lectura a un manifesto no que puxo de manifesto a necesidade de seguir loitando contra da violencia contra as mulleres.
No acto participou profesorado e alumnado dos dous institutos, o nª 1 e o chamoso Lamas; os colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, así como Bo Día Familia e Asdifica. Aspadisi non poido participar nesta ocasión.
E o colofón o puxo a profesora de música e doctora en Musicoloxía pola Universidade de Salamanca, Almudena Mosquera, que interpretou un tema alusivo á efeméride.
Este venres prosigue o programa organizado polo Centro de Información da Muller, cunha conferencia da presidenta da Fademur Galicia, Rosa Arcos, que falará sobre a violencia machista no rural. Será ás 19,30 h., no salón de plenos do concello.

O Pleno extaordinario da corporación municipal do Carballiño celebrado nesta tarde de domingo, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, contou coa colaboración dun grupo de nenos e nenas do Carballiño, que foron os protagonistas da sesión ao ler a declaración institucional consensuda por todos os grupos políticos do concello carballiñés.
Neste manifesto institucional, os grupos politicos representados na corporación municipal, acordan:
1. Expresar a intención de promover a implicación ampla de toda a cidadanía para adoptar compromisos persoais e colectivos a favor da igualdade entre mulleres e homes, así coma o rexeitamento expreso ante calquera manifestación da violencia machista ou discriminación sexista.
2. Adquirir o compromiso para implementar políticas de coeducación en igualdade e dirixir a mirada á mocidade para desterrar os roles sexuais e eliminar actitudes e comportamentos normalizados que reproducen e perpetúan a a desigualdade coma orixe do machismo.
3. Reforzar a área de Igualdade, desde onde se coordinan as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e homes, cos recursos e o orzamento adecuado. Crear unha partida orzamentaria ou gasto destinado a políticas de igualdade de xénero.
4. Avanzar na consecución dunha sociedade corresponsable, igualitaria no privado e no público, respectuosa cos intereses e necesidades das mulleres e dos homes.
5. Comprometer o apoio da Corporación ás mobilizacións locais e nacionais que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista os 365 días do ano.
6. Demandar da Xunta de Galiza a creación dunha Unidade de Violencia Machista específica integrada na Dirección Xeral de Xustiza encargada de facer cumprir a lexislación en materia de violencia machista.
A sesión plenaria celebrada este 25-N fora solicitada inicialmente polo grupo municipal do BNG, e consensuada posteriormente polo resto dos grupos políticos con representación no concello do Carballiño.
Antes de celebrarse o pleno, tivo lugar unnha concentración na Praza Maior, na que participaron un cento de persoas.

Os socialistas de Leiro critican que o alcalde do PP só arranxe os camiños calamitosos do municipio que empregan os seus acólitos, marxinando pasmosamente ó resto da veciñanza e creando veciños de primeira e de segunda. Nunha nova demostración da súa vergoñenta parcialidade, o rexedor conservador, Francisco José Fernández, decidiu aprobar durante o último pleno municipal, unha modificación de crédito de algo máis de 23.000 euros, co fin de mellorar un camiño de acceso á zona de Candendo, na localidade de Lebosende.
Sen embargo, nesa mesma aldea e nese mesmo camiño, os veciños e veciñas do barrio de Costa, situado un pouco máis arriba, deberán seguir a soportar problemas para acceder ás súas vivendas porque o Concello non ten proxecto algún para eles.
O portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez, sinala que “é triste dicilo pero en Leiro hai veciños e veciñas de primeira e de segunda por culpa da vergoñenta parcialidade do alcalde”. “O rexedor non pode andar as agochadas, obviando e ignorando as necesidades de parte da veciñanza que mesmo cede os terreos particulares para proceder ás obras de mellora do camiño, mentres os seus acólitos recollen sinaturas para outras obras ás que si lle fai caso”, denuncia.
Os habitantes desta zona están indignados co trato que están a recibir por parte do goberno local e salientan que o Concello non soluciona o problema, a pesar do empeoramento do estado do camiño durante o inverno, unha época do ano na que se volve máis inseguro e problemático. O grupo municipal socialista considera “unha total discriminacion este tipo de decisións tan arbitrarias que, sen embargo, non son novas e reflicten perfectamente a actitude caciquil por parte do alcalde de Leiro, un municipio no que parece que teñen máis privilexios os veciños e veciñas do seu partido, e valen máis os cartos dos impostos dos seus que os cartos que paga o resto da veciñanza”.
“O deterioro desta vía é cada vez maior no acceso ó barrio de Costa, mentres o Concello queda de brazos cruzados e só traballa activamente para algúns”, destacan mentres recordan que o desleixo do PP coas necesidades máis básicas dos habitantes de Leiro non é nova. A disposición dos veciños e veciñas do barrio de Costa para facer estes arranxos tan necesarios é absoluta, polo que o PSdeG-PSOE achaca a decisión unicamente ós modos caciquís do alcalde popular e á proximidade das vindeiras eleccións municipais do ano 2019. “Doutro xeito non se entende esta preguiza e esta pasividade ante un asunto que preocupa moitísimo”, aseguran.
Os socialistas comparten plenamente as protestas da veciñanza de Lebosende afectada por esta pasmosa marxinación, e por iso reclaman que finalice o abandono secular ó que están sometidos por parte do equipo de goberno municipal conservador.
La última del alcalde de Punxín, como venganza porque denunciamos el uso indebido de los trabajadores y maquinaria municipal para limpiar gratis el monte a los cazadores y llevarse la leña de los robles que cortaron (y que aún no la han devuelto para poder entregar a vecinos carentes que realmente la necesitan más que el "empresario", y trabajador del ayuntamiento, que la cortó). Ahora intentó prohibirnos que circulemos con nuestro burrito por el pueblo y que pastara en el área de recreo que nadie utiliza. Como rechazamos tan absurda y arbitraria acción de venganza, mandó al personal del ayuntamiento para que arrasen la hierba del lugar solo para impedir el pastoreo, ya que ahora no es época de hacer esa labor, al mismo tiempo que cortó la cabeza de los robles y podó sus ramas para que el tractorista, padre de la candidata del PSOE recientemente ascendido a fijo, luzca sus dotes de "jardinero" disimulando así la intencionalidad maquiavélica del uso indebido del personal.
O estado que presenta estos días a acera da avenida 25 de Xullo no tramo dos tilos que vai dende onde comeza o muro da estación ata a praza da estación non é o máis axeitado. Dacordo que estamos en outono, fai vento e chove e as follas teñen que caer. Todo iso é o normal para as datas nas que nos atopanomos, e ogalla chova máis que compre. Pero tamén compre que vaia unha brigada limpar toda o follaxe do chan para que a xente, e en especial de maior idade, poida andar sen risco de esvarar. O outro día fun recoller o rapaz a estación e pillei un bo susto o esvarar cunhas follas molladas. Hai zonas con máis de 25 cm de altura de folla no chan. De paso por favor limpen os sumideiros novos desa acera, están case todos atascados no seu interior.
Bo día a todos, a semana pasado surxiu unha polemica ó redor dun cartaz que se colgou no servizo de pediatría. Non podo deixar a ocasión para compartir como usurio que son, que efectivamente o servizo ten carencias as cales xa enumeraron en distintos post do facebook, e incluso nesta páxina web, e non é o momento de reptetir, só un matiz.....as consultas dos pediatras privadas están a revosar, por algo sera... e por algo non se querra polemizar co centro.
Por outro lado esta semana salta unha nova de que o Sergas tera que indennizar a familia dun carballiñés falecido por unha neglicencia na atención a dito paciente, casualmente en dito centro....
Rogo as autoridades pertinentes que fagan unha evaluación do centro, e corroboren que o funcionamento esta a ser o acorde a un servizo tan esencial como é a atención os enfermos da vila.
Saúdos.

O alcalde popular de San Amaro, Ernesto Pérez formalizou a primeira hora desta mañá no rexistro municipal a súa renuncia ao cargo “non só por motivacións persoais –afirmou- senón pola profunda convicción de que despois de case catro mandatos xa é o momento de abrir paso a novas persoas e novos proxectos para o noso concello”.
Pérez afirmou sentirse orgulloso de ter representado a San Amaro en todos estes anos, “cheos de traballo e moitas satisfaccións, en particular polo que supón axudar aos meus veciños”. O ata agora alcalde tamén tivo palabras de agradecemento para o Partido Popular e o seu presidente, Manuel Baltar, quen precisamente subliñou o talante político de Pérez “tanto polo traballo desenvolvido nestes anos como pola súa disposición a deixar paso a unha nova etapa municipal, representando así a renovación que sempre caracterizou á nosa formación”.
Nesta liña, Manuel Baltar destacou tamén o compromiso e a capacidade de esforzo do ata agora tenente alcalde de San Amaro, Fernando Redondo (San Amaro, 1977) “xa demostrada tanto pola súa traxectoria profesional como pola súa experiencia na política local, pois acompañou a Pérez en varios dos seus mandatos”.
Redondo asumirá agora a presidencia da corporación local ata as eleccións de 2019, momento no que, confirmou Baltar, será o cabeza de lista do Partido Popular neste concello. Redondo, vencellado profesionalmente ao sector textil, é Diplomado en Administración de Empresas pola Universidade de Vigo, licenciado en Finanzas pola Universidade de Santiago de Compostela e está en posesión do master en Dirección e Xestión de Empresa pola antiga Escola de Negocios de Caixanova.
O próximo alcalde de San Amaro e candidato popular afirmou sentirse “agredecido polo apoio dos concelleiros que lle acompañan no goberno local, así como ao presidente provincial do PP pola confianza depositada en min”.

Está ben que fagan un pleno extraordinario pra denunciar a violencia machista. Pero eu quedo anonadada coa ausencia de mulleres nesa macroviaxe. Vivimos no século XXI e os micromachismos deberían estar superados. En Buenos Aires deben pensar que aquí a reproducción é hermafrodita.
Eu sinto moito o non poder aceptar que se tache de "catadura moral baxa" aos que criticamos o despilfarro das diferentes administracións ( Deputación e diferentes concellos peperos e non peperos) nunha viaxe na que se enviou unha comitiva excesivamente brutal, que non arranxou nin un dos problemas dos emigrantes, nin deixou un peso alí nin aquí (que achegou valor cero) ao marxe dos voluntariosos viaxeiros que cos cartos do contribuinte alí se presentaron, e o polbo das caldeiras.
Para homenaxear esa asociación, que sen dúbida meréceo, bastaría con enviar unha comitiva dos representantes destas administracións (alcaldes.presidentes da corporación) , sexan dos partidos que sexan, e sen complexos (eso pódese entender). Ou traer aos representantes (presidente, secretario e tesoureiro) desa asociación, homenaxealos aquí, e enviar unha parte deses cartos que se despilfarraron, para sustentar parte das necesidades desa asociación, de tal xeito que a xente de a pé saíse beneficiada. Eso sería intachable moralmente e tamén dende o punto de vsta da xestión eficaz dos cartos do contribuinte.
Pero non podo aceptar, nin moitísimas persoas poden facelo (máis das que pensan algúns), que se poida tachar de catadura moral cuestionable a quenes criticamos estas comitivas satélite do baltarato e da patochada esa da "ourensanía". A este ritmo imos ter que crear oficinas consulares satélite da gran embaixada Baltar.
Persoalmente a actitude de Chema paréceme de dez. Incuestionable (quítome o sombreiro aínda que non o teño), fago un saúdo militar que ven de cando os cabaleiros subían o casco para mirarse aos ollos antes da contenda.
Pagou o desplazamento do seu peto. E esta conducta loable e intachable vese manchada moralmente coa incongruencia de tachar como de moralidade cuestionable a quenes opinamos que o camiño correcto é o de Chema, ou o de Bernardo (se vas, vas cos teus cartos,se se non non vas). Quenes deben ir cos cartos do contribuinte son os representantes (alcaldes), e punto, ou facer que veñan os representantes de alá. E apelar a que a asociación meréceo, ademáis de pura demagoxia é unha perogrullada. Non quero facer un relatorio da xente que viaxou (coas máns vacías, sen aportar nin un gramo de valor), pero dende logo moralmente penso que estou nunha posición máis digna, eu, e o resto de contribuintes.
Porque non existe eso dos cartos públicos, non caen do ceo. Veñen do catastrazo, dos actos xurídicos documentados afectados tamén polo catastrazo, da suba de taxas, e da suba xeralizada de todos e cada un dos impostos e taxas. Esto non é populismo é ter os pes no chan.
Así que por favor, moralinas as xustas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 461
- 462
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- …
- seguinte ›
- última »