25, Outubro 2018

ABANCA e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto (CCA) acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes do Carballiño.

O presidente do CCA Carballiño, Julián Garriga, e o director de zona de ABANCA en Ourense Oeste, Carlos Díez, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co pequeno comercio galego.

O convenio facilita que os comerciantes carballiñeses accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Os asociados poderán contratar produtos como préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Así mesmo, para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes dos negocios poderán acceder ao servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado servizo APLAZOS. Deste xeito, permítese financiar as comprar de forma rápida, sinxela e económica.
O novo documento tamén estipula que os empresarios poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos como ICO e Igape. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

Os comerciantes poderán beneficiarse igualmente doutras fórmulas como o Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Ourense que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

Do mesmo xeito, os comerciantes adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. O banco tamén porá a súa disposición xestores en materia de seguros ou banca electrónica.

O novo acordo incluso permite que aqueles empresarios que estean a pensar ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan gozar dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.

A Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto naceu no ano 2010 co obxectivo de defender os intereses das empresas e negocios desta área de influenza, así como realizar campañas de dinamización e fidelización. Doutra banda, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

23, Outubro 2018

Asi o confirmou  o secretario de infraestrutcturas ante representantes da Plataforma A-56 no transcurso dunha reunión celebrada na sede de Fomento.

No transcurso dos próximos dias a empresa adxudicataria reanudará as obras, de feito estes días xa se está vendo movemento na zona coa chegada de maquinaria pesada.

O tramo desta "microautovia" entre a localidade da Barrela e o límite cos concello de Cea e Vilamarín, no alto de San Martiño, non ten de momento concretada a continuidade do resto do proxecto, do que é a A-56 Lugo-Ourense.

Según as previsións confirmadas nesta reunión, Fomento fixa o remate das obras a finais de 2019. En todo caso, a apertura desta "microautovia" facilitará a mellora da comunicación por estrada coa provincia de Lugo.

22, Outubro 2018

Luis Piedrahita, un dos mellores humoristas españoles, abrirá o domingo, 2 de decembro, a nova tempada do ciclo de humor “CarballiñoComedy4”, que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o responsable da compañía promotora Moitamerda Promocións, Juan Pablo Quintela.

O cartel complétase con outros cinco grandes humoristas: JJ Vaquero (sábado, 12 de xaneiro), El Monaguillo (sábado, 2 de febreiro), Luis Zahera (sábado, 16 de marzo) e Miguel Lago (domingo, 5 de maio).

Trátase dun dos mellores programas das catro edicións, segundo aseguraron Fernández e Quintela. Piedrahita ven ao Carballiño como fin da xira que realiza actualmente baixo o título de “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas”, con cheo absoluto en todas as funcións. Vaquero virá acompañado polo tamén humorista Chema Trueba, e El Monaguillo estrenará na provincia de Ourense o seu novo monólogo “Solo lo veo yo”. O actor galego Luis Zahera, que na actualidade desenvolve un papel relevante xunto a José Coronado na serie de Telecinco “Vivir sin permiso”, monologará sobre os papeis que o caracterizan de “malo-malísimo das películas”.

As entradas anticipadas para o espectáculo de Luis Piedrahita xa se poden adquirir no restaurante Comonacasa ou en Ataquilla.com, ao prezo de 18 euros máis gastos de xestión. Na taquilla o prezo será de 20 euros.

As entradas para os demáis monólogos tamén se poderan adquirir de xeito anticipado no restaurante Comonacasa ou en www.wotick.es e terán un custo de 10 euros máis gastos de xestión. Na taquilla o prezo será de 13 euros.

Juan Pablo Quintela dixo que era o cartel máis difícil de conformar, pois trátase de figuras que non e fácil xuntar nun mesmo ciclo. Tamén dixo que O Carballiño era a única vila galega na que este ciclo acadaba a cuarta edición, polo que amosou o seu agradecemento ao concello e ao concelleiro de Cultura.

Diego Fernández amosou a súa satisfacción por traer de novo ao Carballiño un cartel de humoristas tan espectacular como o desta nova tempada, superando incluso as anteriores, o que convertirá á nosa vila nun referente dos ciclos de humor en Galicia. Tamén desexou que se repita o éxito das edicións pasadas, nas que houbo prácticamente cheo en todas as funcións. Finalmente, agradeceu á compañía Moitamerda promocións que sigan apostando polo Carballiño como unha das vilas preferentes para traer os seus espectáculos, que doutro xeito só se poderian ver nalgunhas capitais.

22, Outubro 2018

Parabéns a alcalde e a súa política de aforro enerxético, a pasada semana estiveron dia e noite encendidas as farolas da avenida do Arenteiro, 27 en total, as outras, ata un total de 55 están sin cabeza ou sin bombilla.

19, Outubro 2018

Onte coma todos os días fun a pé a piscina a Corzos, o estado das ruas diso que chaman Urbanización "Os Corzos" é máis ca lamentable. Todo cheo de baches, fochancas, do bordillo a carretera máis de 50 cm ocupado por grava de anos sen limpar e maleza polo que tes ir case a un metro dentro da carretera, as aceras so existen onde hai casas (pagadas polos seus propietarios). Non hai ningún tipo de sinalización de pintura na carretera, as sinais verticais nin falamos, somentes existen duas na rua do colexio, que por certo e habitual ver coches circular en sentido prohibido. 

O que vin onte a mañá na rua de entrada a Corzos non é máis que o anticipo do que vas topar en Corzos, a situación desa urbanización por chamarlle dalgunha maneira, despois de 30 anos é lamentable. Non é de extranar que a ocupación sexa tan baixa, ademais de ser punto habitual de descargas ilegais de escombros e demais residuos.

Os contenedores pola rua preto do cruce, os peatóns temos que pasar por diante deles e se ven un coche de corzos e outro que quere entrar xa non se pasa. Xa non digo nada da que se ten que montar o mediodía, cando hai coches aparcados para comer nos bares e coincide a saida do colexio.

Custa tanto botar un pouco de formigón e facer a acera, nesa rua todas as casas teñen cemento nas aceras, non fai falla poñer plaqueta. O que importa e ter unha superficie pola que andar os peóns.

Alguén deberia facer algo para solucionar isto. A imaxe é de basureiro total.

19, Outubro 2018

O vindeiro dia 30 de Novembro os premiados recibirán o galardón da Arenteira, na súa VII edición, no transcurso dun acto solemne que se celebrará no Aparthotel Arenteiro, promotor e organizador de dos galardóns que cada ano recoñecen a persoas que destacan pola súa traxectoria no ámbito do deporte, e a cultura e a ciencia.

No apartado deportivo recibe o galardón José Manuel Soto Dapena, en cultura o recoñecemento é para Luis González Tosar, mentres que A Arenteira a título póstumo lévao Ernesto Chao Pino.

O xurado tomou en consideración, no caso de D. José Manuel Soto Dapena, a súa longa traxectoria deportiva, tanto na súa faceta de deportista activo na modalidade de taekwondo, como na de mestre da mesma, formando nese labor ó longo de máis de 30 anos de actividade a numerosas xeracións de deportistas das comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Destacar tamén a súa faceta como emprendedor e creador de iniciativas de carácter empresarial vinculadas co mundo do deporte coa fundación da Escola e Ximnasio Olimpia do Carballiño, auténtico exemplo de actividade e difusión deportiva.

O xurado valora no caso de D. Luis González Tosar, a súa recoñecida traxectoria no mundo da literatura nas facetas de poeta, produtor, ensinante, editor e narrador. A súa longa produción creativa é hoxe un referente no mundo literario galego que fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa intensa e variada carreira, entre os que podemos mencionar, entre outros, o Esquío ou o Antón Losada. O seu vínculo con estas terras veuse agrandado coa creación en Madarnás da Insua dos Poetas, proxecto que trata de aglutinar nun espazo paisaxístico bucólico o mundo literario, artístico e natural e convertelo nun legado para a posteridade baseado nas fondas raiceiras da cultura identitaria galega.

Finalmente, no outorgamento do Premio Póstumo a Don Ernesto Chao Pino, falecido en agosto deste ano de 2018, valorouse a súa dilatada vida consagrada ó mundo da interpretación como nomeado e recoñecido actor tanto no teatro, onde debutou a finais da década de 1960, como no cine e televisión. No caso do teatro participou en case 40 producións ó longo da súa carreira, ocupando tamén o cargo de Director do Centro Dramático Galego e dirixindo a súa propia compañía Lagarta Lagarta, conxuntamente coa súa dona, Rosa Álvarez. No mundo do cine participou en numerosas producións cinematográficas, case 20, con directores de recoñecido prestixio. Pero foi na súa participación en series televisivas onde a súa figura pasou a ser máis popular entre a poboación, subliñando os seus papeis protagonistas en Pratos combinados ou Efectos secundarios xunto con outros en diversas series nos canais convencionais de difusión estatal -Cuéntame ou Aquí no hay quien viva. Esta intensa actividade profesional fíxoo merecente de numerosos premios ó longo da súa carreira.

Por todo elo, este Xurado entendendo e valorando os méritos que todos atesouran, considerou, deste xeito, seren merecentes deste Galardón na súa VII Edición facendo constar que, ademais, constitúen motivo de orgullo e exemplo para os cidadáns que habitamos estas terras do Carballiño e O Ribeiro.

Na foto, LUis González Tosar, distinguido no apartado de cultura.

19, Outubro 2018

O acordo alcalzouse tras a reunión que se celebraba esta mañá de venres, en consecuncia quedaron desconvocados os paros convocados polos sindicatos.

As claves que fixeron posible este acordo son un incremento do 3% no salario base, unha xornada laboral de lúns a vernes, e o pago de 16 euros a hora extra os sábados.

18, Outubro 2018

Os sindicatos CCOO, CIG e UGT, que obstentan a maioría no Comité de Empresa da compañía GRI Towers Galicia, ubicada no parque empresarial do Carballiño, convocan paros indefinidos en defensa da negociación colectiva ante o fracaso "dos continuados intentos de contactos realizados polos representantes dos traballadores" toda vez que "os xestorres da factoría persisten en cerrarse en banda, manténdose en posicións inasumibles para o conxunto da plantilla".

A factoría da multinacional, dedicada á fabricación de torres eólicias, é a empresa con máis empregos directos na comarca do Carballiño, máis de 400 en momentos de máxima producción.

Os paros, que se convocan con carácter indefinido, a partir deste venres 19 de Outubro terán unha hora de duración en cada turno: de 11,30 a 12:30 horas para a quenda de mañá, de 20,30 a 21,30 hjoras para a de tarde, e de 4,30 a 5,30 da madrugada para a quenda de noite.

18, Outubro 2018

Tres agrupacións corais -Coral Polifónica de Rodeiro (Lalín), Grupo Coral de Oiâ (Aveiro-Portugal) e Coral Polifónica Casino do Carballiño-, participarán este sábado no Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que celebra o seu 35 aniversario. A gala terá lugar no salón de actos do Casino este sábado, 20 de outubro, ás 20,30 h., coa entrada totalmente libre.

O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a deputada provincial e concelleira Teresa Cerdeira; o director da Coral do Casino, Jaime González Pichel, e a vicepresidenta desta agrupación, Pilar Caballero, entre outras representantes da entidade organizadora.

Francisco Fumega amosou o seu orgullo por contar no Carballiño cunha entidade coa historia e sona da Coral do Casino, que representa á nosa vila por todos os lugares por onde viaxa. E expresou os seus parabéns por acadar a 35 edición dun festival con tanta tradición e calidade como o Galaico-Portugués.

Diego Fernández sumouse á loubanza do alcalde e tamén lle agradeceu á Coral do Casino o mantemento ao longo do tempo do gran nivel do festival, así como do grupo.

Teresa Cerdeira expresou en nome da Deputación a satisfacción por colaborar unha vez máis con este festival, e reiterou a felicitación por acadar a 35 edición.

Jaime González Pichel referiuse ao gran nivel que teñen na actualidade as corais portuguesas e de aí a importancia deste festival. Neste senso, recordou a participación recente nun concerto en Guimarâes, e tamén destacou a actuación da Coral do Casino na Misa Pontificia de Coronación da Virxe do Corpiño como un evento musical salientable. Finalmente, realizou unha glosa das corais participantes nesta edición do festival.

Pilar Caballero pechou a quenda de intervencións agradecendo ao Casino, Concello e Deputación a súa colaboración, e anunciou as próximas citas do coral, entre as que están unha o 15 de decembro no auditorio Manuel María e outra o 25 do mesmo mes na Vearacruz. Pediu tamén o apoio do público para que acuda este sábado ao festival.

O programa do festival é ameno e variado. Así, a Coral de Rodeiro interpretará música popular de Galicia e Latinoamérica, entre outras músicas de polifonia; O Grupo Coral de Oiä ofrecerá o repertorio máis completo do festival con obras de compositores portugueses e brasileños, entre outros, e a Coral do Casino interpretará Tres Cantos Galegos (Rogelio Grobas-Julio Domínguez), Haleluja (Häendel), o tango El día que me quieras e un espiritual negro.

16, Outubro 2018

A mostra “Arenteiro Fotográfico”, que se desenvolverá nos meses e novembro e decembro en dez espacios do Carballiño, incluirá unha vintena de exposicións individuais e colectivas.

Esta iniciativa, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, e que foi presentada esta mañá como “un paréntese do Outono Fotográfico de Ourense”, inaugurarase probablemente o día 10 de novembro cunha charla-coloquio e a proxección de diversos audiovisuais e curtametraxes.
No programa figuran os seguintes autores e títulos de exposicións:

-En novembro: Tere Fernández “Medusa Pedra Nai”, Asociación Fotográfica Os Negativos “Nuestra Mirada”, Fuco Reyes, Beatriz Cabanelas “Puerta hacia el sudeste asiático”, O´Potiños “Fronteiras”, Iván Barreiro “El azar encontrado”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Fmily, Teté D.Estate “Mosmo na rúa” e Ana Pumar “Otra puerta a la ciudad”.

-En decembro: Jesús gil y Clara Lelarge “Amazigh O Marrocos Bereber”, Agrupación Fotográfica Fotosíntese “Pintando con luz”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Family”, O´Potiños “Fronteiras”, Premios Viña do Campo 2018, Roberto García, Alberte Pereira “Fragmentos” e Roberto de la Torre “Pólvora”, e Iván Ferreiro “El azar encontrado”.

As salas de exhibición son: Auditorio Municipal Manuel María, Concello, Hotel Arenteiro, Casino, Rúa do Paseo, Café Peñasco, Pazo Almuzara, Asador Veracruz, Café Plaza.

No acto de presentación estiveron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández: o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco; a secretaria deste colectivo, Esther Mosquera, e o tamén directivo Álex Carral, así como un dos integrantes do equipo de dirección do Outono Fotográfico Ourensán, Xosé Lois Vázquez “Che”.

Diego Fernández agradeceu o traballo que realiza a asociación O´Potiños e felecitou ao colectivo por organizar un evento de tanta trascendencia e que situará ao Carballiño como un referente fotográfico en Galicia nestes próximos meses, coa presencia de destacados fotógrafos de toda Galicia.

Manuel Blanco comezou explicando que esta iniciativa nacía en parte para curar o despropósito co Outono Fotográfico Ourensán, e de aí a presencia no acto dun integrante destacado da súa organización, Xosé Lois Vázquez.

Ao respecto dixo que esperaba que fose un paréntese e que no futuro poidera seguir desenvolvéndose. Así mesmo, amosou a súa sorpresa pola gran cantidade de ofertas de exposicións que chegaron, tendo que deixar algunhas fóra por falla de tempo e espazos, e destacou a calidade dos autores e autoras cuxas obras estarán incluidas na mostra. Destacou o labor que realiza a asociación que preside ao longo do ano, e o gran interese da mostra que exhibirán neste evento co título de “Fronteiras”.

Finalmente, Xosé Lois Vázquez “Che” ensalzou o labor que levan a cabo os integrantes de O´Potiños a prol da difusión cultural fotográfica e lamentou que, tras 35 anos, o Outono Fotográfico Ourensán non poidera celebrar a 36 edición. Por iso destacou esta iniciativa do colectivo carballiñés, que considera

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS