3, Outubro 2018

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial e Parque Empresarial do Carballiño "AICA" ven de celebrar unha asemblea electoral que reelixíu como presidente a Manuel Carballeda, de Empresa Montañesa, con él continúa tamén o resto da directiva, á que se incorpora o representante da empresa Dizmar.

Esta asociación agrupa ás empresas que desenvolven a súa actividade na área industrial do Carballiño, e que según os datos aportados polo propio presidente, xeneran preto dos mil empregos directos.

Carballeda referíuse no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio á necesidade de ampliar o solo industrial no municipio, toda vez que "a dia de hoxe queda dispoñible unha soa parcela, polo que esta foi unha das cuestiós que se abordou nesta asamblea". O presidente do colectivo empresarial considera que esa posible ampliación podería facerse cara terreos municipais de Maside, colindantes co parque empresarial, unha posiblidade que xa propuxo o grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño, sendo ben recibida por parte dos gobernantes municipais do concello de Maside.

Nesta mesma asamblea de AICA tamén se acordou trasladar varias demandas aos responsables municipais do Carballiñp, entre elas, a mellora da seguridade en toda a zona industrial coa instalación de novas cámaras de vixiancia, a limpeza de beirarrúas e a actualización da sinalización vertical, incluíndo as últimas empresas que iniciaron a súa actividade.

Tamén propoñen a apertura dun novo vial que comunique as rotondas dos viais 1 e 3, o que repercutiría na mellora das comunicacións internas do parque empresarial carballiñés

2, Outubro 2018

O Concello de Piñor ven de iniciar as obras de pavimentación correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños 208-2019.

As actuacións que se encadran neste proxecto son a mellora dos camiños de acceso ao núcleo de A Folgosa e Eirexe das parroquias de A Canda e Torcela respectivamente; e a mellora do camiño no lugar de Moire.

As vías son todas elas de titularidade municipal e atópanse co firme moi deteriorado causado polo uso continuado durante moitos anos e polas raíces das árbores que se atopan ás marxes. As melloras dos camiños consisten na pavimentación do firme con doble e triple rega asfáltica e limpeza das cunetas para evitar que a auga deteriore o pavimento.

Estas actuacións segundo o Alcalde de Piñor José Luis González “son imprescindibles posto que melloran a calidade dos accesos a estes núcleos que na actualidade eran moi deficientes polo estado actual dos firme que levaba máis de 15 anos sen que tiveran ningún tipo de mantemento. É unha obriga como Alcalde ter os mellores accesos aos nosos pobos, e temos invertido moito con esforzo e traballo; dende que accedín a Alcaldía para que isto sexa así. Con elo contribuímos a que os os pobos non queden despoboados e poñendo os medios para que non sexa unha traba vivir no rural.”

As actuacións encadradas no Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 teñen un importe de 41.710,62 € IVE engadido; financiadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural.

30, Setembro 2018

Buenas.

Me gustaría saber el motivo exacto por el que a estas alturas de curso la cafetería del instituto no está abierta.

Dicen que si un problema de licencias, de adjudicaciones, ... Sea como sea me gustaría saber la realidad y si finalmente va a abrir.

La solución no me parece que sea poner unas máquinas expendedoras de alimentos y bebidas.

Muchas gracias

29, Setembro 2018

A segunda xornada do X Congreso do C.E. Chamoso Lamas, que se desenvolveu no centro cultural de Melgaço (Portugal) puxo de manifesto a necesidade de protexer e conservar o patrimonio histórico, sobre todo no medio rural.

Esta chamada de atención fíxose durante a exposición dunha ponencia sobre o Conventiño dos Frades, granxa monástica de Aciveiro no Ribeiro.

É unha granxa que perteneceu ao mosteiro de Aciveiro, ao igual que unha bodega de gran interese e cuxas ruinas poden desaparecer para sempre.

A primeira referencia histórica que se ten desta granxa data do ano 1537, e fala dun lugar que estaba «junto a la Granja y del Paraíso».

Segundo Xosé Luis Sobrado, foi a primeira granxa monástica de Galicia, e atópase nunha situación de total abandono.

Xunto a Sobrado interviñeron nesta ponencia Juan José Álvarez, o arqueólogo Jorge Lamas, a historiadora Ana Gordín e o biólogo Diego Prado.

Tamén tivo moito interese o proxecto «Lírica», que se desenvolve no marco do programa Interreg, e que foi presentado pola profesora de Filoloxía da USC, Mariña Arbor, e a investigadora Carmen de Santiago, e que consiste na aplicación práctica da lírica medieval galaico-portuguesa para achegar á sociedade o coñecemento do patrimonio material e inmaterial.

Este proxecto, que estará rematado o próximo verán, permitirá a través de diversas produccións audiovisuais difundir este patrimonio medieval mediante tres rutas abarcando as comarcas do Carballiño e O Ribeiro e o norte de Portugal (Melgaço, Monçao e Fiais). Incluso haberá unha aplicación para poder seguirse polo teléfono móbil. E tamén están previstas a elaboración de guías en papel, videoclips, etc.

Ademáis, nesta xornada falouse das antigas escolas de Boborás, da Torre medieval de Godás e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Na xornada tamén se realizaron varias visitas culturais guiadas ás pesqueiras de Arbo, ás Termas do Peso e ao PN Peneda Gerés.

28, Setembro 2018

Seis obras e unha máis fóra do certame, conforman o programa da XI Mostra de Teatro Amador, que organiza o grupo de Teatro Tiruleque, e que se desenvolverá os sábados e domingos entre o 7 de outubro e o 4 de novembro no auditorio Manuel María do Carballiño. Trátase de seis comedias e un drama, que foron elexidos polo xurado da mostra entre vintecinco propostas recibidas, según dixo o presidente de Tiruleque, Xosé Prada Martínez.

Por primeira vez, esta mostra de teatro instaura un Premio do Público que elexirá a mellor obra e que terá unha dotación de 500 euros. Así mesmo, os integrantes de Tiruleque designarán a mellor obra (que pode coincidir ou non coa do público), e que terá como premio acudir á duodécima edición do festival.

O evento foi presentado este mediodía polo presidente da compañía teatral carballiñesa e catro integrantes da mesma: Lidya Almonte, Floro González, Mª Carmen Fernández e Antonio Rey; así como polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Diego Fernández destacou a importancia desta mostra de teatro Amador, que é unha das máis destacadas de Galicia, e asegurou que enriquece a oferta cultural do outono no Carballiño, e que por iso, e polo traballo de organización que require, facía un chamamento á veciñanza para acudir ás representacións.

Xosé Prada agradeceu a colaboración do concello do Carballiño e da Deputación de Ourense, que subvencionan a mostra, e referiuse á colaboración da Asociación fotográfica O´Potiños, que levará a cabo unha exposición de fotografías alusivas ao teatro no vestíbulo e na sala de exposicións do auditorio durante o certame.

Tamén agradeceu a colaboración desinteresada da autora do cartel, Chus Ogando, que xa deseñara o do pasado ano. Finalmente, aclarou que ainda que a mostra componse de seis representacións, o grupo facía un gran esforzo para ofrecer unha séptima.

Lidya Almonte e Floro González destacaron a gran calidade das obras tanto pola posta en escea como pola representación, e convidaron a todas as persoas que teñan interese polo teatro a integrarse no grupo Tiruleque e, por suposto, a asistir á Mostra.

Todas as obras darán comezo ás 7 da tarde e o prezo para cada función será de 3 euros.

PROGRAMA

-7 de outubro: DITIRAMBO TEATRO CORUÑA (Montrove-Oleiros) coa obra dramática “Anónima 18”.
-20 de outubro: O CATRE TEATRO (As Pontes) coa comedia “O medo meu”.
-21 de outubro: GARGALLADA TEATRO (O Barco) coa comedia “O xogo de Versalles”.
-27 de outubro: A.C.FAÍSCAS (Arteixo) coa comedia “UN FIAMBRE, UNHA ROSCA E UN CANCAN”.
-28 de outubro: TEATRO MUXICAS (Ourense) coa comedia “O inspector”.
-3 de novembro: O TRASNO TEATRO (Comesaña-Vigo) coa comedia “En venda”.
-4 de novembro: Grupo invitado MARTABELAS (Recesende-Teo) coa parodia “A cousa de Bernarda Alba”.

27, Setembro 2018

Hinchables, animación musical con DJ, salchichas e cervexa alemás, forman parte da oferta da II OKTOBERFEST que organiza C.D. Arenteiro esta fin de semana na Praza do Emigrante. Para isto estase instalando unha carpa na “pista roxa”.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o directivo de C.D. Arenteiro, Manuel Sotelo.
Trátase de pasar un momento de divertimento, degustar bos productos e contribuir a xerar fondos para o club, segundo manifestou Manuel Sotelo, que expresou o desexo de que esta festa acadase tanto éxito como a primeira edición, celebrada o pasado ano.

Diego Fernández resaltou o esforzo que realiza a directiva do equipo de fútbol carballiñés para conseguir fondos adicionais con que sufragar os elevados custos do equipo nesta tempada, e que é unha festa para todo tipo de público, incluso familiar, pois os nenos disporán dunha zona de xogos hinchables.

A festa comezará este venres, 28 de setembro, ás 19,00 h.; continuará durante o sábado, e rematará o domingo. O horario de peche será ás 02,00 h., e o de apertura o sábado e o domingo será ás 12,00 h.

O domingo 30, no que se disputa en Espiñedo un novo encontro de Terceira División, enfrontándose C.D. Arenteiro ao conxunto do CD Ribadumia, anímase dun xeito especial á afección para achegarse ata a carpa e xantar salchichas e outros pinchos antes de dirixirse ao estadio. “É unha forma de axudar ao club compartindo o xantar coa afección”, dixo Manuel Sotelo.

27, Setembro 2018

Os promotores da nova plataforma cidadán pretenden integrar a todo tipo de persoas preocupadas polo que -entenden- é o actúal retroceso que no ámbito comercial, social e económico, e de servizos públicos, está afectando nos últimos anos a O Carballiño, e que se manifesta incluso no retroceso de poboación, tal como constata o descenso no padrón municipal de habitantes.

Entenden que se está producinco unha certa parálise na dinámica social e mesmo política, incapaz de xerar sinerxias que revirtan esta situacion.

En definitiva, comparten a idea e tamén a súa precupación pola que definen como unha situación de deterioro e declive que en moitos aspéctos está sufrindo  O Carballiño, polo que é necesaria "unha nova voz", manifestan.

Defenden que o único obxetivo do novo proxecto é comprometerse co Carballiño e o seu futuro. Entre os promotores figuran algunhas persoas que xa tiveron vinculación con grupos políticos, asi como veciños e veciñas relacionados co movemento asociativo, autónomos e pequenos empresarios.

A presentación de "S.O.S. O Carballiño" será o sábado dia 6 de Outubro ás 20:30 na casa da cultura do Carballiño, nunha convocatoria pública e aberta a toda a veciñanza.

26, Setembro 2018

Con data do 25 de setembro do 2018 saiu publicado no periódico "La Región", unhas declaracións do concelleiro de Turismo e Deportes, baixo o meu punto de vista máis que lamentables e decepcionantes, no relativo a posibilidade da recuperación das instalacións deportivas de Pena Cobertoira, onde se excusaba para non proceder a recuperación e o seu arranxo a distancia e tamén a propiedade., así pois, despois de escoitar estes argumentos que me deixaron totalmente desconcertados quero salientar as seguintes cuestións, en canto a distancia dicir que o lóxico que este tipo de instalacións sexan ubicadas un pouco lonxanas do casco urbano por cuestións prácticas de planificación do territorio e que o crecemento do Carballiño non se vexa afectada pola existencia deste tipo de instalacións, ademáis tamén e interesante que haxa espazo suficiente para que nun futuro se podan aumentar instalacións adicadas a estes fins para poder contar cunha auténtica cidade deportiva e así aforrar en mantemento e poder compartir instlacións como como poden ser as gradas, vestiarios, etc, etc., logo en canto a propiedade ahí si que o concelleiro de Deportes si que me despista, xa que Pena Cobertoria atópase no monte Comunal de Sagra que está sen clasificar diante do Xurado de Montes da Xunta de Galicia pero que a lei 13/1989 de montes veciñales en man común contempla a posibilidade de legalización deste monte de oficio por parte do Concello, sen maior dificultade, proceso este que pode levar aproximadamente 1 ano, pero o que me chama a atención é que o Concelleiro de Deportes e alcalde fagan inversións nas instalacións do pavillón de deportes ou nas piscinas municipais cando estas instalacións son montes comunales de Veiga sen clasificar, e dicir, atópanse na mesma situación legal eses terreos que Pena Cobertoria, como podemos ver son argumentos totalmente peregrinos e sen fundamento algún.

Falando xa como pai de dous nen@s que practican o atletismo e o triatlón causa unha profunda tristura e decepción o abandono e pasotismo o que nos teñen sometidos o equipo de goberno do Carballiño e especialemte os concelleiros de deportes e alcalde, cando falamos dun deporte básico e esencial que practican moitos nen@s no Caraballiño e tamén maiores, cabe recordar que no Carballiño existen 3 clubes de atletismo, e sen entrar a valorar os cuantiosos ingresos que o turismo vinculado o deporte pode xerar albergando infinidade de eventos deportivos principalmente no inverno que é cando é máis dificil atraer xente a nosa vila.

Insisto fágolle un chamamento o concelleiro de deportes e o alcalde do carballiño para que fagan unha fonda reflexión ao respecto e se tomen este tema coa seriedade que elo se merece, polo ben das familias, do deporte e de por en valor instlacións públicas. é moi dificli de asimilar que se gasten millóns e millóns e se continuarán gastando na Fábrica de Papel e aínda non se nos dera unha explicación convicente de cal é o proxecto de futuro para esas instalacións e a súa viavilidade, xa sen entrar a valorar que pasou alí coa propiedade que tanto lle preocupa ao Sr. Manolo Dacal, e sin embargo, non hai a capacidade de solicitar unha pequena subvención a Xunta de Galicia ou a Deputación Provincial para por en valor unhas instalcións deportivas.

 

MARCO ANTONIO REBOREDO BLANCO

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS