14, Outubro 2018

Os promotores da Inciativa Popular local manifestan a súa satisfaccion tras constatar que "o documento enviado ao Concello de Maside, tras requerirr en tres ocasións información relativa á promoción dunha iniciativa popular local na que 771 veciños manifestaron a súa vontade de participar nun asunto público, e na que propuxeron a celebración dun Pleno na que se debatese o rexeitamento a unha instalación de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común, e tras facer caso omiso ao envío de información, a Valedora lembra ao alcalde as súas obrigas legais".

Entre elas destaca que "é obrigación de calquera funcionario ou autoridade remitir a información solicitada, e que a non observación desta obriga pode levar aos efectos do artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo", subliñan.

Así mesmo, desde a Iniciativa Popular Local aseguran que "xa puxeron en coñecemento do Concello de Maside a súa vontade de participar neste debate nos termos da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e que recentemente solicitaron á Secretaría do Concello a emisión do informe preceptivo de legalidade, seguindo as suxestións expresas do Defensor del Pueblo, Alto Comisionado das Cortes Xerais" pois desde a IPL entenden que "tras case tres anos de non emitirse este informe que é de obrigación ineludible emitir por mandato expreso legal, é momento de vencer os atrancos que obtaculizan o exercicio dun dereito fundamental de 771 persoas".

Aseguran que "fixeron todo o posible para poder exercer libremente un dereito fundamental", polo que acudirán "á acción da xustiza se fose necesario, no caso de que o exercicio dun dereito garantido pola Constitución seguise sendo vulnerado", advirten.

14, Outubro 2018

Bos días. Esta noite volvemos a sufrir as inundacións na Avenida de Compostela...Gracias por non facer absolutamente nada para evitar esta situación. 

11, Outubro 2018

O Carballiño, 11 de outubro de 2018.- O XIV Día da Bici, que se celebrará este domingo, 14 de outubro, aglutinará a preto de 500 participantes, entre nenos e maiores. As primeiras 400 persoas inscritas recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa.

O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a coordinadora de educación e seguridade vial da xefatura provincial da Dirección Xeral de Tráfico, Silvia Aguiar; o director do Banco Mediolanum no Carballiño, José Luis Fernández; o responsable de Sobrerodas e directivo do Club Ciclista Carballiño, Roberto Rodríguez, e o tamén directivo deste club, Diego Caderno.

A proba ciclista, que é de carácter lúdico e non competitivo, comezarà ás 11,30 na Praza da Veracruz, e chegará a este mesmo lugar tras percorrer 9 km de ruta urbana por diversas rúas do pobo e do parque municipal.

Para os máis pequenos haberá unha gincana especial na propia Praza da Veracruz, así como diversos xogos e actividades.
As inscricións para participar poden efectuarse ata o mesmo domingo 14, na Praza da Vearacruz, de 10,00 a 11,00 h., media hora antes da saída do percorrido.

Tamén se anuncian unha serie de agasallos para todos os participantes e sorteos ao remate da ruta, que serán aportados pola organización e patrocinadores.

Como requisito absolutamente indispensable para participar, esíxese tanto a pequenos como maiores o uso do casco.

Manuel Dacal resaltou a celebración desta actividade deportiva como unha das mais importantes e concurridas do Carballiño, subliñando sobre todo o seu carácter lúdico e non competitivo, organizada como un paseo para todo tipo de público, dende os maìs pequenos aos maiores. Tamén agradeceu o patrocinio da Deputación Provincial, Inorde e do Banco Mediolanum, así como a colaboración do departamento de seguridade vial da Dirección Xeral de Tráfico de Ourense, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Club Ciclista Carballiño, Sobrerodas, Gadis, Centro Comercial Aberto, Coca Cola, Plaza de Abastos e Megamoa. Finalmente, animou aos veciños a participar no evento.

O responsable do Banco Mediolanum, José Luis Fernández, amosouse orgulloso de colaborar por primeira vez co concello neste evento, e anunciou que habería outras colaboracións previstas. A marca desta entidade figurará no arco de saída e meta, así como en banderolas e pancartas ao longo do percorrido, e ofrece diversos agasallos para o remate. Finalmente, expresou o desexo dunha relación longa e sólida co concello na organización deste tipo de eventos.

Silvia Aguilar agradeceu que se contara coa xefatura provincial da DXT, asegurando a súa colaboración en materia de mobilidade sostible e seguridade vial, e anunciou a entrega de material utilizable polos participantes, consistente en chalecos, botes e portamóbiles. Lembrou a obrigatoriedade do uso do casco, tanto nos pequenos como nos maiores, xa que ante todo debe prevalecer a seguridade, e recordou tamén aos conductores a obrigatoriedade de respectar os espazos mínimos de seguridade ante os ciclistas.

Finalmente, Roberto Rodriguez, de Sobrerodas e Club Ciclista Carballiño, explicou a súa colaboración na organización da marcha, coordinando e controlando a cabeceira así como os posibles retrasos nos distintos tramos e a realización da gincana infantil. Fixo unha invitación á participación e recalcou o carácter de paseo en bici desta proba lúdica.

10, Outubro 2018

¡¡¡Ola!!. Moi boas!!! Quixera chamar a atención sobre unha situación na que ninguén parece repara: o alumeado que se instalou para engalanar as rúas do Carballiño con motivo da Festa do Pulpo. Penso que a algún dos membros da corporación municipal carballiñesa débenlle gustar moito as luces de colores que se colocan durante as festas polas rúas e avenidas da nosa vila porque este alumeado se instalou con motivo da Festa do Pulpo e unha vez rematada esta non se retirou e se deixou ornamentando as rúas ata as Festas do Setembro e a día de hoxe, a piques de facer un mes que terminaron as nosas festas patronais, a iluminación festiva segue adornando as rúas da nosa vila sen que ninguén a retire.

De seguir así o alumeado vai camiño de seguir engalanando as rúas do Carballiño ata as Festas do Nadal sen que ninguén o retire. Non sei canto debe cobrar a empresa que alquila e coloca esta iluminación, pero que abofé que co Carballiño vaise facer de ouro polo tempo que leva o alumeado instalado. De tódolos xeitos temos que agradecer que entre festa e festa (e saio de troula porque me toca) este alumeado estivese apagado, pois de seguir encendido todo este tempo Fenosa ía a pasarlle unha boa factura da luz ao concello.

Xa se sabe que as cousas de palacio van despació e polo que se ve non hai présa, e si moita nugalla, á hora de retirar a iluminación festiva cando noutros tempos o alumeado das festas se retiraba ós poucos días de rematar estas. ¡¡Se Don Evaristo e o cabo Gil levantasen a cabeza!!...

10, Outubro 2018

Asi o avanzou o  secretario comarcal desta formación política, Eladio Fernández, no transcurso dunha internveción nesta emisora de radio, 

Compromiso por Galicia presentará a súa candidatura nas eleccións municipais de 2019 no concello do Carballiño, e tamén o fará nos concellos de San Amaro e Punxín.

Será unha das novidades, e moi probablemente non a única, que terá o electorado carballiñés nos comicios municipais que renovarán as corporacións locais.

En declaracións a COPE O Carballiño, o secretario comarcal asegurou que esta formación política, de corte galeguista, ten "varias opcións que estamos barallando para encabezar a candidatura do Carballiño, pode ser candidato ou candidata, buscarémos dende o partido a persoa idónea e coa idea de alcanzar a alcaldia do Carballiño, que esa é a nosa idea", enfatizou.

Eladio Fernández aproveitou a súa internvención radiofónica para facer un chamamento a todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto político "que é de presente, pero tamén de futuro".

10, Outubro 2018

O Partido Popular chama a atención sobre "varias rúas do Carballiño, das que incluso algún proxecto xa quedara realizado no anterior mandato do PP no ano 2015, á vez que se fixera o da rúa Ben Cho Sei, como son os da rúa Costa Rica e rúa San Amaro, e que a día de hoxe seguen sen ser adxudicado polo actual goberno, aínda que consta vontade dos veciños en atender voluntariamente á cesión gratuíta dos terreos afectados por ditos viais".

E poñen como exemplos "a Rúa Costa Rica, Rúa San Amaro, da ampliación da rúa no fondo de Flores onde se forma un escollo e estreitamento entre a rúa Aquilino Sánchez e Alexandre Bóveda, ou mesmo a rúa Saleta".

Dende o Partido Popular entenden que "non pode ser que cando aparece o compromiso económico do Concello, estas rúa non se poidan executar, cando ademais existe toda a vontade do mundo por parte dos propietarios en facer cesións gratuítas ao Concello. E non solo non se lles está a recoñecer estas cesións gratuítas senón que o Concello está pondo trabas aos propietarios supoñéndolles un coste e desembolso económico elevado que non terían porque soportar".

Engaden que "a maior parte das rúas mencionadas, constan como viais urbanos consolidados no PXOM do ano 1999, e nalgún dos casos os seus propietarios xa fixeron cesión, e así está recollido incluso en actas de pleno, xa no ano 1962 e parece que non se lles quere dar validez. Dende o Partido Popular entendemos que aínda que cada rúa ten as súas propias características, en todas elas, e factible aceptar de forma practicamente automática a cesión que os propietarios queren facerlle gratuitamente ao Concello, pois para que unha propiedade privada destinada a viais nun plan de urbanismo se converta en dominio público municipal, simplemente fai falta o acto de entrega e aceptación entre particular e administración".

"Trátase en definitiva coa nosa petición de reunión da xunta de portavoces, de desbloquear na medida do posible, esta situación que non se pode chegar a entender e que paralizan o crecemento urbanístico do noso pobo",remarcan.

Finalmente, os populares fan referencia a "o caso da rúa Costa Rica o problema vese incrementado por un tema de saúde pública, dada a proliferación de ratas que está habendo nos últimos meses según denuncian os veciños, xa que a rede de alcantarillado está en moi mal estado, e a execución da apertura e urbanización da rúa permitiría renovar a rede de alcantarillado de ese tramo".

E chaman a atención sobre o que endenden é falta de coordenación dentro do goberno municipal "a raíz da problemática da proliferación de ratas na rúa Costa Rica, volvemos a ver a falta de xestión coordinación e comunicación interna do grupo de goberno do PSOE do Concello do Carballiño, xa que según os veciños levan meses soportando está situación e advertindo ao Concello e ao Alcalde, Paco Fumega, e a edil de medio ambiente, Erika Paz, facía unhas declaracións nas que aseguraba que non tivo coñecemento desta problemática hasta a semana pasada", subliñan.

9, Outubro 2018

Ou unha de dúas, ou alguén minte ou estamos ante un episodio de total desorganización e falta de comunicación no concello do Carballiño.

Veciños da rúa Costa Rica presentamos un escrito no concello con fecha de entrega o dia 24 de setembro, escrito do que temos copia, ademáis en vista da pasividade e deixadez de funcións entrevistámonos personalmente co sr. alcalde na pasada semana, para pedir unha solución ó problema das ratas na rúa Costa Rica.

Por eso non entendemos como desde o concello poden afirmar que a concelleira de medio ambiente non tiña coñecemento deste problema hasta o mércores da pasada semana.

9, Outubro 2018

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou nesta visita á sede da entidade intermunicipal do Ribeiro que "a colaboración cos concellos permite levar adiante actuacións que redundan directamente no benestar da cidadanía, como é o caso da Mancomunidade do Ribeiro que supón un exemplo de xestión compartida de recursos e de prestación conxunta de servizos por parte de concellos limítrofes".

Alfonso Rueda, visitou o fondal do concello de Beade onde está situada a sede da Mancomunidade do Ribeiro, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ourense; Marisol Díaz Mouteira e da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, onde puideron comprobar de primeira man as melloras e actuacións levadas a cabo grazas ás axudas da Vicepresidencia. Nesta visita estaban presentes os cinco alclades dos concellos que integran na actualidade a entidade, que son os de Beade, Leiro, Cenlle, Cortegada e A Arnoia.

Ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, a Mancomunidade do Ribeiro recibiu este ano unha axuda destinada a gastos de mantemento e á optimización enerxética do alumeado das dependencias da sede, e grazas ás axudas do ano pasado foi adquirido un camión para a prestación de servizos mancomunados, axudas que superan os 400.000 euros.

8, Outubro 2018

Debe ser que os socialistas de Maside andan animados cos casoplós de socios e ministros do goberno, e non querendo ser menos adiantan as liñas das súas construccións, con todo o descaro e a pouca vrgonza.

Ao concelleiro que fixo esta marañada (xa se verá se se trata dun caso de prevaricación) debería caerlle a cara de vergonza. Pero cando se ten pouca pasa o que pasa.

A quen fixo a primeira vivenda antes desta auténtica vergonza non se lle permitiu a liña á altura da antiga medianera. E ven este listo e fai a liña a altura da antiga medianera adiantando metro e medio a súa liña orixinal. Moi listo este rapaz. Haberá que mirar se está todo en regla e de quén é a responsabilidade de outorgar esta liña porque fede a prevaricación que apesta.

8, Outubro 2018

Oíamos onte ó rexidor masidao laiarse amargamente polas negativas consecuencias que para as arcas municipáis, tivo a liquidación do Consorcio Comarcal.

Se se lle deben cartos ó Concello, que por certo saen do peto de tódolos veciños, a obriga dun alcalde que se precie é facer todo o posible para recuperalos. Antóllaseme que ó mellor, en lugar de ir chorando polas esquinas, sería máis efectivo erquer os reáis da poltrona, falar con quen teña que facelo, molestar a quen sexa menester, ou prantarse na Deputación. Alí teñen a obriga de recibir a un representante unicipal e supoño que así o farán.

Anímese home. Eu aínda non vin a ninguén da Deputación cun alcalde atravesado na boca. Anque sexa de outra cor política. Tamén existen os tribunáis e co superávit que ten o Concello de Maside, malo será que non se poida pagar un servicio xurídico.

Tamén se queixaba de que a Xunta non ven retirar os niños das velutinas. Outra lastimeira apelación a non sei quén.

Resulta que calquer veciño que leva non sei canto tempo co avespeiro pendurado ó carón da súa vivenda, onde poida que moren cativos ou persoas alérxicas non se pon a discernir se a culpa é destes ou dos outros. O que quere é que lle solucionen o problema, e antes de ser atacado polos bechos, ou ben o fai él mesmo, ou recurre a quen lóxicamente teña os coñecementos e os medios apropiados para facelo.

Non hai moito publicaba a La Voz de Galicia como uns veciños de Tomiño levaban 300 niños eliminados pola súa conta, e non creo que no seu concello ninguén se rasgara as vestiduras.

Qué quere que lle diga, eu dende logo se me vexo no caso, non vou esperar a que a miña familia sufra un ataque mentras o meu alcalde se sigue a queixar por non sei qué procedemento. Eliminaréi o niño, ou chamaréi a quen sepa facelo con garantías antes de poñer en perigo a saúde da miña familia.

Pero xa se sabe que o máis doado é queixarse e botar balóns fora. 

A culpa sempre é ou dos da Xunta ou dos veciños, claro que si.

Un saudiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS