27, Setembro 2018

Hinchables, animación musical con DJ, salchichas e cervexa alemás, forman parte da oferta da II OKTOBERFEST que organiza C.D. Arenteiro esta fin de semana na Praza do Emigrante. Para isto estase instalando unha carpa na “pista roxa”.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o directivo de C.D. Arenteiro, Manuel Sotelo.
Trátase de pasar un momento de divertimento, degustar bos productos e contribuir a xerar fondos para o club, segundo manifestou Manuel Sotelo, que expresou o desexo de que esta festa acadase tanto éxito como a primeira edición, celebrada o pasado ano.

Diego Fernández resaltou o esforzo que realiza a directiva do equipo de fútbol carballiñés para conseguir fondos adicionais con que sufragar os elevados custos do equipo nesta tempada, e que é unha festa para todo tipo de público, incluso familiar, pois os nenos disporán dunha zona de xogos hinchables.

A festa comezará este venres, 28 de setembro, ás 19,00 h.; continuará durante o sábado, e rematará o domingo. O horario de peche será ás 02,00 h., e o de apertura o sábado e o domingo será ás 12,00 h.

O domingo 30, no que se disputa en Espiñedo un novo encontro de Terceira División, enfrontándose C.D. Arenteiro ao conxunto do CD Ribadumia, anímase dun xeito especial á afección para achegarse ata a carpa e xantar salchichas e outros pinchos antes de dirixirse ao estadio. “É unha forma de axudar ao club compartindo o xantar coa afección”, dixo Manuel Sotelo.

27, Setembro 2018

Os promotores da nova plataforma cidadán pretenden integrar a todo tipo de persoas preocupadas polo que -entenden- é o actúal retroceso que no ámbito comercial, social e económico, e de servizos públicos, está afectando nos últimos anos a O Carballiño, e que se manifesta incluso no retroceso de poboación, tal como constata o descenso no padrón municipal de habitantes.

Entenden que se está producinco unha certa parálise na dinámica social e mesmo política, incapaz de xerar sinerxias que revirtan esta situacion.

En definitiva, comparten a idea e tamén a súa precupación pola que definen como unha situación de deterioro e declive que en moitos aspéctos está sufrindo  O Carballiño, polo que é necesaria "unha nova voz", manifestan.

Defenden que o único obxetivo do novo proxecto é comprometerse co Carballiño e o seu futuro. Entre os promotores figuran algunhas persoas que xa tiveron vinculación con grupos políticos, asi como veciños e veciñas relacionados co movemento asociativo, autónomos e pequenos empresarios.

A presentación de "S.O.S. O Carballiño" será o sábado dia 6 de Outubro ás 20:30 na casa da cultura do Carballiño, nunha convocatoria pública e aberta a toda a veciñanza.

26, Setembro 2018

Con data do 25 de setembro do 2018 saiu publicado no periódico "La Región", unhas declaracións do concelleiro de Turismo e Deportes, baixo o meu punto de vista máis que lamentables e decepcionantes, no relativo a posibilidade da recuperación das instalacións deportivas de Pena Cobertoira, onde se excusaba para non proceder a recuperación e o seu arranxo a distancia e tamén a propiedade., así pois, despois de escoitar estes argumentos que me deixaron totalmente desconcertados quero salientar as seguintes cuestións, en canto a distancia dicir que o lóxico que este tipo de instalacións sexan ubicadas un pouco lonxanas do casco urbano por cuestións prácticas de planificación do territorio e que o crecemento do Carballiño non se vexa afectada pola existencia deste tipo de instalacións, ademáis tamén e interesante que haxa espazo suficiente para que nun futuro se podan aumentar instalacións adicadas a estes fins para poder contar cunha auténtica cidade deportiva e así aforrar en mantemento e poder compartir instlacións como como poden ser as gradas, vestiarios, etc, etc., logo en canto a propiedade ahí si que o concelleiro de Deportes si que me despista, xa que Pena Cobertoria atópase no monte Comunal de Sagra que está sen clasificar diante do Xurado de Montes da Xunta de Galicia pero que a lei 13/1989 de montes veciñales en man común contempla a posibilidade de legalización deste monte de oficio por parte do Concello, sen maior dificultade, proceso este que pode levar aproximadamente 1 ano, pero o que me chama a atención é que o Concelleiro de Deportes e alcalde fagan inversións nas instalacións do pavillón de deportes ou nas piscinas municipais cando estas instalacións son montes comunales de Veiga sen clasificar, e dicir, atópanse na mesma situación legal eses terreos que Pena Cobertoria, como podemos ver son argumentos totalmente peregrinos e sen fundamento algún.

Falando xa como pai de dous nen@s que practican o atletismo e o triatlón causa unha profunda tristura e decepción o abandono e pasotismo o que nos teñen sometidos o equipo de goberno do Carballiño e especialemte os concelleiros de deportes e alcalde, cando falamos dun deporte básico e esencial que practican moitos nen@s no Caraballiño e tamén maiores, cabe recordar que no Carballiño existen 3 clubes de atletismo, e sen entrar a valorar os cuantiosos ingresos que o turismo vinculado o deporte pode xerar albergando infinidade de eventos deportivos principalmente no inverno que é cando é máis dificil atraer xente a nosa vila.

Insisto fágolle un chamamento o concelleiro de deportes e o alcalde do carballiño para que fagan unha fonda reflexión ao respecto e se tomen este tema coa seriedade que elo se merece, polo ben das familias, do deporte e de por en valor instlacións públicas. é moi dificli de asimilar que se gasten millóns e millóns e se continuarán gastando na Fábrica de Papel e aínda non se nos dera unha explicación convicente de cal é o proxecto de futuro para esas instalacións e a súa viavilidade, xa sen entrar a valorar que pasou alí coa propiedade que tanto lle preocupa ao Sr. Manolo Dacal, e sin embargo, non hai a capacidade de solicitar unha pequena subvención a Xunta de Galicia ou a Deputación Provincial para por en valor unhas instalcións deportivas.

 

MARCO ANTONIO REBOREDO BLANCO

25, Setembro 2018

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da segunda edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante a edición 2017/18.

Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e fomentar un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 4 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 5 concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.

A programación iniciarase no mes de outubro, seguindo a seguinte planificación:

BEARIZ CASA DO CONCELLO LUNS, de 10:00H a 11:00 Horas

BOBORÁS LOCAL SOCIAL REGUEIRO LUNS, de 11:30H a 12:30 Horas

IRIXO CASA DO CONCELLO LUNS, de 12:00H a 13:00 Horas

SAN AMARO CASA DO CONCELLO MARTES, de 12:00H a 13:00 Horas

PIÑOR C. SOCIAL ALBARONA MÉRCORES, de 10:30 a 11:30 Horas

A actividade dará comezo o 1 de outubro e, a pesar de que se fará un descanso por mor das datas do Nadal, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de maio, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.

24, Setembro 2018

O Concello de Boborás co apoio da Deputación de Ourense presentou hoxe un traballo audiovisual para promocionar a riqueza turística, histórica e natural deste municipio ourensán, destacado pola importancia dos seus vestixios históricos e etnográficos.

O vídeo, baixo o lema "Boborás, arte e natureza", ofrece un percorrido polo arte, as construcións medievais, as termas, a arqueoloxía, a historia e a singularidade dos recursos naturais e medioambientais que ten este concello.

A presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial, contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador do Plan Director de Turismo de Boborás, Emilio Cuiñas. Rosendo Fernández destacou "o grande berce histórico de Boborás, un territorio no que conflúen etnografía, tradición, cultura e un patrimonio histórico-artístico dos máis importantes, algo que é labor de todos seguir potenciando e defendendo".

O vídeo, que será difundido polas redes sociais, segundo explicou Patricia Torres, pode visionarse na dirección web: https://m.youtube.com/watch?v=5PS2s9HddpI&feature=youtu.be

24, Setembro 2018

Onte na Festa do Cabalo un dos participantes caeu do cabalo e rompeu un brazo. Ata aquí todo normal, foi un lance dunha festa e estas cousas poden pasar. O preocupante e que non había no evento ningunha ambulancia nin atención sanitaria. A pregunta é inevitable¿Se o percance fora máis grave qué pasaría?

O concello de Maside, que cada vez emprega menos recursos neste evento, de aí o seu declive en beneficio de andainas e duatlons nos que non escatima en gastos, fallou estrepitosamente nos máis mínimos protocolos de seguridade que requiren este tipo de eventos.

Esto non é unha denuncia contra os que realmente apoian a Festa do Cabalo (os  non  políticos) pero si contra aqueles que por un lado recortan os recursos o polo outro proclaman que apoian esta Festa.

Se non creedes na Festa decideo con claridade. Pero con estes premios pírricos o declive é inevitable, e con esta organización tan escasa de recursos, a seguridade dun evento destas características non está garantida.

É unha mágoa pra esta Festa, que algún día estivo entre as primeiras de toda Galicia, pero hoxe non é nin a décima parte do que foi. E a pena (e aquí os que realmente aman esta festa entenderán a miña crítica contra os políticos) é que non hai vontade de darlle a este evento o apoio que merece.

Agardo que o participante mellore, e que o ano que ven volva participar nesta festa, con máis apoio por parte de quenes deberían apoiala.

 

 

23, Setembro 2018

Hoxe o diario LA REGION publica un titular onde se pode ler "el camping superó el 60% de la ocupación en verano" e os datos de ocupación hosteleira en Galicia no verán de 2018 foi entorno ó 90%. Entón o titular non sería mellor así "el camping no superó ni siquiera el 60%"........este é o noso PSOE!!!

21, Setembro 2018

Ata a madrugada do martes 25 de Setembro Cea é unha festa diaria, cun programa musical e de actividades que sitúan as festas da Saleta entre as mellores da provincia.

Venres 21

Abre a programación festiva un folión á medianoite, e de seguido a primeira verbena coa orquestra Nazaret e unha disco móbil, ademáis nesta primeira xornada tamén comezan a actividade as atraccións infantís.

Sábado 22

Pola mañá, ambiente tradicional coa celebración da feira, co típico xantar a base de pulpo e carne cocida.

Dende as 5 da tarde, na Praza do Santo Cristo, festa infantil con distintas actividades gratuítas.

Verbena coas orquestras América SL e Garibaldi.

Domingo 23

Pasarrúas da Banda de Música A Lira de Ribadavia, que ademáis ofrecerá concertos na Praza Maior ás 14 e 19:30 horas.

As 12 do mediodia Procesión e Misa Solemne na honra á Virxen da Saleta.

Dende as 22 horas, verbena coas orquestras Panorama e Gran Parada.

Luns 24

Pasarrúas e concertos da Banda de Música de Muimenta, que ofrecerá concertos na Praza Maior ás 14 e 19:30 horas.

Ás 12 do mediodia Procesión e Misa Solemne na honra á Virxen da Saleta.

Pola noite, verbena coa charanga-espectáculo Ardores e a orquestra Paris de Noia.

 

21, Setembro 2018

A convocatoria cumple 30 anos neste 2018, e igual que dende a súa primeira edición, volverá ceelebrarse este domingo dia 23 de Setembo na paraxe natural do Puzo do Lago.

Como explicou nesta emisora de radio Lano Botana, concelleiro e organizador da Festa do Cabalo de Maside, por vez primeira vez dende que comezou a celebrarse trasladouse de Agosto a Setembro a convocatoria, coa idea de favorecer a participación tanto de cabalos e xinetes como de público, ao considerse máis idónea estas datas do mes de Setembro.

As 10 da mañá comezará a recepción de participantes, e a partir das 10,15 horas celebraráse unha ruta turística cabalar polas terras de Maside.

Dende as 11 da mañá sucederáse os concursos de andadura serrada, andadura chapeada e trote, que continuarán no transcurso da xornada cun intervalo para o xantar, para o que haberá un servizo de comidas baixo carpa. Hai numerosos premios para cada un dos concursos.

O espectáculo máis sorprendente chegará coa simpática carreira de burros, que terá participantes chegados dende Cantabria, Asturias, Portugal e Galicia.

20, Setembro 2018

Buenas, son un de tantos enfadados cas festas deste ano, non é que fosen demasiado boas pero o anuncio de que as atraccios quedaban  e despois que marchaban foi unha tomadura de pelo moi grande. Penso que alguien do concello deberia salir a dar explicacios os veciños por respeto. Moitos compramos fichas cando se nos dixo que quedaban asta o domingo e ahora temos que comelas. Non se pode xogar asi ca xente, hai moi pouca seriedade.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS