Dende Espazo Común levamos tempo reclamando que o Concello do Carballiño mellore
sustancialmente no capítulo de axudas para libros de texto e material escolar coma un incentivo máis para a captación e fixación de poboación.
Son moreas os concellos grandes e pequenos que facilitan ás familias un importante apoio á hora da educación dos seus fillos en cuestións coma a conciliación ou o apoio económico para os multiples gastos que teñen que afrontar nestas datas.
Sen embargo, o goberno do Carballiño segue facendo o que mellor sabe facer. Vender titulares e fotos e non facer nada para axudar ao cidadán.
Hai un ano, o agora socio PP apoiaba, contra toda lóxica, a suba de soldos de Fumega e os seus concelleiros a cambio de, entre outras cousas, que se aumentara a partida de axudas para material escolar nos orzamentos a 60.000 €.
Uns meses despois vendeuse na prensa que esta suba ía ir só ata os 50.000 e para non defraudar, finalmente a modificación foise ata os 45.000 €. O rigor nas cifras é unha broma para esta xente.
Pero a tomadura de pelo acada tintes astronómicos cando vemos como se desenvolveu a xestión destas axudas e deste orzamento.
Os beneficiarios foron recoñecidos en abril do 2024¡ Co curso xa case remtado. E o que é moito peor, deses 45.000 € que nos venderon e que propiciaron o apoio do PP á suba de soldos dos seus colegas do PSOE, só se adxudicaron 4.500 €. Un 10 %. O resto pasou a formar parte dese aforro que despois vende Fumega e que dilapida en asfaltados deficientes.
É tempo de dicir BASTA¡ a este tipo de prácticas de engano masivo.
O Grupo Municipal de Espazo Común faise eco da demanda de gran parte da veciñanza e exixe ao goberno do PP-PSOE que anuncien xa as bases para este curso e que dean tódalas facilidades posibles ás familias do Carballiño para poder contar con ese tan necesario apoio nestas datas.
O Partido Socialista de Leiro quere saír ao paso do bando municipal do 19/08/2024 no que o señor Alcalde pon de manifesto o valor da auga como un ben escaso e esquece lembrar que é un ben, tamén, de primeira necesidade, para logo solicitar dos veciños un consumo respectuoso da auga.
Os Socialistas de Leiro consideran unha tomadura de pelo por parte do señor Alcalde aos veciños de Leiro, cando sabe por datos oficiais do concello, que os veciños sempre tiveron un consumo responsable da auga e que o único irresponsable foi el, como xestor e único responsable municipal do bo funcionamento do servizo de auga en Leiro.
Segundo os datos oficiais do concello de Leiro entre 2015 e 2021 abastecéronse 1.508.088 M3 de auga e consumíronse polos veciños 535.087 M3, lanzando unha fuga de 973.001 M3, foxe froito da mala xestión da empresa concesionaria e do inexistente control por parte do señor Alcalde, como responsable municipal de garantir aos veciños unha xestión eficaz e eficiente do servicio da auga e das taxas que pola auga pagan os veciños.
É dicir entre 2015 e 2021 abastecéronse unha media de 215.441 M3 por ano, para un consumo medio anual de 76.441 M3, dando como consecuencia unha fuga media anual de auga de 139.000 M3.
Os Socialistas de Leiro acusan o señor Alcalde de mentir e manipular a información da auga facilitada aos veciños nos medios de comunicación ano tras ano e sempre en por esta época.
Lembran os Socialistas que o señor Alcalde leva desde 2022 anunciando obras por máis de 340.000,00€, financiados pola Xunta, para reparar a grave fuga entre a captación do Viñao e a E.T.A.P do Viñao e que a día de hoxe non sabemos nada de nada. Tamén queremos lembrar ao señor Alcalde que o grupo socialista de Leiro está á espera de que lles facilite os M3 abastecidos e consumidos entre 2022 e 2023.

A concelleira do grupo municipal popular asumíu no goberno bipartito entre populares e socialistas as responsablidades das áreas de Medio Ambiente e Termalismo.
No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Elvira Torres.

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, quedou controlado ás 23,55 horas de onte.
O lume iniciábase o martes, día 20, ás 16,24 horas e segundo as últimas medicións afecta unha superficie de 55 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para o seu control mobilizáronse, ata o de agora, 5 técnicos, 31 axentes, 49 brigadas, 33 motobombas, 4 pas, 8 avións e 8 helicópteros.
Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.
Escoita no PODCAST a entrevista ao concelleiro de comunicación de San Cristovo de Cea, José Dalama:
Títeres no Carballiño xa sabia que habia, sen necesidade de programa , e ....
O PROGRAMA DAS FESTAS DO SETEMBRO?
Porque xa estamos a nada, ou sae as visperas, como sempre
Toca titeres...

A alcaldesa do Irixo fíxolles un chamamento público a través da radio "porque Juan Manuel tenme bloqueada no seu teléfono e Manuel Cerdeira ten chamadas miñas perdidas", e despóis ambos non acudisen a unha reunión informativa sobre o proxecto de orzamentos municipais para este ano 2024 no concello do Irixo.
O portavoz popular Manuel Cerdeira manifestarase en desacordo coas formas da convocatoria da alcaldesa "en 24 horas convocanos a unha reunión e non sabemos para qué". Juan Manuel Villanueva, que forma parte do grupo da alcadesa, coa que rompeu relacións tras o pleno no que se rexeitou a proposta de orzamentos presentada ante o pleno, garda agora silencio.
A rexedora municipal, Susana Iglesias, pídelles a ambos que "miren polo Irixo" e faciliten a aprobación do orzamento, unhas declaracións que fixo a alcaldesa nesta intervención radiofónica na que avanzou a compra por parte do concello e aprobeitando unha subvención da Deputación da chamada "Casa do Zapateiro", na que pretende ubicarse nun futuro a biblioteca municipal do Irixo.
Podes escoitála no PODCAST de COPE O Carballiño:

Despois da tapa de polbo do "récord universal", o actual equipo de goberno do Concello do Carballiño toma de novo a iniciativa e pon en marcha unha potente e arriscada proposta que vai supoñer a envexa do resto do país e un impulso definitivo aos atractivos turísticos que ofrece a vila do Arenteiro e que vai deixar risible á "Vilamorta" da pobriña Dona Emilia.
Trátase, nin máis nin menos, que a "ruta do lixo". Nela poderanse apreciar os destacados tonos, tirando a negro, dos lamparóns que ao longo e ancho das rúas céntricas e nas mugrientas papeleiras, que ambientan e compiten entre si para acadar o estado máis noxento posible, e, deste xeito, poderá ser valorada pola veciñanza e forasteiros.
Esta ruta será guiada polo Sr. Alcalde e o resto de concelleiros do goberno municipal. O éxito dáse por descontado. Será un puntazo para atraer á morea de xente que o AVE está a traer a Ourense e que, de seguro, vai a aproveitar tan espectacular e orixinal idea para achegarse á vila carballiñesa e gozar de tan saudable e aromático ambiente.
Non fai falta ir moi lonxe do concello para atoparnos cun espectáculo similar ao da rúa Julio Rodríguez Soto e á da Praza de abastos, xa que nesta rúa céntrica os contenedores que se atopan diante do efificio Cheda desprenden un forte e desagradable cheiro e, ademais, neles se acumula o lixo tanto por fóra coma por enriba dos contenedores, pois levan bastante tempo sen ser vaciados...¿Estarán de folga ou de vacacións os/as encargados/as do servizo de limpeza?. Coido que é hora que un/unha responsable municipal dé a cara para dar explicacións.
Así están todas as ruas de Carballiño onde están os contenedores de lixo, levan sin lavalos non se sabe canto
Senon que lle pregunten os veciños da avenida do Balneario, que tamen existe. Non falemos xa dos sumidoiros que cómo caían catro gotas aparece de todo na calle.

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »