20, Setembro 2018

A Oficina Municipal de Turismo atendeu durante este verán a un total de 1.508 visitantes. Desde o 16 de xuño ata o 15 de setembro, as dúas técnicas de turismo que atenderon esta oficina recibiron 538 consultas, na inmensa maioría presenciais e outras por teléfono.

Isto non significa que sexa este o número de turistas que visitaron O Carballiño durante este verán, pois as persoas que acuden á Oficina de Turismo é so unha parte do total de visitantes. A gran maioría de turistas procedían de cidades e lugares das comunidades autónomas españolas, incluida Galicia, e houbo un 13% de media cuxa procedencia era doutros países. Segundo as estadísticas elaboradas polas técnicas de turismo, os meses nos que se recibiron máis peticións de información de turistas extranxeiros foron xuño e xullo, cuns porcentaxes que representan o 17% do total en ambos casos.

No mes de agosto foron o 11,48%, e no de setembro, o 5,42%. Agás no mes de setembro, no que a maioría dos turistas procedían de cidades e lugares de Galicia, o resto dos meses a inmensa maioría de visitantes procedían doutras comunidades españolas, en especial, de Madrid, Andalucía, Valencia e Murcia. Así, en xuño, os madrileños supuxeron o 28,43% fronte aos galegos que foron o 26,47%; os vascos acadaron o 9,80% e os andaluces o 7,64%. En xullo as porcentaxes de procedencia dos visitantes foron: Galicia, 27,94%; Andalucía, 21,81%; Madrid, 17,65%, e Valencia, 7,11%. En agosto, as porcentaxes foron: Madrid, 17,90%; Galicia, 15,71%; Andalucía, 13,90%; Murcia, 10,27%, e Valencia, 8,16%. En setembro, as porcentaxes foron: Galicia, 57%; Andalucía, 16,50&, e Madrid, 7,64%.

En canto ás consultas realizadas polos turistas, hai que resaltar a petición de información sobre os principais monumentos e lugares de interese da vila, así como os balnearios, hoteis e restauración, acadando un espazo preeminente as pulperías. No ranking de preferencias turísticas figuran, en primeiro lugar, o Templo da Veracruz e os balnearios, e a continuación o Paseo do Arenteiro, o Parque Etrnográfico e onde comer pulpo.

Tamén acada interese o patrimonio do románico na comarca, o Mosteiro de Oseira, Pazos de Arenteiro e Ribadavia, pero a nivel provincial é a Ribeira Sacra e a capital ourensá quen suscita máis demanda de información. E en Galicia, as preferencias son Santiago e as Rías Baixas, en especial as illas Cíes, e a Praia das Catedráis, en Ribadeo, así como Allariz, casco histórico de Pontevedra, O Grove e Lugo.

Ademáis de polos monumentos e a natureza, os turistas amosaron moito interese polas principais festas do Carballiño, como a Festa do Pulpo, pero tamén está acadando un auxe informativo excepcional a Feira Medieval “A Liorta”, que celebrou en xullo a segunda edición.

Outras festas de interese turístico fonron as do San Cibrao, así como en xeral festas gastronómicas da comarca. Finalmente, no eido cultural destacan as solicitudes de información sobre rutas de senderismo, petroglifos e programación das Xociviga e do Fetega, así como actividades infantís. E tamén suscitou moito interese a información sobre as piscinas municipais.

20, Setembro 2018

A ponte medieval de San Clodio, ubicada no concello de Leiro, xa ofrece a mellor imaxe e pode verse na súa totalidade tras a exhaustiva limpeza promovida pola mancomunidade Turística Terras do Avia, que integra aos concellos do Carballiño, Leiro, Boborás e Ribadavia, e levada a cabo por especialistas baixo a supervisión do arqueólogo Jorge Lamas Bértolo.

Despois dunha semana de intenso traballo, coa retirada de diversos tipos de árbores e prantas, algúns dos cales incluso estaban incrustados nas pedras, poñendo en perigo a integridade da ponte, e dunha limpeza minuciosa con cepillos para eliminar musgos e líquenes, esta ponte, que data de finais do século XV (1496-1498), e que é a máis imponente da comarca, volve a amosar os detalles que a caracterizan, como os magníficos sillares e arcos, unha imaxe de San Marcos que se atopa no arco central, e as marcas dos canteiros.

O arqueólogo Jorge Lamas asegura que a situación na que se atopaba esta ponte desde habia tempo era moi delicada, pois había bidueiros, amieiros e acacias incrustados na pedra, semellando ser unha selva. De feito, según dixo, levou tres días retirar toda esta maraña vexetal, e os catro días seguintes foron para limpar a pedra. A ponte de San Clodio sobre o río Avia, é monumento nacional dende o ano 1981. Ten unha lonxitude de 90 metros, e o arco central.chega ata os 19 metros de luz.

Tras esta limpeza, á que so lle resta un lavado con auga, procederase á limpeza das pontes medievais de Castro Cavadoso, situada no río Arenteiro, na linde dos concellos de Boborás e O Carballiño, e a de Prexigueiro, en Ribadavia. Estas pontes completan, coas de Ponterriza e Brués, xa limpadas, o programa promovido pola mancomunidade turística e que conta cunha subvención de Turismo de Galicia.

19, Setembro 2018

Bo tempo e extraordinario ambiente dende as primeiras horas da mañá na mellor e maís concurrida romaría da comarca, a que se celebra neste 19 de Setembro na Saleta, na parroquia de Astureses. Como é tradicional, a xornada coincide co dia festivo de carácter local decrretado polo concello de Boborás.

O momento álxido para os devotos da Saleta é a procesión e misa solemne que se celebra a primeira hora da tarde, despois o tradicional xantar campestre, este ano amenizado coa música do grupos Eclipse, Os Biruxes e a Nova Banda de Música de Cea. Pola tarde-noite actuará a orquestra La Oca Band.

18, Setembro 2018

O Consorcio provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento continúa a incorporar novos vehículos a súa dotación de medios técnicos, "co fin de seguir a mellorar na calidade dos servizos que prestamos en materia de emerxencias aos nosos veciños", sinalou o presidente do Consorcio, Pablo Pérez, trala visita que realizou ao parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro, acompañado polo director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luís Menor.

Desde o pasado luns, 10 de setembro, este parque de bombeiros conta cun novo vehículo 4x4 dotado cun equipo de excarceración, cisterna de auga, bomba de alta presión, mástil de iluminación telescópico entre outras características técnicas.

Esta nova incorporación ao parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro enmárcase no propósito do Consorcio de investir na dotación de máis medios técnicos de emerxencia e na mellora do acondicionamento das distintas instalacións dos parques de bombeiros que conforman o consorcio, finalidade para a cal aprobou no seu último pleno, unha modificación orzamentaria que ascende a 600.000 euros.

17, Setembro 2018

Hoxe que é o San Cibrao toca un chascarrillo.

 

Pediuse a un asesor financeiro que explicase esta crise bolsista mundial e dunha forma sinxela para que a xente do montón entenda as súas causas e así o tentou: "Había un señor que se dirixiu a unha aldea afastada e ofreceu aos seus habitantes comprar cada burro que tivesen a 100 euros. Boa parte da poboación vendeu os seus animais; ao día seguinte ofreceu mellor prezo, 150 por cada burrito, e, así, outro tanto da poboación vendeu os seus. E a continuación ofreceu 300 euros e o resto da xente vendeu os últimos burricáns. Ao ver que non había máis animais, ofreceu 500 euros por cada burrito deixando a entender que os compraría á semana seguinte e marchouse. Ao día seguinte mandou ao seu axudante cos burros xa comprados á mesma aldea ofrecendo vender cada animal a 400 euros; así que ante a posible ganancia á semana seguinte todos os aldeáns compraron os seus burros a 400 euros e quen non tiña o diñeiro pediuno prestado, máis aínda, compraron todos os burros dos pobos próximos. Como era de esperar, este axudante desapareceu como o asesor e nunca apareceron xamais. Certo é, tamén, que á semana no poboado había un feito: estaba cheo de burros e endebedados."

 

¿E a qué ven este chascarrillo? ¿Será pola non tese do presidente cum fraude? ¿Será por outro cum fraude cuxo pai empregou a centos na Depu... (casa de...) pra manter ao seu fillo?

 

Penso que é un chascarrillo que define a todos os políticos en xeral, e ö rebano de burricáns que os seguen aplaudindo coas orellas. Éstes e os outros tamén quedan reflectidos pola picaresca de "Rinconete y Cortadillo"  unha obra escrita non sei se por Miguel de Cervantes ou por Pedro Sánchez, porque co isto do turmitin e os filtros que lle podes por ao teu antoxo, todo é posible.

 

 

17, Setembro 2018

Ás once e media da mañá saíu dende o Templo da Veracruz a tradicional procesión de San Cibrán polas rúas do Carballiño, no chamado dia grande das festas carballliñesas, neste lúns 17 que é festivo de carácter local no municipio do Carballiño.

Co acompañamento da Banda Escola de Música do Carballiño, a procesión foi seguida da misa solemne no Templo da Veracruz. Ademáis, animan musicalmente a xornada as charangas Castro Bello de Doctor Anchoa.

Pola tarde, dende as cinco terémos festa infantil na Praza Maior, coa animación do DJ Tibu.

Pasra completar a programación festiva, na verbena alternarán dúas orquestras, "La Fórmula" na Praza da Veracruz e "Os Satélites" na Praza Maior.

 

 

15, Setembro 2018

Co lema “THE REAL STORY OF dIRE sTRAITS (40th Anniversary Tour)”, o grupo Real Straits ofrecerá este sábado, 15 de setembo, no Carballiño un dos únicos catro concertos que dará en Galicia esta banda durante este ano, e todos menos este do Carballiño serán de pago.
A actuación terá lugar ás 00,30 h., na Praza Maior, ao remate da sesión de pirotécnia.

Real Straits é o tributo a Dire Straits máis fiel e auténtico que se poda atopar. A banda está formada por sete virtuosos intérpretes, recoñecidos a nivel internacional, e unidos coa intención de rendir unha homenaxe inolvidable a un dos grupos máis relevantes da historia da música: os DIRE STRAITS.

En REAL STRAITS o papel de Mark Knopfler é asumido polo guitarrista Ángel Miguel, acompañado de Dany León á guitarra, Samuel Rodríguez y Fernando Chacón aos teclados, Alejandro Blanco á batería, Antón Ceballos ao baixo e Juan Flores ao saxo. Parte deste elenco son ou foron músicos de grupos tan icónicos como Ilegales, Willie Nile, Elliot Murphy ou Avalanch, entre outros.
A través dos seus espectaculares directos, recrean as cancións inmortais de Dire Straits, que sorprenden e emocionan aos máis fieles seguidores da banda británica.

Ao longo dos últimos dous anos, levaro ante miles de persoas en España a súa xira 30 Aniversario de Brothers in Arms 1985-1986, rexistrando éxitos rotundos en cada unha das cidades visitadas, e colgando o sold-out en numerosas ocasións.
Agora, celebrando o 40 Aniversario da fundación do grupo (1977-2017), embárcanse na aventura máis importante da súa carreira: THE REAL STORY OF dIRE sTRAITS.

Trátase dun recorrido histórico a través desta música eterna, deixando patente cada unha das épocas e cada un dos discos, cunha proposta apaixoante e única. A través desta viaxe, o público revivirá, nota a nota, canción a canción, a banda sonora de sus vidas.
O espectáculo e emoción dos seus directos, a colección de guitarras idénticas ás de Knopfler tocadas maxistralmente por Ángel Miguel, e unha factura musical impecable, fan imprescindible a cita con esta homenaxe plena de paixón, nostalxia e rock and roll.

14, Setembro 2018

Natural do lugar da Ponte -6 de Abril de 1954- Elixio Villaverde foi promotor e animador de distintas iniciativas culturais e sociais no concello do Irixo, nos anos 70 e 80 do século pasado.

Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese "La emigración gallega a México 1878-1936", exerceu a docencia e colabou como articulista con distintos medios galegos, destacando a súa aportación como investigador sobre a temática migratoria, que podemos encontar na "Gran Enciclopedia Gallega".

Como escritor, deixanos varias publicacións, sendo merecedor do premio Vicente Risco de cencias sociais. De temática local é "A Terra de Orcellón e O Irixo", editado en 1986.

Este sábado´dia 15 de Setembro ao mediodia recibirá sepultura no cemiterio da súa parroquia natal, Santa María do Campo. O Cadáver vélase no Tanatorio Veracruz, no polígono industrial da Uceira - O Carballiño.

12, Setembro 2018

La foto lo dice todo, juzgue usted mismo... este es el método utilizado por el concello para regar el campo de fútbol de A Uceira, que lleva años con el sistema de riego averiado, siendo fundamental para este tipo de cesped artificial. Tirón de orejas al gobierno del concello, asi no se cuidan las instalaciones municipales. Lo mismo podía decirse del parque municipal, muiño das lousas, camping y pallozas,  biblioteca, parques infantiles y la joya de la corona en materia deportiva...Pena Cobertoira ¿y dónde está la oposición?

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS