Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase da posta en marcha dunha actividade destinada a persoas maiores, organizada pola Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, que se desenvolerá durante o mes de Setembro.
A actividade consistirá nunhas Xornadas de Cachibol (voleibol adaptado a maiores) e Risaplus (risoterapia) que terán lugar nos 5 concellos mancomunados durante o mes de setembro, con sesións de hora e media de duración un dia a semana en cada ún dos concellos.
-O Irixo Luns 17:00H - 18:30H Pavillón Municipal
-Piñor Luns 19:00H - 20:30H Centro Social
-Boborás Martes 17:00H - 18:30H Local Social do Regueiro
-Beariz Martes 19:00H - 20:30H Pavillón Municipal
-San Amaro Venres 18:00H - 19:30H Centro de Saúde
A participación nesta actividade é totalmente gratuíta. Toda persoa interesada debe formalizar a inscrición no concello correspondente.
Por último, o sábado 29 de setembro, unha vez finalizadas as Xornadas, terá lugar un encontro entre as persoas participantes dos cinco concellos, na que se realizarán diferentes actividades e na que haberá un picoteo. A xuntanza terá lugar no Pavillón Municipal do Concello do Irixo a partir das 11:00H. --
boas quería pedirlles a os de en marea que diran explicacións sobre o que ocurre na policía municipal, digo en marea xa que son os únicos que dan explicación do que ocurre nesta vila.
SOn un comerciante desta vila e a miña preocupación e por que e debido a falta de municipales na rua xaque nos últimos anos vemos como hai mais roubos e furtos igual que pelexas e falta de efectivos e grave.
Gustariame saber o por que desto, xa que dende o concello leva anos dicindo o do aumento municipal pero parece que non é o primordial aquí.
Entre veciños e comerciantes estaxe a serar preocupación sobre isto e afalta de información.
Moitas grazas

O Congreso, que se celebra cada dous anos chega a súa XI edición facéndose internacional, os dias 28, 29 e 30 de Setembro, e desta vez trasladará unha das xornadas -a do 29- ata a localidade portuguesa de Melgaço, e con visitas ao parque natural da Peneda-Gerés e Castro Laboreiro, precisamente, o congreso incidirá en diversos aspéctos do fluxo cultural entre Galicia e Portugal.
Os outros dous dias -28 e 30 de Setembro- o congreso desenvolveráse na sede que ten o Centro de Estudios Chamoso Lamas na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
A conferencia inaugural estará ao cargo da profesora Beatriz Vaquero Díaz que falará de "O Miño Medieval", mentres que a carballiñesa Rosa Ricoy Casas será a encargada da conferencia epilogal.
No programa do congreso destacan distintas comunicacións sobre diversos momentos e acontecementos históricos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Entre outras, figuran as que presentarán Xosé Fernández sobre "as escolas do concello de Boborás", "Algunhas pezas prerrománicas na área do Carballiño" a cargo do historiador Rafael Tobio, ou "Os silleiros de Maside, os de Maside silleiros", de José Ricardo Rodríguez.
O arqueólogo Jorge Lamas presentará "Intervencións arquolóxicas na Comarca do Carballiño: Torre de Godás e Mesa dos Bispos"; o historiador Juan Ignacio García "Unha aportación al estudio de la lucha contra los franceses durante la guerra de la Independencia en las comarcas de O Carballiño y O Ribeiro: el modelo seguido por la jurisdicción de Castro Cabadoso", e outro colaborador habitual do congreso, Manuel González Varcárcel achegará un traballo sobre "Feiras na comarca do Carballiño: o que se nos foi".
No acto de presentación do congreso participaron o alcalde Francisco Fumega, o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas Xosé Luis Sobrado, e o secretario Miguel García.
Bo tempo e bo ambiente na Festa da Vendima que se está celebrando en Leiro na xornada dominical.
Nas fotografías podemos ver algunhas das carrozas que participaron no desfile e tamén unha panorámica do parque do Salgueiral.

Arranca a terceira divisíón que será, según opinión practicamente unánime, a máis competida e de máis alto nivel que se recorda en moitos anos no fútbol galego e na que por segundo ano consecutivo está Club Deportivo Arenteiro.
Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, coa presenza dos responsables da Xunta Directiva do Club e as autoridade municipais, presentouse a nova equipación que os verdes lucirán esta tempada nos mellores estadios de Galicia, e na que "valorízase un dos nosos activos, como é o pulpo á feira do Carballiño", salientaron.
Os futbolístas do club Cassio, Pachi e Mitogo, foron os "modelos" que luciron a nova equipación, que será estreada no primeiro partido de liga, este domingo dia 26 de Agosto no estadio de Espiñedo, ante o Boiro.

Ata o domingo dia 26 celébrase a edición de verán da Feira do Stock do Carballiño Centro Comercial Aberto, na Praza Maior, en horario diario de 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas.
Un total de 14 establecementos de diversos sectores, fundamentalmente de roupa, ofrecen os seus stocks se tempada con grandes descontos.
Os clientes entrarán nun sorteo de agasallos, con vales de compra, e os cativos terán actividades de entretemento e animación o venres 24 e o sábado 25 de 18 a 21 horas.
Que os da marea amosaron ser os únicos con predisposición a servir ao interese xeral (salvo a metedura de pata de Bernardo co das aceras, pero xa fixo penitencia). As únicas propostas interesantes en todo este mandato veñen do lado de AV en marea. Propuxeron o cumplimento a raxatabla da ordenanza de regulación de terrazas, e a remunicipalización de servizos públicos. Están sempre do lado da veciñanza en temas polos que todos deberíamos preocuparnos.. Son os únicos que denuncian a situación económica do concello. E fan todo esto con poucos recursos e pouco agradecemento.
Mentras tanto os do PSdeG do Carballiño seguen coas mesmas patrañas, filfas e camándulas de sempre: Que si á festa do polbo veñen 125000 persoas. Que si a festa do polbo é o motor económico. Que si grazas a meter a un ilustre arquitecto en tal proxecto O Carballiñño vai ser vila termal e encherarse de turistas. E cando rematan as filfas e enganos, O Carballiño segue sen pausa unha senda de decadencia no social e no económico.
¿E os do partido podre qué tal? Pois non se sabe. Dende que esas 50 sombras de Grey elixiron ao novo candidato do partido podre do Carballiño por decreto do baltarato que tiña como guía espiritual a Marnotes fillo, outro fillo doutro exalcalde non se sabe qué pensa nin cales son os seus proxectos. Eso si, Marnotes fillo que fai as veces de tutor, fai pactos orzamentarios cos do PSdeG (debe ser porque como ambos partidos son amantes das portas xiratorias atopanse moi cómodos entendéndose). As 50 sombras que elixiron ao novo canditato, pagarán as cotas de afiliado?????
Parabéns a AV en Marea por ser tan valentes e propoñer un novo estilo de política.
Quixera facer unha cahamda de atención dos nosos gobernantes municpais sobre a situación da praza dos Irmans Prieto, coñecida popularmente como a Parza das Monxas, pois fai uns días ó pasar por alí dinme conta do sucio e noxento aspecto que presenta.
A lamentable situación na que se atopa esta praza se debe as numeras manchas de graxa que presenta a súa superficie debidas a graxa das atraccións que se instalaron nesta durante a semana da Festa do pulpo, a graxa dos vehículos que transitaron por esta zona (e que se estenden ata o calexón que ahí hay) e a graxa producida polos clientes da terraza dunha cafeteria que alí se atopa.
A todo esto debemos engadir que tamén se aprecián no chan desta praza manchas de líquidos que foron alí arroxados por cidadáns pouco limpos e que se detecta un forte cheiro a mexo no mumumento desta praza e nunha papeleira próxima (a cal aparece a menudo mollada) debido a que alí fan as súas necesidades varias persoas cando notan a chamada da natureza.
Penso que ao tratarse dunha parza céntrica sitiuada a escasos metros da Praza Maior sería más que convinte limpala con auga presión para eliminar estas manchas e o forte cheiro que se desprende nesta zona. Tamén sería convinte que desde o concello se intase ós donos dos bares e caferías que ó recoller as súas terrazas fregaran o chab onde as instalan, xa que alí quedan manchas de graxas das bebidas e comida (patacas fritidas, olivas, xeados, etc.) que consumen os seus clientes o que contribúe a dar un aspecto sucio e desleixado ás nosas rúas que sén dúbida causa un efecto desagradable aos forasteiros que acuden ao Carballño e, por suposto, os que aquí vivimos. Á fin e o cabo manteneñer O Carballiño é responsabilidade de tódolos/as veciños/as empezando polo alcalde e os concelleiros da corporación municipal especialmente por aquel do que depende a limpeza das nosas rúas.
Ao final son os mesmos os que dan sempre a cara. E tamén levan os paus. Máis teñen bo lombo para levalos. Cando foi dos lumes que arrasaron Portugal ahi estiveron recaudando fondos. Cando houbo que recoller roupa para os refuxiados de Grecia ahi apareceron para xuntar o inxuntable. Estan na loita dos pensionistas. Están na loita feminista. E dan batalla no concello, inda que ali só esté un. Se chegan a estar catro ou cinco a moitos lles ía ir o conto de outro xeito. E as veces chóvenlle críticas por tódolos lados, eu mesmo o teño feito. Pero ao final se poden botar unha man, non o dudan en facer.
Estes días un veciño meu e dono dunha cafeteria da que son cliente pideulles axuda por un asunto de verdadeiro terrorismo de salubridad que estamos a padecer polos cheiros de un restaurante en dúas calles do carballiño dende fai catro meses. Ninguén fixo nada. O alcalde ata nos deu largas. Ahi acudiron. Non tardaron nin dous días en denunciar a situación. Por fin alguén que se compromete: din que si e así é. Nada de excusas.
Pouco máis que decir. Que aprendan outros que so se acordan de nos para os votos. Seguide así os da marea. Teredes fallos coma todo o mundo, pero en canto dar servicio e axudar no que podedes aos veciños ninguén vos pode criticar. Nin de lonxe.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 469
- 470
- 471
- 472
- 473
- 474
- 475
- 476
- 477
- …
- seguinte ›
- última »