30, Agosto 2018

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez visitou, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, as obras que está a levar a cabo a Deputación de Ourense na estrada provincial OU – 0307 a petición do Concello de Leiro.

"Trátase da construción dun muro de contencion no km 2+950 da estrada OU-0307 (OU - 504) – Caldelas (OU – 212), no municipio de Leiro", explicou Pablo Pérez, quen lembra que se trata dunha actuación solicitada polo municipio no ano 2017 para a ampliación da sección transversal desta estrada provincial.

"As obras iniciáronse onte, 28 de agosto, por parte dunha das brigadas de conservación da Deputación de Ourense tras solucionar o problema da cesión dos terreos necesarios para levar a cabo estas actuacións, que consisten na execución dun muro de contención de aproximadamente 190 m3 e a colocación de 100 ml de barreira metálica de seguridade de contención", explicou o deputado provincial de Cooperación. Os traballos que se levarán a cabo no municipio de Leiro durante aproximadamente tres semanas, supoñen un orzamento de 25.699 euros.

"Esta actuación é unha mostra máis do compromiso que ten o goberno provincial coa seguridade das estradas da nosa provincia e da disposición da Deputación de Ourense ás demandas dos nosos municipios", engadiu Pablo pérez. Neste senso, o alcalde de Leiro agradeceu á Deputación a súa "constante colaboración coas necesidades do noso municipio".

30, Agosto 2018

Aprobeitando que son os únicos que din as cousas claras e visto que non vou ser a primeira en pedirlle algo, gustariame pedirlles a marea por favor que lle soliciten ao señor alcalde ou a quen sexa responsable nos coloque duas ou tres bombillas máis na calle do balneario e na de Astureses. Estamos fartos de irllo pedir ao concello e sempre se pasan a pelota entre eles e din que si se fará pero levamos coas calles a escuras xa fai uns meses. Por favor, si poden facer polo menos algo de presión ou pedirllo agradecida quedo eu e os veciños de estas calles. Entre a escuridade e a intranquilidade que hai debido os últimos roubos e sucesos moitos temos medo de salir ou entrar nas nosas casas a tardiña.

Moitas gracias.

29, Agosto 2018

Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase da posta en marcha dunha actividade destinada a persoas maiores, organizada pola Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, que se desenvolerá durante o mes de Setembro.

A actividade consistirá nunhas Xornadas de Cachibol (voleibol adaptado a maiores) e Risaplus (risoterapia) que terán lugar nos 5 concellos mancomunados durante o mes de setembro, con sesións de hora e media de duración un dia a semana en cada ún dos concellos.

-O Irixo Luns 17:00H - 18:30H Pavillón Municipal

-Piñor Luns 19:00H - 20:30H Centro Social

-Boborás Martes 17:00H - 18:30H Local Social do Regueiro

-Beariz Martes 19:00H - 20:30H Pavillón Municipal

-San Amaro Venres 18:00H - 19:30H Centro de Saúde

A participación nesta actividade é totalmente gratuíta. Toda persoa interesada debe formalizar a inscrición no concello correspondente.

Por último, o sábado 29 de setembro, unha vez finalizadas as Xornadas, terá lugar un encontro entre as persoas participantes dos cinco concellos, na que se realizarán diferentes actividades e na que haberá un picoteo. A xuntanza terá lugar no Pavillón Municipal do Concello do Irixo a partir das 11:00H. --

29, Agosto 2018

boas quería pedirlles a os de en marea que diran explicacións sobre o que ocurre na policía municipal, digo en marea xa que son os únicos que dan explicación do que ocurre nesta vila.

SOn un comerciante desta vila e a miña preocupación e por que e debido a falta de municipales na rua xaque nos últimos anos vemos como hai mais roubos e furtos igual que pelexas e falta de efectivos e grave.

Gustariame saber o por que desto, xa que dende o concello leva anos dicindo o do aumento municipal pero parece que non é o primordial aquí.

Entre  veciños e comerciantes estaxe a serar preocupación sobre isto e afalta de información.

Moitas grazas

28, Agosto 2018

O Congreso, que se celebra cada dous anos chega a súa XI edición facéndose internacional, os dias 28, 29 e 30 de Setembro, e desta vez trasladará unha das xornadas -a do 29- ata a localidade portuguesa de Melgaço, e con visitas ao parque natural da Peneda-Gerés e Castro Laboreiro, precisamente, o congreso incidirá en diversos aspéctos do fluxo cultural entre Galicia e Portugal.

Os outros dous dias -28 e 30 de Setembro- o congreso desenvolveráse na sede que ten o Centro de Estudios Chamoso Lamas na parroquia carballiñesa de Cabanelas.

A conferencia inaugural estará ao cargo da profesora Beatriz Vaquero Díaz que falará de "O Miño Medieval", mentres que a carballiñesa Rosa Ricoy Casas será a encargada da conferencia epilogal.

No programa do congreso destacan distintas comunicacións sobre diversos momentos e acontecementos históricos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Entre outras, figuran as que presentarán Xosé Fernández sobre "as escolas do concello de Boborás", "Algunhas pezas prerrománicas na área do Carballiño" a cargo do historiador Rafael Tobio, ou "Os silleiros de Maside, os de Maside silleiros", de José Ricardo Rodríguez.

O arqueólogo Jorge Lamas presentará "Intervencións arquolóxicas na Comarca do Carballiño: Torre de Godás e Mesa dos Bispos";  o historiador Juan Ignacio García "Unha aportación al estudio de la lucha contra los franceses durante la guerra de la Independencia en las comarcas de O Carballiño y O Ribeiro: el modelo seguido por la jurisdicción de Castro Cabadoso", e outro colaborador habitual do congreso, Manuel González Varcárcel achegará un traballo sobre "Feiras na comarca do Carballiño: o que se nos foi".

No acto de presentación do congreso participaron o alcalde Francisco Fumega, o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas Xosé Luis Sobrado, e o secretario Miguel García.

 

26, Agosto 2018

Bo tempo e bo ambiente na Festa da Vendima que se está celebrando en Leiro na xornada dominical.

Nas fotografías podemos ver algunhas das carrozas que participaron no desfile e tamén unha panorámica do parque do Salgueiral.

24, Agosto 2018

Arranca a terceira divisíón que será, según opinión practicamente unánime, a máis competida e de máis alto nivel que se recorda en moitos anos no fútbol galego e na que por segundo ano consecutivo está Club Deportivo Arenteiro.

Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, coa presenza dos responsables da Xunta Directiva do Club e as autoridade municipais, presentouse a nova equipación que os verdes lucirán esta tempada nos mellores estadios de Galicia, e na que "valorízase un dos nosos activos, como é o pulpo á feira do Carballiño", salientaron.

Os futbolístas do club Cassio, Pachi e Mitogo, foron os "modelos" que luciron a nova equipación, que será estreada no primeiro partido de liga, este domingo dia 26 de Agosto no estadio de Espiñedo, ante o Boiro.

 

24, Agosto 2018

Ata o domingo dia 26 celébrase a edición de verán da Feira do Stock do Carballiño Centro Comercial Aberto, na Praza Maior, en horario diario de 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas.

Un total de 14 establecementos de diversos sectores, fundamentalmente de roupa, ofrecen os seus stocks se tempada con grandes descontos.

Os clientes entrarán nun sorteo de agasallos, con vales de compra, e os cativos terán actividades de entretemento e animación o venres 24 e o sábado 25 de 18 a 21 horas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS