Ó contrario da opinión do anterior copenauta, eu vexo outra realidade. Eu non votei a En Marea pero penso que fan unha labor moi digna. Non podo asegurar que sexan os de En Marea os que escriben no seu favor como asevera este copenauta, pero como o seu comentario tamén é anónimo como é o meu, postos a aventurarnos tamén poderíamos pensar que é un do PSOE moi contento con catro anos de falacias. Que foi do matadoiro? Que foi do desenvolvemento que eles denominaban vila morta cando estaban na oposición e agora esmorece a pasos agigantados? Que foi do pacto que suscribiron con en Marea para remunicipalizar os servizos? Non lle interesa a Fumega? Ten outros intereses? Todo esto non interesa? É mellor profanar tumbas? Qué foi da residencia? Por qué fan manifestacións en contra da sociedade patriarcal cando so cobran os concelleiros que son homes?
Ou quizáis ese comentario veña dun correlixionario do baltarato. Ese partido en descomposición que está farto de esquilmar aos galegos, e aos españois cando lle deixan.
Ambos partidos enténdesnse ben. O modelo de fillos de alcaldes e exalcaldes que queren seguir chupando do teto é o seu. E cando este politicos de profesión vense ameazados, ponse moi nerviosos. Eu non votei a En Marea pero desta volta eino pensar. Desde logo que os do PPSOE producenme a mesma repugnancia e o BNG anda desaparecido.

Son numerosas as deficiencias que relata AV-En Marea, todas elas en relación ao funcionamento da Biblioteca Pública do concello do Carballiño, unha situación da que culpan á "deixadez do goberno municipal" e ao que esixen solucións.
No arquivo adxunto pode verse o comunicado íntegro de Alternativa Veciñal - En Marea:
Estou encantado de leer en este medio como os da Marea se felicitan a si mesmos por ser como son. Eu voteilles nas anteriores eleccións e non penso volver a caer. Son como todos os demais. Arreglaron para eles, aceras e demáis, meteronse en mil guerras que non lle importan a nadie. Xa non hai reunios na rua, xa non se escoita o pobo. A idea era moi bonita pero o Bernardo e os seus acabaron co soño. Que sigan apludindose con mensaxes anonimos que asi nos vai.

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez visitou, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, as obras que está a levar a cabo a Deputación de Ourense na estrada provincial OU – 0307 a petición do Concello de Leiro.
"Trátase da construción dun muro de contencion no km 2+950 da estrada OU-0307 (OU - 504) – Caldelas (OU – 212), no municipio de Leiro", explicou Pablo Pérez, quen lembra que se trata dunha actuación solicitada polo municipio no ano 2017 para a ampliación da sección transversal desta estrada provincial.
"As obras iniciáronse onte, 28 de agosto, por parte dunha das brigadas de conservación da Deputación de Ourense tras solucionar o problema da cesión dos terreos necesarios para levar a cabo estas actuacións, que consisten na execución dun muro de contención de aproximadamente 190 m3 e a colocación de 100 ml de barreira metálica de seguridade de contención", explicou o deputado provincial de Cooperación. Os traballos que se levarán a cabo no municipio de Leiro durante aproximadamente tres semanas, supoñen un orzamento de 25.699 euros.
"Esta actuación é unha mostra máis do compromiso que ten o goberno provincial coa seguridade das estradas da nosa provincia e da disposición da Deputación de Ourense ás demandas dos nosos municipios", engadiu Pablo pérez. Neste senso, o alcalde de Leiro agradeceu á Deputación a súa "constante colaboración coas necesidades do noso municipio".
Aprobeitando que son os únicos que din as cousas claras e visto que non vou ser a primeira en pedirlle algo, gustariame pedirlles a marea por favor que lle soliciten ao señor alcalde ou a quen sexa responsable nos coloque duas ou tres bombillas máis na calle do balneario e na de Astureses. Estamos fartos de irllo pedir ao concello e sempre se pasan a pelota entre eles e din que si se fará pero levamos coas calles a escuras xa fai uns meses. Por favor, si poden facer polo menos algo de presión ou pedirllo agradecida quedo eu e os veciños de estas calles. Entre a escuridade e a intranquilidade que hai debido os últimos roubos e sucesos moitos temos medo de salir ou entrar nas nosas casas a tardiña.
Moitas gracias.
Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase da posta en marcha dunha actividade destinada a persoas maiores, organizada pola Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, que se desenvolerá durante o mes de Setembro.
A actividade consistirá nunhas Xornadas de Cachibol (voleibol adaptado a maiores) e Risaplus (risoterapia) que terán lugar nos 5 concellos mancomunados durante o mes de setembro, con sesións de hora e media de duración un dia a semana en cada ún dos concellos.
-O Irixo Luns 17:00H - 18:30H Pavillón Municipal
-Piñor Luns 19:00H - 20:30H Centro Social
-Boborás Martes 17:00H - 18:30H Local Social do Regueiro
-Beariz Martes 19:00H - 20:30H Pavillón Municipal
-San Amaro Venres 18:00H - 19:30H Centro de Saúde
A participación nesta actividade é totalmente gratuíta. Toda persoa interesada debe formalizar a inscrición no concello correspondente.
Por último, o sábado 29 de setembro, unha vez finalizadas as Xornadas, terá lugar un encontro entre as persoas participantes dos cinco concellos, na que se realizarán diferentes actividades e na que haberá un picoteo. A xuntanza terá lugar no Pavillón Municipal do Concello do Irixo a partir das 11:00H. --
boas quería pedirlles a os de en marea que diran explicacións sobre o que ocurre na policía municipal, digo en marea xa que son os únicos que dan explicación do que ocurre nesta vila.
SOn un comerciante desta vila e a miña preocupación e por que e debido a falta de municipales na rua xaque nos últimos anos vemos como hai mais roubos e furtos igual que pelexas e falta de efectivos e grave.
Gustariame saber o por que desto, xa que dende o concello leva anos dicindo o do aumento municipal pero parece que non é o primordial aquí.
Entre veciños e comerciantes estaxe a serar preocupación sobre isto e afalta de información.
Moitas grazas

O Congreso, que se celebra cada dous anos chega a súa XI edición facéndose internacional, os dias 28, 29 e 30 de Setembro, e desta vez trasladará unha das xornadas -a do 29- ata a localidade portuguesa de Melgaço, e con visitas ao parque natural da Peneda-Gerés e Castro Laboreiro, precisamente, o congreso incidirá en diversos aspéctos do fluxo cultural entre Galicia e Portugal.
Os outros dous dias -28 e 30 de Setembro- o congreso desenvolveráse na sede que ten o Centro de Estudios Chamoso Lamas na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
A conferencia inaugural estará ao cargo da profesora Beatriz Vaquero Díaz que falará de "O Miño Medieval", mentres que a carballiñesa Rosa Ricoy Casas será a encargada da conferencia epilogal.
No programa do congreso destacan distintas comunicacións sobre diversos momentos e acontecementos históricos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Entre outras, figuran as que presentarán Xosé Fernández sobre "as escolas do concello de Boborás", "Algunhas pezas prerrománicas na área do Carballiño" a cargo do historiador Rafael Tobio, ou "Os silleiros de Maside, os de Maside silleiros", de José Ricardo Rodríguez.
O arqueólogo Jorge Lamas presentará "Intervencións arquolóxicas na Comarca do Carballiño: Torre de Godás e Mesa dos Bispos"; o historiador Juan Ignacio García "Unha aportación al estudio de la lucha contra los franceses durante la guerra de la Independencia en las comarcas de O Carballiño y O Ribeiro: el modelo seguido por la jurisdicción de Castro Cabadoso", e outro colaborador habitual do congreso, Manuel González Varcárcel achegará un traballo sobre "Feiras na comarca do Carballiño: o que se nos foi".
No acto de presentación do congreso participaron o alcalde Francisco Fumega, o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas Xosé Luis Sobrado, e o secretario Miguel García.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 474
- 475
- 476
- 477
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- …
- seguinte ›
- última »