20, Xullo 2018

A terceira edición da feira medieval A Liorta converterá as rúas e prazas do Carballiño nun gran escenario de espectáculos do medievo, con combates, exhibición de voo con aves rapaces, tiro con arco, xogos circenses e malabares, música e contacontos para os máis pequenos, entre outras actividades.

E, por suposto, non faltará a teatralización das disputas e pleitos entre as diferentes xurisdicións polos dereitos da feira do Carballiño, que realizará Tiruleque co título de “Historia con torta acaba en liorta”.

Tamén haberá postos de produtos artesanais e de alimentación, así como talleres de oficios artesáns en vivo.
As rúas e prazas da vila estarán engalanadas con banderíns desde este venres, que é cando comeza a feira, impregnando a vila dun ambiente medieval e festivo.

A partir das 19,00 h., deste venres, 20 de xullo, un pasarrúas a cargo do grupo de música medieval Celtius marcará o inicio da feira, que se desenvolverá ata as 12 da noite, e que continuará o sábado e o domingo, dende as 11 da mañá ata as 12 da noite.

Venres

18:00 H.
Os artesáns chegados desde todos os puntos cardinais danlle vida ao mercado amosando as súas artesanías e produtos.
Apertura de oficios demostrativos antigos.
19:00 H. Pasarrúas musical polo grupo Celtius.
19:30 Número itinerante de Circocido.
20:00 H. Contacontos infantil (Pza. Emilia Pardo Bazán)
20:30 Números malabares itinerante.
21:30 Pasarrúas polo grupo Celtius.
24:00 H. Peche do mercado (hora estimada, variará en función do público).

Sábado:

11:00 H. Apertura do mercado e talleres.
11:00 H. Apertura do tiro con arco e da Exposición das Aves Rapaces. (Praza da Veracruz)
11:30 H. Xoglares itinerante por Circocido.
12:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
12:30 H. Exhibición de voo. Rapiñas do Salnés. (Praza da Veracruz).
13:00 H. Contacontos (Praza Emilia Pardo Bazán).
13:15 H. Circocido, espectáculo itinerante.
13:30 H. Combates medievais. (Praza Veracruz).
14:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
14:30 H. Hora do Bo Xantar.
17:00 H. Apertura do mercado, postos e talleres en vivo.
17:30 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
18:00 H. Dosequilibrados, espectáculo de Circocido.
18:30 H. Os cabaleiros recorren o mercado.
18:45 H. Combates medievais (Praza da Veracruz).
19:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
19:30 H. Exhibición de voo. Rapiñas do Salnés. (Praza da Veracruz).
20:00 H. Contacontos (Praza Emilia Pardo Bazán).
20:30 H. Combates medievais (Praza da Veracruz).
21,00 H. Recreación dramatizada por Tiruleque: “Historia torta acaba en liorta” (Praza da Veracruz).
22:00 H. “A La Brasa”, espectáculo de Circocido.
22:30 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
24:00 H. Peche do mercado (hora estimada, variará en función do público)Domingo

Domingo:

11:00 H. Apertura do mercado, postos e talleres.
11:00 H. Apertura do tiro con arco e da Exposición das Aves Rapaces.
11:30 H. Circadas, por Circocido, itinerante.
12:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
12:30 H. Exhibición de voo. Rapiñas do Salnés. (Praza da Veracruz).
13:00 H. Tiro con arco. (Praza da Veracruz).
13,30 H. Combate medieval. (Praza da Veracruz).
14:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
14:30 H. Hora do Bo Xantar.
17:00 H. Apertura do mercado, postos e talleres en vivo.
17:30 H. Espectáculo de malabares.
18:00 H. “A Mi Guardia”, espectáculo de Circocido.
18:30 H. Os cabaleiros recorren o mercado.
18:45 H. Combates medievais (Praza da Veracruz).
19:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
19:30 H. Exhibición de voo.- Estático. Rapiñas do Salnés. (Praza da Veracruz).
20:30 H. Un Mundo de Fantasía, espectáculo de Circocido.
21:00 H. Combates medievais (Praza da Veracruz).
21,00 H. Concerto de Carlos Núñez no templo da Veracruz.
22:00 H. Pasarrúas polo grupo Celtius.
23:00 H. Pasarrúas cos fachos ardendo pola Rúa do Paseo ata a Praza da Veracruz, co acompañamento do grupo de música Celtius.
24:00 H. Na Oscuridade, espectáculo de Circocido. (Praza da Veracruz)
24:00 H. Peche do mercado (hora estimada, variará en función do público)

19, Xullo 2018

Es una verguenza lo que esta pasando con el botellon y lo peor de todo que es competencia de la policia local y no de la guardia civil.

Ese mismo sabado llame a la policia local para a ver si podian pasar por ahi ya que hacian ruido a las tantas y no dejaban dormir a los vecinos, la contestación dada es que no había gente suficiente de patrulla, hace un par de semanas sobre las 11 de la noche hubo problemas con los mayores en la alameda por lo cual hubo vecinos que llamoron a la policia local y la contestación fue, no hay gente de noche por lo que debería llamar a la guardia civil, llamamos a la guardia civil y estaban a unos km que es normal ya que ellos tienes una demarcación muy amplia para los que son,El otro día sale el responsable de seguridad diciendo que quiere un pueblo más seguro y me pregunta es, como?un día de feria con 4 coches patrulla....será con un policía en cada coche por que sino sería imposible.

Los últimos meses vemos como Carballiño sale en los periodicos por atracos, manteros, incontroladas terrazas que ocupan toda la acera, robos, botellon etc y mientras con una policía escasa sin medios ni recursos para paliar esto y digo policia por que es competencia de ayuntamiento,

Ayer mismo coches en doble fila por todos lados sin nadie que lo regure ni les diga nada, está claro un municipal solo no hace nada, un desastre.

Esto es a lo que se refiere con un pueblo más seguro.....donde esta ese inspector, ese aumento de personal rejuvenecido con ganas de trabajar que tanto prometió, la realidad es todo lo contrario.

Por otro lado donde está el partido popular para pedir esplicaciones aaah!si en las camelias..

Sr del bng y alternativa pidán expliaciones porque lo que pasa es de verguenza y dejadez total sobre un departamento tan importante como es seguridad.

19, Xullo 2018

A 10ª andaina do concello de Avión céntrase nesta edición nun percorrido pola riqueza castrexa e a prehistoria deste municipio en catro rutas de 4, 9, 14 e 25 quilómetros que percorrerán, con diferentes graos de dificultade, os montes da contorna.

A presentación deste evento no que colabora a Deputación de Ourense tivo lugar no Pazo Provincial coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Avión, Antonio Montero, e o técnico municipal de Deportes, Darío Vázquez.

"Os entusiastas dos deportes de natureza terán o vindeiro domingo unha oportunidade de encontrarse coa historia e coa riqueza paisaxísticas que abrangue o concello de Avión", destacou Rosendo Fernández, subliñando que esta andaina "sempre innova nos seus percorridos e nos permite coñecer un dos mellores lugares da provincia de Ourense pola súa riqueza natura e patrimonial".

Antonio Montero dixo que esta experiencia de deporte e natureza "xurdiu hai anos logo de facermos o Camiño de Santiago, e hoxe xa é un punto de encontro para moitas persoas que chegan nestas datas desde diferentes partes do mundo ao noso concello para admirar e compartir a experiencia de visitar castros, canastros, igrexas, pozas, fervenzas e toda a riqueza natural que garda esta contorna".

Os percorridos planificados este ano van desde rutas sinxelas ata outras complexas e moi esixentes, como é o caso da máis longa, de 25 quilómetros, "que leva aos participantes polo Coto do castro e onde se poden admirar petróglifos prehistóricos", explicou Darío Vázquez. A organización ten previstos avituallamentos ao longo das rutas, agasallos, e ao remate, un xantar de confraternidade. O prezo da inscrición para os nenos de 3 a 10 anos é de 10 euros, e para os maiores desa idade, 20 euros. A andaina comezará ás 8.30 horas.

18, Xullo 2018

"Serán concertos moi divertidos nos que faremos un percorrido por mil anos de música, pero por riba de todo será un acto de amor polo país". Así resumiu o gaiteiro Carlos Núñez a súa xira de concertos "Lugares máxicos", que o levará por diferentes localizacións da provincia de Ourense ao longo dos meses de xullo e agosto para tocar en marcos de incomparable beleza do noso patrimonio histórico-artístico.

Os mosteiros de Oseira, Celanova e Santo Estevo, o castelo de Monterrei e o templo da Veracruz do Carballiño serán os lugares onde o máis internacional dos gaiteiros galegos amose o seu compromiso pola terra, "un acontecemento musical máxico polos lugares e polo protagonista", dixo no acto de presentación o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen agradeceu "a aposta de Carlos Núñez por Ourense, un artista que utiliza a música como elemento de comunicación interxeneracional e internacional", e agradeceu "o apoio que prestan os concellos e os alcaldes de San Cristovo de Cea, O Carballiño, Celanova, Monterrei e Nogueira de Ramuín para acoller estes concertos que unen cultura, historia e talento, coa cooperación da Deputación".

Será tamén unha oportunidade para gozar –no primeiro dos concertos, o 21 de xullo, no mosteiro de Oseira- "da interpretación que farán once nenos, quen acompañarán a Carlos Núñez no escenario interpretando melodías cos instrumentos do Pórtico do Paraíso, construídos no Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense que dirixe Manuel Brañas", expresou Baltar, remarcando que será "un acontecemento musical único".

Carlos Núñez dixo que esta xira "é un acto de amor polo país" e remarcou a importancia da música tradicional como "chave para darlle vida á historia e as músicas medievais". O gaiteiro, agradeceu o apoio da Deputación e de Ourense "para poder tocar en cinco lugares máxicos, nos que cada un inspira unha música", afirmou, subliñando que nesta serie de concertos "soarán músicas medievais, renacentistas, barrocas, galegas e tamén as últimas colaboracións que fixemos co mundo do cine".

Núñez lembrou que os concertos do ano pasado, realizados co apoio da Deputación de Ourense, "foron unha experiencia tan marabillosa que fixo que este ano abrísemos o abano para facer nove concertos por toda Galicia, animando á xente a que visite estes lugares incribles que temos na nosa terra".

O programa dos concertos comeza o vindeiro 21 de xullo no mosteiro de Oseira, para seguir o día 22 no templo da Veracruz, no Carballiño, e o día 24, no mosteiro de Celanova. Posteriormente, o 4 de agosto o escenario será o castelo de Monterrei, rematando a xira o 5 de agosto no mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil.

17, Xullo 2018

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do estado de conservación das beirarrúas existentes na estrada OU-187 (Fondo de Cea-OU-504), no treito correspondente á travesía do concello de San Cristovo de Cea.

Estes traballos, teñen un prazo de execución de 3 semanas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo alcalde do municipio, José Luis Valladares, visitou as obras e subliñou que esta actuación execútase para mellorar a mobilidade e accesibilidade na estrada OU-187 ao seu paso polo concello de San Cristovo de Cea. Díaz Mouteira indicou que “a execución deste proxecto supón o cumprimento adquirido no seu día polo Goberno galego co alcalde deste municipio para dar resposta ás necesidades da veciñanza”.

A estrada OU-187 ten unha lonxitude de 1.570 m que discorre case en toda a súa lonxitude pola capitalidade de San Cristovo de Cea, con beirarrúas en boa parte das dúas marxes. A actuación consistirá na rehabilitación do muro de contención de pedra duns 10 metros de lonxitude e 2,5 m de altura que se atopa na actualidade en mal estado e que serve para conter un treito de beirarrúa. Ademais, tamén se procederá á substitución das baldosas do seu pavimento que estean deterioradas ou rotas por outras novas, mantendo as aliñacións e a anchura das existentes.

Nesta estrada xa se levaron a cabo hai dous anos melloras importantes que consistiron na reposición do firme da estrada e na completa sinalización horizontal que supuxeron un investimento duns 100.000 euros

16, Xullo 2018

BOAS TARDES;

A MIÑA RECLAMACIÓN OU QUEIXA É SOBRE O ESTADO NO QUE QUEDA A AVENIDA DO BALNEARIO OS DÍAS DE FEIRA. UNHA VEZ QUE OS FEIRANTES RECOLLEN OS POSTOS, DEIXAN TODO O QUE LLES SOBRA NA RUA: PLASTICOS, LATAS,RESTOS DE COMIDA, BOLSAS... PASAN OS BARRENDEIROS A RECOLLER O QUE ELES DEIXAN,PERO DÍAS COMO OS DE HOXE ,DÍA 16 ,O FACER AIRE ACABAN TODOS OS PLASTICOS VOANDO ONDE LLE CADRA.

PARECE MENTIRA, QUE NOS TEMPOS QUE ESTAMOS SE LLES PERMITA ESTO. SÓ BASTARÍA CON QUE DEIXARAN TODO DENTRO DUNHAS BOLSAS E LOGO RECOLLELO E SENON TOMAR MEDIDAS COMO MULTALOS POR NON DEIXAR O POSTO COMO O TOPAN.

É UNHA VERGONZA, E UNHA AUTENTICA PENA VER TODOS OS DÍAS DE FEIRA ISTO.

SAUDOS

16, Xullo 2018

A 56 Festa do Pulpo intentará repetir o fito de afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, o concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polbo.

Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do concello coa asistencia da delegada territoria da Xunta, Mª Sol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de zona de Abanca, Carlos Díez; os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, así como os portavoces, concelleiras e concelleiros da corporación, e representantes das entidades patrocinadoras da festa: Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Pazo Tizón, Apersa, Aku Natura, Hotel Arenteiro e Cer&Ber, e Pan de Cea.

Fumega referiuse á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como un xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina, e agradeceu a colaboración das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores, dos que dixo que sen a súa axuda non sería posible ofrecer un programa tan ambicioso como o que se presenta.

Marisol Díaz asegurou que a Xunta de Galicia cre nas festas galegas como un xeito de achegar os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo, e por iso forma parte da súa estratexia a promoción dos eventos enograstronómicos como o da Festa do Pulpo do Carballiño. Destacou a tradición dos oficios artesanais das polbeiras e polbeiros como un referente da gastronomía galega e da Festa do Pulpo, e apostou polo turismo de calidade.

“O Carballiño soubo traer ao interior a esencia do mar, e por iso o mellor pulpo do mundo elabórano as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño”, dixo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que se referiu á Festa do Pulpo como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”. Así mesmo, resaltou o traballo conxunto e de colaboración das institucións con esta celebración.

Carlos Díaz agradeceu a oportunidade como entidade financieira que se lle brindaba para colaborar coa Festa do Pulpo do Carballiño, e fixo fincapé na dedicatoria ao Centro do Carballiño en Bos Aires, como un recoñecemento aos emigrantes galegos na diáspora.

Finalmente, Diego Fernández e José Manuel Dacal desglosaron unha parte do programa cultural e festivo elaborado para a primeira quincena de agosto, e que consta de máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos.
A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto, pero o martes 8 de agosto tamén se celebrará a TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, cuxo reto nesta edición será rebaixar dos 10 minutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante, según xixo Manuel Dacal.

A programación cultural e de ocio da 56 Festa do Pulpo ofrecerá, entre o 1 e o 12 de agosto, unha vintena de actividades na que intervirán máis de trinta grupos de música e animación.

A primeira semana terá lugar a SEMANA GRANDE DOS PEQUENOS, con obradoiros, xogos, maxia e outro tipo de actividades de ocio.

O día 1 de agosto celebrarase nos locais de hostalería unha RUTA DAS TAPAS ESPECIAL dedicada ao pulpo. E música de rúa con 4MAIL JAZZ.

O día 2, sesión de música indie e pop rock con DJ.

Os días 3 e 4 de agosto terá lugar o 4º ciclo de MUSICAS DE SOFÁ, coa actuación de sete grupos de folk, jazz e blues.

O día 4, nova edición do FESTIVAL DE HABANERAS.

O día 5, máis música de rúa con IREVIRE, grupo de blues-folk.

O día 6 celebrarase o acto de homenaxe coa entrega do PREMIO HONORIFICO DA 56 FESTA DO PULPO.

Pola tarde, máis música de rúa con AMOR A PRECIOS RAZONABLES, pop-rock dos anos 80.

O día 7 terá lugar a elaboración da TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, na que seguirase batindo récord, e na que o reto desta edición será conseguir cortar os arredor de 400 kg de pulpo que leva o plato en menos de 10 mn.

O día 8 haberá unha nova edición das XORNADAS INTERNACIONAIS DE FOLCLORE.

E este día tamén teremos o 2º TROFEO FESTA DO PULPO, que disputarán os equipos Arenteiro e C.F.Pontevedra, de 2ª B.

O día 9 teremos o Gran espectáculo da música tradicional e folk de Galicia, con KELTIA.

O día 10, haberá o GRAN CONCERTO DA FESTA DO PULPO, con MIKEL ERENTXUN.

O día 11, a FESTA DAS CAMISETAS DAS PEÑAS.

E o día 12, animación polas rúas e no Parque Municipal con grupos de gaitas e baile tradicional, así como charangas e grupos de música tradicional galega.
E, finalmente, haberá verbena na Praza Maior coa orquestra VENEZIA para rematar a festa.

15, Xullo 2018

Esta madrugada del 15 de julio el botellón campaba a sus anchas entre alcohol en las zonas de calle Laurel, Rúa Verdade, Eira Cruceiro de Flores y calles adyacentes a Cesáreo Tizón.

La gran mayoría eran gente muy muy jovencita y muuuy descontrolada, tanto que asustaba. Algunos vecinos fuimos alertados de que una patrulla de la Guardia Civil estaba cerca de la Plaza Mayor.

Nos acercamos personalmente a expilicarles lo que estaba ocurriendo, dijeron que no había una normativa antibotellón -¿no la hay?- pero que irían hasta esas zonas.

Efectivamente, los 5 o 6 agentes asi lo hicieon y en cuestión de menos de diez minutos desalojaron todas las zonas sin ningún problema y con una eficacia asombrosa. Con esto queda demostrado que no es dificil acabar con el desmadre que se sufre cada víspera de festivo a partir de las doce de la noche. Desde el Concello tienen que actuar.

13, Xullo 2018

O alcalde Francisco Fumega e o portavoz do grupo municipal popular Argimiro Marnotes protagonizaron unha comparecencia conxunta na que deron a coñecer a relación de obras e actuacións que se van levar a cabo cun orzamento total de 2,1 millóns de euros, dos que 1,2 proceden de fondos do propio concello, 0,5 son aportados pola Deputación e 0,4 procedentes de achegas económicas da Xunta.

O plan de obras anunciado é conscecuencia do acordo alcanzado entre a alcaldía e Partido Popular, e que propiciu a aprobación dos orzamentos municipais para este exercicio de 2018.

Unha importante parte deste plan de obras inclúe melloras de reposición de saneamento, beirarrúas e asfaltado nas rúas Cuba, Brasil, Uruguai, Venezuela, República Argentina, Alberto Vilanova, San Cibrao, campo da festa de Mesego e nesta mesma localidade na praza e o acceso á igrexa parroquial.

Tamén se completará a consolidación da área da Praza da Veracruz, construcción de beirarrúas e asfaltado en Eusebio Lorenzo, e mellora no firme e beirarrúas en Blanco Amor, e proxectaráse unha nova rúa entre a rúa Cerca e a rúa dos Canteiros.

Outra zona que será obxeto destas obras de mellora vial será a que abrangue ao pavillón de deportes Paco Chao e nas rúas Volante, Pico Seco, Pena Grande e Castelao, asi a accesiblidade ao novo balneario de Partovia dende a localidade de Montegrande.

Redactaráse o proxecto de recuperación da Ponte Medieval de Veiga e a súa contorna, na que incluiráse a execución dun enlace dende o paseo fluvial do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos, bordeando o río Arenteiro.

Neste plan, tamén figura unha inversión de 130.000 euros para a reforma integral do parque infantil da Alameda, que incluirá a creación dunha zona cuberta.

Construiráse unha nova zona infantil e de lecer no barrio de Toscaña, nun espazo público e cun orzamento doutros 130.000 euros.

Cunha achega económica concedida pola Xunta de Galicia abriráse un novo vial no parque empresarial con acceso directo ao Eixo do Ribeiro.

As melloras tamén chegarán á zona rural, con obras hidráulicas nas localidade de Madarnás e Boedes, e acondicionamento do sistema viario en Zafra, Mosteiro, O Varón, Sagra e Miomás.

Outro capítulo a destacar é o destinado a reformas nas iluminacións públicas, repoñendo cadros eléctricos e dándolle continuidade a implantación da tecnoloxía LED.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS