26, Agosto 2018

Bo tempo e bo ambiente na Festa da Vendima que se está celebrando en Leiro na xornada dominical.

Nas fotografías podemos ver algunhas das carrozas que participaron no desfile e tamén unha panorámica do parque do Salgueiral.

24, Agosto 2018

Arranca a terceira divisíón que será, según opinión practicamente unánime, a máis competida e de máis alto nivel que se recorda en moitos anos no fútbol galego e na que por segundo ano consecutivo está Club Deportivo Arenteiro.

Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, coa presenza dos responsables da Xunta Directiva do Club e as autoridade municipais, presentouse a nova equipación que os verdes lucirán esta tempada nos mellores estadios de Galicia, e na que "valorízase un dos nosos activos, como é o pulpo á feira do Carballiño", salientaron.

Os futbolístas do club Cassio, Pachi e Mitogo, foron os "modelos" que luciron a nova equipación, que será estreada no primeiro partido de liga, este domingo dia 26 de Agosto no estadio de Espiñedo, ante o Boiro.

 

24, Agosto 2018

Ata o domingo dia 26 celébrase a edición de verán da Feira do Stock do Carballiño Centro Comercial Aberto, na Praza Maior, en horario diario de 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas.

Un total de 14 establecementos de diversos sectores, fundamentalmente de roupa, ofrecen os seus stocks se tempada con grandes descontos.

Os clientes entrarán nun sorteo de agasallos, con vales de compra, e os cativos terán actividades de entretemento e animación o venres 24 e o sábado 25 de 18 a 21 horas.

23, Agosto 2018

Que os da marea amosaron ser os únicos con predisposición a servir ao interese xeral (salvo a metedura de pata de Bernardo co das aceras, pero xa fixo penitencia). As únicas propostas interesantes en todo este mandato veñen do lado de AV en marea. Propuxeron o cumplimento a raxatabla da ordenanza de regulación de terrazas, e a remunicipalización de servizos públicos. Están sempre do lado da veciñanza en temas polos que todos deberíamos preocuparnos.. Son os únicos que denuncian a situación económica do concello. E fan todo esto con poucos recursos e pouco agradecemento.

Mentras tanto os do PSdeG do Carballiño seguen coas mesmas patrañas, filfas e camándulas de sempre: Que si á festa do polbo veñen 125000 persoas. Que si a festa do polbo é o motor económico. Que si grazas a meter a un ilustre arquitecto en tal proxecto O Carballiñño vai ser vila termal e encherarse de turistas. E cando rematan as filfas e enganos, O Carballiño segue sen pausa unha senda de decadencia no social e no económico.

¿E os do partido podre qué tal? Pois non se sabe. Dende que esas 50 sombras de Grey elixiron ao novo candidato do partido podre do Carballiño por decreto do baltarato que tiña como guía espiritual a Marnotes fillo, outro fillo doutro exalcalde non se sabe qué pensa nin cales son os seus proxectos. Eso si, Marnotes fillo que fai as veces de tutor, fai pactos orzamentarios cos do PSdeG (debe ser porque como ambos partidos son amantes das portas xiratorias atopanse moi cómodos entendéndose). As 50 sombras que elixiron ao novo canditato, pagarán as cotas de afiliado?????

Parabéns a AV en Marea por ser tan valentes e propoñer un novo estilo de política.

 

23, Agosto 2018

Quixera facer unha cahamda de atención dos nosos gobernantes municpais sobre a situación da praza dos Irmans Prieto, coñecida popularmente como a Parza das Monxas, pois fai uns días ó pasar por alí dinme conta do sucio e noxento aspecto que presenta.

A lamentable situación na que se atopa esta praza se debe as numeras manchas de graxa que presenta a súa superficie debidas a graxa das atraccións que se instalaron nesta durante a semana da Festa do pulpo, a graxa dos vehículos que transitaron por esta zona (e que se estenden ata o calexón que ahí hay) e a graxa producida polos clientes da terraza dunha cafeteria que alí se atopa.

A todo esto debemos engadir que tamén se aprecián no chan desta praza manchas de líquidos que foron alí arroxados por cidadáns pouco limpos e que se detecta un forte cheiro a mexo no mumumento desta praza e nunha papeleira próxima (a cal aparece a menudo mollada) debido a que alí fan as súas necesidades varias persoas cando notan a chamada da natureza.

Penso que ao tratarse dunha parza céntrica sitiuada a escasos metros da Praza Maior sería más que convinte limpala con auga presión para eliminar estas manchas e o forte cheiro que se desprende nesta zona. Tamén sería convinte que desde o concello se intase ós donos dos bares e caferías que ó recoller as súas terrazas fregaran o chab onde as instalan, xa que alí quedan manchas de graxas das bebidas e comida (patacas fritidas, olivas, xeados, etc.) que consumen os seus clientes o que contribúe a dar un aspecto sucio e desleixado ás nosas rúas que sén dúbida causa un efecto desagradable aos forasteiros que acuden ao Carballño e, por suposto, os que aquí vivimos.  Á fin e o cabo manteneñer O Carballiño é responsabilidade de tódolos/as veciños/as empezando polo alcalde e os concelleiros da corporación municipal especialmente por aquel do que depende a limpeza das nosas rúas.

22, Agosto 2018

Ao final son os mesmos os que dan sempre a cara. E tamén levan os paus. Máis teñen bo lombo para levalos. Cando foi dos lumes que arrasaron Portugal ahi estiveron recaudando fondos. Cando houbo que recoller roupa para os refuxiados de Grecia ahi apareceron para xuntar o inxuntable. Estan na loita dos pensionistas. Están na loita feminista. E dan batalla no concello, inda que ali só esté un. Se chegan a estar catro ou cinco a moitos lles ía ir o conto de outro xeito. E as veces chóvenlle críticas por tódolos lados, eu mesmo o teño feito. Pero ao final se poden botar unha man, non o dudan en facer. 

Estes días un veciño meu e dono dunha cafeteria da que son cliente pideulles axuda por un asunto de verdadeiro terrorismo de salubridad que estamos a padecer polos cheiros de un restaurante en dúas calles do carballiño dende fai catro meses. Ninguén fixo nada. O alcalde ata nos deu largas. Ahi acudiron. Non tardaron nin dous días en denunciar a situación. Por fin alguén que se compromete: din que si e así é. Nada de excusas.

Pouco máis que decir. Que aprendan outros que so se acordan de nos para os votos. Seguide así os da marea. Teredes fallos coma todo o mundo, pero en canto dar servicio e axudar no que podedes aos veciños ninguén vos pode criticar. Nin de lonxe.

21, Agosto 2018

Aspersores de la Veracruz funcionando a las 8 de la tarde, increíble pero cierto. Seguro q de noche funcionan igual de bien y no molestan a nadie.

21, Agosto 2018

As artes escénicas galegas teñen unha nova cita no Carballiño, do 22 ao 24 de agosto, con motivo da celebración da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA, que por vez primeira na súa historia adiántase ao mes de agosto, xa que dende a súa creación sempre se celebrou no mes de Setembro.

A programación desta edición do Festival desenvolverase en tres localizacións do Carballiño: o Anfiteatro, a Casa da Cultura e o Auditorio. No anfiteatro as actuacións terán lugar ás 19.30 horas e comezarán o mércores, 22 de agosto, coa obra "Totum Revolution" da compañía Vueltos de Rosca. Ao día seguinte, será a quenda para a compañía Pistacatro coa obra "A vida tola" e o venres, 24 de agosto, actuará a compañía Duelirium coa obra "O que queda por chover".

As representacións teatrais que acollerá o Auditorio serán o mércores, 22 de agosto, a obra "Loló e Mamá" da compañía Destexeito; a obra "Elisa e Marcela" da compañía A Panadaría será o xoves 23 de agosto; e a obra "Chola a it girl" da compañía Artesa Teatro pechará o Festival o venres, 24 de agosto, coincidindo coa gala e entrega dos premios FETEGA "Dorotea Bárcena".

Tódalas actuacións terán lugar ás 22.30 horas. O programa de actividades complétase con animación na rúa, un obradoiro e unha mesa redonda que abordará o pasado, o presente e o futuro das mulleres na escena galega. A entrada será de balde para tódalas actividades, agás para as actuacións teatrais que teñen lugar no Auditorio, que teñen un custe de 10 euros.

20, Agosto 2018

A XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro ensalzará, o vindeiro domingo, 26 de agosto, o cultivo da vide que xera unha importante riqueza na comarca, cun completo programa de actividades que aglutina o tradicional desfile de carrozas e charangas, artesanía, gastronomía, deporte e música.

A presentación deste evento cultural tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o alcalde e o concelleiro de Deporte e Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta festa tradicional "e con arraigo, que se converteu no escaparate dun dos produtos esenciais da vida económica da comarca do Ribeiro, e de Leiro en particular", sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou que esta celebración nace no ano 1963 como "un proxecto promocional do "Viño do Ribeiro" composto por diversas accións". A Festa da Vendima de Leiro é "un acto que pecha as actividades festivas da nosa comarca, sendo o último acto de exaltación do noso produto estrela, o viño do Ribeiro", sinalou o alcalde de Leiro.

Así mesmo, Francisco José Fernández explicou que esta celebración pretende "exaltar os labores agrícolas e de adega que se realizan para ao final conseguir o viño do Ribeiro".

O programa de actividades dará comezo ás 10.00 horas coa recepción de Acios ao concurso, para continuar ás 11.30 horas coa recepción a autoridades e convidados na Casa do Concello. Ás 12.00 horas será a lectura do pregón que nesta edición correrá a cargo de Marcos Pereiro, de "Mucha e Nucha", na praza do Cruceiro. O tradicional desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira terá lugar ás 12.30 horas, e a esa mesma hora, terá lugar a segunda edición de coches clásicos.

Ás 14.00 horas comezarán as actividades instaladas no Salgueiral co XV Mercado Artesanal no que están confirmados "26 artesáns que procuramos que sexan todos da nosa provincia", sinalou Ramón Álvarez quen explicou que tamén se celebrará a primeira Mostra dos Viños de Leiro, continuando ás 14.30 horas co xantar popular. A Mostra dos Viños de Leiro é "unha das novidades deste ano que pretende rememorar o feito de que a primeira acción cooperativista de Galicia naceu en Leiro e para exaltar as bodegas que temos no municipio", explicou o alcalde de Leiro, quen dixo que "participarán 8 bodegas incluíndo as dúas cooperativas porque hai viticultores de Leiro que suministran uva a estas cooperativas".

A entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas será ás 16.30 horas, e neste senso, o concelleiro de Deporte e Cultura de Leiro explicou que para o concurso de Acios os premios serán de 90 euros para o primeiro posto, de 60 euros para o segundo e de 30 euros para o terceiro e, os premios do concurso de carrozas será para os adultos de 1.000 euros o primeiro premio, 750 euros para o segundo, 600 euros para o terceiro e de 400 euros para o cuarto posto, e para os nenos, o primeiro premio é de 400 euros, para o segundo de 300 euros e para o terceiro son 200 euros de premio, aínda que tamén premiarán a participación no concurso con 50 euros. Despois da entrega de premios haberá actividades infantís e continuará a festa no Salgueiral.

O deporte chegará ás 17.45 horas coa celebración do partido de presentación do C.F. Leiro contra o C.F. Cortegada. Ás 20.00 horas será a quenda para a música co concerto de Corais da Vendima e ás 21.00 horas tamén haberá unha actuación musical como peche das actividades da xornada.

19, Agosto 2018

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e co portavoz popular do concello, Argimiro Marnotes, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións.

Na xuntanza, os representantes dos dous grupos políticos -PSOE E PP- que apoiaron os orzamentos municipais parra este ano no concello do Carballiño propuxéronlle a Manuel Baltar un novo proxecto de infraestruturas para o municipio.

En concreto, o proxecto incluiría a pavimentación de seis rúas do Carballiño (Castelao, Piñor, Pico Seco, Volante, Cea e Pena Grande), todas elas na parte norte do casco urbano do Carballiño, e que na actualidade presentan un defiente estado de conservación.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS