15, Xullo 2018

Esta madrugada del 15 de julio el botellón campaba a sus anchas entre alcohol en las zonas de calle Laurel, Rúa Verdade, Eira Cruceiro de Flores y calles adyacentes a Cesáreo Tizón.

La gran mayoría eran gente muy muy jovencita y muuuy descontrolada, tanto que asustaba. Algunos vecinos fuimos alertados de que una patrulla de la Guardia Civil estaba cerca de la Plaza Mayor.

Nos acercamos personalmente a expilicarles lo que estaba ocurriendo, dijeron que no había una normativa antibotellón -¿no la hay?- pero que irían hasta esas zonas.

Efectivamente, los 5 o 6 agentes asi lo hicieon y en cuestión de menos de diez minutos desalojaron todas las zonas sin ningún problema y con una eficacia asombrosa. Con esto queda demostrado que no es dificil acabar con el desmadre que se sufre cada víspera de festivo a partir de las doce de la noche. Desde el Concello tienen que actuar.

13, Xullo 2018

O alcalde Francisco Fumega e o portavoz do grupo municipal popular Argimiro Marnotes protagonizaron unha comparecencia conxunta na que deron a coñecer a relación de obras e actuacións que se van levar a cabo cun orzamento total de 2,1 millóns de euros, dos que 1,2 proceden de fondos do propio concello, 0,5 son aportados pola Deputación e 0,4 procedentes de achegas económicas da Xunta.

O plan de obras anunciado é conscecuencia do acordo alcanzado entre a alcaldía e Partido Popular, e que propiciu a aprobación dos orzamentos municipais para este exercicio de 2018.

Unha importante parte deste plan de obras inclúe melloras de reposición de saneamento, beirarrúas e asfaltado nas rúas Cuba, Brasil, Uruguai, Venezuela, República Argentina, Alberto Vilanova, San Cibrao, campo da festa de Mesego e nesta mesma localidade na praza e o acceso á igrexa parroquial.

Tamén se completará a consolidación da área da Praza da Veracruz, construcción de beirarrúas e asfaltado en Eusebio Lorenzo, e mellora no firme e beirarrúas en Blanco Amor, e proxectaráse unha nova rúa entre a rúa Cerca e a rúa dos Canteiros.

Outra zona que será obxeto destas obras de mellora vial será a que abrangue ao pavillón de deportes Paco Chao e nas rúas Volante, Pico Seco, Pena Grande e Castelao, asi a accesiblidade ao novo balneario de Partovia dende a localidade de Montegrande.

Redactaráse o proxecto de recuperación da Ponte Medieval de Veiga e a súa contorna, na que incluiráse a execución dun enlace dende o paseo fluvial do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos, bordeando o río Arenteiro.

Neste plan, tamén figura unha inversión de 130.000 euros para a reforma integral do parque infantil da Alameda, que incluirá a creación dunha zona cuberta.

Construiráse unha nova zona infantil e de lecer no barrio de Toscaña, nun espazo público e cun orzamento doutros 130.000 euros.

Cunha achega económica concedida pola Xunta de Galicia abriráse un novo vial no parque empresarial con acceso directo ao Eixo do Ribeiro.

As melloras tamén chegarán á zona rural, con obras hidráulicas nas localidade de Madarnás e Boedes, e acondicionamento do sistema viario en Zafra, Mosteiro, O Varón, Sagra e Miomás.

Outro capítulo a destacar é o destinado a reformas nas iluminacións públicas, repoñendo cadros eléctricos e dándolle continuidade a implantación da tecnoloxía LED.

 

12, Xullo 2018

Máis de cincocentas persoas, integradas en catorce comparsas, murgas e charangas, desfilarán este sábado, 14 de xullo, polas rúas máis céntricas da vila durante o Entroido de Verán. Estarán as charangas que foron premiadas no entroido de inverno do Carballiño e doutros lugares da provincia e de Galicia.

Así, formarán parte do desfile as comparsas Ciklón, Os Solfamidas, Os Festicultores, Os 100TOLOS, así como Os Silleiros Hippies de Maside, O Gran Musical do Castro de San Amaro, Os Azucarados de Maside, Os Mexicanos, Os Arrieiros de Dacón, Tribu Samburu de Partovia e Os Picapedra de Aspadisi, ademáis das charangas Castro Bello e Doctor Anchoa. E, por suposto, non faltarán a esta cita Os Liborianos.

O desfile comezará ás 20,30 h., con saída dende a Praza da Veracruz, e co seguinte itinerario:

Praza da Veracruz/ Curros Enríquez/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Centro Galego de Bos Aires/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.

A partir das 12 da noite, haberá verbena na Praza Maior amenizada pola orquestra MARBELLA.

Pero o Entroido de Verán tamén terá a súa vertente infantil, que se celebrará o venres 13, a partir das 10,00 h., na Praza Maior, cun obradoiro de máscaras, e desde as 11,30 h., animación a cargo do DJ Tibu.

PROGRAMA DESFILE SABADO 14

Orde de saída das agrupacións:
1. OS LIBORIANOS
2. CHARANGA CASTRO BELLO
3. OS PICAPEDRA DE ASPADISI S/M
4. COMPARSA OS 100TOLOS
5. TRIBU SAMBURU DE PARTOVIA
6. OS ARRIEIROS DE DACÓN
7. CHARANGA DOCTOR ANCHOA
8. OS MEXICANOS
9. OS AZUCARADOS DE MASIDE
10. O GRAN MUSICAL DO CASTRO DE SAN AMARO
11. OS SILLEIROS HIPPIES DE MASIDE
12. COMPARSA OS SOLFAMIDAS
13. OS FESTICULTORES
14. COMPARSA CIKLÓN

Ás 00:00 horas terá lugar unha verbena na Praza Maior amenizada pola ORQUESTRA MARBELLA.

12, Xullo 2018

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o vergoñento e perigoso desleixo do goberno local do PP coa protección da saúde da veciñanza deste municipio ourensán, logo de vetar o PP, durante o último pleno municipal, o debate dunha moción sobre a necesaria protección da veciñanza fronte ás construcións levantadas con amianto ou asbesto. O rexedor conservador negouse a aceptar a urxencia da iniciativa, porque a proposta de acordo dos socialistas demanda que, como é lóxico, se inste a outras institucións públicas a colaborar neste inaprazable e necesario compromiso coa saúde das persoas, e polo tanto, a proposta nin sequera chegou a ser debatida.O

O portavoz municipal, Manuel Rodríguez, denuncia o “vergoñento e perigoso desleixo do PP cunha cuestión tan relevante como é a saúde pública, ante un material que, como é público e notorio, é moi nocivo para a saúde”. Rodríguez recorda que o amianto é prexudicial e está prohibido en toda a Unión Europea desde hai máis dunha década, polo que “é incomprensible que o alcalde non teña entre a súas prioridades a súa retirada das construcións de Leiro”. O voceiro do PSdeG-PSOE recorda que “ante a absoluta inacción do PP nas administracións públicas ó respecto deste tema fundamental, os socialistas si traballamos activamente para impulsar medidas a prol da protección da saúde e para a eliminación do amianto e doutros tóxicos". “É misión fundamental do goberno local velar polas demandas e preocupacións veciñais e isto é unha desas preocupacións”, asevera.

Rodríguez considera “imprescindible e inaprazable” retirar o amianto das canalizacións de agua e das restantes edificacións, e cree “fundamental” informar á poboación dos seus riscos. “Debemos dar a coñecer o procedemento adecuado de detección do amianto e os problemas que comporta para a saúde, así como o risco que supón a manipulación inadecuada para evitar problemas durante o proceso de retirada dos seus residuos”, asegura. Os socialistas anuncian que insistirán nesta necesaria proposta a pesar da vergoñenta negativa do alcalde, e salientan que é moi importante a “implicación das administracións autonómica e provincial porque o tratamento e retirada destes materiais é custoso e complicado pola súa perigosidade para ser feito en soidade polos veciños e veciñas e, por iso, moita xente segue a convivir con tóxicos nas súas casas”.

11, Xullo 2018

Os populares afirman contar con documentación suficiente para concluir que son varias as irregularidades que se observan na actuación levada a cabo meses atrás pola concellería de medio ambiente do concello do Carballiño, asi o aseguran dende o grupo municipal do Partido Popular.

Defenden que as contratación efectuadas "non cumpren coa legalidade" e o informe que xustificou esta actuación "está asinado por un técnico alleo ao concello", tendo un gasto total de 13.343,63 euros pagándose por cada árbore 574,17 euros.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

9, Xullo 2018

O grupo municipal do BNG no concello carballiñés presentará esta petición por medio dunha moción polo trámite de urxencia no pleno que celebrará este xoves dia 12 de Xullo a corporación municipal, según avanzou o portavoz Chema Ferreiro.

Según a propia documentación aportada polo grupo nacionalista, baseada en informacións periodísticas da época, a distinción a fora concedida pola corporación do Carballiño o dia 29 de Agosto de 1958, e fora recibida por Francisco Franco o dia 27 de Setembro de 1961 no transcurso dunha visita  a O Carballiño, nunha xornada na que fora recibido na casa do concello e procedera a inauguración da piscifactoria e a residencia  "General Moscardó", actúal residencia de Tempo Libre.

A moción de reparación pide que se retire a distinción honorífica concedida ao dictador e esixe a súa devolución á Fundación Francisco Franco.

O BNG tamén defenderá neste mesmo pleno outra moción na que se pide declarar como persoas non gratas no municipio do Carballiño aos integrantes da manada.

A concelleira Sofía García tamén deu a coñecer outra moción que, tamén pola via da urxencia xa que non foi incluida na orden do dia, espera poder tratar nesta mesma sesión de pleno e relativa a necesidade de aumento de prazas no servizo de comedor escolar no colexio da Uceira, con vistas ao vindeiro curso 2018-2019.

9, Xullo 2018

Esta semana o Cine Club Carballiño vai celebrar unha nova edición de Flores de Cine, cine ao aire libre no barrio de Flores, e que este ano trae ademais novidades con respecto a pasadas edicións.

O ciclo iníciase o mártes día 10 de xullo coa presentación, proxección e posterior coloquio do documental Un país de cinzas, realizado polo colectivo Galizacontrainfo. Contaremos coa presenza de Zelia García, representante do colectivo.

O mércores día 11 haberá unha pequena representación de microteatro, Naturezas, a cargo de Aarón Gallego e Carla Fernández, para a continuación proxectar todo un clásico, Casablanca.

O xoves día 12 proxectarase outra das grandes obras da historia do cinema, El séptimo sello, aproveitando que se cumplen 100 anos do nacemento do seu director, Igman Berman. Trala proxección, pecharase esta edición cun concerto de Anxo Blas, que se atopa en pleno traballo de grabación do seu primeiro disco.

As actividades empezaran todos os días ás 22:30 horas na baixada ao barrio de Flores

7, Xullo 2018

Véxome na obriga de escribir estas liñas para aclarar por que presentamos este recurso, en que nos basamos, que pretendemos e sobre todo cal é a nosa ideoloxía en canto ao tema laboral no noso concello.

Primeiramente decir, que a presentación de este recurso non é un paso forzado, nin un movemento apurado ou de revancha política. A presentación do borrador de esta RPT no mes de decembro, xa amosaba eibas de índole legal. Por aquel entonces xa aprobamos estudar o documento e no seu momento presentar alegacións para subsanar as deficiencias que nos lle viamos. Tal foi. 

Presentamos un total de 23 alegacións das cales nos desestimaron 14. Catorce alegacións desestimadas en base a uns informes elaborados tanto polo interventor como pola secretaria cando menos tendensiosos e de parte. Sen entrar en detalles lexislativos, so decir que basar un informe técnico de estas características en un relatorio tal que "si existe unha RPT anterior a esta certas cousas son irregulares, se non existe unha RPT anterior a esta entonces todo está ben" non é so pouco profesional por parte de un funcionario, senon cando menos dubidoso en canto a cumprir a lexislación vixente.

Como acabo de decir, 14 alegacións foron desestimadas. Alegacións que van no chio de que a totalidade da RPT cumpra coa legalidade. Como non foi así, pois presentamos este recurso administrativo, previo ao recurso contencioso administrativo. Aqui quero aclarar que a interposición de este recurso NON paraliza, nin suspende a executividade do acto recurrido, é decir que nos presentando este recurso non paralizamos nada. O concello xa leva paralizado moito antes de que nos recurrisemos este documento. 

Agora, intentarei aclarar un pouco que recurrimos. Temos claro que o bo funcionamento dun concello e dos seus traballador@s repercute directamente na marcha da propia vila a través dos servizos que ditos traballador@s prestan. Pero tamén é certo que para traballar como funcionari@ hai que aprobar unha oposición. PUNTO. E se entras como personal laboral hai tres opcións: concurso, concurso-oposición ou concurso de méritos. Nada máis. A lei de función pública no contempla o de obter unha praza a dedo. Si, a dedo. Como entraron moit@s de est@s traballador@s que tanto lles queima este recurso. Por que o digo? Pois moi claro. A unha persoa que obtivo a súa praza, ben de funcionari@ ben como personal laboral polas vias arriba descritas este recurso non lles afecta en nada, pois existe unha acta de toma de posesión da praza ou un contrato que respalda a súa valía para estar ahí. AHHHHHH..pero quen non ten estes papeliños...ahi é onde está o problema. O problema enton chámase  ilegalidade.

Outro detalle non menos importante, é xustamente a carencia de funcionari@s en este concello. Como se arranxa esto?? Pondo a persoal laboral facendo funcións de persoal funcionario. Esto sería legal se non fose por que o persoal laboral NUNCA poden facer as seguintes funcións reservadas EXCLUSIVAMENTE a persoal laboral: actividades adminstrativas-burocráticas, por exemplo a compulsa de copias electrónicas de documentos.

Asi pois aqui o fondo do asunto é que neste concello ahi traballador@s que entraron a dedo ( de feito temos a un ex-alcalde pendiente de xuizo por meter a 37 persoas así en este concello, algunhas das cales siguen a día de hoxe ahí e que se oculta dita información para a adscripción inda non feita de postos de esta RPT) e aparte de que non teñen tal vez nin a titulación nin a formación necesaria para desempeñar as tarefas propias do posto de traballo que ocupan, están ilegalmente, pois no seu momento de acceder a ese posto non se respetou o precepto de igualdade de oportunidade, capacidade e méritos que obriga a lei para que calquera veciño ou veciña poida ou poidese optar e presentarse para ese posto de traballo . Eso é o que denunciamos. A falta de legalidade, o incumprimento da lei no acceso de algunha xente a eses postos de traballo.

Como podemos ter xente cubrindo un posto de traballo por medio de unha interinidade causada por enfermidade dunha primeira persoa e que unha vez fallecida esa persoa esa praza siga ocupada do mesmo xeito?? Esa praza ou ten que sair a concurso ou amortizarse....

Con respeto ao da praza de tesoreir@ con habilitación nacional, esa praza está creada e orzamentada. Non pedimos nada que non estea contemplado xa na lei. O problema e que a dia de hoxe XA tiña que estar cuberta por un funcionario nacional habilitado, non por unha persoa interina ( disposición transitoria sexta, apartado 2 do RD 128/2018).

Que fai falla persoal no concello do Carballiño? SI. Pero persoal cualificado e que accedan a esas prazas legalmente. Por que, sen ir máis lonxe...cando foi a última oposición ofertada por este concello?

Por qué non se sacan a concurso as prazas vacantes?

De feito estamos a punto de cumprir o mes de límite que marca a lei para que, dende a data de aprobación de esta RPT ( artigos 127 e 128 RD 781/1986), o concello publique a oferta de emprego público.....e de momento nada se sabe.

Por que non se sacou o documento de adscripción dos postos da RPT?

En que se basa o grupo de goberno para pasar aos dous técnicos dun nivel 28 a un 30 (sei o que pon o artigo 70.2 RD 364/1995 pero ese artigo refírese a consolidación do grao de nivel de toma de posesión. Para a suba de nivel ten que haber motivos xustificados, non chega só co paso do tempo neste caso tal como relata o artigo 3.2 RD 158/1996)??? Con esto aclarar, por poñer un exemplo sinxelo, que tería o mesmo nivel e os mesmos complementos numerarios o interventor do concello do Carballiño que o interventor do concello de Madrid....teñen ambos o mesmo volumen de traballo un con case 14.000 habitantes e o outro con máis de 3.000.000 habitantes??? 

Pero aqui o problema de todo esto claro que non son @s traballador@s, senon os distintos grupos de goberno que co paso dos anos e das lexislaturas teñen obrado sempre igual. E a xente cóllese no mundo laboral ao que pode e máis cos tempos que corren. Os dirixentes políticos sábenno. Pero tamén teñen que ser conscientes de que eso é ilegal. Comprar votos con postos de traballo. O político que o fai sabe a que se expón. O traballador que acepta tamén sabe que tarde que cedo lle cobraran o favor, esa praza de traballo, ese posto non é de el ou de ela. É do político que o puxo ahi. O seu voto será e é a moeda de pago. Se non fose así, por que molesta tanto entón este recurso?? Se todo é legal e nos estamos trabucad@s, entón que medo hai? Que problema crea todo esto?

Enténdase pois o motivo de este recurso. Non disparamos contra traballador@s que si cumpren coa súa obriga, que están ahi por que estudiaron e aprobaron unha oposición, por que teñen un contrato laboral legal, por méritos ou por concurso. Denuciamos a ilegalidade de entrar a dedo, por amiguismo. Esa é a base de este recurso e foi a base das alegacións que se presentaron no seu momento: denunciar estas situacións.

Non me vou extender máis, pois inda que todo o que se debería explicar enchería sete ducias de folios non creo que sexa necesario. Tod@s en maior ou menor medida sabemos o que hai. Quen non o queira ver é problema seu. Nos non podiamos ser cómplices de esta farsa. De este documento que o que pretende non é regular as traballador@s de este concello, o que pretende é só consolidar a esa xente que entrou ILEGALMENTE en deprimento dos demáis. Que imos en contra de 60 traballador@s e veciñ@s de esta vila? Non de eso nada...por qué esas 60 persoas han de ter ningún tipo de privilexio sobre outras 1000 veciñas e veciños do Carballiño que están no paro e que tamén teñen dereito a optar a eses postos? 

E como remate aclarar que esta NON é a primeira RPT na cal os postos están ordenados e adecuadamente valorados....só hai que votarlle unha lectura a RPT do ano 2000-2001. Está publicada no BOP e me imaxino que andará extraviada polo arquivo municipal. Esa RPT cumpría totalmente coa lexislación vixente de aquel momento (Lei 30/1984) no que foi aprobada, e inda a día de hoxe cumpre coa actual norma (Lei 2/2015).

Pode ser que non guste a alguns ou algunhas, pero ese non é o fin que buscamos. Por que se non defendemos a legalidade, a coherencia, a transparencia non estamos defendendo os intereses nin do Carballiño nin dos seus veciños e veciñas.

Se non defendemos eso, somos tan cómplices de esa ilegalidade como de seguir facendo as cousas por amiguismos e por desidia. E ese non é o xeito de facer as cousas ben. De mirar e defender o ben común.

 

Manuel Nogueira

Covoceiro de En Marea comarcal e 

integrante de Alternativa Veciñal-en Marea

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS