A casa do concello de Boborás acolleu o acto de presentación na nova Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, a cuarta agrupación local no ámbito da comarca do Carballiño.
E tras a presentación, a nova agrupación xa realizou o seu primeiro servizo público, colaborando coa organización do Trail Nocturno de Boborás, celebrado na noite deste sábado dia 30 de Xuño.
A presentación oficial da Agrupación de Protección Civil de Boborás tivo lugar coa presenza de José Olivier Reboredo, xefe de servizo de Emerxencias de Ourense, un representante da posto da Garda Civil de O Carballiño, a tenente de alcalde; Patricia Torres, Avelino Prado; concelleiro de medio ambiente e Manuel González concelleiro de Xuntos por Boborás, así como o xefe da agrupación de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro.
A agrupación está conformada por 13 voluntarios, todos eles de Boborás, e conta con dúas mulleres.
A tenente de alcalde Patricia Torres explicou deu as grazas na súa intervención as todos os voluntarios por sumarse a este proxecto, un feito histórico para Boborás o tratarse da primeira agrupación deste concello. Destacou a ilusión que todos os voluntarios mostras e precisou que a súa labor será esencial para a mellora da vida dos veciños e veciñas de Boborás.
O xefe de servizo de Emerxencias de Ourense dixo que "para nos é un día moi especial, posto que a agrupación número 72 que hai na provincia". Destacou o gran número de voluntarios presentes e xa uniformados e explicoulle aos voluntarios a súa colaboración e disposición para o que precisen.
Por último, o representante da Garda Civil do Carballiño, indicou que "estos voluntarios forman parte fundamental dos operativos para garantir a máxima seguridade" e tendeu a man para a colaboración entre ambas entidades.

Festivais de música, canto, danza e cine, un monólogo, un gran concerto, o carnaval de verán e a feira medieval “A Liorta” conforman o programa cultural e de lecer do mes de xullo.
Así mesmo, diversos torneos multideporte, un maratón de fútbol sala e unha actividade lúdica, que se desenvolverán na pista roxa, no pavillón Paco Chao e nas piscinas municipais, completan este programa no ámbito deportivo.
Ambos programas foron presentados polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente.
Tanto Diego Fernández como Manuel Dacal referíronse á consolidación da programación do verán como unha das máis importantes das vilas de Galicia, que nesta edición conta con algunhas novidades, mentres que outras actividades foron potenciadas para dar maior realce.
Entre as actividades destacan, sobre todo, o o Festival “Outros Países, Outras Músicas”, Festival de Baile e Música Tradicional Vila do Orcellón, Cantos de Taberna Verán 2018, Cine na Rúa, Entroido de Verán, Feira Medieval “A Liorta”, Concerto de Carlos Núñez, Holi Pulpo, Monólogo de David Amor e Xociviga 2018, entre outras.
Domingo 1 ás 20,00 horas no templo da Veracruz
CERTAME DE CORAIS
“OUTROS PAÍSES OUTRAS MÚSICAS”
Coral P. Baiona, Coral P. Luou (Teo), Coro de Cámara Música Viva (O Carballiño).
Martes e xoves do mes de xullo a partir das 20:30 na Praza da Veracruz
OBRADOIROS DE DANZA
Martes: ZUMBA
Xoves: RITMOS LATINOS
Sábado, 7, ás 18,00 horas na Praza Maior
FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL DA VILA DO ORCELLÓN
Grupo Orcellón, Escola de Gaitas do Carballiño, Rancho inf. E xuv. Moreira da Mata (Portugal) e Pandereteiras Flor de Toxo de Avión
A partir das 22,00 horas CANTOS DE TABERNA
Ás 24,00 horas na Praza Maior CONCERTO DE MÚSICA FOLK GRUPO “PELEPAU”
Domingo, 8 ás 20,30 horas no Auditorio Manuel María
GALA BENÉFICA DE GaliciAME (Asociac. Persoas con atrofia muscular)
Música, máxia e humor
10, 11 e 12 ás 22,30 horas no Barrio de Flores (organiza Cine Club)
CINE NA RÚA
Martes, 10
“UN PAÍS DE CINZAS” + COLOQUIO
Mércores, 11
MICROTEATRO: “NATURALEZAS” + “CASABLANCA”
Xoves, 12
EL SÉPTIMO SELLO + CONCERTO DE ANXO BLAS
13 e 14 polas rúas do Carballiño
ENTROIDO DE VERÁN 2018
ENTROIDO INFANTIL
Venres, 13 na Praza Maior
De 10 a 11,30 h Obradoiro de máscaras
Ás 11,30 animación musical DJ TIBU
DESFILE DE COMPARSAS E CHARANGAS
Sábado, 14 polas rúas
Ás 20,30 h Pasarrúas FESTICULTORES
Ás 20,30 h DESFILE DE COMPARSAS E CHARANGAS
Sábado, 14 a partir das 17,30 h no Campo da Festa de Mesego
XUNTANZA CABALAR
20, 21 e 22 nas rúas do Carballiño
“A LIORTA”. MERCADO MEDIEVAL
Domingo, 22 ás 21,00 h no Templo da Veracruz
CONCERTO CARLOS NÚÑEZ
Sábado, 28
HOLY “PULPO” (FESTA DA PINTURA)
Ás 16,00 h - Concentración na Pista Roxa
Ás 17,00 h – Saída
ata as 21,00 h - Concertos de música
Domingo, 29 ás 21,30 no Auditorio Manuel María
MONÓLOGO “FÓRA DE SITIO” DAVID AMOR
Do 29 de xullo ao 2 de agosto
XOCIVIGA 2018
Cine. Curtas. Docus. Exposicións. Concursos

A XXVII Festa de Exaltación do Pan de Cea ultima xa todos os preparativos para a súa celebración, que se desenvolverá durante toda esta fin de semana, sendo o domingo, 1 de xullo o día grande. O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación do amplo programa de actos. O acto contou coa presenza do presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, Carlos Rodríguez; do presidente do ente provincial, José Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares, e do pintor José González Freixedo.
“Agardamos que este ano poidamos vender arredor de 3.500 pezas de Pan de Cea durante a celebración no Campo da Saleta”, indicou Carlos Rodríguez. O presidente da IXP Pan de Cea encargouse de detallar as diversas actividades que se ofrecerán durante esta fin de semana á veciñanza e visitantes.
O pasarrúas das charangas darán aviso do comezo da xornada grande de Festa de Exaltación do Pan de Cea a partires das 10.00 horas. Ás doce da mañá, realizarase a recepción e autoridades no Campo da Saleta. Unha hora máis tarde, terá lugar o pregón, que nesta edición correrá a cargo do cociñeiro do programa de TVG, Adrián Díaz García. Unha vez finalizado este acto, ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade e actuacións musicais.
Ás 14.30 horas comezará o tradicional xantar organizado. “Temos a previsión de que acudan unhas 500 persoas”, concretou Carlos Rodríguez. O fin de festa porano as diversas actuacións musicais que comezarán ás 17.00 horas no Campo da Saleta.
Durante toda a xornada, haberá un espazo expositivo no que participarán unha vintena de empresas de diversos sectores. Artesanía e gastronomía daranse cita nesta mostra feiral, que se complementará co stand institucional onde se exporán produtos amparados por distintos Consellos Reguladores agroalimentarios galegos e co expositor do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde).
Mostra de pinturas
Unha das novidades deste ano é a cesión dunhas cadros por parte do pintor local José González Freixedo. Precisamente, a imaxe deste ano do cartel anunciador da XXVII Festa do Pan de Cea é seu. A maiores, cedeu outro cadro con este produto con selo de calidade e orixe como principal protagonista, que se poderá ver exposto durante a celebración. Unha valiosa aportación que agradeceron dende o Consello Regulador da IXP Pan de Cea, xa que “é outro xeito de poñer en valor os nosos produtos”, concluíu Carlos Rodríguez.
V Ruta dos Fornos e animación musical, o sábado 30
Aínda que a xornada grande do Pan de Cea será o domingo 1 de xullo, xa para o sábado 30 de xuño terá lugar a quinta edición da Ruta dos Fornos. A principal novidade deste ano “é a posibilidade de adquirir unha pulseira que, por 10 euros, dará a posibilidade de visitar todos os fornos gozando das súas experiencias gastronómicas, ademais de levar unha taza de recordo”, indicou o presidente do Consello Regulador. Carlos Rodríguez animou a veciños e visitantes a adquirir canto antes estas pulseiras, xa que “hai un número limitado de tazas”.
As pulseiras poderán adquirirse ata este venres tanto na Casa do Concello coma en distintos bares de Cea. Máis concretamente, nos seguintes: O Vaticano, O Pérez, Canela Drink, O Paxariño e Bar Praza. O propio sábado 30, poderanse adquirir só no Forno do Lodairo.
A V Ruta do Fornos poderase percorrer este sábado 30 de xullo entre as 19.00 e as 22.00 horas. As propostas gastronómicas nos cinco fornos participantes son as seguintes:
A) Forno do Lodairo: mexillón ao vapor, embutidos tradicionais, viño branco e tinto, cervexa e auga
B) Forno da Parapeta: xamón ao corte, queixo Arzúa-Ulloa, embutidos tradicionais e viño branco e tinto
C) Forno do Santo: empanada de Pan de Cea con IXP Ternera Gallega, Queixo Tetilla DOP, embutidos tradicionais e viño branco e tinto
D) Forno do Abade: mexillón ao vapor, tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais e viño branco e tinto
E) Forno da Cebola: tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais e viño branco e tinto
A V Ruta dos Fornos combinarase coa animación musical das agrupacións Cuncas do son e Zoadeira, Feitizo de Pau e as Pandereteiras do Forrollo. A verbena nocturna correrá a cargo do grupo The Tetas’Van, que ofrecerá un concerto a partires das 22.30 horas na Praza Maior de San Cristovo de Cea. Durante esta actuación, tamén haberá un barman que ofrecerá cócteis aos asistentes e realizará un sorteo de agasallos entre o público.

Coa entrega de diplomas aos alumnos e alumnas participantes quedou clausurado o obradoiro intermunicipal de emprego que se desenvolveu nos concellos de Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
No concello de Boborás, executouse a rehabilitación dos lavadoiros de San Andrés, na parroquia de Albarellos e Astureses, asi como o acondicionamento da contorna da antiga casa do peón caminero da Almuzara, agora reconvertida en futuro centro social nesta localidade.
O concello do Carballiño aproveitou a actividade deste obradoiro de emprego para acometer a reforma integral da planta baixa da casa da cultura.
En San Amaro, púxose en marcha un módulo de atención sociosanitaria, no que se impartíu formación teórica e práctica para a atención domiciliaria de persoas no seu domicilio.
No concello de Maside, reformáronse dependencias do antigo colexio de Maside e construíronse beirarrúas na rúa de acceso ao centro de saúde de Dacón.

O municipio de Boborás prepárase para acoller os "Venres interpretados", unha iniciativa coa que da a coñecer os lugares máis emblemáticas da zona antiga de Pazos de Arenteiro, como a igrexa, a casa reitoral, os pazos, e outros lugares destacados, a través dun total de 11 visitas interpretadas.
A presentación desta proposta cultural tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e a representante de "Plan B", entidade organizadora da actividade, Sonia Buján.
A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural que "pon en valor e da a coñecer o noso patrimonio, tanto aos turistas coma aos propios veciños, para que a través do teatro, poidan descubrir os lugares máis emblemáticos da zona antiga desta aldea", explicou Rosendo Fernández.
O lema desta edición é "Saca o artista que levas dentro" e as visitas comezarán o 29 de xuño, e repetiranse tódolos venres ata o día 7 de setembro, ás 22.00 horas, para aproveitar a escuridade para unha mellor ambientación da trama. Nas visitas, cunha duración aproximada dunha hora, participarán catro actores que irán saíndo ao encontro dos participantes, creando unha atmosfera de misterio na que, chegado o momento, o grupo terá que implicarse na procura de descifrar un feito esencial relacionado co evento.
"A sorpresa é parte do atractivo desta actividade coa que se destaca o valor dos lugares de tanta riqueza patrimonial desde o punto de vista lúdico", explicou Sonia Buján, afirmando que facer estas visitas por medio da interpretación "permite chegar a máis xente".
A concelleira de Cultura e Turismo de Boborás agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense para poder desenvolver esta iniciativa, e salientou o éxito que está a ter esta proposta cultural tanto con veciños do municipio e da contorna como por parte de turistas".
Os interesados en participar nestas visitas, que son de balde e para tódolos públicos, deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622. O aforo de cada visita está limitado a 30 participantes por sesión, "co obxectivo de que todos poidan gozar da actividade ao cen por cen", sinalou Sonia Buján.

O grupo municipal do Partido Popular presentou no rexistro municipal un escrito cunha batería de preguntas dirixido ao alcalde Francisco Fumega, relativas todas elas á tardanza na apertura das piscinas públicas.
Os populares afirman que o retraso débese "á desidia do goberno municpal que non sabe xestionar este servizo, que debería estar aberto a mediados deste mes de Xuño".
O portavoz, Argimiro Marnotes, preguntouse como "a dia de hoxe, 26 de Xuño, unha empresa especializada estaba esta mañá realizando traballos de fumigación de insectos nas instalacións" e apuntou ao retraso por parte do concello "na tramitación do expediente administrativo para a contratación do servizo como o motivo real que explica esta situación".
Por outra parte, o concello do Carballiño confirma que a apertura das piscinas será o próximo venres dia 29, venres e sábado serán xornadas de "portas abertas", con entrada gratuíta.
Para acceder ao escrito do Partido Popular prema no arquivo adxunto:
Para acceder ao comunicado do concello prema no arquivo adxunto:

Valentín García Gómez participou no acto de presentación do XXXIII volume da revista ‘Ágora do Orcellón’, que edita o Instituto de Estudios Carballineses coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Valentín García destacou a variedade e relevancia, “non só para a comarca do Carballiño, senón para toda Galicia”, dos traballos que compoñen o último número de ‘Ágora do Orcellón’, “unha publicación que divulga cultura e ciencia en galego desde un compromiso sincero coa realidade da nosa comunidade”.
Ademáis do secretario xeral de Política Lingüística participaron na presentación Francisco Fumega, alcalde do Carballiño; Avelino Muleiro, director do Instituto de Estudios Carballineses; Camilo Fumega Ucha, astrónomo a quen se lle dedica un dos artigos da revista; e os colaboradores deste número de ‘Ágora do Orcellón’ Antón Pulido, Estanislao Fernández de la Cigoña, Ana Isabel Rodríguez, Manuel Mandianes e Xesús Alonso Montero.
O número XXXIIII da revista ‘Ágora do Orcellón’ ábrese cunha presentación do director do Instituto de Estudios Carballineses, Avelino Muleiro, e continúa cunha serie de artigos de temas variados que van desde a erradicación da hepatite C (a cargo de María Crespo Leiro e Ventura Ferrer Castro) ou a historia da farmacia no século XVIII (da autoría de Miguel Soaje Álvarez) ata o verbo dos canteiros (de Xesús Antonio Gulías) ou a autora homenaxeada o pasado Día das Letras Galegas (de Xesús Alonso Montero).
Completan o volume as colaboracións de Fernández de la Cigoña Núñez (“O puzo do Lago visto por un naturalista”), Mercedes Losada (“Escoitando o silencio”), Ana Isabel Rodríguez Bernárdez (“Camilo Fumega Ucha: unha vida mirando o ceo”), Adolf Tobeña (“Urxencias secesionistas en Cataluña: adoutrinamento mediático e presión social” e “A Cataluña atrincheirada: unha aventura secesionista atrapada nun empate etnopolítico”), Domingo Dacal Morgade e Xosé Dacal Londoño (“O home das tres vidas: Cristóbal Pedro Colón Álvarez de Soutomaior. Colón e o mosteiro de Guadalupe”) e Manuel Mandianes (“Viaxe sen retorno”).
Instituto de Estudios Carballineses
O Instituto de Estudios Carballineses é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que na actualidade conta con preto de duascentas persoas asociadas e que desde a súa fundación, en 1999, vén realizando unha serie de actividades culturais entre as que destaca a publicación semestral da revista ‘Ágora do Orcellón’.
Entre os seus obxectivos fundacionais destacan os de fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes etc., así como en todas as manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou , xunto aos alcaldes de Leiro, Arnoia e Cortegada, na entrega á mancomunidade de concellos do Ribeiro dun camión para a recollida de lixo, acto que tivo lugar na sede de Talleres TAR, empresa subministradora do vehículo, situada no polígono de San Cibrao das Viñas. O presidente da mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, agradeceu a colaboración da Deputación nesta iniciativa medioambiental que supón investir con novo equipamento na recollida de residuos sólidos urbanos.
A Deputación de Ourense que achega un importe de 50.000 euros -dun custo total de 145.000 euros- ten na cooperación cos concellos e mancomunidades en materia medioambiental "unha liña fundamental de traballo, promovendo con tecnoloxía, innovación e boas prácticas unha xestión sustentable dos recursos e servizos", afirma Manuel Baltar.
O presidente provincial lembra que a Deputación de Ourense xestiona o servizo intermunicipal de recollida de lixo en diferentes puntos da xeografía ourensá, e tamén os servizos complementarios intermunicipais delegados de recollida selectiva e dos puntos limpos. Ademais, realiza o servizo de transferencia de residuos sólidos urbanos e o de lavado de contedores. No caso da mancomunidade do Ribeiro, que xestiona a recollida de lixo no seu territorio, a Deputación colabora coa compra deste vehículo "para seguir mellorando a calidade do servizo que se lle presta aos veciños destes concellos, e faino investindo en tecnoloxía ao servizo do medio ambiente", destaca Baltar.
No acto de hoxe, xunto ao presidente provincial, participaron os alcaldes de Arnoia, Cortegada e Leiro, Rodrigo Aparicio, Avelino de Francisco e Francisco José Fernández, así como representantes da empresa subministradora, quen explicaron as características técnicas do vehículo.
Los socialistas del Grupo Municipal en el Ayuntamiento de Leiro, queremos saber la razones por la cuales el Alcalde, no trae al Pleno Municipal de este próximo lunes las tarifas a aplicar por parte de la empresa concesionaria en el Centro de día de Leiro, ya que dicha empresa las presento en el registro municipal el día 18/06/2018 para que sean aprobadas por la Corporación Municipal y no cabe disculpa alguna por parte del regidor ya que había tiempo más que suficiente para incluirlas en el Orden del día del Pleno a celebrar este Lunes 25.
Por lo que los socialistas ya le trasladamos a la opinión pública y a tod@s los vecin@s de nuestro Ayuntamiento, que no las vamos aprobar por la sencilla razón de que en este caso, como otros son las “pequeñas diferencias” entre gobiernos de izquierdas que pensamos en los servicios son para la gente y los gobiernos de derechas en que las políticas son muy diferentes.
El Centro de día de Leiro fue construido con dinero público “de todos” con un coste de casi un millón y medio de euros, para ahora entregarlo a una empresa privada que cobrara 577,50€ por la jornada completa, a lo que hay sumar los servicios extra (podólogo, peluqueria), acompañamiento,transporte, ect….. Una cosa tenemos clara los socialistas y es que “unos pocos se benefician de lo público y los usuarios pagan”. Y en cambio en otros Ayuntamientos cercanos al nuestro también fueron construidos con dinero público, pero abren sus puertas a los vecin@s y gratuitamente disfrutan de ellos, incluso están ofreciendo actividades y otros servicios de forma GRATUITA sin que sus vecinos paguen nada de nada. Esas son las “PEQUEÑAS GRANDES DIFERENCIAS”. NO ES LO MISMO……. que dice el tema del cantante Alejandro Sanz.
Esta en una reflexión que queremos trasladar los socialistas de Leiro a los vecin@s que no es lo mismo que gobierne un gobierno de izquierdas que uno de derechas como el de Leiro, que lleva toda la vida gobernando nuestro municipio y con medidas como la que acabamos de relata, nuestro municipio en vez de mejor, cada día se esta muriendo mas y mas y “que haya vecin@s que le sigan aplaudiendo sus políticas caciquiles” ver para creer.
Resulta que onte decidían non apoiar a moción, pero non estaban contentos de todo porque a votación non tiña todo o "consenso". E agora que teñen 6 a favor e cinco en contra e dúas abastencións ¿están contentos?
¿Qué é eso de consenso nunha votación? É unha palabra moi zapateril que non significa nada como aquela de talante. Podes ter bo talante ou mal talante pero talante sen grao ou sen atributo non significa nada ¿Refírense a unanimidade? ¿Ou ao máis próximo a unanimidade? Nin tan siquera teñen maioría absoluta agora. Poden facer unha terceira ata ter maioría absoluta e despois dunha cuarta pode que salga o dichoso "consenso".
E se os resultados nas urnas lles son desfavorables despois deste pitorreo, tamén poden facernos votar catro veces ata conseguir os resultados que eles queiran.
Un chisco de por favor, se non respetas o que votas, e non respetas o que vota o pobo, o pobo vaiche devolver a papeleta porque perdes toda a credibilidade. Todo esto non hai quen o trague.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 477
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- …
- seguinte ›
- última »