
O xurado do concurso de curtametraxes CURTASoPRIMA acordou na reunión celebrada esta mañá conceder os seguintes galardóns:
Por unanimidade acorda conceder o Primeiro Premio a LA MUJER INVISIBLE, de Noemí Chantada Puime, por considerar o honesto realismo e a delicadeza no tratamento dunha historia actual.
Asimesmo, acorda conceder o Segundo Premio a CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS, de Arancha Álvarez Brandón, polo realismo moi vencellado a Galicia, con carácter amador que reflicte unha realidade social actual.
E o Terceiro Premio a ESCARABANA, de Sara Casasnovas Pumar, recoñecendo a calidade técnica e de guión, ao tratarse dunha primeira curtametraxe.
Finalmente o Xurado, destaca a calidade xeral das pezas, especialmente as de carácter amador, a variedade de xéneros e temas, e a unanimidade á hora de outorgar as puntuacións.
Os premios, consistentes en 500, 330 e 100€, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro, asi como tres trofeos, entregaranse na Gala 35 Aniversario das Xociviga, que se celebrará esta tarde no auditorio municipal.
O Xurado estivo formado por:
Na súa variante profesional, por:
Lara Bacelo. Fundación Carlos Casares
José Antonio Nogueira. Escuela de Artes Plásticas y Audiovisuales de la Benemérita Universidad Autónoma de Puebla, México.
José Rúas. CC SS e da Comunicación. UVIGO
Na súa variante non profesional, por
Aldara Pagán. Estudiante de CC da Comunicación. USC
Yeray Diéguez Barreiro. Estudiante CC SS e da Comunicación. UVIGO
Belén G. Ojea. Estudiante Ciencias da Comunicación USC

Os socialistas de Leiro, consideramos intolerable o estado no que se atopa a Ponte Esperela que esta na OU-209, ao seu paso pola localidade de Leiro, presenta un estado lamentable que afecta á paisaxe e, sobre todo cando fai dous anos que levamos con este problema, e este Grupo Municipal dos Socialistas llo advertiu o Grupo de Goberno de que habría que facer unha limpeza integral de dita Ponte, xa que ten moita maleza, pero a día de hoxe segue na mesma situación ou peor xa que a maleza e maior.
A estrada que discorre pola Ponte Esperela, de titularidade da Xunta de Galicia, supón o principal punto de entrada ao Concello de Leiro, vindo dende O Carballiño, ocasionando numerosos problemas de paso posto, que apenas, collen dous vehículos transitando ao mesmo tempo, en moitas ocasións ten que esperar un vehículo para que pase outro.
Tanto o goberno municipal do PP coma a propia Xunta de Galicia, permiten que se prolongue no tempo, unha situación que pode provocar inseguridade e risco para os usuarios e usuarias da estrada.
Tal como destaca o noso Portavoz do Grupo Municipal Socialista, Manuel Rodríguez: “As autoridades municipais e ás autonómicas, deberíaselle caer a cara de vergoña ante o lamentable estado no que se atopa a porta de entrada á nosa localidade, nos tempos que corren, é inaceptable ter as infraestruturas nestas condicións, por desidia de ambas administracións”.
É inadmisible que, nin siquera, procedan a limpeza da propia ponte, sendo Leiro un lugar de referencia no que a paisaxe e beleza se refire a todos os niveis, e non so polas altas temperaturas. O Grupo Municipal Socialista, insta ao goberno municipal a que actúe dunha vez por todas e proceda a esixir do goberno da Xunta que se faga a limpeza integral da Ponte como tamén que acabe as obras que fai meses que están inacabadas no Cruce da Ponte e a Estrada do Eixo do Ribeiro. Pola súa banda, o goberno do PP de Leiro, debería abandoar a desidia e por mans á obra no tocante á mellora da Ponte, posto que é a súa obriga manter espazos públicos nas mellores condicións posibles.

Catro alumnas e un alumno do Instituto nº 1 do Carballiño recibiron esta mañá unha homenaxe do concello, tras acadar a excelencia nas probas de acceso á Universidade. Trátase de Carlota Álvarez Feijoo, Marta López Gil, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e Miguel García Fernández.
Todos conseguiron unha nota media superior a 9 nas probas de acceso á Universidade, e outros trece alumnos e alumnas do mesmo instituto estiveron ás portas de acadar un 9 na Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade -ABAU-.
Por este motivo o concello reuniunos esta mañá no salón de pleno nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o director do IES nº 1, Celso Fernández, e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, así como familiares dos alumnos.
Francisco Fumega fecilitou aos alumnos e ao profesorado do centro no seu nome e no de toda a corporación e veciñanza, e amosou a súa satisfacción pola boa saúde do ensino público no Carballiño.
Celso Fernández agradeceu a deferencia do concello polo recoñecemento aos alumnos, asegurando que era unha satisfacción enorme para os país, pero tamén para o claustro de profesores e profesoras do centro.
Finalmente, Diego Fernández sumouse a estes parabéns e fíxolles entrega aos alumno do libro “O cantigueiro de Orcellón”.

Unha estampa que repítese cada vez con máis frecuencia, tamén no Carballiño, a de ver xabaríns no centro do casco urbano.
Desta vez, en pleno dia de feira fin de mes, ésta é a escea que pudo verse esa mañá nos xardíns da Rúa Aldara, a carón mesmo da Praza Maior do Carballiño.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asinaron convenios de colaboración cun total de 18 concellos ourensáns para financiar ao 50% a reparación dos danos ocasionados en infraestruturas de titularidade municipal durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro.
No ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro os concellos que resultarán beneficiados destes convenios de colaboración son: Avión, Piñor, San Cristovo de Cea, Carballeda de Avia, Leiro, Maside e Melón.
O importe de cada convenio foi calculado en función da información facilitada polos propios concellos, e a comprobación técnica in situ para determinar se eran ou non gastos subvencionables.
Esta era unha das liñas de axudas incluídas na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios, cuxo orzamento ascendeu a 13,2 millóns de euros. A este orzamento hai que sumar os 9,8 millóns de euros investidos pola Xunta en actuacións directas en distintos ámbitos: nos montes e estradas afectadas, ou nos parques naturais.
Esta convocatoria conxunta do Goberno galego habilitou axudas para poder paliar os danos causados pola vaga de lumes nun amplo abano de supostos, como a de afectación a bens de titularidade municipal (como os convenios asinados hoxe, que serán un total de 41 a nivel de toda Galicia); pero tamén a vivendas, negocios e, por suposto, por danos persoais.

Os organizadores agardan superar os mil participantes que xa tivera a primeira experiencia carballiñesa "Holi" do ano pasado, para este sábado dia 28 de Xullo agárdase superar esa cifra para esta segunda edición, tal como comentou nesta emisora de radio Uriel Bernárdez.
A quedada está programada para as cinco da tarde na Praza do Emigrante, no centro do Carballiño., onde os participantes serán recibidos con música para ir entrando en ambiente nesta festa na que a pintura e a música son as protagonistas.
A "carreira" ou "recorrido" da Holi Pulpo será de algo máis dun kilómetro, ata a parque municipal do Carballiño, onde se celebrará un festival musical con varios DJ que se prolongará durante unhas catro horas.
As entradas están a venda en varios locais ao prezo de 10 euros, que inclúe ademáis da entrada varios agasallos para os participantes.
Toda a información da "Holi Pulpo 2018" pode verse en Facebook.
Din que cando o rio sona agua leva.
E no concello do Carballiño non é rio, é marea. Estes días ao parecer os bucaneros da marea do Carballiño andiveron polo xuzgado, e non creo que fosen a ningún xuicio. A vindeira semana vence o prazo para que o señor alcalde lles conteste ao famoso recurso que presentaron a aprobación da rpt e que tanto dolor de cabeza lles está dando a alguns do concello. Os da marea xa saben que non van nin facerlle o máis mínimo caso, e sabenno pola mala experiencia que teñen coas promesas que non cumpre o señor Paco Fumega e a súa directiva despois do acordado o ano pasado cando o seu concellal Bernardo lles deu o seu voto para aprobar os presupuestos e estes non cumpliron co da recaudación.
Pois nesta posición e en vistas a algo que xa se pode preveer, a marea prepárase para levar este recurso a xustiza. Escoito polas mañas que eles o van levar para adiante si ou si. Tamén escoito que é unha loita perdida. Escoitase de todo con respeto a este tema. Non sería a primeira vez que unha rpt se bota a baixo pola xustiza. No Carballiño xa pasou fai anos. Fai ano e pico pasou coa rpt de Mos. Fai uns dias anularonse uns 30 postos na Diputación por motivos similares aos que reclaman na marea.
Non sei como rematará este asunto pero duas cousas son seguras xa: a primeira será ver como lexislatura tras lexislatura o Concello do Carballiño sempre anda polos xuzgados con temas que rozan de máis as ilegalidades, pecado que se paga con cartos públicos; e segundo, para moita xente de esta vila é bo ver que non todos os que aspiran a dirixir a casa consistorial son uns desalmados titiriteiros.
Denunciar ilegalidades tiña que ser unha obriga de tódolos partidos políticos non so da policia ou dos sindicatos, por que os que calan son tan cómplices ou máis como os que as fan. De esta vez o concellal Bernardo e o seu axudante Manuel teñen o meu respeto e recoñecemento por dar o callo nun tema que non agrada a moitos e que todos coñecemos e consentimos.
Si siguen en esta liña teñen moito gañado en esta vila.

O Concello de Avión volverá, un ano máis, a poñer en valor a cultura de México por ser o país ao que emigraron unha gran cantidade de veciños do municipio e, por elo, o venres, 10 de agosto, Avión acollerá a XIV edición da súa tradicional "Festa Mexicana". A presentación desta celebración cultural tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Avión, Antonio Montero; e a responsable da Festa, Isabel Gabián.
"Esta festa comezou a celebrarse no ano 2005 co obxectivo de homenaxear a un país que acolleu a maior parte dos veciños emigrantes do municipio", explicou Rosendo Fernández, que engadiu, "trátase dunha festa de carácter único e particular polas súas características, que ano tras ano medra e mellora, exaltando a música, a gastronomía e a cultura de México".
A festa, que comezará a partir das 18.30 horas, renderá homenaxe á cultura deste país ofrecendo aos asistentes música en directo a cargo de dúas agrupacións de mariachis, gastronomía tradicional a través de catro restaurantes mexicanos afincados en diferentes puntos da xeografía galega, e con actividades gratuítas para os máis cativos. Asemade, haberá sorteos de cestas con produtos mexicanos, así como o famoso xogo da "piñata", tanto para nenos como para adultos.
O alcalde de Avión explicou que esta festividade naceu co obxectivo de "render homenaxe a toda a emigración do noso municipio e para que sexa un sitio de encontro de moitos dos nosos emigrantes que durante moitos meses pasan o seu día a día nos distintos países". Por outra parte, Antonio Montero destacou o labor social desta celebración dado que "as piñatas son elaboradas pola xente do Centro de Maiores, e parte dos fondos que recadamos con isto son para eles para que poidan realizar as súas actividades".
A celebración pretende ser "unha exaltación da cultura mexicana nos seus distintos aspectos e tamén intentamos mostrala a través dos carteis da festa que, nesta edición, rende homenaxe á película de animación mexicana "Coco". O obxectivo é introducir cada ano novos elementos para dar a coñecer a cultura deste país", explicou Isabel Gabián.
En canto á asistencia de público, Antonio Montero explicou que "ano tras ano a afluencia de público vai aumentando, e esperamos que nos visiten como mínimo 3.000 persoas como nas últimas edicións". Neste senso, a responsable da festa lembrou que se trata dunha celebración "referente na nosa provincia e en toda Galicia, á que asisten tamén persoas de Asturias e Portugal".

Nacido no pobo de Garabás, fai 90 anos, o poeta faleceu na mañá deste martes 24 de Xullo, tras pasar unhos dias ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense.
A Fundación "Insua dos Poetas" programara para este próximo sábadodia 28 de Xullo unha homenaxe a Victor Campio Pereira no marco da "X Festa da Palabra", unha homenaxe que se mantén "e que se fará agora aínda con moita máis emoción tras o seu pasamento", dixo nesta emisora de radio o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.
Nesta homenaxe ao poeta masidao intervirán Victor Viñal, Alba Cid, Pablo Rubén Eiré e o propio Tosar. Como mantedor desta "X Festa da Palabra" actuará o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- …
- seguinte ›
- última »