Un placer veciño, é unha mágoa que non collas o guante, tiñas argumentos ese ainos en vez de hainos, e demáis cousas, pero foste respectuoso cos meus erros. O debate é sano porque pódese facer unha catarsis. Eso de esquerdas e dereitas penso que é unha entelequia, e moito máis no rural. Tes razón que no rural é a persoa á que se vota, pero moitas desas persoas endiósanse e rematan convertíndose en pequenos caciques caudillos da ciudadela. O pobo de Piñor votou cambio, penso que hai que respectalo até que volten falar as urnas.
Esto debe servir ao actual alcalde pra cambiar de actitude. Porque o anterior, Francisco Fraga, podería facer examen de conciencia e podería pactar unha moción de censura na que se designase alcalde ao outro concelleiro de Veciños de Piñor, e deste xeito podería purgar o mal que fixo cando con malas artes impedíu o empadroamento dun dos concellais de VP.
Saúdos.
Síntoo, non che vou seguir o debate , non me interesa, solo dixen que ò teu candidato todos lle son enemigos, primeiro queria largar ò Soe, agora ò PP, e que mellor estaría caladiño na oposición, seria moito mais productivo para vos. Non teño nada contra os Veciños de Piñor, nin do PSOE, en canto ò PP, equivocaste, non lle aplaudo, nin o Baltar, non a ningun...pero para un alcaldia fin pequeno pobo, sabes perfectamente que se lle vota á persoa.
Non utilicei os teus argumentos para nada , solo expuxen o que pensaba, e que non se sabe Ben para onde tirades, hoxe para a Esquerda, maña para a directa e pasado deuda dirá.
Saludos

Xornada intensa a vivida este venres no seo de Veciños de Piñor para acordar unha postura do grupo sobre a moción de censura ao alcalde do Partido Popular, Luis González.
Tras rexeitar inicialmente VP o apoio á moción de censura promovida polo PSOE ao non aceptar que Francisco Fraga fose o candidato proposto, a situación foi cambeando no transcurso do dia, e finalmente, pola tarde, Veciños de Piñor acordou secundar a moción que desaloxará da alcaldia ao alcalde do Partido Popular.
Nesta última votación, enténdese que a definitiva, houbo 6 votos a favor de apoiar moción de censura, 5 en contra e 2 abstencións.
Aquí na Lúa temos a luz do Sol, e a luz é rigor e misericordia. Na Lúa podes ver reflectida a luz do Sol.
Non, non cambio de tornas, recoñezo que a miña percepción de que o alcalde de Piñor debería andar na Lúa era errónea. Recoñecer erros non é cambiar de tornas. Ainos que apluden coas orellas ao Partido Podre, faga o que faga, e chámano coherencia.
Se estiveses aquí conmigo mellorarías a capacidade comprensiva da lectura dun texto, porque a luz é o que ten. E dixen no meu primer texto, que non ten sentido a estas alturas unha moción de censura porque é simplemente instrumental (facerse cos aparatos do Concello). Así que non copies miñas opinións e non as convirtas en argumentos pra criticar a miña opinión. E tamén escribín no segundo texto que sigo pensando que é un erro a moción. Otra cousa ben distinta é que no primeiro texto pensase que a moción era inviable e despois de escoitar ao líder de VP pense que vai pra diante.
E da lectura do teu texto dedúcese que che molesta que se critique ao PP. Eu non te coñezo e non sei se é así polo tanto preguntareiche a miñas dúbidas despois da lectura da túa crítica á miña opinión
Es dos que aplauden coas orellas ao PP?
Podes enumerar os feitos dese fabuloso traballo do PP de Piñor?
Podes enumerar os actos caciquís de Veciños de Piñor?
Frijolito por qué se queda, polo seu compromiso por Galicia ou porque fíxose popó polos dosieres de Soraya?
Cambiou de tornas Feijóo e agora quere ser o líder de Compromiso por Galicia?
Por qué dis que é o noso fin?
Cres na eternidade do Partido Podre faga o que faga?
Como anda baltarín, acudirá a acunar ao alcalde de Piñor? Segue co poder de cambiar as notas dun tribunal?
Galicia será o retiro Dorado de frijolito?
Agradecido pola crítica da miña opinión agardo as túas respostas.
que pronto cambiaches as tornas cando te enteraches que mocion de censura saliu dos Veciños de Piñor!!! E o problema non creo sea que apoye ó Psoe, o problema empezou cando no seu día se xuntou co PP decepcionando ós seus votantes cando un partido supostamente de esquerdas se aliara co PP, e todo por motivos persoais, ...ahora ten mal rollo co PP e xúntase co PSOE...Tanto ten PSOE coma VP, a que ven agora unha moción de censura a pouco das novas eleccións? Pensas que a actitude dos VP ou do PSOE é menos caciquil que o PP, non o están demostrando para nada dende logo
E outra cousa, o actual alcalde, sexa do partido que sexa, está traballando moito por Piñor, e eso é o que importa, e vos, o único que facedes é estar todo o día criticando nos medios de comunicación.
Deséxovos moita sorte, pero creo que vos é o final
Son o do da denuncia da moción de Piñor e unha vez escoitado ao líder de Veciños de Piñor, teño claro que a moción vai pra diante. Non sei, penso que estase a cometer un novo erro porque será difícil explicar que fas alcalde a quen che impediu o empadroamento. Será difícil explicar tantos bandazos. O pobo de Piñor votou polo cambio, sería mellor escoitalo de novo nas urnas.
De todolos xeitos entendo algo a situación. Entendo que a actitude do novo alcalde é netamente caciquil e procuro poñerme nos zapatos de VP pra entendelos. Deséxolle sorte a VP e agardo que aten ben por escrito os termos da moción, pra que non lles pase o que lle pasou a Bernardo cos socialistas do Carballiño, e VP acabe sustituindo quen representa unha actitude caciquil por outro que tamén a representa (porque impedir dese xeito un empadroamento non é moi democrático que digamos) e remate diluíndose na irrelevancia política (non quere esto decir que Bernardo pasase a irrelevancia, porque xunto co outro xugón están a facer moi boa labor).
Sorte.

O IES. M. Chamoso Lamas de O Carballiño oferta como novidade para o vindeiro curso 2018-19 un Ciclo Medio de Formación Profesional de nova implantación, denominado Electromecánica de Maquinaria. Responde a un plan de estudos pioneiro en Galicia, que lle permite ó alumnado acceder a unha doble titulación de Formación Profesional no prazo de tres cursos académicos, cando o habitual ven sendo de catro.
Para acadar este obxectivo, dende a Dirección do Centro, e dende o propio Departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos, traballouse na consecución de acordos e convenios de formación con diversas empresas do sector, que posibilitaran o acollemento dos alumnos baixo o réxime da F.P. Dual, combinando a formación no propio instituto coa formación nos centros de traballo, nos que o alumnado completa os seus estudos ó tempo que está afiliado ó Réxime da Seguridade Social, e percibe unha remuneración económica acorde á súa situación laboral.
Deste xeito, no vindeiro curso 2018-19, o alumnado que opte por esta familia profesional poderá acollerse a tres modalidades distintas: unha ordinaria de dous cursos presenciais, e un período de Formación en Centros de Traballo de 410 horas en segundo; outra de F.P. Dual, na que combinará o primeiro curso no IES. M. Chamoso Lamas con segundo nas empresas e centros de traballo cos que se suscribiron os correspondentes convenios; e unha terceira tamén de F.P. Dual a través da cal se accede ó título de Técnico en Electromecánica de Vehículos Automóbiles en dous anos, e ó de Técnico en Electromecánica de Maquinaria cursando no último ano catro módulos específicos para a doble titulación.
Cómpre sinalar por último que o plazo de admisión para estas ensinanzas profesionais comenza o vindeiro luns 25 de xuño, e remata o martes 3 de xullo ás 13.00 horas. Para a obtención de máis información ó respecto, os interesados poden contactar telefónicamente co Centro, ou ben pasando pola Secretaría do mesmo.

Ricardo Perea foi o claro gañador na votación da Xunta Local do Partido Popular no Carballiño celebrada este mércores dia 20 de Xuño, ao conseguir o 64,44% dos votos, polo que será o candidato dos populares á alcaldia do Carballiño nas eleccións municipais de 2019.
Non foi precisa unha segunda volta, que estaba prevista no caso de que ningún dos catro precandidatos obitvesen maioria absoluta na primeira votación.
Dos 45 membros da Xunta Local que participaron na votación, 29 optaron por Javier Perea, 8 por José Andrés Vázquez, 6 por Teresa Cerdeira, 1 por Avelino García e 1 votou en branco.
A proposta de Ricardo Perea como candidato á alcaldia do Carballiño queda agora tan so pendiente da proclamación por parte da Executiva Provincial do Partido Popular.

A demanda do servizo supera á oferta de prazas, que son 336 para o próximo curso 2018-2019 no colexio carballiñés da Uceira, o que deixa fora da lista a un total de 42 solicitantes.
Dende a ANPA "Xornada Digna" do Colexio Calvo Sotelo lamentan que por parte da dirección do centro e o consello escolar non demandasen a ampliación do número de prazas ante a consellería, sabedores de que se trata dunha problemática que se repite cada ano.
Ademáis, tampouco comparten a interpretación dos baremos que se aplicaron para a selección de beneficiarios "nin xiquera respetaron os baremos que estableceron, perxudicando claramente a pais e nais traballadores con incompatiblidades horarias".
Algunhos destes pais xa presentaron as súas queixas ante a Consellería de Educación e lamentan que "éste e outros condicionantes estean incidindo negativamente na diminución da matricula que ven afectando ao centro escolar, mentres outros colexios próximos da comarca están aumentado a súa matricula", reflexionan.
Apoio aos pais dende Alternativa Veciñal - En Marea
Esta formación política mostra a súa solidaridade cos pais e nais de alumnos que quedan fora do servizo de comedor escolar, unha situación de "inxustiza, desamparo e impotencia", da que tamén fan responsables aos gobernantes municipais do Carballiño
Para acceder ao comunicado de AV-En Marea, prema no arquivo adxunto:
Este Francisco Fraga debe andar desesperado por voltar a ter nas súas máns o Concello. Debeu ser inspirado por un dos dous astronautas do Consello de Ministros, non polo de prestixio Pedro Duque, senon polo outro astronauta que explora cada día a Lúa.
E Fraga debe andar con Sánchez na Lúa se pensa que Veciños de Piñor vai caer na trampa e permitir que Fraga, sen a decisión das urnas, teña nas súas máns os aparatos do Concello pra, por exemplo. impedir o empadroamento do lider de Veciños de Piñor, entre outras marañadas.
Non sei, Veciños de Piñor non deberían caer na trampa. Non ten sentido unha moción de censura a un ano das eleccións. É unha moción instrumental pra facerse coas ferramentas e aparatos do Concello. VP debería impedir a trampa deste concelleiro do PSOE que se está a pasar de listo, e explicar claramente por qué non apoia a xogadiña do rapaz. Outra cousa sería o propio suicidio de Veciños de Piñor.
E conste que non é que o PP de Piñor non merezca un bo rapapolvo, pero hai que deixar que sexan as urnas os que os poñan no seu sitio, tanto en Piñor como no resto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 478
- 479
- 480
- 481
- 482
- 483
- 484
- 485
- 486
- …
- seguinte ›
- última »