18, Xullo 2018

"Serán concertos moi divertidos nos que faremos un percorrido por mil anos de música, pero por riba de todo será un acto de amor polo país". Así resumiu o gaiteiro Carlos Núñez a súa xira de concertos "Lugares máxicos", que o levará por diferentes localizacións da provincia de Ourense ao longo dos meses de xullo e agosto para tocar en marcos de incomparable beleza do noso patrimonio histórico-artístico.

Os mosteiros de Oseira, Celanova e Santo Estevo, o castelo de Monterrei e o templo da Veracruz do Carballiño serán os lugares onde o máis internacional dos gaiteiros galegos amose o seu compromiso pola terra, "un acontecemento musical máxico polos lugares e polo protagonista", dixo no acto de presentación o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen agradeceu "a aposta de Carlos Núñez por Ourense, un artista que utiliza a música como elemento de comunicación interxeneracional e internacional", e agradeceu "o apoio que prestan os concellos e os alcaldes de San Cristovo de Cea, O Carballiño, Celanova, Monterrei e Nogueira de Ramuín para acoller estes concertos que unen cultura, historia e talento, coa cooperación da Deputación".

Será tamén unha oportunidade para gozar –no primeiro dos concertos, o 21 de xullo, no mosteiro de Oseira- "da interpretación que farán once nenos, quen acompañarán a Carlos Núñez no escenario interpretando melodías cos instrumentos do Pórtico do Paraíso, construídos no Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense que dirixe Manuel Brañas", expresou Baltar, remarcando que será "un acontecemento musical único".

Carlos Núñez dixo que esta xira "é un acto de amor polo país" e remarcou a importancia da música tradicional como "chave para darlle vida á historia e as músicas medievais". O gaiteiro, agradeceu o apoio da Deputación e de Ourense "para poder tocar en cinco lugares máxicos, nos que cada un inspira unha música", afirmou, subliñando que nesta serie de concertos "soarán músicas medievais, renacentistas, barrocas, galegas e tamén as últimas colaboracións que fixemos co mundo do cine".

Núñez lembrou que os concertos do ano pasado, realizados co apoio da Deputación de Ourense, "foron unha experiencia tan marabillosa que fixo que este ano abrísemos o abano para facer nove concertos por toda Galicia, animando á xente a que visite estes lugares incribles que temos na nosa terra".

O programa dos concertos comeza o vindeiro 21 de xullo no mosteiro de Oseira, para seguir o día 22 no templo da Veracruz, no Carballiño, e o día 24, no mosteiro de Celanova. Posteriormente, o 4 de agosto o escenario será o castelo de Monterrei, rematando a xira o 5 de agosto no mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil.

17, Xullo 2018

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do estado de conservación das beirarrúas existentes na estrada OU-187 (Fondo de Cea-OU-504), no treito correspondente á travesía do concello de San Cristovo de Cea.

Estes traballos, teñen un prazo de execución de 3 semanas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo alcalde do municipio, José Luis Valladares, visitou as obras e subliñou que esta actuación execútase para mellorar a mobilidade e accesibilidade na estrada OU-187 ao seu paso polo concello de San Cristovo de Cea. Díaz Mouteira indicou que “a execución deste proxecto supón o cumprimento adquirido no seu día polo Goberno galego co alcalde deste municipio para dar resposta ás necesidades da veciñanza”.

A estrada OU-187 ten unha lonxitude de 1.570 m que discorre case en toda a súa lonxitude pola capitalidade de San Cristovo de Cea, con beirarrúas en boa parte das dúas marxes. A actuación consistirá na rehabilitación do muro de contención de pedra duns 10 metros de lonxitude e 2,5 m de altura que se atopa na actualidade en mal estado e que serve para conter un treito de beirarrúa. Ademais, tamén se procederá á substitución das baldosas do seu pavimento que estean deterioradas ou rotas por outras novas, mantendo as aliñacións e a anchura das existentes.

Nesta estrada xa se levaron a cabo hai dous anos melloras importantes que consistiron na reposición do firme da estrada e na completa sinalización horizontal que supuxeron un investimento duns 100.000 euros

16, Xullo 2018

BOAS TARDES;

A MIÑA RECLAMACIÓN OU QUEIXA É SOBRE O ESTADO NO QUE QUEDA A AVENIDA DO BALNEARIO OS DÍAS DE FEIRA. UNHA VEZ QUE OS FEIRANTES RECOLLEN OS POSTOS, DEIXAN TODO O QUE LLES SOBRA NA RUA: PLASTICOS, LATAS,RESTOS DE COMIDA, BOLSAS... PASAN OS BARRENDEIROS A RECOLLER O QUE ELES DEIXAN,PERO DÍAS COMO OS DE HOXE ,DÍA 16 ,O FACER AIRE ACABAN TODOS OS PLASTICOS VOANDO ONDE LLE CADRA.

PARECE MENTIRA, QUE NOS TEMPOS QUE ESTAMOS SE LLES PERMITA ESTO. SÓ BASTARÍA CON QUE DEIXARAN TODO DENTRO DUNHAS BOLSAS E LOGO RECOLLELO E SENON TOMAR MEDIDAS COMO MULTALOS POR NON DEIXAR O POSTO COMO O TOPAN.

É UNHA VERGONZA, E UNHA AUTENTICA PENA VER TODOS OS DÍAS DE FEIRA ISTO.

SAUDOS

16, Xullo 2018

A 56 Festa do Pulpo intentará repetir o fito de afluencia e consumo de polbo do pasado ano, malia a que nesta edición do 2018, o concello márcase o reto de mellorar a calidade dos servizos, xa que non é moi doado que se superen as últimas cifras de preto de 100.000 persoas e arredor de 70.000 kg de polbo.

Así o dixo o alcalde, Francisco Fumega, durante o acto de presentación da festa, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do concello coa asistencia da delegada territoria da Xunta, Mª Sol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de zona de Abanca, Carlos Díez; os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, así como os portavoces, concelleiras e concelleiros da corporación, e representantes das entidades patrocinadoras da festa: Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Pazo Tizón, Apersa, Aku Natura, Hotel Arenteiro e Cer&Ber, e Pan de Cea.

Fumega referiuse á dedicatoria desta edición da festa ao Centro do Carballiño en Bos Aires como un xesto de agradecemento hacia os emigrantes da comarca carballiñesa na capital da Arxentina, e agradeceu a colaboración das institucións, como a Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Ourense e o Inorde, así como de Abanca e os demáis patrocinadores, dos que dixo que sen a súa axuda non sería posible ofrecer un programa tan ambicioso como o que se presenta.

Marisol Díaz asegurou que a Xunta de Galicia cre nas festas galegas como un xeito de achegar os recursos naturais, culturais e gastronómicos ao turismo, e por iso forma parte da súa estratexia a promoción dos eventos enograstronómicos como o da Festa do Pulpo do Carballiño. Destacou a tradición dos oficios artesanais das polbeiras e polbeiros como un referente da gastronomía galega e da Festa do Pulpo, e apostou polo turismo de calidade.

“O Carballiño soubo traer ao interior a esencia do mar, e por iso o mellor pulpo do mundo elabórano as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño”, dixo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que se referiu á Festa do Pulpo como “a maior manifestación gastronómica popular de Galicia”. Así mesmo, resaltou o traballo conxunto e de colaboración das institucións con esta celebración.

Carlos Díaz agradeceu a oportunidade como entidade financieira que se lle brindaba para colaborar coa Festa do Pulpo do Carballiño, e fixo fincapé na dedicatoria ao Centro do Carballiño en Bos Aires, como un recoñecemento aos emigrantes galegos na diáspora.

Finalmente, Diego Fernández e José Manuel Dacal desglosaron unha parte do programa cultural e festivo elaborado para a primeira quincena de agosto, e que consta de máis dunha vintena de actividades e de trinta grupos de animación, música, folclore e outro tipo de eventos.
A 56 Festa do Pulpo terá lugar o domingo 12 de agosto, pero o martes 8 de agosto tamén se celebrará a TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, cuxo reto nesta edición será rebaixar dos 10 minutos o tempo de cortar o polbo para encher o prato xigante, según xixo Manuel Dacal.

A programación cultural e de ocio da 56 Festa do Pulpo ofrecerá, entre o 1 e o 12 de agosto, unha vintena de actividades na que intervirán máis de trinta grupos de música e animación.

A primeira semana terá lugar a SEMANA GRANDE DOS PEQUENOS, con obradoiros, xogos, maxia e outro tipo de actividades de ocio.

O día 1 de agosto celebrarase nos locais de hostalería unha RUTA DAS TAPAS ESPECIAL dedicada ao pulpo. E música de rúa con 4MAIL JAZZ.

O día 2, sesión de música indie e pop rock con DJ.

Os días 3 e 4 de agosto terá lugar o 4º ciclo de MUSICAS DE SOFÁ, coa actuación de sete grupos de folk, jazz e blues.

O día 4, nova edición do FESTIVAL DE HABANERAS.

O día 5, máis música de rúa con IREVIRE, grupo de blues-folk.

O día 6 celebrarase o acto de homenaxe coa entrega do PREMIO HONORIFICO DA 56 FESTA DO PULPO.

Pola tarde, máis música de rúa con AMOR A PRECIOS RAZONABLES, pop-rock dos anos 80.

O día 7 terá lugar a elaboración da TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO, na que seguirase batindo récord, e na que o reto desta edición será conseguir cortar os arredor de 400 kg de pulpo que leva o plato en menos de 10 mn.

O día 8 haberá unha nova edición das XORNADAS INTERNACIONAIS DE FOLCLORE.

E este día tamén teremos o 2º TROFEO FESTA DO PULPO, que disputarán os equipos Arenteiro e C.F.Pontevedra, de 2ª B.

O día 9 teremos o Gran espectáculo da música tradicional e folk de Galicia, con KELTIA.

O día 10, haberá o GRAN CONCERTO DA FESTA DO PULPO, con MIKEL ERENTXUN.

O día 11, a FESTA DAS CAMISETAS DAS PEÑAS.

E o día 12, animación polas rúas e no Parque Municipal con grupos de gaitas e baile tradicional, así como charangas e grupos de música tradicional galega.
E, finalmente, haberá verbena na Praza Maior coa orquestra VENEZIA para rematar a festa.

15, Xullo 2018

Esta madrugada del 15 de julio el botellón campaba a sus anchas entre alcohol en las zonas de calle Laurel, Rúa Verdade, Eira Cruceiro de Flores y calles adyacentes a Cesáreo Tizón.

La gran mayoría eran gente muy muy jovencita y muuuy descontrolada, tanto que asustaba. Algunos vecinos fuimos alertados de que una patrulla de la Guardia Civil estaba cerca de la Plaza Mayor.

Nos acercamos personalmente a expilicarles lo que estaba ocurriendo, dijeron que no había una normativa antibotellón -¿no la hay?- pero que irían hasta esas zonas.

Efectivamente, los 5 o 6 agentes asi lo hicieon y en cuestión de menos de diez minutos desalojaron todas las zonas sin ningún problema y con una eficacia asombrosa. Con esto queda demostrado que no es dificil acabar con el desmadre que se sufre cada víspera de festivo a partir de las doce de la noche. Desde el Concello tienen que actuar.

13, Xullo 2018

O alcalde Francisco Fumega e o portavoz do grupo municipal popular Argimiro Marnotes protagonizaron unha comparecencia conxunta na que deron a coñecer a relación de obras e actuacións que se van levar a cabo cun orzamento total de 2,1 millóns de euros, dos que 1,2 proceden de fondos do propio concello, 0,5 son aportados pola Deputación e 0,4 procedentes de achegas económicas da Xunta.

O plan de obras anunciado é conscecuencia do acordo alcanzado entre a alcaldía e Partido Popular, e que propiciu a aprobación dos orzamentos municipais para este exercicio de 2018.

Unha importante parte deste plan de obras inclúe melloras de reposición de saneamento, beirarrúas e asfaltado nas rúas Cuba, Brasil, Uruguai, Venezuela, República Argentina, Alberto Vilanova, San Cibrao, campo da festa de Mesego e nesta mesma localidade na praza e o acceso á igrexa parroquial.

Tamén se completará a consolidación da área da Praza da Veracruz, construcción de beirarrúas e asfaltado en Eusebio Lorenzo, e mellora no firme e beirarrúas en Blanco Amor, e proxectaráse unha nova rúa entre a rúa Cerca e a rúa dos Canteiros.

Outra zona que será obxeto destas obras de mellora vial será a que abrangue ao pavillón de deportes Paco Chao e nas rúas Volante, Pico Seco, Pena Grande e Castelao, asi a accesiblidade ao novo balneario de Partovia dende a localidade de Montegrande.

Redactaráse o proxecto de recuperación da Ponte Medieval de Veiga e a súa contorna, na que incluiráse a execución dun enlace dende o paseo fluvial do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos, bordeando o río Arenteiro.

Neste plan, tamén figura unha inversión de 130.000 euros para a reforma integral do parque infantil da Alameda, que incluirá a creación dunha zona cuberta.

Construiráse unha nova zona infantil e de lecer no barrio de Toscaña, nun espazo público e cun orzamento doutros 130.000 euros.

Cunha achega económica concedida pola Xunta de Galicia abriráse un novo vial no parque empresarial con acceso directo ao Eixo do Ribeiro.

As melloras tamén chegarán á zona rural, con obras hidráulicas nas localidade de Madarnás e Boedes, e acondicionamento do sistema viario en Zafra, Mosteiro, O Varón, Sagra e Miomás.

Outro capítulo a destacar é o destinado a reformas nas iluminacións públicas, repoñendo cadros eléctricos e dándolle continuidade a implantación da tecnoloxía LED.

 

12, Xullo 2018

Máis de cincocentas persoas, integradas en catorce comparsas, murgas e charangas, desfilarán este sábado, 14 de xullo, polas rúas máis céntricas da vila durante o Entroido de Verán. Estarán as charangas que foron premiadas no entroido de inverno do Carballiño e doutros lugares da provincia e de Galicia.

Así, formarán parte do desfile as comparsas Ciklón, Os Solfamidas, Os Festicultores, Os 100TOLOS, así como Os Silleiros Hippies de Maside, O Gran Musical do Castro de San Amaro, Os Azucarados de Maside, Os Mexicanos, Os Arrieiros de Dacón, Tribu Samburu de Partovia e Os Picapedra de Aspadisi, ademáis das charangas Castro Bello e Doctor Anchoa. E, por suposto, non faltarán a esta cita Os Liborianos.

O desfile comezará ás 20,30 h., con saída dende a Praza da Veracruz, e co seguinte itinerario:

Praza da Veracruz/ Curros Enríquez/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Centro Galego de Bos Aires/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.

A partir das 12 da noite, haberá verbena na Praza Maior amenizada pola orquestra MARBELLA.

Pero o Entroido de Verán tamén terá a súa vertente infantil, que se celebrará o venres 13, a partir das 10,00 h., na Praza Maior, cun obradoiro de máscaras, e desde as 11,30 h., animación a cargo do DJ Tibu.

PROGRAMA DESFILE SABADO 14

Orde de saída das agrupacións:
1. OS LIBORIANOS
2. CHARANGA CASTRO BELLO
3. OS PICAPEDRA DE ASPADISI S/M
4. COMPARSA OS 100TOLOS
5. TRIBU SAMBURU DE PARTOVIA
6. OS ARRIEIROS DE DACÓN
7. CHARANGA DOCTOR ANCHOA
8. OS MEXICANOS
9. OS AZUCARADOS DE MASIDE
10. O GRAN MUSICAL DO CASTRO DE SAN AMARO
11. OS SILLEIROS HIPPIES DE MASIDE
12. COMPARSA OS SOLFAMIDAS
13. OS FESTICULTORES
14. COMPARSA CIKLÓN

Ás 00:00 horas terá lugar unha verbena na Praza Maior amenizada pola ORQUESTRA MARBELLA.

12, Xullo 2018

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o vergoñento e perigoso desleixo do goberno local do PP coa protección da saúde da veciñanza deste municipio ourensán, logo de vetar o PP, durante o último pleno municipal, o debate dunha moción sobre a necesaria protección da veciñanza fronte ás construcións levantadas con amianto ou asbesto. O rexedor conservador negouse a aceptar a urxencia da iniciativa, porque a proposta de acordo dos socialistas demanda que, como é lóxico, se inste a outras institucións públicas a colaborar neste inaprazable e necesario compromiso coa saúde das persoas, e polo tanto, a proposta nin sequera chegou a ser debatida.O

O portavoz municipal, Manuel Rodríguez, denuncia o “vergoñento e perigoso desleixo do PP cunha cuestión tan relevante como é a saúde pública, ante un material que, como é público e notorio, é moi nocivo para a saúde”. Rodríguez recorda que o amianto é prexudicial e está prohibido en toda a Unión Europea desde hai máis dunha década, polo que “é incomprensible que o alcalde non teña entre a súas prioridades a súa retirada das construcións de Leiro”. O voceiro do PSdeG-PSOE recorda que “ante a absoluta inacción do PP nas administracións públicas ó respecto deste tema fundamental, os socialistas si traballamos activamente para impulsar medidas a prol da protección da saúde e para a eliminación do amianto e doutros tóxicos". “É misión fundamental do goberno local velar polas demandas e preocupacións veciñais e isto é unha desas preocupacións”, asevera.

Rodríguez considera “imprescindible e inaprazable” retirar o amianto das canalizacións de agua e das restantes edificacións, e cree “fundamental” informar á poboación dos seus riscos. “Debemos dar a coñecer o procedemento adecuado de detección do amianto e os problemas que comporta para a saúde, así como o risco que supón a manipulación inadecuada para evitar problemas durante o proceso de retirada dos seus residuos”, asegura. Os socialistas anuncian que insistirán nesta necesaria proposta a pesar da vergoñenta negativa do alcalde, e salientan que é moi importante a “implicación das administracións autonómica e provincial porque o tratamento e retirada destes materiais é custoso e complicado pola súa perigosidade para ser feito en soidade polos veciños e veciñas e, por iso, moita xente segue a convivir con tóxicos nas súas casas”.

11, Xullo 2018

Os populares afirman contar con documentación suficiente para concluir que son varias as irregularidades que se observan na actuación levada a cabo meses atrás pola concellería de medio ambiente do concello do Carballiño, asi o aseguran dende o grupo municipal do Partido Popular.

Defenden que as contratación efectuadas "non cumpren coa legalidade" e o informe que xustificou esta actuación "está asinado por un técnico alleo ao concello", tendo un gasto total de 13.343,63 euros pagándose por cada árbore 574,17 euros.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS